"Ove" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 360.

  • Relativo ou pertencente ao Brioveriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de aviación británica procedente da fusión, no 1939, da Imperial Airways e da British Airways. Requisada durante a Segunda Guerra Mundial, volveu ás actividades civís no 1946 e estendeu a súa rede aérea polos países da Commonwealth e de América do Norte. No 1973 quedou integrada na British Airways.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa suíza de construcións electromecánicas fundada por Charles E. L. Brown (1863-1924) e Walter Boveri (1865-1924) en Baden no 1891. No 1900 era a primeira de Europa en fabricar turbinas de vapor. Dende o 1936 ocupa un dos primeiros lugares mundiais na industria electromecánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axitación continua de partículas de dimensións microscópicas, de aproximadamente 1 μm, en suspensión dentro dun fluído (líquido ou gas), causada polos impactos desordenados coas moléculas do medio, que se desprazan continuamente por axitación térmica. Foi observado en 1827 por Robert Brown. No 1905 Einstein e M. Smoluchowski deduciron a expresión do valor medio dos cadrados das proxeccións x dos desprazamentos dunha partícula calquera nunha dirección determinada e en tempos iguais: <x2>=2Dt, onde D=kT/6πηa é o coeficiente de difusión (k é a constante de Boltzmann, T é a temperatura, η é a viscosidade do medio e a é o radio da partícula e t o tempo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Augusta King.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cabo Verde ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Cabo Verde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador inglés. En 1873 saíu de Zanzibar, delegado pola Royal Geographical Society, para unirse con Livingstone, a quen topou xa morto; continuou ata o lago Tangañika e descubriu que o río Lualaba formaba a principal corrente do río Congo. Despois de explorar a conca do Congo-Zambeze chegou á costa occidental preto de Benguela (Angola) en 1875. Narrou a súa exploración da África tropical en Across Africa (Cruzando África, 1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do Vallès Oriental, Barcelona, regado polo río Congost (13.287 h [1996]). A súa economía é fundamentalmente agrícola, sobre todo de secaño, con predominio de cereais, legumes, patacas e forraxe. Na gandería sobresae a cría de gando bovino, porcino e a avicultura. Na industria destaca o sector téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descarga eléctrica que provoca unha despolarización instantánea e completa de todas as células cardíacas, e que permite restablecer o ritmo cardíaco polo centro de estimulación que ten a frecuencia de descarga máis alta, habitualmente o nodo sinusal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da comarca do Salnés, situado no límite das parroquias de Meis e Nogueira (concello de Meis) coa de San Xoán de Poio (concello de Poio). O seu cumio, de 609 m de altitude, domina as rías de Pontevedra e Arousa, e todo o val do Salnés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade mensual, aparecida en Poio en 1922, realizada polos veciños da vila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca e da provincia de Lugo situado no centro-leste da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Castro de Rei (Terra Chá) e Pol (Meira), ao S con Baralla (Os Ancares) e O Corgo (Lugo), ao L co de Baleira (A Fonsagrada) e ao O cos do Corgo e Lugo. Abrangue unha superficie de 174,2 km 2 cunha poboación de 3.148 h (2007) distribuída entre as parroquias de Agustín, Arcos, Barredo (San Xoán e Santo André), Barreiros, Bolaño, Cellán de Calvos, Cellán de Mosteiro, Covelas, Espasande, A Frairía, Furís, Goi, Masoucos, A Meda, Miranda, Mirandela, Monte, Montecubeiro, Moreira, Paderne, Páramo, Pena, Pereiramá, A Pumarega, Rebordaos, Recesende, Riomol, San Miguel do Camiño, Serés, Souto de Torres, Tórdea, Uriz, Vilabade, Vilalle e Vilariño; a organización territorial do concello complétase coa parroquia de Soutomerille, malia que quedou deshabitada na década de 1970. A capital municipal é o lugar de Castroverde, na parroquia de Vilariño, situada a 43°...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe procedente do concello lugués homónimo. As súas armas levan, en campo de prata, unha aguia da súa cor natural e bordo azul, con oito estrelas de prata. Outra variante trae, en campo de prata, unha aguia de sable, e bordo de azul con oito estrelas de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en Castroverde, pertenceu á familia dos Castro ata que no s XVI pasou a mans dos condes de Altamira, que deixaron a súa pegada no escudo situado no tímpano da porta. Só se conservan algúns restos dos paramentos dunha muralla de planta poligonal e a torre da homenaxe. De planta rectangular, ten cinco pisos construídos con perpiaños; no segundo consérvanse dúas portas, a S comunica co patio de armas e a N, co patio de honra. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Celanova ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Celanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Vologda, Rusia, situada á beira do río Šeksna e do lago Rybinsk ou Rybinskoje Vodochranilišče (319.550 h [1995]). É un importante núcleo industrial, no que destaca a elaboración de papel e a metalurxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de mecenas italiana orixinaria de Siena. Localizada en Alemmano (1277), o nome provén dun neto deste, Chigio. En 1377 adquiriron o grao de nobreza sienesa e en 1509 engadiron o apelido de Della Rovere. Agostino Chigi o Magnífico (Siena 1465 - Roma 1520) banqueiro da corte dos papas, instalouse en Roma en 1485. Baixo a súa protección, Baldassare Peruzzi construíu a Villa Farnesina. Fabio Chigi (Siena 1599 - Roma 1667) accedeu ao solio pontificio co nome de Alexandre VII e formou a Biblioteca Chigiana, incluída na Vaticana. Fabio Chigi (Siena 1631-1693) e Segismondo Chigi (? 1649 - 1677) mandaron construír o palacio Chigi en Roma, no que traballaron Giacomo della Porta, Carlo Maderno e Felice della Greca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caer auga das nubes en forma de pingas. Na tradición popular recóllense os seguintes refráns: “Cando con vento soán chove, todas as pedras move. Cando chove e fai sol, vai o demo pro Ferrol, cargadiño de alfinetes pra meterse coas mulleres. Cando chove e fai vento, pecha a porta e estate dentro. Cando chove por agosto, chove mel e mosto. Cando chove por febreiro, todo o ano é tempereiro. Cando chove, todos nos mollamos. Cando do leste chove, ata as pedras remove. Cando non chove en febreiro, non ten o ano bo tempero. Cando non chove en xaneiro, non hai bo prado nin bo lameiro. Cando por san Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove. Chova por abril e maio, e non chova en todo o ano. Chove, chove, na casa do probe. Nunca chove a gusto de todos. Nunca choveu que non escampase. O que está a cuberto cando chove, ben parvo é se se move; e se se move e se molla, máis parvo é se se anoxa. Se chove deixa chover, se orballa deixa orballar, que en tendo ti un abriguiño, ben te podes abrigar. Tódolos...

    2. Caer sobre alguén, xurdirlle ou aparecerlle unha serie de cousas ou circunstancias. Ex: Chovéronlle todo tipo de insultos despois da súa actuación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político norteamericano. Foi elixido gobernador do estado de Nova York polo Partido Demócrata (1882). En 1885 converteuse en presidente dos EE UU e foi reelixido en 1893. Reafirmou as competencias do presidente, en detrimento dos estados federais, e realizou unha política de oposición ao proteccionismo e aos dirixentes sindicais.

    VER O DETALLE DO TERMO