"Coruña" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 103.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial castrense situada na Coruña. Foi hospital do gremio de mareantes e colexio dos xesuítas (1673-1701). A primitiva igrexa e o hospital foron destruídos polos ingleses; realizouse a nova construción (1881-1890) baixo o mecenado de Eusebio da Guarda e Modesta Goicouría, enterrados nun mausoleo de mármore detrás do altar, de estilo neorrománico e obra de Faustino Domínguez Coumes-Gay. Consérvase a súa portada gótica como porta do Arquivo do Reino de Galicia. O seu adro foi o lugar de reunión do concello da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Armador. De orixe xudía, dedicábase a arrendar a facenda real na cidade coruñesa. Serviu os monarcas Xoán I de Castela e Fernando I de Portugal, de quen chegou a ser un dos seus privados principais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Club Deportivo de La Coruña, SAD.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1822 para a administración e promoción dos intereses da provincia da Coruña. Constituíuse por primeira vez o 1 de xuño de 1822, en aplicación da resolución das Cortes españolas do 13 de xullo de 1821 que decidiu suprimir a provincia de Galicia e disgregar o seu territorio en cinco novas circunscricións. A cidade da Coruña converteuse na capital da demarcación; a concesión da capitalidade contou coa oposición de Santiago de Compostela, que aspiraba a ela. Suprimida en 1823 pola derrogación da Constitución, a deputación refundouse o 21 de novembro de 1835 na Coruña, trala recuperación do réxime constitucional, propiciada polo pasamento do Rei Fernando VII. Nese momento tamén foi problemática a designación da capital, pois Betanzos e Santiago de Compostela postuláronse como candidatas. A Deputación Provincial da Coruña centra a súa actividade en accións de apoio ao desenvolvemento económico e social, á mellora da rede viaria, á restauración de monumentos, á creación e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido o 1 de setembro de 1814 na Coruña. Rematou a súa edición probablemente en abril ou maio de 1815. Sucesor do Diario de La Coruña, imprimíase nos obradoiros tipográficos deste xornal, propiedade de Xosé de Calleja e Llano. Incluíu artigos, comunicados, novas de Madrid e anuncios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de tendencia liberal que apareceu na Coruña o 26 de febreiro de 1820, baixo o auspicio da Xunta Suprema do Reino de Galicia. Rematou a súa edición o 6 de xullo de 1823. Fundado, dirixido e impreso por Sebastián Iguereta, constaba de catro páxinas nas que se incluían novas nacionais e do estranxeiro, comunicados, exposicións, proclamas, avisos e sesións de artes. Incluía artigos nos que se informaba dos dereitos que outorgaba a nova Constitución aos cidadáns e comentarios sobre o novo sistema de goberno. No eido literario incluíu dous textos propagandístiscos en verso titulados “Poema aos insurreccionados de Burón” e “Ás comadres de Burón”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido o 24 de novembro de 1858 na Coruña que cesou a súa edición o 12 de abril de 1866. Dirixido por Francisco Mª de la Iglesia, Benito Vicetto, Manuel Murguía, Xosé López de la Vega, Xosé Mª Montes e Froilán Salazar, contou coa colaboración de, entre outros, Antonio da Iglesia, Antonio San Martín, Ramón Buch, Domingo Camino e Alejos Pita. Impreso nos obradoiros tipográficos de Castor Míguez, foi unha das publicacións da época con maior número de subscritores. No nº 53, en xaneiro de 1859, Antonio de la Iglesia publicou a súa composición “Ribeirana”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de tendencia liberal que apareceu o 22 de xuño de 1808 na Coruña e que cesou en 1815. Dirixido por Manuel Pardo de Andrade foi pioneiro no seu campo e precedente doutras posteriores. Na súa primeira época, dende a súa fundación ata xaneiro de 1809, empregouse como arma propagandística da Xunta da Coruña contra a invasión francesa. Imprimíase nos obradoiros tipográficos de Manuel Mª de Vila. Na segunda época, entre xaneiro ata agosto de 1809, o editor cedeu o diario a Ángel Antonio Henry, que o converteu en voceiro oficial da Xunta Soberana de Galicia e que o denominou Diario del Gobierno de La Coruña. Imprimiuse daquela nos obradoiros tipográficos de Francisco C. Pérez Prieto. Na terceira época, entre agosto de 1809 e setembro de 1814, recuperou o nome orixinal e pasou a imprimirse nos talleres de Manuel Mª de Vila. A partir de xuño de 1811 dividiu a información nas seccións “Noticias del Extranjero” e “Noticias de España”. Na súa cuarta etapa, a partir de setembro de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir de 1850. Subtitulouse “Eco de intereses morales y materiales de Galicia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir do 15 de maio de 1857 e subtitulada “Periódico literario, científico e industrial”. Cesou probablemente en xullo de 1857. Dirixido por Alonso Rey, Francisco Mª de la Iglesia, Benito Vicetto, Manuel Murguía, Xosé López de la Vega, Xosé Mª Montes e Froilán de Salazar, imprimíase nos obradoiros tipográficos de Castor Míguez ou nos talleres do Hospicio. No seu equipo de redacción figuraban, entre outros, Antonio de la Iglesia, Ramón Buch, Domingo Camino, Federico Alejos Pita e Mateo Garza. Incluíu noticias nacionais e do estranxeiro, unha sección comercial, novas do porto e información de carácter social. Tentaba ser unha publicación exclusivamente informativa, á marxe de posicionamentos ideolóxicos ou políticos. Inseríronse algúns poemas en galego de Francisco e Antonio Mª de la Iglesia e un “Cantar abdicado ao meu amigo Vicetto”, de Antonio de San Martín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter monárquico-absolutista editada na Coruña a partir de xaneiro de 1813 e que cesou probablemente en xuño de 1814. Dirixida por frei Manuel Martínez, figuraba como editor frei Nicolao de Castro e como colaborador frei Vicente de Santa María. Imprimiuse inicialmente nos obradoiros tipográficos do Exacto Correo de España en La Coruña e a partir de 1814 nos talleres de Juan Chacón. Nos seus artigos atacaba con dureza a política liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido o 29 de febreiro de 1820 na Coruña e que posiblemente rematou a súa edición no mesmo ano. Na súa cabeceira incluíu o lema “Viva el Rey por la Constitución”. Redactado e impreso por Sebastián Iguereta, contou co apoio da Xunta Suprema do Reino de Galicia, ao igual ca o Diario Constitucional de La Coruña, tamén liberal, pero máis radicalizado nas súas formulacións. Dos seus contidos destacan novas de carácter económico, partes oficiais, bandos e providencias da Xunta, datos referidos aos movementos das tropas sublevadas en Andalucía e ás Cortes, e información sobre o ministerio de Guerra e do Exército Nacional de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario de carácter absolutista e católico que se editou entre febreiro e marzo de 1813 na Coruña. Acompañaba a cabeceira o título “Los guerrilleros por la religión, la patria y el rey”. Fundado e dirixido por frei Nicolao de Castro e frei Manuel Martínez, contaba coa colaboración de frei Nicolao de Santa María. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Francisco Cándido Pérez Prieto, nos de Antonio Rodríguez e, finalmente, nos talleres do Exacto Correo de España en La Coruña. Contiña artigos que satirizaban a política liberal e defenden os postulados monárquico-absolutistas. Non conseguiu un mínimo apoio popular e deixouse de editar por problemas económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de arquitectura pertencente á Universidade da Coruña. Situada no campus da Zapateira, trátase da única escola de arquitectura de Galicia. Creada ao abeiro do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia por decreto do 17 de agosto de 1973, inaugurouse en 1975. Ao edificio creado coa fundación da escola, uniuse unha segunda construción que acolle os departamentos e os estudios de terceiro ciclo. A dirección do centro correspóndelle á Xunta da Escola e ao Equipo de Dirección. Os estudios baséanse no plano de 1995 que estableceu tres especialidades, Tecnoloxía, Teoría e Deseño e Urbanismo, para acadar o título de arquitecto. Dispón de biblioteca, con hemeroteca e mediateca; laboratorio de deseño asistido; biblioteca de materiais; laboratorio de materiais; laboratorio de medios audiovisuais; laboratorio de fotografía; e taller de maquetas. Mantén convenios coa Deputación da Coruña e coa Xunta de Galicia para a elaboración do inventario do patrimonio arquitectónico da provincia da Coruña....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter monárquico-absolutista aparecida na Coruña en novembro de 1810. Cesou probablemente o 22 de maio de 1815 por prohibición real. Na súa primeira época (ata marzo de 1811) dirixiuno frei Juan Chacón, e nel predominou un carácter marcadamente antiliberal. Imprimiuse nos talleres de Francisco C. Pérez Prieto. Na súa segunda época (dende o 2 de abril de 1811) editouno frei Juan Chacón e frei Nicolás de Castro, e dirixiuno frei Manuel Martínez. Inicialmente, saía dos obradoiros tipográficos de Pérez Prieto e, dende xullo de 1811, dos de Antonio Rodríguez; logo contou con imprenta propia. En xaneiro de 1812 modificou a súa cabeceira e pasou a titularse El Exacto Diario; posteriormente, volveu cambiala pola de Exacto Diario en La Coruña. Dende o 3 de novembro de 1814 publicou un suplemento titulado El Postillón del Exacto Correo. Foi substituído polo Diario Exacto de España en La Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na cidade da Coruña en 1871. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Eusebio Cascante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1932 para coordinar diversos colectivos anarquistas existentes na Coruña. Na súa constitución tivo un papel destacado o militante do cadro do Sindicato de Panaderos, José Moreno Torres. Dous anos máis tarde o agrupamento de varios grupos anarquistas coruñeses afiliados á FAI adoptou idéntica denominación, impulsada agora polo militante do Sindicato de Transportes, Luis Chamorro, e o anarquista de orixe grega Antonio Fournarakis. Desaparecida trala frustrada revolución de Asturias, reorganizouse a mediados de 1935, contando daquela coa axuda do director do periódico Brazo y Cerebro, Idelfonso González. Ao comezo da Guerra Civil, contaba cos grupos Nervio, Espartaco, Ideal, Los Intransigentes, Los Excomulgados, Sin Dios ni Patria e Ni Dios ni Fronteras, que integraban uns corenta militantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en novembro de 1871 a partir dos núcleos iniciais da AIT en Galicia que perdurou ata a Guerra Civil. Nos seus comezos contou coa adhesión de catro seccións de oficio (carpinteiros, canteiros, zapateiros e xastres) e máis de 150 afiliados. Realizaron os primeiros paros xerais a prol da xornada de 8 horas en 1890 e 1891 e convocaron unha folga xeral de 1901. En 1910 adheriuse á CNT. Exerceu o liderado cidadá na folga antimonárquica de 1917, e, no comezo dos anos 20, nas loitas dos estibadores. Disolta polas autoridades cara ao 1927, reapareceu en 1930. Durante a Segunda República duplicou os seus efectivos logo da convocatoria, entre outras, da folga da construción de 1933 na que se reivindicaba a xornada laboral de seis horas e o subsidio de enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña en 1811. O seu equipo de redacción estaba formado por Antonio Pacheco Bermúdez, Antonio Villares e Xoán Caamiña. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Manuel María de Vila. Trátase dun suplemento ocasional da Gaceta Instrutiva de la Junta Superior de Galicia e incluía información oficial sobre o desenvolvemento da guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de tendencia conservadora editado na Coruña a partir de 1820. Levaba como subtítulo “Año 1º del heroyco alzamiento de esta capital, y el 10 de la promulgación de la Constitución política de la Monarquía en Cádiz”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Vila e, posteriormente, nos de Pascual Arza. Incluíu noticias estranxeiras, de ultramar, nacionais e información sobre os acordos das Cortes de Cádiz.

    VER O DETALLE DO TERMO