"Cher" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 150.
-
PERSOEIRO
Historiador da arte, diplomático e xornalista. Foi correspondente na Guerra de Crimea. En 1874 coñeceu a Giovanni Battista Cavalcaselle, con quen desenvolveu o seu traballo de historiador. Entre as súas obras destacan A new history of painting in Italy (Unha nova historia da pintura en Italia, 1864-1866) e Raphael: his life and works (Rafael: a súa vida e traballos, 1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Conseguiu o título MFA no San Francisco Art Institute, onde coñeceu a Anthony Aziz. A partir de 1990 comezaron a colaborar en proxectos conxuntos, onde mesturan a escultura e a creación fotográfica, con especial interese no corpo humano. Individualmente participaron nas mostras organizadas no New Lanton Arts de San Francisco (1992), na XLVI Bienal de Venecia (1995), na galería Yvonamor Palix de París (1996), no Museo Alejandro Otero de Caracas (2000) e na Henry Urbach Gallery de Nova York (2001). Colectivamente tomaron parte na mostra Frissen Facsarva, na Budapest Gallery, en 1991, na Domestic Trappings. The Living Room, de San Francisco en 1992, na The Final Frontier, celebrado no The New Museum of Contemporary Art de Nova York en 1993, na VI e VII Fotobienal de Vigo, organizadas nos anos 1994 e 1996, respectivamente, e na Biennale de Lyon no ano 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor alemán. Xunto con Peter Vischer, foi o primeiro en adoptar as formas renacentistas. Entre as súas obras destacan os traballos realizados para os Fugger na capela de Santa Ana (1509-1518) en Augsburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e político suízo. Como membro do Consello federal encargouse dos departamentos de Xustiza e Policía, Correos, Telégrafos e Ferrocarril, e de Interior. Foi presidente da Confederación en 1886, 1897, 1903 e 1909.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca Nacional alemá fundada en Leipzig en 1912. Trala Segunda Guerra Mundial constituíuse como Biblioteca Nacional da RDA. Recolleu as publicacións mundiais escritas en lingua alemá desde 1913. Coa reunificación, fusionouse coa Deutsche Bibliothek e fundou en Frankfurt en 1946 a Die Deutsche Bibliothek (DDB).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada no ano 1907 polo arquitecto Hermann Muthesius (1861-1927) en Múnic. Uniu a artesáns, arquitectos e deseñadores coa finalidade de mellorar o deseño e a calidade dos produtos industriais. Inspirouse no Arts and Crafts de William Morris, aínda que aceptou o maquinismo como un feito irreversible e serviuse del. No seu interior existiron dúas faccións: unha liderada por Muthesius e P. Behrens que propuña o maior uso da produción industrial e a estandarización do deseño, e outra dirixida por H. van de Velde, defensora da expresión artística individual. Na reunión anual de 1914, celebrada en Colonia e na que participou W. Gropius, optouse pola primeira. Á súa imaxe xurdiron, entre outras, as institucións Österreichister Werkbund en Austria (1912), Slöjdsforening en Suecia (1913), Comité Central des Arts Appliquées en Francia (1916), Design and Industries Association en Inglaterra (1917) e Schweirezischer Werkbund en Suíza (1923). Trala paréntese provocada pola Primeira Guerra...
-
PERSOEIRO
Xornalista, historiador e político polaco. Expulsado do Partido Comunista Polaco pola súa oposición ás directrices stanilistas, trasladouse a Londres en 1932. Entre as súas obras cómpre destacar Stalin, a Political Biography (Stalin, biografía política, 1949), a triloxía Trotsky (1954-1963) e Unfinished revolution (A revolución inconclusa, 1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Facer que algunha cousa ocupe totalmente un espacio baleiro. Na tradición oral recóllense ditos como: “Chegar e encher, non sempre pode ser. Para chegar e encher, algunha mañá hai que ter”.
-
Fartar de comida ou bebida a alguén.
-
-
-
Ocupar un lugar un gran número de persoas, animais ou cousas.
-
Ocupar certo sitio cunha cantidade grande ou cun número elevado de algo.
-
-
Ocupar os espacios en branco de algo.
-
Ser a causa de que alguén presente un estado de ánimo ou certo sentimento nun grao elevado.
-
Impregnar algo inmaterial, como un olor ou un son, algún sitio.
-
Colmar abundantemente de algo positivo ou negativo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Quen te enche de festas que non adoita facer, ou te quere enganar ou de ti ha mester”. OBS: Constrúese coa preposición de.
-
...
-
-
PERSOEIRO
Botánico eslovaco. Director do xardín botánico de Viena, publicou Genera Plantarum (1836-1840), obra que, baseada no método natural, exerceu unha grande influencia nos botánicos de lingua alemana. Foi tamén un notable lingüista e interesouse, sobre todo, polas linguas do Extremo Oriente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista gráfico holandés. Formouse na School voor Kunstnijverheid de Haarlem (1919-1922). Viviu en Italia entre 1923 e 1935 e despois en Suíza, Bruxelas e Baarn ata que se instalou en Laren. Realizou unha obra caracterizada pola suxestión espacial e a ilusión óptica, de carácter surrealista, e na que tiveron grande importancia os conceptos matemáticos. Entre outros gravados destacan Ciclo (1946), Belvedere (1958) e Fervenza (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Estudiou no Conservatorio de Rotterdam con W. Pijper e exerceu a docencia na Universidade de Utrecht. Da súa produción destacan numerosas obras corais e a peza para orquestra Summer Rites at Noon (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bacterias aerobias Gram-negativas da familia das enterobacteriáceas. Habitantes universais das vías intestinais dos mamíferos, teñen un papel nutricional xa que sintetizan vitaminas, especialmente a vitamina K. A súa presenza nas augas é un indicio de contaminación fecal. Son ocasionalmente patóxenas, sobre todo cando a resistencia do hospedeiro é baixa. A especie característica é a E. coli, coñecida como colibacilo, e é o organismo máis coñecido e máis empregado na investigación biolóxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización astronáutica creada en 1962 e que incluía diversos estados europeos e Australia, que cedía a base de lanzamento. Estudiaba a realización do foguete Europa. En 1975 fusionouse coa ESRO para formar a ESA.
-
PERSOEIRO
Arquitecto austríaco. Formouse en Roma con Carlo Fontana e ao regresar a Austria, despois dunha etapa borrominesca, definiu un barroco clásico. Das súas obras destaca a Karlskirche de Viena (1716-1729). Foi autor de Entwurf einer historischen architektur (Fundamentos dunha historia da arquitectura, 1721). O seu fillo Joseph Emmanuel Fischer von Erlach (Viena 1693-1742) continuou as súas obras, entre outras, a Hofbibliotethek de Viena, e construíu obras propias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Estudiou debuxo e escultura na escola Käthe Kollwitz, e arte na Escola Superior de Belas Artes e na Escola Superior de Artes Plásticas de Berlín-Charldottenburg. Realizou fotografías documentais sobre a posguerra alemá para as revistas Das Magazin, Freie Welt e Sy bille. A partir de 1967 formou parte do grupo Direkt, defensor da fotografía realista. Despois de exercer como profesor en diversas escolas de Berlín, trasladouse a Leipzig para impartir clases de fotografía na Escola Superior de Artes Gráficas e do Libro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Convenio mediante o que se debuxan os átomos de carbono tetraédricos e os seus substituíntes en dúas dimensións, de maneira que as valencias do átomo de carbono se dirixen cara a atrás (liña de puntos), mentres que as valencias dos outros substituíntes se dirixen cara a adiante (liña grosa). Con este método a molécula debúxase en forma de cruz, co átomo central no punto de intersección. Cómpre que a función máis oxidada permaneza na parte superior da fórmula proxectada. A convención de Fischer establece un criterio para representar diversas configuracións nun plano. Estas fórmulas de proxección de Fischer non representan fórmulas planas, senón que son a representación plana dunha fórmula tridimensional. Só son válidas no plano no que se proxectaron, é dicir, non se poden levantar dese plano. Un intercambio de dous grupos substituíntes entre eles produce unha inversión da configuración, é dicir, o enantiómero, mentres que dous intercambios dan unha forma coa mesma configuración.
-
PERSOEIRO
Bioquímico. Doutorouse en Química na Universidade de Xenebra. En 1950 trasladouse aos EE UU, onde se naturalizou e desenvolveu un programa de investigación sobre o comportamento das proteínas celulares e o seu mecanismo regulador, a fosforilación reversible. En 1992 outorgóuselle o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, que compartiu con E. G. Krebs, polo descubrimento do papel da quinase e da fosfatase, que medían a activación e inactivación doutro enzima, a fosforilase.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico alemán. Estudiou nas universidades de Bonn e Estrasburgo, e foi profesor nas de Estrasburgo, Múnic, Erlangen, Wurzburgo e Berlín. En 1875 descubriu a fenilhidrazina e, posteriormente, ideou a convención que leva o seu nome. Estudiou sistematicamente os azucres e descubriu a estrutura de moitos, como a glicosa e a frutosa, algunhas substancias colorantes artificiais e os aminoácidos, dos que obtivo os polipéptidos por condensación. Foi o primeiro en sintetizar a ribosa e obtivo o primeiro barbitúrico, o veronal. En 1890 concedéuselle a medalla Davy da Royal Society de Londres e en 1902 recibiu o Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre os azucres e as purinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e teórico da estética naturalizado suízo. Exiliado en Praga e Moscova, regresou a Austria en 1945 e foi secretario de estado de Educación e de Interior. Opúxose á invasión de Checoslovaquia polas tropas do Pacto de Varsovia (1968) e foi expulsado do partido comunista austríaco. Das súas obras destacan Probleme der jungen Generation e The Neccesity of Art (1967) onde, cun concepto dogmático do marxismo, prevía a superación futura da utilidade inmediata da arte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico alemán. Fixo investigacións sobre compostos organometálicos, complexos de carbono con metais, compostos en sandwich do tipo dos ferrocenos, etc. Recibiu o premio de Química da Academia de Ciencias de Gotinga (1957) e o premio Alfred Stock da Sociedade de Químicos Alemáns (1959). En 1973 compartiu o Premio Nobel de Química con Geoffrey Wilkinson polos seus descubrimentos no campo dos compostos organometálicos.
VER O DETALLE DO TERMO