"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • RIOS

    Río afluente do Tambre pola dereita. Nace a 508 m de altitude na aba meridional do monte do Enxameado, na parroquia da Cidadela. O seu curso adopta nos primeiros metros unha dirección O-L, que muda axiña para virar cara ao S, servindo de límite coa parroquia e co concello de Curtis. A seguir penetra no concello de Vilasantar trazando o límite entre as súas parroquias de Curtis e Vilariño, primeiro, Présaras e Armental, despois, e Vilasantar e Mezonzo, onde finalmente desemboca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Capela baixo a advocación da santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun topónimo que remite á existencia no lugar de pedras superpostas ou encabalgadas de xeito natural ou artificial (dolmens). É pouco probable que faga referencia á existencia de cabalos nesa zona. Documéntase no s XVI: “Martiño de Cabalar” (doc ano 1590 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 533). Tamén se atesta actualmente coas formas castelanizadas: Caballar e Caballal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é o máis grande da súa especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘ponte’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de goles, dúas cabezas de lobo ao natural, arrincadas, postas en faixa e pingando sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cabaleiro.

    2. Pertencente á cabalería considerada como un sistema.

    3. Que ten un talante nobre e distinguido.

    4. Relatos protagonizados por un cabaleiro, o chamado “cabaleiro andante”, que leva a cabo unha serie de fazañas, que tiveron a súa época de esplendor entre os séculos XII e XVI. O xurdimento deste tipo de narracións está ligado á eclosión da literatura cabaleiresca que tivo lugar durante o renacemento do s XII e que formaría parte do nacemento do xénero do roman. Foi precisamente na segunda metade dese século cando o champañés Chrétien de Troyes compuxo os seus cinco romans de ambiente artúrico, que se consideran as obras fundacionais da novela cabaleiresca: Erec et Enide (Erec e Enide), Cligès, Le chevalier au lion (Yvain ou O cabaleiro do león), Le chevalier à la charrette (Lanzarote ou O cabaleiro da carreta) e Le conte du Graal (Perceval ou O conto do graal). Foi Chrétien quen definiu o tipo do cabaleiro errante e solitario, que abandona a corte en busca de aventuras coas que mellorar no seu heroísmo cabaleiresco e conseguir...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Home que vai a cabalo.

    2. Home que se comporta con educación e cortesía.

    3. Termo de cortesía equivalente a señor.

      1. Membro dun grupo social que se caracterizaba pola participación en combates a cabalo. En Atenas era, segundo a Constitución de Solón no s VI a C, un cidadán de segunda clase. Na sociedade romana os cabaleiros formaban a orde ecuestre, a clase social de máis categoría despois da senatorial. Para formar parte desta orde o único requisito era posuír un mínimo de 400.000 sestercios, polo que podían acceder a ela persoas de orixe humilde ou indíxenas romanizados das provincias. Na época medieval estableceuse, dende o s VIII, a preponderancia do combatente a cabalo. O xinete posuidor dun cabalo e de armas necesitaba unha longa preparación para adquirir o dominio no manexo do animal e das armas. Xurdiu así a conveniencia de dispoñer de combatentes profesionais, unidos tamén por un contrato de fidelidade. Durante o Imperio Carolinxio recibiron bens territoriais concedidos polo príncipe ou polos señores, coa obriga principal de servir coas armas ao señor. O acceso á categoría de cabaleiro limitábase...

      2. Membro dunha orde militar.

      3. Membro dunha orde civil.

      4. armar cabaleiro

        Cerimonia pola que se lle impón a alguén a dignidade de cabaleiro.

      5. cabaleiro andante

        Cabaleiro medieval que, caracterizado polo seu espírito de aventura, buscaba empresas individuais, difíciles e xeralmente xustas. Os novelistas dos ss XII-XV convertérono no personaxe principal das súas producións e outorgáronlle calidades físicas e morais caracterizadas pola gallardía e virilidade, que se fixaron como modelo a seguir. Nos ss XIV e XV, os cabaleiros que existían dedicábanse a imitar os personaxes novelescos.

      6. cabaleiro de fortuna

        Cabaleiro aventureiro que vai polo mundo buscando riqueza e fama.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun alcume de dignidade ou profesional. Aínda que a partir do s XI esta voz se considerou un título nobre, durante a Idade Media un cabaleiro tamén era quen loitaba co seu cabalo e tiña posibilidades para mantelo, ou quen pertencía a unha orde de cabalería. O máis probable é que o apelido actual arrinque do título que posuirían os individuos aos que se lles aplicou; con todo, non se pode descartar a posibilidade de que, nalgunha ocasión, este apelido teña orixe toponímica, xa que existen varios lugares na nosa comunidade así chamados. Neste último caso o nome do topónimo pode remitir á presenza no lugar de persoas que ostentaban o título de cabaleiro, pero tamén se podería explicar pola existencia de pedras encabalgadas (superpostas) que, ás veces, constitúen dolmens. Proceda este apelido dun alcume ou dun topónimo, a súa etimoloxía está no latín caballu ‘cabalo’ + sufixo -ariu. Documéntase baixo forma latina e moderna desde principios do s...

    2. Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, unha árbore de sinople; bordo de ouro con oito cabezas de serpe de sinople. Outros traen en campo de ouro, tres montañas de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é educado e cortés no seu comportamento.

    2. Que é nobre e distinguido na súa forma de ser.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Comezou o seu labor periodístico na emisora da Cope en Vigo, en Radio Pontevedra e Radio Vigo. Traballou tamén na prensa escrita, concretamente como delegado de Faro de Vigo en Santiago, dende onde pasou a El Correo Gallego e, finalmente, a El Ideal Gallego. No período 1986-1996 foi redactor xefe e subdirector da TVG. Volvería á radio, nomeado como director de informativos da Radio Galega; posteriormente foi director de TVE en Galicia, director rexional da emisora Cope en Galicia e director da Radio Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico psiquiatra. Estudiou medicina en Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1942. Discípulo de Pérez Villamil, foi profesor de medicina legal e de psiquiatría na facultade de Medicina de Santiago de Compostela. No ano 1953 doutorouse na Universidad de Madrid coa tese La Psiquiatría en la medicina popular gallega. En 1959 obtivo a praza de director-médico do Sanatorio Psiquiátrico de Toén, facendo deste centro a escola oficiosa da maioría dos especialistas de Galicia. Enlazou coas correntes da nova psiquiatría que difundiu por Galicia como continuador da obra de Pérez Villamil e converteuse na principal referencia da psiquiatría moderna en Galicia. En 1970 abandonou a docencia universitaria. Entre as súas múltiples iniciativas destacou, a principios dos anos setenta, o seu documento de reforma de hospitais psiquiátricos de Galicia, un primeiro plan para transformar os dispositivos psiquiátricos das deputacións galegas. O seu prestixio internacional levouno a visitar as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador e empresario. Coñecido como Gene Cabaleiro, logo dunha etapa como futbolista, iniciou a súa andaina profesional como deseñador e empresario nos anos sesenta, cando fundou cos irmáns Regojo a empresa Atir, dedicada á comercialización e fabricación de pantalóns de vestir. En 1968 comezou a súa traxectoria profesional en solitario, ao adquirlles aos irmáns Regojo a súa participación na empresa. En 1974, fundou en Vigo a empresa D’aq e a marca comercial D’aquino que produciu todo tipo de prendas para home e, posteriormente, especializouse en roupa de espectáculo e fantasía. Nos anos oitenta os seus deseños acadaron o seu máximo apoxeo e comercializáronse en Europa, nos EE UU e nos países árabes. Considerado como un gran creador e un gran técnico no uso das cores e dos tecidos, intérpretes como Elton John ou Miles Davids, entre outros, empregaron o seu vestiario. Inaugurou comercios propios en París, Anveres, Colonia, Saint Tropez, Vigo ou Eivissa. Recibiu numerosas mencións e condecoracións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra do Xistral, que marca o límite entre as parroquias de Silán (concello de Muras) e O Cadramón (concello de O Valadouro). A súa máxima cota está a 925 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • evar unha persoa ás costas ou sobre os ombros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Lérez pola esquerda. Nace a 570 m de altitude na parroquia de Corredoira, concello de Cotobade. O seu curso adopta unha dirección S-N coa que penetra na parroquia de Sacos primeiro, e no concello de Cerdedo despois, en concreto pola parroquia de Pedre, na que desemboca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tordoia baixo a advocación de san Xulián, onde se atopa a capital municipal, a aldea da Pontepedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma plural correspondente ao apelido Cabaleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na parroquia de Cabaleiros (Tordoia), popularmente se coñece co nome de Pedra Moura. Conserva parte da mámoa e ten planta poligonal, formada por sete chantas, todas elas imbricadas, e a tampa. A cámara ten unhas dimensións aproximadas de 3,10 m no eixe N-S e 2,70 m no L-O; así mesmo a súa altura é de 1,70 m. A tampa, sostida por seis chantas, está fracturada; as súas dimensións son 4 x 3,40 m e ten un grosor considerable. Non se teñen noticias de achados no seu interior e non foi escavada polo de agora. Pola forma e magnitude desta mámoa pertence ao Megalitismo de apoxeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cabaleiros.

    2. Que ten un comportamento cortés, galante e educado.

    3. Que posúe nobreza e distinción no seu carácter.

    VER O DETALLE DO TERMO