"Roa" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 265.
-
-
Que ten moita importancia.
-
Aplícase ao tempo que se caracteriza polas malas condicións climáticas. Na tradición oral recóllense ditos como: “Entre Santos e Natal, inverno caroal.”
-
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia do Pindo, no concello de Carnota, situada no treito de costa comprendido entre as puntas do Porto de Quilmas, ao N, e Caldebarcos, ao S.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da beira meridional da ría de Corme e Laxe no litoral do concello de Laxe, entre as parroquias de Laxe, ao N, e Soesto, ao S.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do fondo da ría de Muros e Noia, na súa beira setentrional, no litoral da parroquia de Outeiro, no concello de Outes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado formado, orixinariamente, con Fernando III trala unión definitiva, no 1230, dos reinos de León (co antigo Reino de Galicia) e de Castela (coas terras de Gipuzkoa e a cidade de Vitoria) e o conxunto de territorios conquistados aos musulmáns por ambos os dous reinos: o Reino de Toledo (1085) e Extremadura (1229-1230). A Reconquista ampliou, posteriormente, estes dominios, que aínda medraron máis coas anexións do condado de Araba (1200, 1332), o señorío de Bizkaia (1379) e o Reino de Navarra (1515), así como as prazas africanas de Melilla (1497) e o Peñón de Vélez de La Gomera (1508), as Islas Canarias (1500) e os territorios das Indias Occidentais (1492). Xuridicamente, a Coroa de Castela desapareceu definitivamente despois do 1834 coa Constitución de 1837.
-
ENTRADA LARGA
Estado de África Central, limita ao O con Camerún, ao N con Chad, ao L con Sudán e ao S coa República Democrática do Congo e coa República do Congo (622.436 km2; 3.485.000 h [estim 1998]). Esténdese entre os 11° e os 2° de latitude N e os 14° e 27° de lonxitude L. A capital é Bangui.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
O país está formado por un altiplano de materiais paleozoicos, que constitúen un interfluvio entre as concas do río Congo e do lago Chad. No L érguense os macizos dos Bongo e de Tondou; no NO están os montes Karé, onde se sitúa o cumio máis elevado do país, o monte Gaou (1.420 m).
Climatoloxía e hidrografía
O clima é subecuatorial na parte meridional do país, cunha pluviosidade e humidade relativamente altas; no N o clima é tropical. Hidrograficamente, o país divídese en dúas concas: no N, a do río Chari, de dirección S-N; e no S, a do Ubangui, de dirección N-S.
Medio ambiente
Os... -
-
-
Relativo ou pertencente á África central ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de África central.
-
-
-
arte centroafricana
Arte desenvolvida na República Centroafricana. As manifestacións artísticas máis destacables son a escultura e a pintura, ademais das mostras de artesanía de carácter popular. A escultura emprega como materiais básicos a madeira, a pedra e o metal. Entre as pezas realizadas destacan as máscaras de Baya-kara, no oeste do país, e o tambor de madeira en forma de búfalo, que se atribúe os yangere da Haute-Sangha. Os nzakara e os zande realizan tamén estatuas, bastóns de mando e instrumentos musicais. A pintura centroafricana ten unha grande antigüidade. As pinturas da cova de Ndélé semellan ser da mesma época ca as conservadas na África subsahariana. A tradición de pintar sobre os muros das casas en barro seco foise perdendo co paso do tempo e substituíuse polas pinturas realizadas con acuarelas, óleo e gouache. As mostras artesanais coñécense a través dos exploradores europeos do s XIX que deron a coñecer os tecidos feitos a man do L do país. Os banda produciron unha gran variedade...
-
Relativo ou pertencente á República Centroafricana ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de República Centroafricana.
-
arte centroafricana
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación creada o 24 de xuño de 1823 entre os territorios de Guatemala, Honduras, El Salvador, Nicaragua e Costa Rica. Ata 1822 Guatemala constituíu unha capitanía xeral que agrupaba a toda Centroamérica, e nesa data pasou a formar parte do territorio mexicano. En 1823 os liberais asumiron o goberno de México, polo que se produciu unha nova ordenación territorial: independencia de América Central (agás Chiapas e Soconusco) e unión de Panamá á Gran Colombia. O primeiro presidente das Provincias Unidas de Centroamérica foi Manuel Arce e a capital federal estableceuse na cidade de Guatemala. O rexionalismo impediu o éxito desta iniciativa para o futuro desenvolvemento da zona e provocou unha guerra civil. En 1830 tomou a presidencia Francisco Morazán e en 1834 a capital trasladouse a El Salvador. A crise medrou coa deserción de Nicaragua, Honduras e Costa Rica, feito que deu lugar á desintegración da federación en 1838.
-
-
Relativo ou pertencente a América Central ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de América Central.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Asia central.
-
Natural ou habitante de Asia central.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de charoar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
acharoar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Clorofosfato de calcio, de fórmula Ca5Cl(PO4)3. Representa un termo extremo dentro da mestura isomorfa que xeralmente se engloba baixo o termo de apatita.
-
PERSOEIRO
Avogado e político. Licenciado en Dereito, foi concelleiro en Santiago de Compostela e director xeral de Consumo. Deputado no Parlamento de Galicia polo Partido Popular dende 1987 ata 1996, cando causou baixa na IV lexislatura, e na V lexislatura de 1997 ao 2000, en que causou baixa de novo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1987). Director de publicacións do Consorcio de Santiago, é autor, documentalista histórico e coordinador de varias publicacións e artigos relacionados coa cidade de Santiago: Voces en Compostela (1993), Edificios nobles y pazos urbanos (1993), Claustros de Compostela (1993), Compostela ciudad histórica y universitaria (1993), Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España (1994), Santiago de Compostela (1995), Cotiá Compostela (1999) e Descubre Compostela en 7 días (2000). Exerceu como comisario e director de exposicións de arte (Artistas Noveis. Suso Noya, 1995; Prata sobre pedra, 1996; Dúas culturas, unha arte. O realismo xaponés no occidente europeo, 1997; Villafínez/Vilafíns. A cor e a luz, 1998; Villafínez 1892-1970, 1998; Ramón Vázquez Molezún, pintor, 1998; e Fauna (esculturas de José Francisco López Noya...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Torneo de fútbol que se disputou en 1902 dentro do programa de festexos organizados para celebrar a coroación do Rei Afonso XIII. Constituíu o primeiro campionato de España da modalidade. Na final, celebrada no hipódromo de Madrid, impúxose o Bizcaya (equipo creado para a ocasión con xogadores dos clubes bilbaínos do Athletic Club e do Bilbao), que venceu por 2-1 ao FC Barcelona. O éxito da iniciativa animou a celebrar novas edicións anuais e instituír un campionato de España de clubs, que adoptou diversas denominacións ao longo da historia, de acordo coas vicisitudes políticas polas que atravesou o país; deste xeito, ata a tempada 1930-1931 denominouse Copa da Súa Maxestade o Rei, entre 1931 e 1936 Copa do Presidente da República, entre 1939 e 1976 Copa do Xeneralísimo, para volver á denominación de Copa da Súa Maxestade o Rei en 1976.
-
-
Ornamento en forma de círculo que se axusta á cabeza, feita de flores, follaxe ou metal, xeralmente como sinal de honra, autoridade, nobreza ou como recompensa dunha vitoria ou doutra distinción militar ou cívica.
-
-
Círculo de metal adornado de floróns, pedras preciosas ou outros elementos que se cingue á cabeza como símbolo de dignidade soberana ou nobiliaria. A coroa utilizárona desde tempos moi antigos os personaxes que destacaron nalgún feito relixioso, político ou militar. No Próximo Oriente empregárona os reis e os sacerdotes cun gran sentido místico. En Exipto hai que destacar, entre outras, a coroa branca do Alto Exipto; a coroa vermella do Baixo Exipto; o pšen ou dobre coroa, formada pola superposición da vermella e da branca; e o khepreš ou coroa azul, empregada xeralmente para a guerra e a caza. Os gregos e os romanos utilizaron coroas de follas e de metal, decoradas ou non con pedrería, para premiar os xenerais e os atletas vitoriosos. En Roma tamén se utilizaron a coroa mural, con decoracións en forma de torre, a coroa obsidional, a coroa valar ou castrense, a coroa naval, a coroa radiada ou radial, a coroa cívica ou civil e a coroa triunfal. Os cristiáns viron...
-
coroa castrense/valar
Coroa romana de ouro que se entregaba a quen entraba no campo inimigo despois de superar as trincheiras, os fosos e outros elementos defensivos.
-
coroa cívica/civil
Coroa feita de pólas de aciñeira coa que se recompensaba o cidadán romano que salvaba a vida doutro na guerra.
-
coroa de espiñas
Coroa que, por escarnio, os soldados romanos cinguiron a Xesús como rei dos xudeus. En moitos santuarios espallados polo mundo cristián consérvanse supostas reliquias desta coroa, veneradas baixo a advocación da Santa Espiña.
-
coroa de ferro
Coroa que recibían os emperadores ao ser coroados reis dos longobardos.
-
coroa mural
Coroa romana que se concedía ao primeiro soldado que escalaba o muro e entraba no territorio do inimigo.
-
coroa naval
Coroa romana que se concedía ao primeiro soldado armado que entraba nunha nave inimiga.
-
coroa obsidional
Coroa romana que se concedía a quen levantaba o sitio dunha cidade ou praza cercada polo inimigo.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación austral situada entre as de Saxitario e Telescopio. Próxima á Vía Láctea, ten 40 estrelas visibles a simple vista; as principais están distribuídas conforme a un arco de círculo, feito que facilita o seu recoñecemento. O astro principal, α-Coronae Australis, é unha estrela de hidróxeno de magnitude aparente 4,12, situada a unha distancia de 102 anos luz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación do hemisferio boreal situada entre as de Hércules e a da Serpe. É moi pequena, pero de forma ben definida, posto que sete das súas estrelas principais debuxan un arco de círculo no firmamento. Ten 36 estrelas visibles a simple vista, das que α-Coronae Borealis, de segunda magnitude, é unha dobre espectroscópica situada a 71 anos luz, cuns compoñentes de magnitudes 2,31 e 2,42.
-
-
-
Acción de coroar ou coroarse.
-
Cerimonia de imposición da coroa a un soberano. Trátase dun acto de carácter público e solemne que, en xeral, forma parte da entronización. A súa orixe está na unción dos reis de Israel narrada no Antigo Testamento, aínda que se considera que o primeiro soberano coroado foi o Emperador Constantino. Nos países de tradición cristiá tiña, en parte, un carácter litúrxico e estaba precedida pola consagración ou unción. A coroación introduciuse na corte bizantina cara á segunda metade do s V e practicouse despois, seguindo o seu exemplo, na corte visigótica e na corte carolinxia. O carolinxio Pipino o Breve foi coroado en dúas ocasións (751 e 754), e Carlomagno foi coroado polo papa o 25 de decembro do ano 800, aínda que previamente, no 774, xa fora coroado como rei dos longobardos coa coroa de ferro. Dende aquela, a coroación dos emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico realizouna o papa. Os visigodos incluíron no cerimonial da coroación a unción e os ritos do Antigo...
-
Cerimonia na que se coroa a alguén, especialmente a un poeta.
-
-
Remate dunha cousa material ou inmaterial.
-
Motivo ornamental que remata algunha cousa, especialmente un edificio.
-
-
coroación da virxe
Iconografía que representa a coroación da Virxe por Deus, Cristo, a Trindade ou os anxos. Trátase dunha temática presente no ciclo iconográfico da vida da Virxe. Cultivárona, entre outros, Giotto, frei Angelico, Filippo Lippi, Rafaello Sanzio, Rubens, o Greco e Velázquez.
-
coroación de espiñas
Iconografía que representa o momento da imposición da coroa de espiñas a Xesús. Tratáse dunha temática moi presente na tradición artística occidental como unha das pasaxes do ciclo da paixón, presente en moitos retablos e pinturas. Cultivárona, entre outros, Giotto, frei Angelico, o Bosco, Tiziano, Caravaggio e Tintoretto. Unha variedade do tema é o Ecce Homo.
-
coroación da virxe
-