"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Político. Militante do PSUC desde 1963, foi elixido secretario de organización da Confederación Nacional de Catalunya de CC OO e secretario xeral do PSUC (1981). Elixido secretario xeral do PCE en 1998, foi candidato á presidencia do goberno por IU nas eleccións xerais de 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cetohexosa que se dá en estado libre, xuntamente coa glicosa e a sacarosa, na froita e no mel, e combinada con outros azucres nos oligosacáridos. A frutosa natural é fortemente levóxira ([α]<J>D</J>20=-92°). A frutosa é o azucre natural máis doce. Fabrícase por hidrólise ácida da inulina, polisacárido que se compón, case exclusivamente, de unidades de D-frutofuranosa, que é unha forma cíclica da frutosa [CH2OHCO(CHOH)3CH2OH]. Os derivados da frutosa son moi importantes no metabolismo enerxético dos organismos vivos. Nas células dos músculos dos vertebrados degrádase segundo as vías metabólicas da glicólise. Intervén tamén nas plantas, na síntese da sacarosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor dramático inglés. Traduciu a Ibsen, Rostand, Anouilh ou Giraudoux e foi guionista de cine en películas tan famosas como Ben Hur e The Bible. A súa obra dramática caracterízase pola influencia de T. S. Eliot, como se comproba en The Lady’s Not for Burning (1949) ou Sleep of Prisoners (1951). Outras veces imita o teatro de Bernard Shaw, como en A Phoenix too Frequent (1946). Outras obras súas son The Dark is Light Enough (1954), Curtmantle (1961) ou Death is a Kind of Love (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos sales ou ésteres do ácido ftálico. Os ftalatos poden ser ácidos ou non, segundo que reaccionara só un dos grupos carboxílicos ou o fixeran os dous. Os ésteres obtéñense xeralmente a partir do anhídrido ftálico por quentamento co alcohol correspondente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado no val do río Víboras (3.391 h [1996]). A economía é agrícola (oliveiras e cereais), con industrias derivadas. Con ocupación ibera e romana, o seu señorío pertenceu desde 1228 á orde militar de Calatrava. Constituíuse como municipio en 1835. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o recinto fortificado ibero do Cerro del Algarrobo, as vilas romanas da Atalaya e Las Monjas, a igrexa de Nuestra Señora de Fuensanta (s XVI) e a fonte de La Negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Formouse no Círculo de Bellas Artes e na Escuela de Bellas Artes de San Fernando (1949-1950) e permaneceu durante dous meses na Academia Española de Roma en 1957. Entre 1959 e 1961 volveu á Escola de San Fernando como alumna libre de pintura mural. Neste eido realizou un mural para a aula magna e un panel cerámico na facultade de Ciencias de Santiago e un mural para o Instituto San Tomé de Vigo. As súas primeiras composicións recibiron a influencia do cubismo pero posteriormente encadrouse na corrente neofigurativa da pintura española e, co paso do tempo volveuse expresionista. Mantivo unha preocupación pola textura da materia e pola luz que a levou ao emprego de veladuras. Realizou bodegóns, paisaxes, que en poucas ocasións foron reais, e retratos imaxinarios nos que mostrou o dominio do debuxo. Entre outras obras cómpre destacar Retrato de miña nai (1969), A vella dama (1969), Retrato de Bertrand Russell (1970) e Retrato de J. L. Aranguren...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado aos pés de Sierra Morena, na parte alta do val do río Bodión (5.075 h [1996]). Destaca a agricultura de secaño (cereais, viña e oliveiras) e gandería (ovina e porcina), combinada cunha certa actividade industrial (alimenticia e metalúrxica). Ten tradición a fabricación de zapatos. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a casa dos Panea, a igrexa de Nuestra Señora de la Granada (s XVIII), a ermida de Nuestra Señora de la Hermosa (s XVIII), o convento carmelita (s XVII) e a praza modernista de Zurbarán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador internacional de voleibol. Debutou na división de honor española en 1993 co Club Vigo Voleibol. En 1996 fichou polo Cannes francés, co que se proclamou campión da Copa de Francia en 1998 e da Recopa de Europa en 1999. Despois, en 1999, marchou xogar a Italia. Coa selección española participou en campionatos de Europa e do Mundo, na Liga Mundial e nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Estudiou enxeñería agrónoma na Universidad Nacional Agraria de Lima, da que posteriormente foi reitor (1984-1989). En 1990 liderou o movemento político Cambio 90, co que venceu nas eleccións presidenciais. Durante o seu mandato impuxo un plan de axuste económico neoliberal e, coa axuda do exército, disolveu o Parlamento en 1992 e suspendeu as garantías constitucionais, xustificando as medidas por mor da loita fronte ao terrorismo de Sendero Luminoso. En 1993 foi aprobada en referendo a nova Constitución, que lle outorgaba maior capacidade de decisión e que lle permitía presentarse novamente ás eleccións presidencias, celebradas en 1995, que gañou novamente. Nos seus sucesivos gobernos foi reforzándose a súa tendencia ao autoritarismo e á represión fronte ás distintas formas de oposición. A decisión de presentarse por terceira vez consecutiva á presidencia, nas eleccións de abril do 2000, ocasionou unha forte controversia que acadou resonancia internacional, aínda maior tralas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘paraugas’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de California, nos EE UU, situada na aglomeración ao SO de Los Angeles (114.140 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sal de ácido fulmínico.

      2. Calquera substancia explosiva.

    1. Sólido que explota ao ser percutido ou por acción da calor. Obtense disolvendo mercurio nun ácido nítrico en medio alcohólico. Emprégase como detonante nas armas de fogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fulmina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e inventor norteamericano. En 1786 trasladouse a Inglaterra, onde se deu a coñecer polos seus traballos no campo da mecánica. En 1797 trasladouse a Francia e propúxolle ao goberno o proxecto dun submarino con torpedos autopropulsados. En 1798 construíu un somerxible de hélice e, en 1803, un pequeno barco movido por vapor que navegou polo Sena. En 1806 volveu aos EE UU e en 1807 inaugurou a liña regular de barcos entre Nova York e Albany.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Foi elixido cónsul no 153 a C e enviado a Hispania, onde se enfrontou cunha rebelión de lusitanos e celtiberos na Segunda Guerra Celtibera. Foi derrotado, pero perseguiu os sublevados ata Numancia onde os cercou. No 152 a C foi destituído polo Senado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido fumárico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que bota moito fume.

    2. Que está cheo de fume.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á fumigación.

    2. Aplícase aos instrumentos e ás substancias coas que se practica a fumigación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de funcionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Morfismo entre categorías. Un functor F entre as categorías e] consiste nunha regra que lle asigna a cada obxecto A da categoría un obxecto F(A) de categoría], e a cada morfismo f Symbol >∈ Hom(X,Y), onde X,Y son obxectos de , asígnalle un morfismo F(f) Symbol >∈ Hom(F(X),F(Y)) de tal maneira que F(id<J>X</J>)=idf(X) e F(f|g)=F(f)|F(g) ou F(f |g)=F(g)|F (f); no primeiro caso F é un functor covariante e no segundo F é un functor contravariante.

    VER O DETALLE DO TERMO