"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • GALICIA

    Médico cirurxián. Foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Realizou o seu doutoramento na Universitat de València coa tese Influencias del sistema nérvico central sobre el aparato digestivo, e ampliou a súa formación en Francia. Dende 1976 ocupou o cargo de xefe do servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva no Hospital Provincial de Santiago de Compostela. Foi membro da Sociedad Española de Cirugía e da súa homóloga francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Catedrático na Escola Superior Universitaria de Arquitectura da Coruña, traballou en colaboración con José Antonio Bartolomé Argüelles e Carlos Almuíña, cos que compartiu unha estética arquitectónica racionalista na que se mestura o respecto aos materiais autóctonos e a súa vocación de modernidade. Entre as súas obras salientan a Subestación de Fenosa, as Facultades de Filosofía e Ciencias da Educación, a Escola de Estomatoloxía, o Polideportivo do Colexio Peleteiro, o edificio do xulgado de Fontiñas en Santiago de Compostela e o pazo de Xustiza en Vigo. Tamén realizou obras de restauración e rehabilitación na cidade de Santiago de Compostela: claustro e instalacións do Museo do Pobo Galego no Convento de San Domingos de Bonaval, Pazo Xelmírez, biblioteca de San Martiño Pinario e Teatro Principal.
    Así...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Latinista. Profesor de Latín na Universidade de Santiago de Compostela. Especializouse en lexicografía latina e etimoloxía, tanto galega como latina. É autor de Fauna itológica en latín (1975). Participou nas obras colectivas Ramón Otero Pedrayo: a súa vida e a súa obra: homaxe da Galicia Universal (1958), Humanitas: estudios en homenaxe ao Prof. Dr. Carlos Alonso del Real (1996) e Homenaxe a Ramón Lorenzo (1998). Colaborador habitual das revistas Verba, Encrucillada, Museo de Pontevedra e Compostellanum. Foi delegado provincial da consellería de Cultura e Deportes do goberno de González Laxe (1987-1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Utilizou estruturas de ferro, tanto para facer un estilo historicista, reflectido na igrexa parisina de Saint-Augustin (1860-1867), como para crear edificios funcionais, por exemplo os Halles Centrales de París (1853-1858). Traballou na restauración das igrexas de Saint-Germain-des-Prés e Saint-Nicholas-du-Chordonnet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome asirio Belshazzar que significa ‘que Bel (o deus Baal) protexa o rei’; na Vulgata aparece baixo a forma Baltassar. A lenda di que Baltasar é un dos tres Magos protagonistas da Adoración que máis tarde se transformaría en Rei, segundo narra o evanxelista Mateo. A partir do s IX aparecen os seus nomes no Liber Pontificalis de Ravenna, talvez recollendo unha tradición popular que os ordena e reparte xeograficamente; deste xeito, Baltasar acaba sendo o mago de raza negra que representa a África, namentres que Melchor e Gaspar simbolizarían a Asia e Europa, respectivamente. Hai outro Baltasar no Antigo Testamento, fillo e herdeiro de Nabucodonosor, a quen castigou Iavé coa perda e división do seu reino a mans dos medos e persas logo de profanar nunha orxía os vasos sagrados do templo de Xerusalén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dun dos tres Reis Magos de Oriente que, segundo relata o Evanxeo de san Mateo, acudiron a Belén de Xudea para renderlle homenaxe ao neno Xesús na súa condición de Rei dos xudeus. Un rei mouro aparece representado na iconografía con vestiduras e atributos propiamente orientais, portando un copón onde se contén o seu agasallo ao neonato: a mirra, interpretada como o destino do Cristo de morrer para a Redención dos homes. Non obstante , non aparece na arte cristiá ata as representacións baixomedievais, posto que a cor negra era considerada como a cor do demo, do inferno e da morte. Na simboloxía cristiá representa a figura do anticristo. Nun retablo do s XVI da Catedral de Viseu, o mago mouro aparece substituído por un xefe indio do Brasil como símbolo de América. A súa festa celébrase o 6 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Asturias e de Girona, fillo de Filipe IV e de Isabel de Francia. Foi elixido no ano 1632 polas Cortes de Castela como príncipe herdeiro, aínda que morreu de varíola antes de acceder ao trono. Retratouno en numerosas ocasións Velázquez e o seu círculo (Baltasar Carlos a caballo, 1634-1635, e Baltasar Carlos cazador, 1635-1636).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maria Perez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que remite ao nome de orixe xermánica latinizado Baltarius, composto polo xermánico *bal- ‘audaz, valente’ e -arius; esta terminación vén, á súa vez, do gótico harjis ‘exército’, que confluíu co latín -arius. Como apelido documéntase no s XII, aínda que o seu uso como prenome xa aparece rexistrado dous séculos antes. Na época medieval este apelido recibía, ás veces, o sufixo patronímico -ez ou calquera outra das súas variantes (-es, -iz, -is), e mesmo podía atestarse a forma feminina aplicada a mulleres; xa nas cantigas galego-portuguesas do s XIII aparece mencionada unha sonada soldadeira coñecida co nome de Maria Perez a Balteyra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moldura que cingue a voluta do capitel xónico polo centro da súa cara lateral.

    2. Muro que nos anfiteatros e teatros clásicos separaba os asentos das diferentes clases sociais e no que se abrían os vomitorios.

    3. Cada un dos diversos tipos de cintóns e bandas, como a correa da que pendía a espada que brandían os soldados romanos, que se usaban como insignia de oficial.

    4. Unha das dobras da toga, a primeira que se forma, que vai dende o costado dereito ata o ombreiro esquerdo, da que nacía o sinus. O bálteo quedaba preso no seu lugar por medio do umbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo católico. As súas teses, fundamentalmente cristocéntricas, mostran unha forte influencia do idealismo alemán e da patrística grega. As súas obras principais son: Das Herz der Welt (A dor do mundo, 1945), Bernanos (1954), Die Gottesfrage des heutigen Menschen (O problema de Deus no home de hoxe, 1956), Skizzen zur Theologie (Ensaios de teoloxía, 1960-1961) e Herrlichkeit. Eine theologische Ästhetik (Magnificencia: unha estética teolóxica, 1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Balthazar Klossowski de Rolla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos baltis.

    2. Individuo do pobo balti.

    3. Pobo que habita en Caxemira, no val principal do Indo, entre as montañas do Karakorum e o Nanga Parbat. Os baltis (uns 50.000 individuos aproximadamente) son de tipo físico indoario, de lingua tibetana e de relixión musulmana xiíta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bolsa libre para levar a cabo todo tipo de operacións relacionadas co transporte marítimo e, ultimamente, co transporte aéreo. A súa orixe sitúase no s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Mar Báltico.

    2. Habitante de estirpe alemá das provincias bálticas do Imperio Ruso. Os bálticos proveñen da poboación urbana das fundacións hanseáticas, da pequena nobreza rural descendente de cabaleiros xermánicos secularizados no s XVI e en menor proporción da colonización rural. O sector aristocrático (baróns bálticos) exerceu unha grande influencia política dentro do Imperio Ruso. SIN: xermanobáltico.

      1. Nome utilizado para designar a lingua orixinaria do grupo das linguas bálticas modernas.

      2. Familia de linguas incluída no subgrupo balto-eslavo e no grupo indoeuropeo que se compón de tres linguas principais, o letón (que conta con 1.500.000 falantes) e o lituano (cuns 3.000.000 falantes), moi estreitamente relacionados, e o prusiano antigo, que desapareceu no s XVII e non foi moi coñecido. A existencia das linguas bálticas, moi especialmente a do lituano, alcanzou unha importancia decisiva na constitución do indoeuropeísmo, xa que se trata de linguas moi arcaizantes e, polo tanto, o seu testemuño ten un enorme valor.

    3. Rexión que comprende unha parte de Noruega, Suecia, Finlandia e da península de Kola, en Rusia. Está constituída por materiais precámbricos que non se dobraron dende o Cámbrico.

    4. Grupo humano leucodermo, do subgrupo braquicéfalo, que se localiza en Europa oriental e nororiental, aínda que se espallou polo norte e o centro de Asia. Caracterízase pola súa pigmentación moi clara de pel, cabelos de cor loiro-cincenta e iris con frecuencia azulado. A estatura promedio é de 170 cm e a constitución predominante é a braquiomorfa. Ten malares relativamente prominentes e nariz polo xeral curto con perfil cóncavo. Non son homoxéneos antropoloxicamente, polo que se distingue unha serie de “complexos”, variantes tomadas por combinacións de varios caracteres somáticos, como o complexo báltico propiamente dito (países bálticos), o complexo esteurópido (Moscova), o complexo do alto Dniéper (Bielorrusia) ou o complexo das estepas (baixo Volga). Cómpre salientar, sen embargo, que esta clasificación non se sostén coa introdución de marcadores xenéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar interior do N de Europa, pertencente á conca do Océano Atlántico, que se estende ata Dinamarca e Suecia, polo O, e ata Finlandia, Estonia e Rusia, polo L. Baña polo S a Polonia e Alemaña, e polo N a Finlandia e Suecia. Comunica co Mar do Norte por medio dos estreitos de Kattegat e Skagerrak, e polo canal de Kiel. Abrangue unha superficie de 420.000 km2 e a lonxitude estimada da súa costa é de 9.200 km. A profundidade máxima é de 463 m e a profundidade media de 60 m. A súa baixa salinidade facilita a formación de xeo, o que orixina a paralización do tráfico nalgúns portos. Copenhagen, Estocolmo, Gdánsk, Klaipeda, San Petersburgo, Helsinqui e Riga son os portos máis importantes. A situación periférica do Báltico respecto da parte occidental de Europa e o carácter case lacustre deste mar provocou que diferentes potencias intentaran exercer un dominio hexemónico sobre o seu ámbito e controlar os estreitos que pechan a entrada. As terras bálticas foron o lugar de pobos que máis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle de Rusia entre Belomorsk, no Mar Báltico, e Povenec, sobre o lago Onega. Ten unha lonxitude de 227 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Nome co que se coñece o conxunto de estados da beira meridional do Mar Báltico: Letonia, Estonia e Lituania. Cada un destes países constituíron ata o 1991, data na que proclamaron a súa independencia, repúblicas da Unión Soviética.
    Xeografía física
    Entre os principais trazos físicos comúns dos países incluídos baixo esta denominación destacan os climáticos. A súa homoxeneidade topográfica, unha fachada litoral máis ou menos extensa que gozou dunhas condicións térmicas algo máis atenuadas fronte ao interior baixo un dominio continental rigoroso, e a súa situación en latitudes elevadas (entre 55°-60°N) outórganlles uns invernos crus caracterizados por temperaturas medias baixo cero (a temperatura media do mes de xaneiro sitúase entre os -7°C-8°C), e uns veráns relativamente suaves, con temperaturas medias no mes de xullo ao redor dos 16°C. As precipitacións sitúanse sobre os 600 mm anuais. En canto ao relevo, a maior parte do territorios destes tres países atópase...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Maryland, nos EE UU, na baía de Chesapeake (675.401 h [1996]; 2.382.172 h na área metropolitana [1996]). Constitúe un importante núcleo industrial, cun dos portos exportadores máis importantes dos EE UU. A cidade foi fundada no ano 1729. Desde a súa orixe converteuse en refuxio dos católicos que fuxían de Inglaterra, polo que o elemento católico obtivo unha gran preponderancia. Así mesmo, foi a primeira cidade en adoptar o principio de tolerancia relixiosa e un dos centros difusores da cultura liberal e do americanismo. Entre as súas universidades destaca a Johns Hopkins University, fundada no ano 1876. O Museo de Arte Contemporánea de Baltimore posúe unha importante colección de pinturas flamengas, neerlandesas, españolas e francesas (sobre todo impresionistas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de nobres ingleses colonizadores de América do Norte. A súa fortuna comezou con George Calvert (Kipling, Yorkshire 1530 - Londres 1632), que foi secretario de estado (1619) e no ano 1621 fundou unha colonia en Terranova. En 1625 converteuse ao Catolicismo e foi nomeado primeiro barón de Baltimore (Irlanda). O seu fillo Cecil Calvert (1605-1675), segundo barón de Baltimore, fundou a colonia de Maryland, gobernada entre 1634 e 1647 polo seu irmán Leonard Calvert . Os dereitos sobre Maryland foron transferidos aos descendentes da familia ata que, no transcurso da revolución estadounidense, foron anulados en 1775.

    VER O DETALLE DO TERMO