"RCH" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 203.

  • Provincia do Ecuador, drenada polo río Carchi (3.605 km2; 160.983 h [1997]). A súa capital é Tulcán (37.069 h [1990]). A principal actividade económica é a agricultura, cultivos de millo, trigo, patacas, cebada e azucre. Ten pequenas explotacións mineiras (sal xema) e as manufacturas téxtiles e os produtos lácteos son as principais industrias. A vía de comunicación máis importante é a estrada panamericana que atravesa a provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [CNRS] Institución pública creada en 1939, dependente do ministerio francés, responsable da investigación científica. Encárgase de desenvolver, coordinar e subvencionar programas científicos, amais de reunir información sobre a situación da ciencia en cada momento. Comprende tamén o INAG (Institut National de Astronomie et de Géophysique) e o IN2P3 (Institut National de Physique Nucléaire et de Physique des Particules). Como primeiro organismo francés de investigación, abrangue todos os ámbitos científicos e controla máis de 1.500 laboratorios e centros relacionados coa ciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome checo dos cerros Checo-moravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e poeta. Viviu en Francia desde 1912, onde entrou en contacto co ambiente das primeiras vangardas artísticas. Influído pola visión cubista de Metzinger e Le Fauconnier, instalouse en Barcelona (1914-1918), onde coñeceu a obra de Picabia e realizou a exposición Art Ornamental na galería Dalmau, na que presentou obras de estilo abstracto. De volta a París aproximouse ás propostas estéticas dadaístas e colaborou en revistas como Pereroz Dadá. En 1927 coñeceu a Ozenfant e a súa pintura entrou nunha fase de reflexión antroposófica (Natureza morta con cunca branca, 1928), aínda que sen esquecer a inspiración dadaísta (Paisaxes elásticas, 1930). Nos anos corenta a súa obra caracterizouse pola idea do musicalismo marcado pola interpretación onírica das temáticas da música, do mar ou da auga: Tema musical (1942) e Sinfonía de Salmos de Stravinskij (1957). Da súa obra poética destacan títulos como Foute inmobile ou Le Ciel-Cloche (1919-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Canterbury, na illa do Sur, Nova Zelanda (313.969 h [1996]), situada na chaira de Canterbury, a carón da baía Pegasus, na parte setentrional do istmo que une a península de Banks co resto da illa. A súa actividade principal desenvólvese no sector terciario. A cidade foi fundada en 1850 por anglicanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. Discípulo de Cole e continuador da Escola do Río Hudson, foi fundamentalmente paisaxista. Transformou a súa casa de Olana nun museo que amosa a súa obra. Da súa produción destaca O corazón de América e As cataratas do Niágara (1857)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do Canadá, que atravesa as provincias de Saskatchewan e Manitoba, un dos máis longos do país. O seu nacemento pódese situar no lago La Loche. O seu curso adopta unha dirección SO-NL, coa que atravesa os lagos Peter Pond, Ile-à-la-Crosse, La Ronge, Trade, Sisipuk, Southern Indian e Northern Indian, entre outros. Desemboca na badía de Hudson, a carón do porto de Churchill, logo dun percorrido de 1.609 km e de drenar unha conca de 282.000 km2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Clérigo e escritor inglés. Suspendido dos cargos eclesiásticos, defendeuse nas sátiras The Apology (A apoloxía, 1761), The Ghost (A pantasma, 1762) e The Prophecy of Famine (A profecía da fame, 1763). Colaborou con John Wilkes na publicación de North Briton (Norte británico, 1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral inglés. Loitou en Holanda (1671-1673) ao servizo de Carlos II de Inglaterra, e apoiou a Guillerme de Orange na revolución inglesa de 1688. A raíz da crise de sucesión española, Guillerme, xa rei de Inglaterra, nomeouno plenipotenciario seu en Holanda, onde organizou as forzas inglesas, holandesas e austríacas contra Luís XIV e venceuno en Flandres. Por esta vitoria recibiu o título de duque de Marlborough en 1702. Foi capitán xeneral das forzas inglesas e obtivo importantes vitorias, como a de Blenheim (1704), Ramaillies (1706), Oudenaarde (1708) e Malplaquet (1709).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político británico. Elixido deputado conservador en 1874, representou a sección progresista do seu partido. Formou o grupo fourth party (cuarto partido), unha pequena asociación de independentes do partido conservador e do partido liberal. En 1886 presidiu a Cámara dos Comúns e ocupou o cargo de ministro de Facenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor inglés. Fillo de Randolph H. S. Churchill. Ingresou no exército (1895) e foi correspondente de guerra para o xornal londinense Morning Post. Deputado conservador (1900), abandonou o seu partido para unirse aos liberais. Como subsecretario de estado para as colonias (1906) defendeu a Home rule irlandesa e a concesión da autonomía aos bóers. Foi ministro de Comercio (1908-1910) e do Interior (1910-1911) e primeiro lord do Almirantado (1911-1915). Posteriormente, exerceu como ministro de Municións (1917) e da Guerra (1919-1922). En 1924, en oposición ao que estaba a acontecer coa Revolución Rusa, volveu ao partido conservador. Nos anos trinta demandou con insistencia unha política de oposición ao expansionismo hitleriano. Ao desencadearse a Segunda Guerra Mundial foi nomeado primeiro ministro (1940). No exterior, malia as súas difíciles relacións con Stalin, cooperou coa URSS cando foi atacada por Hitler e apresurouse a establecer a Grande Alianza cos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e teórico de arquitectura. Incorporou á arquitectura popular a linguaxe da arquitectura contemporánea. Estudiou a tipoloxía da vivenda e foi un dos fundadores do Grupo R, que pretendía a renovación da arquitectura. Entre as súas construcións destacan as casas Tápies (1964) e a ampliación da Escola d’Arquitectura (1978). Foi membro da Acadèmia de Belles Arts de Sant Jordi (1977) e recibiu a Medalla de Ouro da IX trienal de Milán (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada en 1928 no castelo de La Sarraz en Vaud (Suíza), onde tivo lugar o primeiro dos dez congresos celebrados. A declaración fundacional analizou a modernidade e o progreso e, sobre todo, a racionalización e estandarización do proceso creador arquitectónico, coa afirmación de que a súa historia correspondía á da arquitectura racionalista. O segundo congreso celebrado en Frankfurt do Main en 1929, tivo como tema central o habitáculo mínimo. Nesta reunión establecéronse os tres niveis de funcionamento da entidade: a asemblea xeral ou congreso, o Comité Internacional para a Resolución dos Problemas da Arquitectura Contemporánea (CIRPAC) e os grupos de traballo para proxectos específicos. O terceiro congreso reuniuse en 1930 en Bruxelas, e o cuarto, que debía celebrarse en Moscova en 1932, tivo lugar no barco Patris por razóns políticas, onde se redactou e aprobou a carta de Atenas. Nesa reunión estableceuse que o feito urbano se asentaba en catro funcións: habitabilidade, traballo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Retroceso ou volta atrás que se fai no camiño que se levaba.

    2. Operación, manobra ou movemento que, dentro do dominio da estratexia ou do campo da táctica, leva a termo un exército ou corpo de tropas para tomar unha dirección contraria á que levaba. A contramarcha estratéxica é unha operación de guerra que constitúe un medio para subtraerse, ao mesmo tempo, da vista e do alcance do inimigo.

      1. Método de evolución que segue unha escuadra formada en liña de marca cando quere cambiar de marcación, de xeito que ningún barco teña que cambiar de velocidade.

      2. Método de evolución que segue unha escuadra formada en liña de fila cando quere cambiar de rumbo por movemento sucesivo, de xeito que cada navío cambie de rumbo ao chegar ao punto no que o fixo o primeiro.

    3. Árbore intermedia que transmite o movemento dunha árbore primaria a unha árbore secundaria por medio dun sistema de correas e poleas ou de engrenaxes. Emprégase para aumentar ou diminuír a velocidade de rotación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Realizar unha contramarcha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura musical equivalente á metade dunha negra ou a dúas semicorcheas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Broche usado xeralmente para axustar pezas de vestir, formado por dúas pezas: unha delas con forma de asa, que se prende noutra con forma de gancho.

    2. Signo de puntuación formado por unha especie de paréntese de liñas rectas [], con diversos usos, ás veces os mesmos ca os da paréntese curva. Tamén se denomina paréntese cadrada.

    3. Peza do banco do carpinteiro en forma de dentes de serra que suxeita a madeira para traballar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que torce os pés cara a dentro ao camiñar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte exterior da codia dalgunhas árbores, especialmente da sobreira, constituída por un tecido lixeiro (dunha densidade de 0,240 g/cm 3 ), poroso e impermeable, que protexe os troncos, as pólas e as raíces grandes. As células que constitúen este tecido están impregnadas de suberina, que lles confire impermeabilidade. O máis espeso e comunmente empregado é o da sobreira, que ten a propiedade de formar unha nova capa moi fina e homoxénea despois de descortizala. No aproveitamento da cortiza distínguense dúas fases: na primeira, escáscase a árbore e, na posterior -que se realiza cada vez que o seu grosor é duns 25 mm, isto é, cada 5-10 anos, segundo a natureza do solo, a latitude e as condicións meteorolóxicas-, a cortiza que se obtén prénsase, déixase secar ata perder a auga que representa o 15-20% do peso, trátase en quente (con auga fervendo ou vapor) para darlle maior elasticidade, ráspase mecanicamente para eliminar a capa superficial e sométese a operacións de acabado dos...

    2. Obxecto elaborado coa codia da sobreira.

    3. cortizo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e violinista italiano. En 1666 marchou a Boloña e alí realizou estudios musicais con Giovanni Benvenuti e Leonardo Brugnoli. Posteriormente, ingresou na Accademia Filarmonica. Xa en Roma, foi primeiro violinista e músico de cámara da Raíña Cristina de Suecia, estivo ao servizo do cardeal Pamphili e, a continuación, do cardeal Pietro Ottoboni. Así mesmo, foi mestre da capela de San Liugi dei Francesi, en Roma, director de ópera no Teatro Tor di Nona e en 1706 admitírono na Accademia Arcadiana. Retirado da vida pública en 1708, contribuíu ao establecemento da sonata e, xunto con Torelli, foi un dos grandes creadores do concerto grosso. Da súa produción destacan os Concerti grossi op 6 (1714) e as súas sonatas.

    VER O DETALLE DO TERMO