"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro meteorolóxico fundado en 1973 e en funcionamento dende 1979. Con sede en Reading (Reino Unido), agrupa dezasete países europeos, aos que lles proporciona diariamente previsións do tempo para un período de sete días.
-
VER O DETALLE DO TERMO
CESID.
-
-
Aplícase ás plantas que teñen os rudimentos seminais ou as sementes en posición central ou axial, no ovario ou no froito, respectivamente.
-
-
Relativo ou pertencente ás centrospermas.
-
Planta da antiga orde das centrospermas.
-
Antiga orde de dicotiledóneas monoclamídeas, incluídas actualmente dentro da superorde das cariofilais.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
De superficie globulosa e repregada que lembra as circunvolucións do cerebro.
-
PERSOEIRO
Escritor, sociólogo e director televisivo. Licenciado en Socioloxía pola Universidad Complutense de Madrid, foi xefe de comunicación na consellería de Cultura e Deportes (1986-1990). Colaborador en diversas publicacións (La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El País, Claves) e conferenciante en diversas universidades e centros académicos, impulsou a edición en galego de O Correo da Unesco (1990). Como autor teatral publicou Almas perdidas (1987) e Pedro e o lobo (1989); no eido da poesía tirou do prelo o poemario Historia de Abbadón (Premio Leliadoura, 1991) e, dentro da narrativa, é autor, entre outras obras, de Las diosas vírgenes (1985), Non te chamarei Ramón (1992), Ciencia de facer as camas (1994), Os nervios da cabeza (Premio Cidade de Lugo, 1994), Paula e as palabras que levou o vento (1994), Esas rapazas chegarán moi alto (1995) e Neve reneve (1995). Tamén é autor...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro, arquitecto e militar. Foi capitán xeneral do Reino de Galicia. Antes de chegar á Coruña, realizou algúns proxectos arquitectónicos e urbanísticos en Catalunya, como os planos da igrexa de Sant Miquel del Port, na Barceloneta (1753), e os da catedral nova de Lleida (1760). Entre 1776 e 1778 completou a urbanización da Rambla de Barcelona. En 1799 proxectou as Casas de Paredes na Coruña, onde tamén realizou o edificio do Consulado, que despois foi sede do Museo de Belas Artes. Foi membro de mérito en arquitectura da Real Academia de San Fernando de Cádiz (1768), consiliario da mesma institución (1770) e membro da Academia de Arquitectura (1774).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Material constituído por unha mestura de compoñentes cerámicos e metálicos, obtidos mediante fusión, metalización ou sinterización. Os materiais cerámicos máis empregados son óxidos, carburos, boruros, siliciuros e nitruros. Utilízase para fabricar resistencias eléctricas, ferramentas de gume, pezas refractarias para turbinas, recubrimentos para cápsulas espaciais, etc.
-
PERSOEIRO
Pintora. Coñecida como Toyen, participou no grupo artístico vangardista de Praga que experimentou coas diferentes estéticas das primeiras vangardas artísticas. Despois dunha primeira estadía en París (1925-1929), orientouse cara ao surrealismo. Instalouse definitivamente en París en 1947 e contactou cos surrealistas. A súa obra conserva unha figuración onírica e descontextualizada semellante á estética de Magritte. Entre as súas obras destacan a serie de debuxos Os espectros do deserto (1937) e O castelo de Lacoste (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hermenegildo Díaz de Cevallos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carmen Fernández Chacón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doenza causada polo protozoo flaxelado Trypanosoma cruzi, descuberta polo patólogo Carlos Chagas en 1909. Propia de América Central e Meridional, transmítese por medio dos hemípteros heterópteros das especies Rhodnius prolixus e Triatomoa megista. Caracterízase pola presenza de febre, ollos inchados, malestar xeral, edema e agrandamento do bazo e dos ganglios linfáticos. Tamén se coñece como tripanosomiase americana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guillerme I de Acaia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mámoa situada en Marín, descrita e escavada nos anos cincuenta por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, Alfredo García Alén e Carlos Alonso del Real. A cámara, de planta poligonal, está formada por sete chantas imbricadas e inclinadas cara ao interior da cámara. En 1975, cando a investigaron Antonio de la Peña Santos e Antón A. Rodríguez Casal, non tiña lousa de cobertura; sen embargo, posteriormente, apareceu sobre a anta unha lousa de cobertura da que non hai certeza que sexa a orixinaria. O corredor, orientado cara ao O, consta de seis chantas sen cubrición. A dimensión total é de 4,20 m no seu eixe maior, dos que 2,30 m son do corredor, e de 2,30 m no eixe menor. No transcurso das escavacións descubriuse o seguinte enxoval: catorce puntas de frecha de base triangular, dúas láminas de sílex, dúas machadas de sección cadrada, catro bólas de pedras e arxila, un percusor, fragmentos cerámicos e ocre.
-
-
Peixe mariño de corpo estreito e moi alongado, coas aletas dorsal e anal dispostas moi atrás, pertencente ás familias dos belónidos e dos escombresócidos, da orde dos ateriniformes.
-
Peixe de corpo moi delgado e case cilíndrico, de ata 70 cm de lonxitude. Posúe mandíbulas longas e finas, a inferior moito meirande ca a superior. O dorso presenta unha cor entre azul e verde, e o ventre arxénteo. O esqueleto, que contén fosfatos de ferro, é de cor verde. É unha especie gregaria que forma numerosos bancos e aliméntase de peixes de menor tamaño. Adoita aparecer preto da superficie e, ao ser perseguido polos depredadores, chega a lanzarse fóra da auga. Pertence, ao igual que os peixes voadores, á familia dos exocetoides. Na primavera e no verán achégase ao litoral. É unha especie de interese para a industria conserveira. Tamén recibe o nome de agulla.
-
Peixe epipeláxico de corpo comprimido e moi longo, que acada os 45 cm de lonxitude. Presenta dorso azul iridiscente e ventre prateado, a mandíbula inferior un pouco máis longa ca a superior, e entre 5 e 7 pequenas aletas detrás das aletas dorsal e anal. Tamén recibe o nome de alcrique.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prefectura do Chad (82.910 km2; 1.251.906 h [estim 1993]). A capital é N’Djamena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quark c, de masa 1,7 GeV e carga 2/3. Ten encanto igual a +1.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mesón formado polo estado ligado dun quark encantado c e o seu antiquark c. Os seus diferentes estados de spin ou de excitación constitúen a familia das partículas ψ.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao órgano en forma de copa, como, por exemplo, o peridio dos fungos do xénero Cyathus ou a corola de certas flores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de usuarios do ciberespacio coordinada por Camilo Regueiro que pretende promover o uso da lingua galega en Internet e na informática, con axuda para a creación de páxinas web, aplicacións e produtos no noso idioma.
-
-
Semellante a unha cegoña.
-
-
Relativo ou pertencente aos ciconiformes.
-
Ave da orde dos ciconiformes.
-
Orde de aves que comprende a familia dos ardeidos e a dos cicónidos.
-
-