"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia italiana de Brescia, en Lombardía, situada na saída do val Trompia (190.909 h [estim 1998]). As súas actividades económicas baséanse no aproveitamento dos recursos agrícolas (froitas, viñas e horta); no comercio, baseado no intercambio entre os Alpes e a chaira, e na industria (metalúrxicas, material ferroviario, mecánicas e produtos químicos). Ten unha gran tradición a fabricación de armas e constitúe un nó de comunicacións. Fundada polos celtas, foi conquistada polos romanos no 225 a C, que lle puxeron o nome de Brixia. Foi saqueada por Atila no 452, e nos ss VI-VIII foi a capital dun ducado longobardo. Dende o s XI constituíuse como unha cidade libre ata que, finalmente, caeu baixo o dominio de Venecia en 1426. Durante o período veneciano foi unha das cidades máis ricas e máis prósperas da Lombardía. En 1797 foi conquistada polos franceses, e en 1815 foi cedida a Austria; dende o 1860 forma parte de Italia. Do seu patrimonio arquitectónico salientan a catedral vella...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Lombardía, Italia (4.784 km2; 1.088.346 h [estim 1998]). A súa capital é Brescia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Estivo preocupado sobre todo polos problemas do contraste estatístico das teorías. Insistiu no feito de que a política keynesiana conduciría inevitablemente á inflacción. No 1945 foi nomeado presidente do Banco de Roma; no 1947, director executivo do BIRD e, no 1953, ministro de Comercio en Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia monetaria e financeira das Nacións Unidas que se celebrou entre o 1 e o 22 de xullo de 1944 en Bretton Woods, New Hampshire (EE UU), e na que participaron delegacións oficiais de 44 estados. Deu nacemento a dúas institucións de carácter internacional: o Banco Internacional de Reconstrución e Desenvolvemento (ou Banco Mundial) e o Fondo Monetario Internacional, para financiar a curto prazo os desequilibrios no comercio internacional. O obxecto esencial desta conferencia foi o de evitar os desaxustes monetarios que precederon á Segunda Guerra Mundial e favorecer a volta ao multilateralismo dos pagos. Presentáronse dous plans: un patrocinado pola delegación do Reino Unido, coñecido por plan Keynes, e outro norteamericano, o plan White, que finalmente foi o que se aprobou. O plan White proclamaba a volta indirecta ao patrón ouro e a constitución dun banco internacional que respectase a autonomía das políticas monetarias dos estados. A “orde de Bretton Woods” funcionou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación inglesa, creada no 1831, que ten por obxectivo impulsar e sistematizar a investigación científica e divulgar os coñecementos científicos entre o gran público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora mística sueca de orixe nobre. Fundou unha orde monástica feminina e recibiu o nome da santa irlandesa. Casada con Ulf Gudmarsson (1316), tiveron oito fillos, entre eles santa Caterina de Suecia. Despois dunha famosa peregrinaxe a Compostela, Bríxida e o seu marido decidiron entrar na vida relixiosa. Logo de quedar viúva aos 40 anos entrou nun mosteiro cisterciense, onde tivo visións místicas, descritas no seu libro das Revelacións. Fundou en Vadstena un mosteiro mixto, onde foi abadesa; tiña como insignia cinco pequenas chamas semellando pingas de sangue, símbolo das cinco chagas de Cristo. Todos os venres, en lembranza da paixón de Cristo, deixaba caer na súa man cinco pingas de cera ardente provocando a aparición dunha ferida. Obtivo a aprobación papal da súa orde no 1370 e morreu en Roma despois dunha peregrinación a Terra Santa. É moi venerada en Suecia, onde se converteu na Sibila dos cristiáns. Consíderase patroa dos peregrinos, pois visitou os tres centros principais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que establece que se m¹n, entón non hai ningún homeomorfismo dun aberto de Om nun aberto de On.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1.   Relativo ou pertencente aos brucios.

    2. Individuo do pobo brucio.

    3. Pobo da antigüidade que habitou o Brucio (Bruttium), actual Calabria. Colonizada a costa polos gregos, os habitantes do interior proviñan da Lucania, na Italia central. Aliados do Rei Pirro na loita contra os romanos, foron derrotados e sometidos no ano 272 a C. Despoxados dos seus dereitos como pobo confederado e declarados escravos do Estado, pola axuda que lle prestaron a Aníbal. A Guerra dos Escravos, do 73 ao 71 a C, arruinou o seu territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convocada por Leopoldo II en 1889, rematou o 2 de xullo de 1890 coa sinatura dunha acta pola que os asinantes se comprometían a reprimir de xeito efectivo a trata de negros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe de carácter relixioso aparecida a mediados dos anos setenta do s XX en Ferrol. Trátase dunha colección de fichas centradas en aspectos relixiosos e sociolóxicos. Coordinada por Alfonso Gil Montalvo, contaba coa colaboración de X. M. Montero, Manuel Mejuto, Ramón Díaz Raña, Gonzalo Folgueira e Gabriel Vázquez Seijas, entre outros. En outubro de 1976 modificou o seu encabezamento polo de Boa Nova “Material de traballo para Homilía e Catequese”. En lingua galega aparecen recollidos unha serie de artigos titulados “Renovarse ou morrer”, “Os feitos falan” ou “Un mundo a medrar”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Autoridade abusiva, dos empregados da administración pública nos negocios do estado.

    2. Conxunto de funcionarios, normas e organismos dunha administración pública ou privada. O termo foi empregado por primeira vez a mediados do s XVIII e xeneralizouse no s XIX para indicar o goberno exercido polos funcionarios e non polos políticos. Logo das achegas de Max Weber (1864-1920), o máis importante estudoso da estrutura e principios da burocracia, entendeuse como a administración por parte de expertos profesionais da vida política cotiá por riba de calquera sistema político. A partir dese momento identificáronse as seguintes características fundamentais: cada empregado ten unha competencia definida e organizada conforme a unha xerarquía de mando; o nomeamento provén de méritos probados, non de recomendacións; as decisións tómanse en función dunha serie de regras preestablecidas; o burócrata é un funcionario non politizado, o que garante a súa continuidade. Weber confiaba na eficacia do sistema burocrático, pero críticos posteriores sinalaron que poucas burocracias encarnan estes...

    3. Actividade dos funcionarios de oficinas públicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou por libre na Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, e posteriormente no taller de Pancho Cossío. En 1952 trasladouse ao Brasil onde foi axudante de Locateli na Academia Nacional de São Paulo e perfeccionou a súa pintura. Realizou exposicións en varios países sudamericanos como Brasil ou Arxentina. En 1969 participou por primeira vez na Bienal de Pontevedra coa obra Pescadores, expuxo nas seguintes convocatorias e en 1975 recibiu a medalla de bronce por Mariscando. Ten obras no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levantamento militar de signo liberal promovido o 1 de xaneiro de 1820 na vila de Las Cabezas de San Juan (Andalucía) polo comandante Rafael del Riego, ao mando dunha brigada que debía embarcar en Cádiz para sufocar o movemento independentista americano. Como consecuencia do alzamento, que supuxo a restauración da Constitución de 1812, principiou o chamado Trienio Liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Profesor titular da facultade de Medicina da Universidad Complutense de Madrid e director do Instituto para Enfermidades do Sistema Nervioso Central do Centro de Investigación en Neurociencias Básicas e Clínicas da Coruña. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, en Xapón obtivo o doutorado en Ciencias Médicas e as especialidades de psiquiatría e psicoxeriatría. Deseñou o Osaka University Computerized Electronic Maze System e foi o coordinador da European Dementia Network. Publicou máis de 300 artigos científicos e editou libros sobre psiquiatría, neurociencias, demencia senil e a enfermidade de Alzheimer. Obtivo o Premio da Academia de Ciencias Médicas de Tohoku.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición vogal en forma de canon, moi cultivada en Italia no s XIV e a principios do XV. Normalmente os textos representan escenas de caza que describen alegoricamente persecucións amorosas. Na súa forma máis corrente está escrita para voces agudas en canon acompañadas dun tenor. Contemporánea do antigo madrigal, foi cultivada pola maior parte dos músicos da ars nova.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sucesión frecuente e regular de sons, imaxes, movementos, etc.

      2. Número de pasos que realiza un atleta en carreira (ou de pedaladas que dá un ciclista) nun tempo determinado.

      3. Cantidade de fotogramas que son proxectados sobre a pantalla nun segundo.

      4. cadencia de tiro

        Número de tiros que efectúa unha arma de fogo por minuto.

    1. Distribución e combinación de acentos e palabras que dan o ritmo característico de cada idioma. Na entoación é a maneira de pechar os fragmentos melódicos da frase. A cadencia de enunciación ten a terminación grave, baixando a liña xeral da frase. O fenómeno de cadencia expresa a terminación absoluta dunha frase enunciativa.

    2. Distribución proporcionada e harmónica dos sons, acentos ou pausas tanto na poesía coma na prosa. Na métrica castelá, designa o tempo final da cadea rítmica que segue ao último acento, sen importar que haxa unha, dúas ou tres sílabas trala última acentuada.

    3. Disposición simétrica dos movementos e sons que coinciden cos tempos fortes da música de danza.

      1. Conclusión ou caída dunha frase musical por mor da inflexión melódica sobre unha nota final de modo ou pola sucesión de harmonías que causan a sensación dun repouso suspendido ou definitivo. A teoría das cadencias, aparecida no s XII, contribuíu, a partir do s XVI, a definir a noción de tonalidade, ata o punto de basear toda a estrutura harmónica en series de cadencias en movemento de afastamento ou de retorno, con respecto á tónica.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor e político. Residente en Catalunya dende 1939, participou no movemento estudantil antifranquista e foi expulsado de España en 1964 pola súa actividade nacionalista. Fundou Edicions 62 e Curial, Edicions Catalanes. Presidente da Universitat Catalana d’Estiu a Prada e profesor de literatura catalá na Universitat Autònoma de Barcelona. Publicou entre outras obras Epistolari del Renaixement (Epistolario do Renacemento, 1977-1978) e colaborou con Joan Coromines no Dicionari etimològic i complementari de la llengua catalana (Dicionario etimolóxico e complementario da lingua catalana, 1980-1981). En 1994 creou o partido político Acció Catalana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade financeira constituída na Coruña o 3 de abril de 1978 trala fusión da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de La Coruña y Lugo (1896) e da Caja General de Ahorros y Monte de Piedad de Ferrol (1902), culminando un proceso pioneiro en España. A partir desa data incorporáronse novas entidades financeiras: en 1980 a Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago de Compostela (1879), en 1982 a Caja de Ahorros Provincial de Lugo (1964), en 1986 as caixas rurais da Coruña (1979) e Pontevedra (1968), en 1988 a Caja Rural de Orense (1961) e en 1992 a Caja Rural de León (1968). Dende 1978 dirixiuna José Luis Méndez López. En 1980 iniciou un proceso de expansión, ás veces a través da compra de oficinas bancarias doutras entidades (Banco de Fomento, Banco Urquijo e BNP Paribas), que a levou a ter presenza en todas as comunidades autónomas españolas, fundamentalmente en Madrid, nas comunidades mediterráneas e no Bierzo, así como en Portugal e noutros puntos de Europa e América. No 2000 posuía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome comercial da Caixa de Aforros de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO