"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico francés. Estudiou en París e traballou con cineastas prestixiosos do talle de Godard, Chabrol, Verneuil e Melville. Inicialmente inscrito no movemento Nouvelle Vague, participou, posteriormente, nun tipo de cine máis comercial, con comedias de acción feitas á súa medida. Traballou nos filmes: À pied, à cheval et en voiture (A pé, a cabalo e no coche, 1957), À double tour (Unha vida doble, 1959), À bout de souffle (Ó final da escapada, 1959), Cent mille dollars au soleil (Cen mil dólares ao sol, 1963), Pierrot le fou (Pierrot o tolo, 1965), La sirène du Mississippi (A serea do Mississippi, 1969), Peur sur la ville (Pánico na cidade, 1974), L´animal (O animal, 1977), Le Professionel (O profesional, 1981), Le solitaire (O solitario, 1986), Les cent et une nuits (As cen e unha noites, 1994) e Une chance sur 2 (Unha sorte para dous, 1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da comunidade autónoma de Asturias, drenado polo Pigüeña, afluente do Narcea (2.456 h [1996]). Situado nun terreo moi accidentado, a economía é basicamente gandeira, cunha actividade centrada no bovino de orientación láctea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Toureiro. Renovador da tauromaquia, tomou a alternativa en 1913. Atribúeselle unha visión estética e dramática da lidia. Mantivo unha gran competencia con Joselito Gomez o Gallito. Retirouse en 1921.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Belize, preto das montañas de Roaring, situada no centro xeográfico do país, á beira do río Belize (6.785 h [1997]). É unha cidade de recente construción, iniciada no ano 1966.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Deuse a coñecer co conto Derevn’a Berd’ajka (O pobo de Berd´ajka, 1961) e consagrouse con Privyčnoje delo (Traballo habitual, 1966). Da súa produción destacan Plotničkije Rasskazy (Historias dun madeireiro, 1968), Utrom u subbotu (Sábado pola mañá, 1976) e Vospitanije po doktoru Spoku (A educación segundo o doutor Spock, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Bertrán.
-
Liñaxe que, segundo algúns investigadores, ten unha orixe patronímica e que, segundo outros, descende dun dos cinco cabaleiros que trouxo na súa armada o caudillo don Mendo de Rausona, irmán de Desiderio, o derradeiro Rei dos longobardos de Italia. A súa casa primitiva semella que estivo nos arredores de Pontedeume. Estendeuse por toda España durante a Reconquista e unha das ramas pasou a América, asentándose en Cuba. As súas armas levan, en campo de sinople, unha aguia coroada, cinco estrelas, dous xabarís e dúas lanzas. Os de Pontedeume levan escudo acuartelado: primeiro cuartel, en campo de sinople, cunha aguia voante da súa cor natural; segundo cuartel, en campo de sinople, con cinco estrelas de prata colocadas en aspa; terceiro cuartel, en campo de sinople, con dous xabarís andantes da súa cor natural, postos en pao; cuarto cuartel, en campo de sinople, con dúas lanzas de ouro, cos ferros de prata, dereitas e pareadas. Os de Castela traen escudo partido: primeira partición, en campo...
-
-
PERSOEIRO
Director de fotografía. En 1924 trasladouse a Madrid para estudar pintura co artista Julio Romero de Torres e en 1925 debutou como director de fotografía no filme José, de Manuel Noriega. Realizou a fotografía de Don Quintín el amargao (1935) e de diversos documentais como Castillos en Castilla (1935). Na Guerra Civil española elaborou algúns documentais para a Segunda República. Estivo exiliado na Arxentina. Entre as súas producións destacan: La intrusa (1939), Locos de verano (1942), Allá en el setenta y tantos (1945), Me casé con una estrella (1951) e La estrella del rey (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estableceuse desde moi novo en Barcelona, onde estudiou na Escola de Belas Artes. En 1916 trasladouse a París. Traballou tamén nos EE UU, Bélxica, Italia e na India. A súa pintura é dun aristocratismo sensual e decadente, como se amosa na súa obra La maja marquesa. Foi tamén un retratista de prestixio (Retrato de Rodolfo Valentino).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo, epigrafista e numismático. Foi director do Museo de Arqueoloxía de Cartagena e catedrático na Universidade de Zaragoza (1950-1985). Publicou diversos traballos de numismática antiga hispánica e o Manual de numismática (1946). Como epigrafista especializouse no campo ibérico. Realizou numerosos estudios sobre pintura rupestre, destacando El arte rupestre levantino (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comerciante e político. Foi un dos asinantes do Manifiesto de septiembre (1907) e simpatizante de Solidaridad Gallega; posteriormente emigrou a Cuba. Colaborou en A Nosa Terra e publicou Catecismo solidario (1908), escrita en colaboración con Eugenio Carré Aldao, Historia de una subasta y subasta de varias historias, en colaboración con Máximo Pousa (1915) e Las armas de Galicia (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Catedrático de Filoloxía Románica nas universidades de Cádiz e Barcelona. Especialista no mundo da canción cortés e da literatura lírica galego-portuguesa, os seus estudios sobre lírica medieval románica ocupan unha parte fundamental do seu labor investigador. No ámbito da poesía galego-portuguesa, a súa interpretación dos textos permitiu ampliar o mapa xeográfico-histórico desta escola, como se reflicte nas publicacións aparecidas en prestixiosas revistas baixo o título xenérico Tipos y temas trovadorescos. Así mesmo, contribuíu a despexar incógnitas sobre a datación de textos fundamentais, de trobadores como Pero da Ponte ou Afonso X, achegando datos sobre a lírica peninsular e a transpirenaica. Subliñou o carácter simbólico da cantiga de amigo no estudo O cervo do monte a augua volvia: del simbolismo naturalista en la cantiga de amigo (1984) e, o conceptual da de amor, na monografía A cantiga de amor (1995). En Antología de la poesía gallego-portuguesa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo da diocese de Tui (1487-1505). Cóengo na catedral de Mallorca e oidor da Audiencia dos Reis Católicos, foi nomeado bispo de Tui en 1487. Baixo o seu pontificado iniciou as obras da sancristía e da sala capitular, e renovou a capela maior eliminando as ábsidas románicas e construíndo as capelas de Santiago e san Pedro; nesta última atópase a súa tumba.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xoana de Castela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convento situado en Santiago de Compostela. Foi fundado por Constanza Fernández, viúva de Rodrigo Mariño, quen no ano 1309 doou a metade dunha casa e outros bens aos frades de Bonaval para crear o que sería o primeiro convento de monxas dominicanas de Galicia. A cabeceira da primitiva igrexa realizouse a mediados do s XIV baixo as trazas góticas da arquitectura mendicante. A igrexa e convento actuais son produto dunha reconstrución iniciada baixo o mecenado do arcebispo Antonio Monroi durante o s XVII, seguindo planos do monxe beneditino frei Gabriel de Casas, que dirixiu a construción da fachada da portería e a á oeste do convento (1700-1709). En 1737 reedificouse a Capela da Virxe do Portal, construción anexa levantada en 1694 grazas ás esmolas dos fieis. No altar maior desta capela consérvase unha talla da Virxe co neno do s XIV, salientable pola súa tipoloxía escultórica achegada aos modelos franceses. A igrexa conventual demoleuse en 1725, data na que se iniciou a construción da actual...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boris Nikolajevič Bugayev.
-
PERSOEIRO
Arqueólogo. Estivo ao servizo do vicerrei de Exipto Mu ḥ ammad Alī. De acordo co cónsul inglés no Cairo dedicouse a recoller antigüidades exipcias que enviou a Europa, sobre todo a Gran Bretaña. Penetrou no interior da pirámide de Kefren, descubriu o templo de Abu Simbel e explorou o Val dos Reis.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado en Taboada. Do s XVI e posteriores, está feito en pedra de cantería, ten planta en forma de U con tres ás abertas a un patio interior estruturado amodo de claustro, cunha planta baixa con arcadas e unha planta alta con columnas; as tres ás están situadas ao longo dun corredor. Conserva a torre e tivo capela propia.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no concello de Vigo. É de estilo románico de finais do s XII ou principios do XIII, xa que no templo hai dúas inscricións, unha de 1185, na que se nomea o posible mestre, Rodericus, e outra de 1223. Aparece mencionada en diferentes documentos: en 915 foi doada á igrexa de Santiago por Ordoño II e dona Elvira, doazón renovada por Afonso V en 1024; en 1196 houbo unha nova doazón de Afonso I de Portugal á diocese de Tui, e en 1179 Fernando I de León fixo doazón a Tui do couto de Bene vivere. Ten unha única nave con ábsida, poligonal ao exterior e semicircular no interior. A nave está dividida en treitos. O acceso ao presbiterio realízase por medio dun arco triunfal de directriz apuntada; no treito recto, a cuberta é unha bóveda de canón apuntada e no semicírculo absidial de esfera. A porta sur está tapiada, mentres que a portada principal está formada por unha dobre arquivolta apuntada.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Caldas de Reis. De estilo románico, está datada a finais do s XII. Só conserva da antiga fábrica medieval a ábsida, o rosetón da fachada occidental e un treito do muro sur. Consta dunha nave, reconstruída en gran parte, e ábsida semicircular precedida dun tramo recto, do que a separa un arco faixón, e cuberta por unha bóveda de canón que remata en cuarto de esfera. O hemiciclo está dividido por medio de dúas columnas entregas de basas áticas e capiteis de decoración vexetal. O arco triunfal presenta un aspecto case de ferradura. Polo exterior da ábsida destaca unha fiestra con arco de medio punto sostido por columnas. Na fachada principal hai un rosetón posterior e no muro meridional ábrese unha porta rematada en arco semicircular sostido por dúas columnas, unha delas recuberta e con puntas de diamante nas acanaladuras.
VER O DETALLE DO TERMO