"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Político alemán. Fundador e copresidente do partido socialista unificado (Sozialistiche Einheitspartei Deutschlands [SED]), foi presidente da República Democrática Alemana entre 1949-1964.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terreo pantanoso.

    2. Lugar do que sae ou mana auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director teatral polaco. Reelaborou as ideas de Stanislavski e con Ludwik Flaszen fundou en 1959 o Teatro-Laboratorio na cidade de Opole, no antigo teatro 13 Rzedów. Estreou Les chaises, de Ionesco; Caien, de Byron; Dziady, de Mickiewicz; Hamlet, de Shakespeare; Doctor Faustus, de Marlowe; El príncipe constante, de Calderón e Apocalypsis com figuris, sobre textos evanxélicos. A súa concepción e práctica teatrais quedaron definidas en Towards a Poor Theatre (1968). En 1967 abandonou a realización teatral e comezou unha nova etapa centrada no estudo das manifestacións parateatrais, desenvolvendo proxectos en diversos países do mundo, especialmente en EE UU, México ou Italia, onde creou un Centro de Investigacións. Elaborou un proxecto chamado O teatro das orixes, que estudia as técnicas corporais e a interdependencia entre a enerxía do home e a percepción do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adorno musical que consiste en executar notas máis rápidas ao redor dunha do discurso melódico. Modernamente indícase co signo <H>T </H>(comeza coa nota superior á central) ou co signo invertido T (iniciado coa nota inferior).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade que se constituíu en Santiago de Compostela en 1973 por un grupo de profesores e estudiantes de bioloxía. Naceu coa finalidade de elaborar diferentes estudios relacionados coa natureza, fundamentalmente o estudo das aves, a súa defensa e divulgación. Divulgación que se levou a cabo no boletín Ardeola, na revista Acta Científica Compostelana ou no seu propio boletín Bubela. Débenselle estudios de diversas localidades de Galicia, entre os que destacan os das illas Cíes e Ons, a lagoa de Valdoviño ou as serras dos Ancares ou O Courel. Disolveuse en 1976 para dar lugar á Sociedade Galega de Historia Natural. É a sociedade relacionada co medio máis antiga de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Andalucía, afluente do Guadalquivir pola dereita (103 km). Nace en Sierra Morena e recibe as augas do Guadalbarbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Córdoba, Andalucía, afluente pola dereita do Guadalquivir (145 km). Nace en Sierra Morena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do centro de México, fronteirizo con San Luis Potosí ao N, con Michoacán ao S, con Jalisco ao O e con Querétaro ao L (30.491 km2; 4.663.032 h [2000]). A capital é Guanajuato (41.196 h [2000]). Forma parte da rexión de Mesa de Anahuac. O clima é seco no N e temperado e húmido na chaira. Predomina a gandería (bovino e porcino) e o desenvolvemento agrícola e industrial da rexión estivo favorecido polos encoros de Tepuxtepec e de Solís. As minas de prata e ouro, importantes noutras épocas, están case esgotadas. Hai unha refinería de petróleo na cidade de Salamanca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal do ácido guanílico.

    2. Sal sódico do ácido guanílico. É un aditivo legalmente aceptado, igual que o ácido do que deriva, que se emprega como portador e reforzador do aroma cárnico en produtos alimentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada na Guarda. Pertenceu a un mosteiro de monxas beneditinas fundado en 1558 pola familia Ozores de Soutomaior. O convento restaurouse en diversas épocas e nel destacou o claustro. Foi escola pública trala supresión da vida monacal en 1868 e converteuse nun establecemento hoteleiro en 1990. A igrexa construíuse no s XVI e conserva, entre outros, o sepulcro de Álvaro Ozores e Soutomaior. A fachada destaca pola sobriedade. A porta é de arco de medio punto apoiada en pilastras planas. O conxunto remata con pináculos nas esquinas e campanario central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar carlista. Sumouse ao carlismo en 1833 e en 1835 converteuse no xeneral ao mando da expedición de Catalunya, que tiña por obxectivo provocar un levantamento xeral. Foi nomeado en 1838 xeneral en xefe do exército do N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e astrónomo alemán. Estudiou dereito na Universidade de Leipzig e matemáticas na de Leiden. Investigou os efectos do baleiro, inventou unha máquina pneumática e comprobou que no baleiro o son non se propaga, que é imposible a combustión e que os animais morren. No 1654 fixo o experimento dos hemisferios de Magdeburgo, co que demostrou a existencia da presión atmosférica. Outros inventos foron: un barómetro, a primeira máquina que xera electricidade estática por fricción e unha balanza para pesar aire. Tamén foi o primeiro que indicou a periodicidade dos cometas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ernesto Pérez Guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que se deu á insurrección dos grandes señores feudais franceses, trala morte de Luís XI (1483), contra o goberno de Ana de Francia, rexente do seu irmán Carlos VIII (1483-1491).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Barrio habitado pola comunidade xudía. Nun principio eles mesmos residían nestes barrios co fin de preservar as súas tradicións e a orixinalidade do seu culto; pero trala promulgación do Código de Xustiniano no mundo bizantino, do Pacto de Omar (s VII) nos países musulmáns e do Concilio IV de Letrán (1215) en Europa occidental, a segregación converteuse en forzosa e os barrios foron fortificados. O termo ten as súas orixes no nome da pequena illa veneciana de Ghetto, onde se estableceu o barrio xudeu da cidade no s XVI. Durante a Idade Media proliferaron estes barrios nas distintas coroas europeas co nome de xudería en Castela e Aragón, Judengassen nos principados de Alemaña e giudaiche en Italia. A Contrarreforma e as medidas adoptadas polo Papa Pío IV obrigaron os xudeus europeos a identificarse pola súa indumentaria e a rexerse por unha serie de estatutos de carácter coercitivo. As expulsións das comunidades xudías da Península Ibérica nos ss XV e XVI provocou...

      2. Barrio ou lugar dunha cidade habitado por un determinado grupo étnico ou comunidade marxinal.

    1. Sector social, delimitado xeograficamente, no que a maioría da poboación ten unhas características propias e diferenciadas que fan que se segregue do resto da poboación á que pertence. Acostuman ser barrios ou sectores suburbáns dunha cidade integrados por conxuntos étnicos diferentes do resto da poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario arxentino. Coñecido como Che Guevara, doutorouse en Medicina en Bos Aires (1953). En Guatemala apoiou o goberno do presidente Jacobo Arbenz, e en 1956 estableceuse en México, onde contactou con Fidel Castro e cos revolucionarios cubanos, cos que participou na operación Granma, que iniciou a loita guerrilleira contra as forzas de F. Batista. Tralo triunfo da Revolución Cubana (1959), asumiu a carteira de Industria (1961-1965) e marcou o posterior signo da economía do país. Realizou tamén o labor de embaixador visitando a URSS e China, entre outros países, e interveu nas conferencias de Punta del Este (1961) e Alxer (1963), nas que fixo un chamamento á solidariedade dos pobos do Terceiro Mundo para combater as forzas imperialistas. Incorporado á guerrilla boliviana, foi capturado e executado. En 1997 descubríronse os seus restos na fosa común de Vallegrande, que foron trasladados ao mausoleo da Plaza Ernesto Che Guevara na cidade cubana de Santa Clara. Escribiu Guerra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e bispo de Mondoñedo (1538-1545). Membro da orde franciscana, foi predicador, cronista imperial, inquisidor de València e bispo de Guadix (1528-1536). Durante a súa estancia en Toledo litigou cos nobres galegos por cuestións de tipo xurisdicional. A súa influencia na corte decantou as resolucións da chancelería de Valladolid no seu favor. Reaxustou o sistema foral para obter máis beneficios e realizou visitas pastorais á súa diocese para observar os costumes católicos dos seus fieis. Predicador cunha bagaxe metodolóxica e erudita medieval, asimilou e divulgou postulados adscritos ás ideas do Renacemento. Das súas obras destacan Reloj de príncipes o libro aúreo del emperador Marco Aurelio (1529), Menosprecio de la corte y alabanza de la aldea (1539) e Epístolas familiares (1539).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra e compositor. Destacou polas súas investigacións sobre óperas esquecidas ou descoñecidas e escribiu óperas como Fata Malerba (1927), música sinfónica e para películas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña en 1991. Subtitulouse “Revista de la Zona Comercial”. Editada por Equipo de Promoción SL, foi dirixida por Ana Puga e Xulio Fontecha. Trátase dun boletín comercial e publicitario con información sobre coleccións de moda, estética, fogar e datos sobre a historia da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Rairiz de Veiga. De orixe románica, reconstruíuse posteriormente. Da primitiva fábrica conserva o rosetón da fachada principal, os canzorros e a porta S, formada por unha dobre arquivolta rodeada por unha banda con decoración axadrezada e un tímpano.

    VER O DETALLE DO TERMO