"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. de expoñer(se) ou de expor(se).

    2. Que é perigoso ou que está en perigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que expurga ou serve para expurgar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten un sabor excepcionalmente bo.

    2. Que destaca polas súas calidades de gran finura, delicadeza ou perfección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao receptor que se sitúa na pel e nas mucosas e que recolle os estímulos que forman a sensibilidade exteroceptiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se extinguiu.

    2. Que ou quen faleceu.

    3. Taxon do que non queda ningún representante vivo.

    4. Taxon que só sobrevive en cultivo, en cativerio ou en poboacións naturalizadas completamente fóra da área de distribución orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que extingue.

    2. Aparello que serve para apagar un pequeno incendio. Xeralmente é cilíndrico, metálico e de capacidade moi variable (dende menos dun litro a algúns centenares de litros). O sistema de expulsión do produto que contén (auga, dióxido de carbono, po, etc) é moi diverso (unha panca, a inversión do aparello, etc). Algúns extintores póñense en funcionamento cando a temperatura supera un certo valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento delitivo co que se pretende conseguir diñeiro ou calquera outro beneficio dunha persoa, a cambio de non danala ou revelar información comprometedora sobre ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cometer extorsión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Resumo dos puntos máis importantes dun escrito ou exposición.

      1. Produto concentrado que se obtén mediante o tratamento do tecido animal ou vexetal cun solvente para extraer os compoñentes desexados de sabor, olor ou nutritivos do tecido.

      2. Preparado galénico constituído por concentración de drogas animais e vexetais obtidas por evaporación, maceración, lixiviación, decocción ou infusión da droga, seca e pulverizada, con disolventes adecuados, a miúdo etanol, éter ou cloroformo.

      3. extracto brando

        Extracto no que se eliminou, por evaporación, unha parte do disolvente empregado na extracción. Ten consistencia de xarope e é máis concentrado có fluído.

      4. extracto fluído

        Extracto líquido que contén, en peso, os principios activos contidos no produto orixinal.

      5. extracto hepático

        Extracto obtido do fígado do boi e doutros animais e que se supón que contén os principios activos do fígado fresco. O seu poder antianémico valórase en función do contido en vitamina B 12 ou cianocobalamina. Emprégase no tratamento da anemia perniciosa.

      6. extracto seco

        Extracto no que se eliminou practicamente todo o disolvente. O produto resultante é seco e duro.

    2. Copia ou resumo dos datos dunha conta para coñecer o seu estado nun momento determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida o 7 de xaneiro de 1893 en Pontevedra subtitulada “Semanario dosimétrico Ylustrado. Escrito por varios gallegos de buen humor”. Cesou o 7 de outubro dese mesmo ano. Fundouna Enrique Labarta Pose e estaba dirixida por Torcuato Ulloa e polo propio fundador. Na súa redacción participou Xerardo Álvarez Limeses. Incluíu, ademais de crónicas e variedades, artigos literarios en castelán e poesías e coplas en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen extrae ou serve para extraer.

    2. Mecanismo dunha arma de fogo que extrae o casquete do cartucho tralo disparo.

    3. entilador empregado para sacar o fume, o vapor ou o aire viciado dun cuarto ou dunha nave industrial.

    4. Aparello de centrifugación que serve para extraer o mel dos favos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contracción prematura do corazón que se debe á acción dalgún factor sobre o sistema cardíaco de condución que inicia prematuramente un impulso. Pode ocorrer en presenza ou ausencia dunha enfermidade orgánica do corazón. Se se orixina na aurícula denomínase extrasístole auricular, se o fai no ventrículo, extrasístole ventricular, e se se orixina no nódulo aurículo-ventricular, extrasístole nodal. É o tipo de arritmia cardíaca máis frecuente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se encontra fóra dos límites territoriais dunha xurisdición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dereito ou privilexio baseado nunha ficción xurídica que considera persoas, cousas e locais como se estivesen fóra do territorio en que se atopan para continuar sometidos ás leis dos seus países de orixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Toulouse. Trouxo as reliquias de san Sadurniño á igrexa de Toulouse e rematou a súa construción. A súa festa celébrase o 28 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Úlcera artificial que se provoca para manter unha supuración permanente. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ofrenda a Deus, á Virxe ou aos santos, ben en agradecemento á súa intervención ou intercesión na resolución dun problema vital (enfermidade, accidente, etc), ben para solicitar protección, consistente nunha réplica do obxecto favorecido ou que se desexa protexer. En moitas ocasións, os exvotos son figuras de cera, prata ou doutro material, que representan membros ou partes do corpo (pernas, brazos, cabezas, corazóns) afectados pola doenza, ou os bastóns, muletas e outros instrumentos ortopédicos que se empregaron durante a convalecencia; mesmo, en caso de que a enfermidade puxera en serio risco a vida do ofrecido, o exvoto pode ser un cadaleito; tamén poden ser réplicas de animais domésticos (porcos, vacas) ou de artefactos nos que se basean as actividades económicas que dan sustento ao oferente (barcos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político belga. Profesor da Universidade de Louvain desde 1931, ocupou os cargos de ministro de Finanzas (1947-1949 e 1965-1966), gobernador do Banco Internacional para a Reconstrución e o Desenvolvemento (1947-1949) e ministro de Asuntos Exteriores (1950). Primeiro ministro en dúas ocasións, durante o seu primeiro mandato (1958-1961) concedeuse a independencia ao Congo. No seu segundo mandato (1968-1972) procurou un maior entendemento entre a comunidade flamenga e a francófona. Entre as súas obras destacan Le Port de New York dans son rôle économique (1929), De Arbeider en de Bedrijfsleiding in Amerika (1931), Economische théorie en economische politiek (1956), Inflatie en international monetair beleid (1968), Beschouwingen over de economische groei (1976) e Academiae analecta (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro. Entre as obras que realizou destaca unha cruz de prata encargada para a igrexa de San Tomé de Sorribas (Rois, 1588). Atribúeselle unha cruz elaborada para San Martiño de Lesende (Lousame, 1607).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Realizou, entre outras obras, a Asunción da fachada de Santa María de Viceso (Brión, 1784); o retablo maior de Santa María de Ons (Brión, 1789); os altares do Cristo e da Virxe das Dores da igrexa de San Cosme de Outeiro (Outes, 1786); un retablo para a capela de San Roque en San Pedro da Ponte do Porto (Camariñas, 1792); a imaxe da Virxe do Carme e o relevo da Apoteose de San Gregorio Magno do retablo maior do Carme de Arriba en Santiago de Compostela (1800-1802); o grupo da Trindade e o Cristo crucificado de San Martiño de Noia (1802); e a imaxe de san Francisco no convento noiés.

    VER O DETALLE DO TERMO