"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
PERSOEIRO
Animadora teatral. Coñecida como Fusa Guillén, desenvolveu a súa actividade na comarca de Ferrolterra, desde a Asociación Cultural Garola de Cedeira, onde creou un colectivo para a posta en escena de espectáculos para a infancia e a mocidade. Tamén colaborou con diversas escolas municipais de teatro da área de Ferrol. É coautora de textos como O segredo de Daniel, Unha aboa a catro patas e A escada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta cubano. Colaborou nas publicacións Camagüey Gráfico, El Camagüeyano, Lys, Mediodía, Gaceta del Caribe, Mediodía, Orto e Hoy. Da súa produción destaca Cerebro y corazón (1922), Motivos de son (1930), Sóngoro cosongo. Poemas mulatos (1931), West Indies Ltd. (1934), El son entero (1947), La paloma de vuelo popular (1958), Prosa de prisa (1962), Tengo (1964), El gran zoo (1967), Cuatro canciones para el Che (1969), El diario que a diario (1972) e La rueda dentada (1972). Presidente fundador en 1961 da Unión Nacional de Escritores y Artistas de Cuba (UNEAC), recibiu o Premio Lenin da Paz (1954), o Premio Viareggio (1972) e o Premio Nacional de Literatura (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Toulouse (790-806), fillo de Teodorico, conde de Autun. Conde palatino na Corte de Carlomagno, substituíu a Corsó como conde de Toulouse e venceu os gascóns, pero foi derrotado en Orbieu polos sarracenos (793). Principal conselleiro do Rei Ludovico Pío e gobernante de Aquitania, participou na conquista de Barcelona (801). Ingresou no mosteiro de Aniana (804) e posteriormente fundou o mosteiro beneditino de Gelona (806), onde se retirou.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Discípulo de Viollet-le-Duc, foi profesor na École des Arts Décoratives (1894-1898). Influído por Victor Horta, incorporou a art nouveau ao Castel Béranger de París (1894-1898). Das súas obras destacan o Castel d’Orgeval (1905) e diversas entradas do metro de París (1900-1910). Cultivou o grafismo e o deseño de mobles e obxectos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Guimarei (A Estrada). É un conxunto formado por unha torre de orixe medieval e un pazo do s XVIII. A torre pertenceu a unha fortaleza destruída polos Irmandiños en 1467. Conserva sobre a porta principal dúas inscricións co apelido Villar. O pazo adopta unha planta en forma de U co corpo central máis desenvolvido ca os laterais e cunha soa altura. Destaca a fachada do corpo principal formada por unha porta arquitrabada e cun escudo coa coroa de marqués e coas armas dos Villar, Mosquera e Sarmiento. Sobre el sitúase a cornixa curva a xeito de frontón e rematada con pináculos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Segán (O Saviñao). A casa ten planta en forma de L á que se engadiu, ao outro lado do corpo máis curto, unha torre que lle outorgou ao conxunto a planta en forma de T. A torre conserva na planta baixa un pasadizo cun arco de medio punto que leva a un patio de servicio. Sufriu diversas modificacións e engadíuselle unha galería acristalada á fachada principal. A torre ten o escudo que estaba anteriormente na fachada. Conserva exenta a capela de planta rectangular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Seteventos (Sarria). Foi refundado por Diego, abade de Samos, en 1026.
-
ENTRADA LARGA
[Nome oficial cast: República de Guinea Ecuatorial] Estado de África occidental, que comprende unha parte continental (Mbini), situada entre Camerún ao N e Gabón ao L e ao S, e diversas illas do golfo de Guinea: Bioko, Pagalu, Corisco, Elobey Gran e Elobey Petit (28.051 km2; 464.000 h [estim 2001]). A capital é Malabo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
A parte continental, ou Mbini, está formada por unha chaira litoral de 15 a 25 km de longo, dominada ao L polo zócolo antigo, que se eleva ata os 1.200 m no monte Mitra e que os principais ríos, como o Benito, atravesan en rápidos. O clima é cálido e húmido, con chuvias moi abundantes. O bosque denso ecuatorial cobre case todo o territorio. A vexetación natural foi destruída fortemente pola deforestación. A economía baséase na agricultura, que produce cacao, café, plátanos, aceite de palma, cacahuetes e cocoteiros e, para o consumo do país, mandioca e pataca doce sobre todo. O bosque cobre o 46% da superficie total e constitúe... -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘pan’.
-
FILOSOFOS
Filósofo e escritor francés. Profesor nas universidades de Montpellier (1937-1946), Dijon (1948-1954) e París (1955-1968), foi o único laico que asistiu ás primeiras sesións do Concilio Vaticano II. Foi o mediador designado pola Santa Sé no conflito co bispo disidente, monseñor M. Lefebvre (1977). Partidario dun cristianismo conciliador, escribiu La pensée moderne et le catholicisme (1930-1955), L’éternité chez Plotin et saint Augustin (1933) e Profils paralleles: Pascal-Leibniz, Renan-Newman (1970). Foi membro da Académie Française (1961) e da Académie des Sciences Morales et Politiques (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Baixo o pseudónimo de Guittone d’Arezzo escribiu poemas amorosos, políticos e de contido moral. Foi un dos autores que introduciron a escola poética siciliana en Toscana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e antropólogo. Formouse no seminario de Ourense e estudiou teoloxía e antropoloxía no Seminario Nacional de Misiones Extranjeras de Madrid. Investigador do léxico dos canteiros, da arquitectura medieval e de lendas e contos populares, foi un dos impulsores do Museo Etnográfico de Beariz. Da súa produción destacan As marcas da pedra no suroeste de Galicia, Beariz de Montes, aspecto antropolóxico, histórico e cultural dun pobo, Polos camiños de Beariz de Montes e Dicionario do verbo dos canteiros (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antitauro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Efecto descuberto en 1963 polo físico J. B. Gunn, nos semicondutores do grupo III-V como o arseniuro de galio e o fosfuro de galio de tipo n. A aplicación dun campo eléctrico superior a un certo valor produce a transferencia de electróns do mínimo absoluto da banda de condución a outro mínimo superior en que os electróns teñen unha mobilidade máis pequena. Prodúcese unha acumulación de carga que é seguida dunha zona de baleirado, que recibe o nome de dominio. Estes dipolos desprázanse no tempo ao longo do semicondutor e producen un pico de corrente. É a base do funcionamento do díodo Gunn.
-
PERSOEIRO
Xornalista. Estudiou dereito, xornalismo e filosofía e letras. Exerceu como director do diario Pueblo e do Diario Montañés, e da revista Geografía Universal. No eido televisivo foi director dos telexornais de TVE-2, xefe do gabinete de prensa de TVE e xefe da secretaría xeral de informativos de TVE. Ademais, foi correspondente de TVE e RNE en Portugal. Escribiu Caerá Allende?, Evasión, La bomba (1982) e El ocaso del general. Obtivo o Premio Larra de Periodismo (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sentido que permite percibir o sabor das diferentes substancias. No home o sabor só se percibe na boca (na lingua e na parte anterior do veo do padal). Na lingua existen unhas terminacións nerviosas que transmiten as diferentes sensacións gustativas. A perda das sensacións gustativas, que pode ser total ou parcial, débese a lesións do sistema nervioso periférico e moi rara vez a lesións do sistema nervioso central.
-
Sensación que produce unha substancia na lingua e no padal.
-
-
Sensación pracenteira que provoca no ánimo ou nos sentidos algunha cousa.
-
ontade ou actitude favorable coa que se fai algo.
-
-
-
Maneira persoal ou colectiva de apreciar ou sentir algo.
-
Capacidade que ten alguén para apreciar a beleza.
-
-
-
Satisfacción que alguén sente ou busca en algo non imprescindible.
-
...
-
-
-
PERSOEIRO
Pintor canadense. Considérase un dos representantes destacados do expresionismo abstracto. Inicialmente cultivou unha pintura de temática social influído polos muralistas mexicanos, que derivou, baixo a influencia de Pollock, cara a formulacións máis vangardistas. As súas obras caracterízanse polas manchas luminosas de cores superpostas nun fondo claro e aplicadas con pinceladas soltas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten moi bo sabor.
-
Que agrada ou é pracenteiro.
-
Que fai algo con gusto.
-
-
PERSOEIRO
Político. Licenciado en Enxeñería, adheriuse ao Partido Socialista en 1974 e foi elixido deputado en 1976. Asumiu o cargo de secretario xeral do partido en 1992 e de primeiro ministro portugués tralas eleccións de 1995. No XXI Congreso foi nomeado presidente da Internacional Socialista (1999).
VER O DETALLE DO TERMO