"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
GALICIA
Etnógrafo e escritor. Realizou estudios de maxisterio en Madrid e, posteriormente, dedicouse a tarefas administrativas. No eido ensaístico publicou artigos sobre a historia de Galicia como “As relazóns protohistóricas entre Irlanda e Galiza” e “Unha representazón do deus innominado pre-román”, amais de obras sobre literatura e tradición popular en Galicia como Manuel Curros Enríquez. A súa vida e a súa obra (1953), Romanceiro popular galego de tradizón oral (1959) e Contos populares da Galiza. Na súa produción novelística destacan as pezas curtas O consentimento (1926) e Alevamento (1928), escritas baixo o pseudónimo de Luís G. Vicencio. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da sociedade alemá Marchen der Europaischen Volker.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e profesor mercantil. Exerceu a docencia na Escola Superior de Comercio da Coruña e colaborou na Universidade Popular da Coruña. Como poeta publicou no suplemento Terra a Nosa!, a escolma Da Raza (1919), e, posteriormente, Escolma de poesías (1954). No eido da dramaturxia publicou tres pezas dramáticas: Macías o Namorado (1921), Tentación (1921) e Desalento. Monólogo curto (1960). Postumamente, editáronse en 1993 as novelas Volverá e O milagre, o poemario Arela e A miña viaxe ás Grañas do Sor. Foi académico adxunto da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, fillo de Wenceslao Carrillo. Elixido secretario xeral das Juventudes Socialistas Unificadas en 1934, participou no levantamento revolucionario de Asturias. Como consecuencia deste acto, tivo que permanecer no cárcere ata a amnistía de febreiro de 1936. Ese mesmo ano ingresou no Partido Comunista Español (PCE) e foi conselleiro de Orde Pública da Junta de Defensa de Madrid. Exiliado en 1939, impulsou o cambio de orientación do PCE cara á reconciliación nacional (1956) e no VI Congreso do Partido en 1960 asumiu a súa secretaría xeral. Desde este cargo, promoveu a independencia do PCE respecto á URSS e foi un dos creadores, xunto con Enrico Berlinguer, do eurocomunismo, definido como unha concepción estratéxica autónoma nacida dunha experiencia propia e dunha realidade concreta. Esta ideoloxía converteuse no único modelo revolucionario posible nos países capitalistas desenvolvidos, onde o parlamentarismo e o pluralismo político eran unha realidade e as liberdades e os dereitos...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e músico. Estudiou a carreira de perito e profesor mercantil, e realizou estudios musicais na Coruña. Foi arquiveiro e bibliotecario na Asociación Musical Andrés Gaos e director da coral Galicia Nova. Como musicólogo publicou, entre outros traballos: Música popular galega e coros no ano 70 (1971), O romance popular galego e a nosa música (1972) e Dúas músicas galegas: a popular e a popularizada (1972). Escribiu a música para a peza de Manuel Lourenzo Edén, representada pola Escola Dramática Galega en 1980, e realizou a adaptación teatral de Paco Pixiñas e A nave espacial, sobre textos de Celso Emilio Ferreiro e Isaac Díaz Pardo para O Facho (1977), en colaboración con Xosé Manuel Rabón. Tamén traduciu varias obras: Conto dos cinco camiñantes, de I. García para Tespis (1979) e O retábulo da peste, de I. Bergman para O Facho (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Colombia (44.640 km2; 158.149 h [1997]) que está atravesado polo río Casanare e cuberto de espesos bosques e grandes sabanas. A súa capital é Yopal (68.885 h [1997]). As principais actividades son a gandería e a pesca. Un fenómeno moi común nesta zona é o chamado espellismo das praderías, producido pola evaporación das terras húmidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Casa pequena e algo desfeita ou en ruínas.
-
Aldea pequena onde as casas están construídas con materiais de baixa calidade e algunhas medio arruinadas.
-
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía (3.206 h [1996]), accidentado pola Sierra Bermeja e drenado polos ríos Manilva e Guadiaro. A economía é agrícola e gandeira, aínda que tamén explotan canteiras de mármore. Existen restos dun castelo e dos baños romanos de La Hedionda e Fuente Santa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Forma plural correspondente ao apelido Casar. Documéntase no s XV: “Rodrigo dos Casares” (doc ano 1425 en J. I. Fenández de Viana y Vieites Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón, 1994, p 185).
-
Liñaxe natural de Gipuzkoa moi enraizada nas terras galegas. As súas armas levan escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, de prata, cun xabaril pasante de sable; segundo e terceiro, de goles, cun castelo de ouro.
-
-
GALICIA
Botánico, fillo de Antonio Casares Rodríguez. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1894), ingresou posteriormente no Instituto de Higiene Militar onde ideou un novo método de tinxidura de cilios de bacterias. Foi a París, Berlín e Londres para estudar a vacina antitífica que aplicou nas campañas militares españolas en Marrocos. Traballou en distintos laboratorios botánicos europeos, principalmente en Alemaña e Inglaterra, e abordou o estudo dos briófitos peninsulares. En 1928, despois de acadar o grao de coronel médico, trasladouse á Coruña como director do Hospital Militar. Publicou o libro Flora Ibérica. Briófitos (1919), dedicada ás hepáticas, e en 1932 editouse, postumamente, o segundo volume desta obra dedicado aos mofos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico, fillo de Antonio Casares Rodríguez. En 1884 licenciouse, simultaneamente, en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela e en Ciencias Químicas na de Salamanca. Doutorouse en Madrid en 1887 e, en 1888, obtivo a cátedra de Técnica Física e Análise Química na Universitat de Barcelona. Entre as súas publicacións destacan as dedicadas á análise do fluor, do bromo e de varias augas minerais de Galicia. Foi membro da Junta para Ampliación de Estudios e presidente dos institutos Alonso Barba e Santa Cruz do CSIC. Recibiu o premio de química da fundación Juan March e foi nomeado doutor honoris causa por diferentes universidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e crítico literario. Pasou a súa infancia en Xinzo de Limia por causa do traballo do seu pai, que era mestre. En 1952 trasladouse a Ourense para estudiar o bacharelato no Seminario Conciliar. Alí, por vez primeira, viviu represións, como a prohibición de falar galego, e descubriu a literatura galega e a propia vocación literaria. En 1959, dous anos despois de abandonar o seminario, gañou o primeiro premio do Concurso Provincial de Cuentos de Navidad, feito que lle deu a posibilidade de coñecer a Vicente Risco, quen o orientará cara ao galeguismo. En 1961 comezou os estudios de filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1967. Foi daquela cando empezou a relacionarse con núcleos estudiantís galeguistas e iniciou a súa amizade con Ramón Piñeiro. No ano 1967 detívoo a policía xunto co profesor José Luís Aranguren. Nos anos sesenta asistiu a algunhas xuntanzas do Consello da Mocidade e en 1964 integrouse na Asociación Democrática de Estudiantes....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico pediatra e político, irmán de Carlos Casares Mouriño. Parlamentario na V lexislatura (1997) no grupo socialista do Parlamento galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político republicano. Estudiou dereito na Universidade de Santiago de Compostela para despois instalarse na Coruña, onde desenvolveu a súa carreira profesional e política. Foi avogado e administrador de propiedades da burguesía local coruñesa e profesor na Escola de Comercio. Desde 1888 exerceu como administrador-secretario da sociedade de Seguros Mutuos, cargo que alternou co seu fillo ata a súa renuncia (1916) en favor deste. Participou na vida política da cidade desde as filas do republicanismo como seguidor das ideas federalistas de Pi i Margall. Redactou, xunto con Moreno Barcia, o Proyecto de Constitución para el futuro Estado Galaico. O seu anticlericalismo manifestouse na expulsión das Hermanas de la Caridad da Coruña no ano 1901. Recoñecido masón, fundou, xunto co seu fillo e Matías Wirtz, a Loxa Gallaecia nº 408 no ano 1919. Elixido concelleiro desde as eleccións municipais de 1902, chegou a ser alcalde da Coruña entre o 19 e o 31 de decembro do 1917, trala situación...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz, filla de Santiago Casares Quiroga. En 1939 exiliouse a Francia onde comezou a súa carreira de actriz. Foi considerada como un dos modelos máis destacados do mundo intelectual francés dos anos cincuenta e sesenta, sobre todo pola súa vinculación cos autores máis representativos do momento, en especial a súa relación con Albert Camus. Protagonizou, entre outros, os espectáculos teatrais Seis personaxes en busca de autor, de Pirandello; Yerma, de Federico G. Lorca, baixo a dirección de Margarita Xirgu; Os biombos, de Jean Genet; e Le diable et le bon Dieu (O diaño e o bo Deus, 1951), de J. P. Sartre. Colaborou con Albert Camus na tradución ao francés de pezas do teatro clásico español e estreou varias das súas obras. Traballou na Comédie Française (1952-1954) e posteriormente no Théâtre National Populaire. Despois de 1975 interpretou ocasionalmente algúns papeis en España. Participou tamén en diversos filmes, como Les enfants du paradis (Os nenos...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político republicano, fillo de Santiago Casares Paz. Estudiou no Colexio Dequidt e no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña. Iniciou a carreira de dereito na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou na Universidad Central de Madrid, onde defendeu unha tese sobre Ramón de la Sagra, socialista utópico galego. Durante a súa etapa universitaria militou no Partido Republicano Autónomo da Coruña, defensor dun republicanismo de esquerdas e promotor dos dereitos democráticos nun estado laico. No ano 1911 volveu á Coruña, onde comezou a desenvolver a súa carreira como avogado especializado na defensa de pequenos casos de obreiros e líderes sindicais locais que lle deron notoriedade popular. Tralas eleccións municipais de 1911 e ata 1920 resultou elixido concelleiro e ocupou o cargo de sexto tenente de alcalde do concello; no exercicio dese mandato aprendeu a arte de facer política da man dos activos republicanos coruñeses. No transcurso desa década comprometeuse no proxecto...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico. Doutorouse en Farmacia no Colexio de Farmacia de San Fernando no 1832; en Filosofía, en Santiago de Compostela e, na década de 1870, en Medicina. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela dende 1872. Interesado na aplicación práctica da química, prestoulle atención á nutrición e a diversas análises químicas, entre as que destacan as dedicadas ás augas minerais. En 1847 colaborou cos cirurxiáns González de Olivares e Guarnerio na primeira aplicación en España da anestesia con éter e cloroformo. Publicou diversos libros de texto, primeiro traducións como a de Eugène Soubeiran sobre farmacia ou o libro de química de Berzelius, e logo, libros propios como o Manual de Química General. Á súa morte mereceu unha sesión necrolóxica na Académie des Sciences de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lexicógrafo, crítico e avogado. Exerceu diversos cargos diplomáticos ata ser delegado de España na Sociedade de Nacións en 1921. En 1919 ingresou na Academia Española e, dende 1936, foi o seu secretario perpetuo. En 1942 publicou o primeiro Dicionario ideológico de la lengua española no que ordena o vocabulario por analoxías de significación, segundo a tendencia da lexicografía moderna. Tamén lle corresponde a el a iniciativa do Dicionario histórico de la lengua española. Publicou ademais, entre outras obras, Crítica profana (1915), Crítica efímera (1918), Nuevo concepto del dicionario de la lengua y otros problemas de lexicografía y gramática (1941), Introdución a la lexicografía moderna (1950) e Cosas del lenguaje. Etimología. Lexicología. Gramática (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Parte da xávega ou da rede de arrastre, en forma de corredor, por onde pasa o peixe para chegar ao preseiro.
-
Pano que posúe unha malla de corenta e nove brazas que forma parte do boliche.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Casas porticadas situadas na avenida da Mariña, na cidade da Coruña, construídas segundo os planos do enxeñeiro Pedro Martín Cerreño e García de Paredes no 1779, coa finalidade de dotar de vivendas o barrio da Pescadería e reordenar a beira portuaria da Mariña. O seu nome pode derivar, ben do propietario do lugar onde se asentan, Francisco Javier García de Paredes, ben do seu deseñador. Concibidas como un gran friso que se estende de xeito paralelo ao mar, contitúen dúas ringleiras de casas separadas pola praza da Aduana, que centra todo o conxunto. Posúen tres corpos de altura, cuberta a dúas augas, bufardas e baixos porticados. O plano de Cerreño abranguía desde a rúa Argar ata o Cantón Grande, pero non se realizou completamente. Finalmente, os comerciantes da cidade ocupáronas. Declaráronse Ben de Interese Cultural en 1982.