"Sion" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 507.

  • Entidade financeira constituída en 1990 trala fusión da Caixa de Pensions per a la Vellesa i d’Estalvis de Catalunya i Balears (1904) coa Caixa d’Estalvis i Mont de Pietat de Barcelona. Forman parte do grupo a Caixa d’Estalvis i Mont de Pietat de Lleida, absorbida en 1979, e o Isbanc, comprado en 1992; e participa en Catalana de Gas. En 1999 era a terceira entidade financeira española e a primeira catalana. Destaca a súa obra social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesora de filosofía do dereito da Universidade da Coruña, centrou a súa investigación na necesidade e nas limitacións da ética no sistema sanitario e noutras cuestións de moral e política. Coordinou a edición de Entre el nacer y el morir (1998) e escribiu El socialismo racional de Ramón de la Sagra (1989) e Ramón de la Sagra: el poder de la razón (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descarga eléctrica que provoca unha despolarización instantánea e completa de todas as células cardíacas, e que permite restablecer o ritmo cardíaco polo centro de estimulación que ten a frecuencia de descarga máis alta, habitualmente o nodo sinusal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sucesión {Xn} na que a distancia entre dous termos, d(xm,xn), tende a cero cando m e n tenden a infinito. No espazo métrico completo dos números reais, toda sucesión de Cauchy é converxente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro meteorolóxico fundado en 1973 e en funcionamento dende 1979. Con sede en Reading (Reino Unido), agrupa dezasete países europeos, aos que lles proporciona diariamente previsións do tempo para un período de sete días.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado na década dos oitenta por Fernández Cid dentro da Universidade de Santiago de Compostela, coa finalidade de formar profesionais de cine e televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de ceder algunha cousa a outra persoa ou de permitir que esa persoa pase a dispoñer dela.

      1. Transmisión que unha persoa (cedente) fai dun dereito, dunha obriga ou dun ben en favor doutra (cesionario).

      2. cesión de bens

        Acto polo que o debedor fai entrega de todos os seus bens aos acredores para que estes apliquen o seu importe a fin de satisfacer os seus créditos. A cesión de bens pode ser xudicial ou extraxudicial.

      3. cesión de créditos litixiosos

        Cesión que recae sobre créditos que son obxecto de preito e que o debedor pode extinguir reembolsándolle ao cesionario o prezo que non pagara.

      4. cesión de unidades de obra

        Modalidade de execución dun contrato de obra que lle permite ao seu titular ceder a un terceiro a realización dunha ou de máis unidades que integran unha obra principal, sempre que non teña o carácter de subcontratación de elementos parciais daquela.

      5. cesión de vivenda

        Cesión que un arrendatario pode facer, excepcionalmente, en favor do seu cónxuxe, dos ascendentes ou dos descendentes que conviviran con el malia a prohibición xeral de cesión dos dereitos de arrendamento.

      6. cesión territorial

        Renuncia dos dereitos de soberanía sobre un territorio dun estado en favor doutro. Pode levarse a cabo de forma voluntaria ou forzosa, como resultado dunha guerra, e a nova situación queda regulada por medio dun tratado. Actualmente se considera necesario para a validez da cesión o consentimento dos habitantes do territorio cedido, de acordo co principio de autodeterminación dos pobos.

      7. cesión urbanística

        Cesión obrigatoria de terreos que, de acordo coa lexislación de urbanismo, ten que realizar o propietario de solo urbano e urbanizable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa en favor da que outra (cedente) fai unha cesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compenetración das persoas da Trindade a causa da natureza divina única.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Excisión total do prepucio. Practícase de forma terapéutica contra a fimose, e como ritual en numerosos pobos (agás nos pobos indoeuropeos e mongólicos, entre outros). Tivo unha importancia especial como manifestación relixiosa entre xudeus e musulmáns. A orixe desta práctica é descoñecida, pero cabe pensar que se remonta a épocas moi remotas. Entre os xudeus, probablemente se deu por influencia exipcia. Axiña se interpretou como sinal de alianza e como distintivo fronte a outros pobos, especialmente os filisteos. Trátase, en xeral, dun rito de iniciación a través do que se accede á categoría de adulto ou se integra nun determinado grupo social ou relixioso.

    2. Extirpación do clítoris e, ocasionalmente, do labio superior da vulva das mulleres, que se realiza nalgunhas culturas como rito de iniciación á vida adulta.

    3. Festa que celebra a circuncisión de Xesús, practicada oito días despois da Natividade, xunto coa imposición do seu nome. Ata a reforma do calendario de 1969 dáballe nome á festa do 1 de xaneiro. OBS: Normalmente, escríbese con maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de adherirse ou unirse as cousas entre elas, física ou espiritualmente.

    2. Forza que mantén unidas as moléculas dun sólido ou dun fluído como consecuencia da atracción molecular.

    3. Propiedade das partículas dun solo que as mantén ligadas entre elas. Pode ser debida á cimentación entre elas ou ás forzas capilares da auga que as recobre.

    4. Unión entre as partes do mesmo verticilo.

    5. Concepto que na lingüística do texto fai referencia á relación sintáctica que presentan os elementos dun discurso. Entre os mecanismos que se empregan para cohesionar un texto están a referencia (pronomes, deícticos, indefinidos), a repetición sinonímica, a sinonimia referencial, as elipses sintácticas (nominais ou verbais), etc. O seu cumprimento favorece a coherencia textual.

    6. inculación existente entre os membros dunha colectividade, entre eles mesmos e como grupo. Como sinónimo do concepto máis amplo de integración, a cohesión é resultado de todas as forzas sociais (normas e valores, ideoloxías e formas de vida, coerción social e ameazas de marxinación) que actúan sobre os individuos na colectividade para posibilitar a existencia, a estabilidade e a continuidade do grupo como tal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encontro violento que se produce cando se atopan dous ou máis corpos en movemento.

    2. Enfrontamento entre dúas ou máis persoas pola diferenza entre elas de ideas, opinións ou intereses. Ex: A colisión das ideas políticas entre os dous non impide que sexan amigos.

    3. Interacción a nivel nuclear que se produce entre partículas, ou entre unha partícula e un núcleo, consideradas como esferas materiais. Ten como consecuencia un intercambio de enerxía cinética entre as partículas incidentes (colisión elástica ou difusión), a emisión diferida de enerxía (colisión inelástica ou excitación) ou unha transmutación ou reacción nuclear (captura). En todos os casos, a teoría da colisión presupón a validez do principio de conservación da enerxía no sistema físico formado polas partículas que participan na colisión. A teoría cinética dos gases, que explica o seu comportamento clásico, é a aplicación da teoría da colisión ás moléculas.

    4. Situación producida cando inciden dous ou máis dereitos incapaces de ser exercitados ou cumpridos simultaneamente, de maneira que o exercicio dun pode supoñer a renuncia a outros.

    5. Figura xurídica contemplada polo dereito internacional privado que se presenta cando a unha mesma situación xurídica se lle poden aplicar lexislacións de diferentes estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proporcionar certos vertebrados calor corporal aos seus ovos para que estes completen o seu desenvolvemento e dean lugar a novos individuos. É típico da maior parte das aves, dos anfibios apódodos, de réptiles como as cobras, e de mamíferos como os ornitorrincos. Xeralmente, a acción de chocar practícana as femias, aínda que en aves como as xacanas é labor dos machos. Nos casos nos que os ovos non son chocados, a calor procede directamente da natureza do niño, por unha orientación e posición favorable ou pola descomposición de materia orgánica que a nai ou o pai acumularon previamente.

    2. Manifestarse ou comezar a sentir os primeiros síntomas dunha enfermidade.

    3. Estender a bagaña do liño para que o sol a quente e solte a liñaza.

    4. Poñer as castañas ao sol para que maduren.

    5. Poñerse choca unha ave, especialmente a galiña. Ex: Chocaron dúas galiñas case ao mesmo tempo.

    6. Quentar un rescoldo ou un lume pouco intenso unha materia, que está verde ou mollada, ata que prende chama e arde. Ex: A fogueira chocou toda a tarde ata que prendeu lume.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colidiren dúas cousas ou persoas cando se están movendo as dúas ou cando unha está parada e a outra en movemento.

      1. Ter un encontrón ou loitar dous bandos opostos.

      2. Discutir dúas persoas. Ex: O primeiro día de traballo chocaron e nunca máis se levaron ben.

      3. Provocar antipatía ou non caer ben. Ex: O pai e o fillo sempre chocaran un co outro.

      4. Ser os pensamentos, as ideas, os plans, etc, contrarios a outros. Ex: A súa conduta chocaba cos preceptos promulgados polo dirixente da secta.

    2. Resultar algo estraño ou sorprendente. Ex: Chocoume moito a reacción que tivo naquel momento tan delicado.

    3. Facer bater unha cousa con outra. Ex: Chocaron as copas e fixeron un brinde polos vellos tempos.

    4. Darlle a man a alguén para saudalo ou como un sinal de ratificación dun acordo. OBS: Normalmente úsase como imperativo en expresións fixas, como choca eses cinco ou chócaa. Ex: Choqueille a man aínda que non me agradaba moito velo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de coludir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Labor que se lle encomenda a alguén.

    2. Reunión de persoas delegadas temporalmente para facer algunha cousa ou tomar resolucións en nome dun grupo maior.

    3. Retribución que se cobra por realizar unha operación comercial, que adoita ser proporcional ás transaccións ou vendas efectuadas; especialmente, refírese á cantidade que cobra o intermediario nun negocio de compravenda.

    4. Cada un dos órganos administrativos de carácter colexial no que están representados proporcionalmente un organismo máis numeroso, tales como as comisións delegadas do goberno, a comisión xurídica asesora e a comisión municipal permanente, entre outras.

    5. Comisión parlamentaria que ten a función de redactar ou revisar un texto constitucional. A comisión encargada de redactar a Constitución española de 1978 estivo integrada por Gabriel Cisneros, Miguel Herrero de Miñón e José Pedro Pérez Llorca, pola Unión de Centro Democrático (UCD); Gregorio Peces-Barba, polo Partido Socialista Obreiro Español (PSOE); Jordi Solé Tura, polo Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC); Miquel Roca, pola Minoria Catalana; e Manuel Fraga Iribarne por Alianza Popular. Desenvolveu as súas funcións entre o 2 de agosto de 1977 e o 10 de abril de 1978, data na que se asinou o borrador do texto constitucional, para reanudárense o 5 de maio co nome de Comisión de Asuntos Consitucionales y Libertades Públicas del Congreso, baixo a presidencia de Emilio Attard, e no mes de xullo comezaron os debates no pleno do Congreso de los Diputados.

    6. Órgano dos concellos integrado polo alcalde e por un número de rexedores non superior á terceira parte dos concelleiros. Ocúpase da coordinación das funcións executivas e da asistencia ao alcalde (que nomea os membros da comisión) e ten as atribucións que estes e o pleno lle deleguen.

    7. Situación dun funcionario público que, de maneira temporal e con autorización previa, presta os seus servicios nun posto de traballo diferente ao que lle corresponde ou desempeña funcións distintas das que lle son propias e específicas.

    8. Contrato polo que unha persoa (comisionista) efectúa un acto de comercio, en nome propio ou alleo, por conta doutro (comitente), e recibe a cambio unha retribución.

    9. Órgano de traballo de cada unha das cámaras lexislativas, integrado por un número reducido de membros en representación dos diferentes grupos parlamentarios en proporción á súa importancia na respectiva cámara. Por regra xeral hai catro tipos de comisión: as permanentes lexislativas e non lexislativas, as de investigación e as extraordinarias. Normalmente teñen unha función de instrución das cuestións que se someterán a debate e resolución do pleno da cámara, pero excepcionalmente poden aprobar con carácter definitivo determinadas leis.

    10. Solicitude que un tribunal fai oficialmente ás autoridades competentes doutro Estado para que execute un acto de instrución ou efectúe unha dilixencia.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional fundada en 1984 con sede en illa Mauricio. Fórmana as Comores, Madagascar, illa Mauricio, illa da Reunión e as Seychelles. Os seus fins son a cooperación diplomática, económica, comercial e cultural entre os países membros. Os seus órganos de goberno son o Consello de ministros, o Comité de Servicios Permanentes de Enlace, a Secretaría Xeral e os Comités de Xestión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional fundado en Canberra en 1948 por Australia, os Países Baixos, Nova Zelanda, Francia, Gran Bretaña e os EE UU, coa finalidade de coordinar programas de desenvolvemento económico e de cooperación ecolóxica, médica e educativa entre os estados ribeiregos do Pacífico sur. Os Países Baixos deixaron de formar parte desta organización en 1962. En 2000 contaba con 27 estados membros. Os seus principais órganos son a Conferencia do Pacífico Sur, que se reúne anualmente, o Comité de Representantes dos Gobernos e das Administracións, e o Secretariado, con sede en Nouméa (na colonia francesa de Nova Caledonia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo colectivo designado en decembro de 1978 pola Asemblea de parlamentarios de Galicia para elaborar un anteproxecto do Estatuto de autonomía. Estaba formada por 16 persoas, de aí o seu nome, 13 pertencentes aos partidos presentes nas Cortes españolas (Alianza Popular, Unión de Centro Democrático, Partido Socialista Obrero Español e Partido Comunista de España) e tres máis reservados aos partidos extraparlamentarios, que ocuparon o Partido Galeguista (PG), o Partido Obreiro Galego (POGA) e, finalmente, o Partido dos Traballadores Galegos (PTG). O Partido Socialista Galego (PSG) e o Bloque Nacionalista Popular Galego (BN-PG) renunciaron a participar nesa comisión debido a que se mantiveron firmes na súa adhesión ás Bases Constitucionais que propuxera a Mesa de Forzas Políticas Galegas en 1976. Os seus integrantes foron: pola UCD, Pablo González Mariñas, Lutgarda García Boente, Luís Cordeiro González, Víctor Vázquez Portomeñe, Pablo Padín Sánchez, Manuel Reymóndez Portela, Ramón Álvarez...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo colectivo designado o 5 de maio de 1979 pola Asemblea de parlamentarios de Galicia co mandato de elaborar un novo proxecto de Estatuto de autonomía. Estaba formada por 9 persoas, de aí o seu nome, pertencentes a Unión de Centro Democrático, Partido Socialista Obrero Español e Coalición Democrática. Os seus integrantes foron: pola UCD, José Luis Meilán Gil, Juan Quintás Seoane, José María Pardo Montero, Pío Cabanillas Gallas, Miguel Sanmartín Losada e David Pérez Puga; polo PSOE, José Vázquez Fouz e Celso Montero; e, pola Coalición Democrática (CD), Jaime Tejada Lorenzo. O texto elaborado por esta comisión, que tomaba como base o presentado pola Comisión dos 16, aínda que moi modificado, foi presentado o 25 de xuño de 1979 perante a Asemblea de parlamentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO