"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partícula que obedece á estatística de Fermi-Dirac. Son fermións as partículas elementais ou compostos que teñen spin semiimpar, como os leptóns e os barións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos fermións.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zamora, Castela e León, situado na confluencia dos ríos Tormes e Duero (1.782 h [1996]). Nos últimos anos desenvolveuse unha importante actividade agrícola baseada no cultivo de froiteiras e cereais. Declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1974, do seu patrimonio cultural destacan o castro de El Castillo, a igrexa de Nuestra Señora de la Asunción e os restos do castelo de dona Urraca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de azul, unha cruz de ouro, recrucetada e cargada dun corazón, de goles, pingando sangue.
-
PERSOEIRO
Poeta, músico e dramaturgo. Coñecido como Juan del Encina, estudiou en Salamanca, pertenceu ao coro da catedral e estivo ao servizo do duque de Alba. En Roma estivo ao servizo dos papas Alexandre VI, Xulio II e León X, e en 1519 ordenouse sacerdote e peregrinou a Xerusalén. A súa obra poética (Cancionero, 1496) reúne composicións de xuventude, de ton popular, e van encabezadas por unha Arte de la poesía castellana, que contén algúns indicios da preceptiva renacentista. Considerado o pai da literatura dramática española, a súa obra supuxo a transición entre o teatro litúrxico medieval e o renacentista. Autor de églogas e composicións dramáticas dialógadas onde se cantaba a vida idealizada do campo, recolle moi diversas temáticas, desde a paixón de Cristo, como na Representación á la santísima resurrección de Cristo (1494), ata os temas profanos, como o Auto del Repelón (1496) ou Égloga de Carnaval y Antruejo (1496), sen esquecer aquelas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de goles, un besante de ouro.
-
-
Que produce pracer á vista ou ao oído, pola súa beleza, perfección ou magnitude. Na tradición oral recóllense ditos como: “Á fermosa, o desdén sempre parece ben. Non hai fermoso que non teña algo noxoso”.
-
Que é grande ou ben desenvolvido.
-
Que denota xenerosidade ou nobreza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Beade. Fundouna o cóengo de Santiago de Compostela Francisco Cotón e fixérona os mestres Pedro Antonio Reboreda e Matías Gómez. Ten planta rectangular e dous andares. Na fachada principal destaca nun lateral unha escaleira de dous tramos que conduce ao patín. O brasón representa as armas dos Temes, Novoa, Castro, Enríquez, Mosquera e Oxea.
-
-
Calidade de fermoso. Na tradición oral recóllense ditos como: “A fermosura cómea a sepultura. A fermosura cómea a terra. A fermosura moitas faltas disimula. Non hai fermosura sen axuda”.
-
Persoa ou cousa fermosa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do antropónimo masculino Fernando.
-
GALICIA
Xornalista. Director xeral de Radio Principal-Cadena SER en Monforte de Lemos e Vilalba, e de TV-7 Sur. Realizou estudios de arte dramática na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid e especializouse en xestión e dirección comercial de empresas na Universidade de Santiago de Compostela. En 1974 comezou a súa actividade radiofónica en Radio Madrid (SER) e en 1979 en Radio Lugo. A mediados dos anos oitenta desenvolveu a súa faceta televisiva no programa Telegalicia de TVE. Posteriormente presentou na TVG Arestora, Que foi de..., De viva voz, Galeguidade e Cousa-cousiña. Volveu a RNE-4 para dirixir e presentar Hoxe en día e en 1990, de novo na televisión, Mar a Mar en TVE Internacional. Recibiu o premio Tertulia de RNE ao mellor programa televisivo por Telegalicia (1987) e diferentes premios TP como mellor presentador (1988) e mellor programa (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr galego. Posiblemente orixinario de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa), cultivou a súa poesía entre o segundo cuarto e finais do s XIII. Parte da crítica teno identificado con Fernand’Esquio; pero, o máis probable, é que ambos pertenzan a grupos poéticos con características diversas. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o Cancioneiro da Vaticana (V) só transmitiron unha cantiga da súa autoría, “D’ir a Santa Maria do Lagu’ei gram sabor”, aínda que V lle atribúe erroneamente dúas estrofas da composición de Airas Paez “Por vee-lo namorado que muit’á que eu non vi”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, da liñaxe miñota dos Guedes. Desde 1253 ata 1277 aparece vinculado á corte de Afonso III de Portugal. Estableceuse en Coimbra, onde exerceu o cargo de meirinho-mor e debeu morrer entre 1274 e 1278. Desenvolveu a súa actividade poética na segunda metade do s XIII e atribúenselle once composicións. As seis cantigas de amor, conservadas exclusivamente no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B), desenvolven e magnifican o recorrente motivo da coita, que o trobador asocia, non só ao da morte por amor, senón tamén ao da separación dos namorados, en tanto que causa sufrimento. Sobre este último motivo, o da distancia que separa os amantes, articula o trobador as súas catro cantigas de amigo, recollidas en B e no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (V).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador descendente quizais dunha rama secundaria da estirpe galega dos Lemos. Identifícase co cabaleiro Fernan Figueira, e parece que se estableceu no Alto Minho portugués e que tiña posesións en Vilanova de Cerveira. Activo na segunda metade do s XIII, atribúenselle dúas cantigas, copiadas na parte inicial da sección das cantigas de amor no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, pero adscritas ao rexistro cortés e á cantiga de amigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador. Activo no terceiro cuarto do s XIII, posiblemente pertenceu á liñaxe de Durão Froiaz, chanceler de Sancho II de Portugal. Do escarnio de Alfonso X “Don Airas, pois me rogades” -que é un contrafactum da súa cantiga “Juravades-mi vós, amigo”, elaborado segundo as técnicas da cantiga de seguir codificadas na Arte de Trobar do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B)- poderíase deducir que o poeta frecuentou a corte e o círculo literario de Afonso X o Sabio. O manuscrito B e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (V) recollen catro cantigas de amigo da súa autoría.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, membro da liñaxe dos Sousa, fillo de Garcia Mendiz d’Eixo e irmán do conde Gonçalo Garcia. Debeu nacer a comezos do s XIII. Ata 1247 -ano en que se atopa na Beira apoiando o conde de Boloña e desafiando a Martin Gil de Soverosa, partidario de Sancho II- é probable que se ausentase de Portugal e frecuentase a corte castelá nos tempos de Fernando III. Sendo Rei Afonso III, ocupou o cargo de tenente de Maia e morreu arredor do 1251. Autor de vinte composicións -ningunha delas recollida no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana-, desenvolveu a súa actividade poética cara ao segundo cuarto do s XIII; escribiu dezaoito cantigas de amor e dúas de escarnio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Iniciou a súa carreira teatral en 1934 e, trala Guerra Civil, continuou coas súas actuacións en compañías afeccionadas e realizou pequenas intervencións en películas. En 1943 deu o salto definitivo ao cine como actor e director, e simultaneou logo ambas as facetas coas de guionista e actor teatral. Dentro da súa actividade como director de cine destacan as películas La vida por delante (1958), La venganza de don Mendo (1961), Ninette y un señor de Murcia (1965), La querida (1975), El viaje a ninguna parte (1986), El mar y el tiempo (1989) e Lázaro de Tormes (2000). Traballou como actor en máis dun cento de longametraxes, entre as que destacan El camino de Babel (1944), El destino se disculpa (1945), Botón de ancla (1947), Balarrasa (1950), Muchachas de azul (1956), El inquilino (1958), Se vive una sola vez (1963), Ana y los lobos (1972), El espíritu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, probablemente dunha familia de ascendencia leonesa (Sanabria) asentada en Portugal. Activo na segunda metade do s XIII, hai disparidade de opinións en canto aos textos que integran o seu cancioneiro; os únicos con certeza da súa autoría son, ademais da cantiga de amigo “Pero que eu meu amigo roguei”, as oito pezas de amor recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional baixo a correspondente rúbrica atributiva. A transmisión no Cancioneiro da Ajuda de cinco desas oito composicións nunha serie da que forman parte outros sete textos fai pensar que estes pertencen tamén ao mesmo trobador, aínda que unha delas (“A dona que eu vi por meu”) se atribúa nos apógrafos italianos a Airas Veaz. Algúns estudiosos atribúenlle quince cantigas de amor e unha de amigo, amparándose na propia organización de A, así como na unidade semántica das quince pezas amorosas, presididas pola coita e o segredo amoroso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primeiro conde de Castela (930-970). Membro da familia Lara, unificou baixo a súa autoridade algúns dos condados máis importantes de Castela. Derrotou xunto co rei leonés Ramiro II a ‘Abd al-Rạhmān III na Batalla de Simancas (939), feito que lle permitiu ocupar e repoboar Sepúlveda. Enfrontouse ao monarca leonés por causa dos seus desexos de independencia, polo que sufriu prisión. Axudou a Ordoño IV na súa revolta contra Sancho I de León, pero no 960 foi feito prisioneiro polo Rei García II de Pamplona. Conseguiu vincular o condado de Castela á súa familia, polo que, á súa morte, o sucedeu o seu fillo García Fernández. A fama que acadou en vida fixo que se convertese nun dos personaxes protagonistas das obras épicas castelás.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poema épico anónimo redactado entre 1250 e 1271. Ten 752 estrofas en caderna vía que describen a vida e os feitos do conde Fernán González, de base real e lendaria ao mesmo tempo.