"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Foi redactor do diario conservador El Contemporáneo (1861), membro con cargos do partido moderado e correspondente do Diario de Barcelona (1865-1890). Escribiu obras filosófico-históricas e Mi gestión ministerial respecto a Cuba (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Cónsul no 360 a C e no 356 a C, foi derrotado na Primeira Guerra Etrusca (359 a C-351 a C). Elixido de novo cónsul no 354 a C, conseguiu o triunfo sobre os hérnicos, os faliscos, os tarquinios e os tiburcios. Ditador no 351 a C, opúxose á elección dos plebeos para o consulado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano, fillo de Fabio Máximo Verrugoso. Participou na Batalla de Cannas como tribuno. Elixido cónsul no 213 a C, recuperou Arpi das mans de Aníbal. No 203 a C foi nomeado augur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xeneral romano. Foi cónsul no 322 a C durante a Guerra Samnita, na que conseguiu unha importante vitoria. Ditador no 315 a C, durante o seu segundo consulado (310 a C) derrotou os tarquinios e os etruscos co apoio dos umbros. Exerceu de novo o consulado (308 a C) e preocupouse pola restauración das tradicións sociais da antiga Roma (304 a C). No seu derradeiro consulado (295 a C) derrotou en Sentinum os samnitas, os etruscos e os galos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Cónsul no 142 a C, enfrontouse con Viriato durante o seu proconsulado e foi derrotado na Lusitania (140 a C). Tivo que aceptar as condicións de paz impostas por Viriato e recoñeceu a súa independencia e os límites do seu territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Coñecido como Cunctator, durante o seu primeiro consulado (233 a C) venceu os ligures. Volveu ao consulado no 226 a C. Durante a Segunda Guerra Púnica, foi nomeado ditador despois da derrota en Trasimeno (217 a C) e comezou unha campaña de desgaste contra os cartaxineses. Cónsul de novo no 215 a C e no 214 a C, enfrontouse cos cartaxineses, reconquistou Tarento e castigou o apoio dos seus habitantes aos cartaxineses. Despois do seu quinto consulado (209 a C) opúxose ao proxecto de Escipión Africano de atacar as bases de Aníbal en África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e historiador romano. Combateu contra os galos (225 a C) e participou na Segunda Guerra Púnica. Despois da derrota de Cannas, o Senado enviouno a Delfos (216 a C). Escribiu en prosa a primeira historia de Roma, Anales (205 a C), que comprendía dende a fundación da cidade (747 a C) ata o comezo da Segunda Guerra Púnica. Foi publicada inicialmente en grego e logo traducida ao latín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente socialista. Residiu en Alemaña e París (1907), onde colaborou no xornal L’Humanité, dirixido por Jean Jaurès. Regresou a Barcelona (1908), desde onde reorganizou a Federació Socialista Catalana e fundou o semanario La Internacional. Durante a República foi embaixador español en Suíza e trala Guerra Civil exiliouse en América Latina. Regresou a España en 1950 e redactou unhas memorias sobre a Semana Tráxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Formouse na Escola da Llotja e en 1875 coa escultura Abel muerto gañou unha bolsa para estudar en Roma, onde adquiriu un gran prestixio como acuarelista e entrou na órbita do marchante Goupil. En 1903 estableceuse en México, chamado por Porfirio Díaz, como inspector xeral de belas artes ata que regresou a Roma. No eido da pintura, destacan as súas composicións anecdóticas. Das súas obras destacan La favorita, La puerta de la cárcel de Granada e Los borrachos y la esclava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra e compositor. Coñecido como Franco Faccio, difundiu a obra de R. Wagner en Italia. Estreou óperas como I profughi fiamminghi (1863) e Amleto (1865).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atril de grandes dimensións que sostén os libros de canto nas igrexas. Sitúase xeralmente no coro e adoita ser xiratorio; pode ter dúas ou catro caras, adoptando entón a forma trocopiramidal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpo de rochas eruptivas lenticulares, dunha magnitude variable, que ocupa a parte máis alta dun dobramento ao adaptar a súa forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de enfermidades hereditarias que teñen en común a presenza de pequenos tumores en diferentes lugares do corpo, con manifestacións oculares, cutáneas, viscerais e especialmente do sistema nervioso. Un exemplo de facomatose é a esclerose tuberosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa que fai algo.

      2. Persoa encargada de dirixir, por conta propia ou allea, un establecemento comercial.

      3. Persoa que executa os sinais de saída ou paso dos trens nunha estación de ferrocarril e rexistra os movementos.

      4. Dependente do comisariado de guerra encargado da distribución de provisións ás tropas.

      5. Oficial real encargado de recadar nas Indias as rendas e tributos en especie pertencentes á coroa.

    1. Cada un dos elementos ou circunstancias que contribúen a producir un resultado.

      1. Nome xenérico de cada unha das substancias que teñen unha acción fisiolóxica específica.

      2. factor citrovorum

        Composto extraído do fígado, moi semellante ao ácido polínico, empregado en casos de deficiencia de ácido fólico e no tratamento das anemias megaloblásticas I que non están ocasionadas por unha deficiencia de vitamina B 12 .

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emprego e oficina do factor.

    2. Fábrica ou complexo industrial.

    3. Establecemento industrial ou de comercio, especialmente os situados nas colonias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional de teatro creada a principios dos noventa por Cristina Domínguez. Destaca polo seu rigor interpretativo e pola coidada posta en escena, que se potencia cunha coidada selección de textos. Entre os espectáculos producidos destacan Voces no vento (1992), recital poético sobre textos de diversos autores como Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Luís Pimentel, Luís Seoane ou Manuel Antonio; Na soidade dos campos de algodón (1994), sobre o texto homónimo de B. M. Koltès; Para o leste do Gantry (1997), baseado na obra de Edward Thomas; Cantos, contos, contas (1995), a partir dun texto de Xavier Picallo dirixido por Alfredo Rodríguez; A casa de América (1998), cun novo texto de Edward Thomas; As presidentas (2000), sobre un texto de Werner Schwab ou Coitelos nas galiñas (2001), segundo un texto do autor escocés David Harrower.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao factor.

    2. Produto dos números naturais consecutivos, dende o 1 ata o número do que se calcula a factorial (n). Represéntase mediante o símbolo! (n!). Así 4!=1·2·3·4=24. A xeneralización da noción de factorial a números non naturais é posible mediante a función Γ de Euler.

    3. Técnica estatística que trata de describir e explicar as relacións entre unhas variables aleatorias directamente observables e outras latentes tamén aleatorias, denominadas factores, e que poden ser a causa das primeiras. Case todos os modelos supoñen relacións lineais entre as dúas clases variables. Adóitase facer a análise partindo dun número moi grande de observacións, para cada unha das que se terá un conxunto de resultados que forman a matriz dos datos. Mediante esta matriz calcúlanse os coeficientes de intercorrelación entre as variables e despois as saturacións das variables nos factores comúns e as comunidades de cada variable. Denomínase tamén deseño experimental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación administrativa pola que unha empresa encomenda a unha entidade intermedia, tamén denominada factor, o cobro dos dereitos comerciais, ou das facturas pendentes, a cambio dunhas comisións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dos catro talleres que tiña Andy Warhol (1928?-1987) en Nova York. O termo evoca o xeito de traballar do artista que concibía o seu traballo como o dun industrial. Foi un lugar de traballo pero tamén de reunión, onde acudía a sociedade neoiorquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que, nunha casa ou dependencia, desempeña todo tipo de traballos.

    2. Persoa en que alguén pon confianza para realizar no seu nome os seus negocios.

    VER O DETALLE DO TERMO