"Ons" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1222.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada no foro de Roma. Iniciada por Maxencio, finalizouna Constantino I o Grande. Consta de tres naves e unha ábsida na que se situou unha estatua de Constantino de tamaño colosal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome que procede do latín constantinus, derivado do cognome romano constans constantis ‘constante, perseverante’. Da mesma etimoloxía son os antropónimos Constancio e Constante. Presenta os hipocorísticos Tatino e Tino. Levaron este nome trece emperadores. A súa festa celébrase o 12 de abril e o 27 de xullo.
-
CAPITAIS
Capital do Imperio Bizantino construída por Constantino I sobre a antiga Bizancio e consagrada o 11 de maio do 330. Organizouse segundo a administración e as leis de Roma e axiña se converteu na capital política do Imperio de Oriente, trala división do Imperio Romano (395), e no centro relixioso e intelectual do mundo romano oriental. Viviu o momento de máximo esplendor baixo o Emperador Xustiniano (527-565), quen fixo da cidade o centro do comercio entre Europa e Asia. O pazo imperial, o hipódromo, o Senado, a igrexa patriarcal de Santa Sofía e o foro de Constantino constituían o centro da vida urbana. Os contactos entre o pobo e o emperador producíanse unicamente durante as manifestacións que, con motivos lúdicos, se realizaban no hipódromo. Había catro faccións distintas: branca, vermella, verde e azul, pero só as dúas últimas tiveron importancia. Os verdes (prasinoi), representantes tradicionais do monofisismo e orixinarios dos barrios pobres, recibiron o favor do Emperador Anastasio,...
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Denominación que recibiron os oito concilios celebrados pola Igrexa cristiá en Constantinopla entre os anos 381 e 1341. A Igrexa só considera como ecuménicos catro, os tres primeiros e o sexto, denominado IV Concilio.
VER O DETALLE DO TERMO
Concilio I (381)
Segundo concilio ecuménico da Igrexa católica, convocado polo Emperador Teodosio I, ao que asistiron 150 bispos orientais, que condenaron o arianismo e o macedonianismo, definiron o Espírito Santo como parte integrante da Santísima Trindade e reafirmaron as resolucións adoptadas no Concilio de Nicea (325).
Concilio II (553)
Quinto concilio ecuménico convocado polo Emperador Xustiniano coa intención de atraer á fe ortodoxa os monofisitas. Condenou os Tres Capítulos, escritos de Teodoro de Mopsuestia, Teodoreto de Ciro e Ibas de Edesa, acusados de nestorianismo, un movemento enfrontado aos monofisitas.
Concilio III (680)
Sexto concilio ecuménico convocado polo Emperador Constantino... -
VER O DETALLE DO TERMO
Imperio fundado trala conquista de Constantinopla polas forzas da Cuarta Cruzada (1204) e gobernado por príncipes francos ata que foi conquistado por Miguel VIII Paleólogo no 1261. O conde de Flandres e de Hainaut foi elixido o seu emperador, co nome de Balduíno I, e recibiu un territorio que se estendía por ambas as beiras do mar do Mármara e dos estreitos que incluía a parte NO de Anatolia, o territorio de Tracia e as illas de Samos, Quíos e Lesbos. O seu imperio, que incluía ademais unha parte da cidade de Constantinopla, organizouse segundo o sistema feudal e tiña como estados vasalos o reino de Tesalónica, o ducado de Atenas e o principado de Morea. A República de Venecia, que acadou unha posición dominante no Mediterráneo oriental, fíxose co control económico e non prestou vasalaxe a ningún dos emperadores francos de Oriente. O Imperio, sen embargo, non puido consolidar o seu territorio, pois dispuña de escasos recursos económicos propios e contaba coa oposición da poboación autóctona....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dignidade e xurisdición do xefe espiritual da Igrexa ortodoxa, con sé en Constantinopla. O Concilio I de Constantinopla (381) recoñeceulle o primeiro lugar despois da sé romana. O Concilio de Calcedonia (451) atribuíulle a xurisdición sobre Tracia, Asia e O Ponto. As disensións con Roma, que culminaron coa mutua separación, en tempos do Patriarca Miguel Cerulario (1054), confirmaron a Constantinopla como cabeza de todo o mundo ortodoxo fronte á sociedade latina de Occidente. Aínda que conservou a primacía de honra de toda a Igrexa ortodoxa, o patriarca de Constantinopla, que reside en Fanar, barrio de Istambul, ten xurisdición sobre os ortodoxos de Turquía, algunhas illas gregas, o monte Athos, as dioceses do N de Grecia e moitas comunidades ortodoxas de Europa, América e Australia.
-
IGREXAS
Igrexa bizantina situada na antiga Constantinopla. A construción primitiva incendiouse durante a revolta suscitada polo exilio de Xoán Crisóstomo. Reconstruída por Teodosio II (415), foi novamente devastada no 532. Nese mesmo ano, Xustiniano comezou a edificar o novo templo dedicado á divina sabedoría. Construído por Antemio de Tralles e Isidoro de Mileto, consagrouse no 537. No 577, a cúpula tivo que refacerse e, tralos terremotos dos ss IX e X, renovouse a igrexa. No 1204 saqueárona os latinos e trala conquista de Istambul polos turcos (1453), converteuse en mesquita. En 1934 transformouse en museo de arte bizantina. Trátase dunha construción de plano central en forma de rectángulo, precedido dun nártex interior e doutro exterior. O interior divídese en catro grandes piares enlazados entre si e co resto do edificio por un conxunto de arcadas e bóvedas. O corpo central cóbrese cunha cúpula de grandes dimensións (65 m de altura e 31 m de diámetro) levantada sobre catro pendentes. O máis...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Constantinopla ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Constantinopla.
-
-
LAGOS
Lago dos Alpes, situado entre Suíza, Austria e Alemaña, cunha superficie de 539 km2. De orixe glacial, ten un sector oriental e un occidental, este último con dous brazos: Überlingen, ao N, e Untersee, ao S. Os principais ríos tributarios son o Schussen, o Argen e o Rin, que ao mesmo tempo é emisario. Os principais centros urbanos da súa ribeira son Constanza, Friedrichshafen e Lindau en Alemaña, Bregenz en Austria, e Rorschach en Suíza.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do länd de Baden-Württemberg, Alemaña, drenada polo río Rin, situada á beira do lago Constanza (74.500 h [1990]). É un importante centro industrial (tecidos e produtos químicos) e turístico. Fundada por Constancio II a finais do s III, a construción da cidade actual é do s X, na que se estableceu unha feira. Alí celebrouse o Concilio de Constanza (1414-1418). A guerra dos gremios (1429-1930), obrigou as empresas máis importantes a trasladarse a Ravensburg e Sankt Gallen. En 1531 formou parte da Liga de Esmalcalda; desfeita esta (1546), foi conquistada por Carlos I. En 1570 trasladouse alí o bispado de Windisch (bispado de Constanza). Do seu patrimonio arquitectónico destaca a catedral románica e a igrexa gótica de Santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Costanza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concilio convocado polo Papa Xoán XXIII e o Emperador Sexismundo. Iniciouse o 5 de novembro de 1414 e rematou o 22 de abril de 1418. As súas 45 sesións afrontaron principalmente a unidade da Igrexa de Occidente, a defensa da fe fronte ás doutrinas de Wycliffe e de Jan Hus, e a reforma da Igrexa. Como consecuencia do cisma, a cristiandade dividiuse en tres papas: Xoán XXIII, Gregorio XII e Benedicto XIII, depostos polo Concilio, que declarou a súa autoridade suprema ao proceder o seu poder unicamente de Cristo. A tendencia conciliarista outorgáballe o poder ao Concilio para a elección do novo papa, pero acabou impoñéndose unha solución intermedia; unha comisión composta polos cardeais e trinta prelados (representantes das nacións presentes no Concilio) elixiron como novo papa a Martiño V, que, en 1418, restableceu a autoridade papal sobre a conciliar.
-
-
Saber algunha cousa con certeza. OBS: Nesta acepción emprégase unicamente en terceira persoa.
-
Estar alguén ou algo rexistrado, inscrito ou mencionado nalgún lugar.
-
Estar formada unha cousa polas partes que se indican.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de constatar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
erificar e establecer unha cousa con total certeza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do apelido galego Costela, diminutivo correspondente ao apelido de orixe toponímica Costa. Ao igual ca Constenla ou Costenla, esta variante presenta un -n antietimolóxico.
-
-
Cada unha das 88 zonas en que se divide a esfera celeste. A zonificación aceptada internacionalmente é un convenio. As constelacións imaxináronse na Antigüidade para conseguir unha orientación dentro dos numerosos conxuntos de estrelas no firmamento e para identificar os distintos aspectos totais e parciais do ceo, que permitían coñecer con exactitude as diferentes épocas do ano. Bautizouse cada unha destas agrupacións cun nome e compuxéronse debuxos cos nomes das principais estrelas de cada constelación. Ptolomeo completou no seu Almaxesto a primeira división do ceo visible en constelacións, realizada por Hiparco (120? a C). Non obstante , a división completa fixérona, posteriormente, Johann Bayer (1572-1625), Johannes Hevelius (1611-1687) e Nicolas Louis de Lacaille (1713-1762). A medida que se descubriron máis estrelas, constatouse que as figuras primitivamente asociadas ás constelacións tiñan pouco interese práctico. A Unión Astronómica Internacional fixou, no seu primeiro...
-
Conxunto de persoas ou de cousas.
-
Aspecto dos astros no momento do nacemento dunha persoa.
-
Fenómeno que en glosemática se caracteriza porque dúas unidades compatibles non presentan ningún tipo de dependencia recíproca; é dicir, un termo non presupón o outro, pero ambos son compatibles (
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do apelido galego Costela, diminutivo correspondente ao apelido de orixe toponímica Costa. Ao igual ca Constela ou Costenla, esta variante presenta un -n antietimolóxico. Documéntase no s XVIII: “Antonio Constenla” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 136).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Belén Martínez Constenla.
-
PERSOEIRO
Mestre canteiro. Traballou nas obras da capela maior no santuario da Nosa Señora do Corpiño, en Santa Baia de Losón (Lalín).
VER O DETALLE DO TERMO