"Ede" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 837.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de Santiago que dá nome ao concello de Pontedeume, onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Eume, situado ao NO da Comunidade Autónoma de Galicia e ao O da provincia da Coruña. A súa posición xeográfica é 43° 24’ de latitude N e 8° 10’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Cabanas (comarca do Eume), ao L co concello de Monfero (comarca do Eume), ao S cos concellos de Miño e Vilarmaior (comarca de Betanzos), e ao O coa ría de Ares. Abrangue unha superficie de 29,3 km 2 , en que acolle unha poboación de 8.635 h (2007), distribuída entre as parroquias de Andrade, Boebre, Breamo, Centroña, Nogueirosa, Ombre, Pontedeume e Vilar. A capital do concello é Pontedeume, na parroquia homónima, localizada a 45 km da cidade da Coruña e a 77 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago ao partido xudicial de Betanzos.
    Xeografía física
    O concello sitúase na marxe meridional da ría de Ares na que desemboca o Eume e morfoloxicamente pódense diferenciar dúas unidades. A primeira é a ampla veiga que se forma...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamentos entre as tropas invasoras francesas e os labregos. A depredación que practicaban os franceses a comezos de 1809 na rexión comprendida entre Betanzos e Ferrol, esixindo contribucións de cebada, palla, trigo e viño, e tomándoo pola forza no caso de non recibilo, provocou a resistencia dos labregos, que adoptaron o sistema de guerrillas. O día 6 de febreiro capturaron algúns soldados franceses das tropas do mariscal Ney e queimáronos en Andrade (Pontedeume). Entre o 20 e o 21 de febreiro de 1809 os habitantes da zona realizaron un ataque durante a noite e mataron a todos os oficiais e á tropa francesa. Posteriormente enterráronos nos piñeirais, mentres que os cabalos foron conducidos ata Ribadavia e entregados ao marqués de La Romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desembocadura do río Eume, en que se forman meandros coas beiras recheas de lama e con vexetación halófila. Debido á variación de salinidade fórmanse carrizais e xunqueiras en que viven aves como cormoráns e garzas, ademais de mamíferos. Pódense localizar cintos de algas con fauna eurihalina asociada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pontedeume. Ten planta rectangular de tres naves. Na súa orixe foi de estilo gótico, do que conserva a capela maior, mandada construír por Fernando de Andrade en 1538, e que alberga o seu sepulcro (1540). Posteriormente, ampliouse outro corpo renacentista e no s XVIII reedificouse o resto da igrexa por orde do arcebispo Bertomeu Rajoy Losada, en estilo neoclásico. No interior os retablos son de estilo tardobarroco e neoclásico. No exterior destaca a fachada neoclásica con elementos barrocos, formada por tres lenzos separados por columnas, obra do mestre Alberte Ricoy (1763). Sobre a porta sitúase o escudo dos Andrade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Pontedeume ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Pontedeume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Breixo que dá nome ao concello de Pontedeva, onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Terra de Celanova, situado ao S da Comunidade Autónoma de Galicia e no SO da provincia de Ourense. A súa posición xeográfica é 42° 09’ de latitude N e 8° 07’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Cortegada (comarca do Ribeiro), ao L co concello de Gomesende (comarca de Terra de Celanova), ao S co de Padrenda (comarca de Terra de Celanova) e ao O co concello de Padrenda e Crecente (comarca da Paradanta). Abrangue unha superficie de 9,9 km2, en que acolle unha poboación de 723 h (2007), distribuída nas parroquias de Pontedeva e Trado. A capital municipal está no lugar de Aldea de Deva, na parroquia de Pontedeva, localizada a 60 km da cidade de Ourense e a 146 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Ribadavia.
    Xeografía física
    Pontedeva sitúase no bordo do río Deva, unha conca hidrográfica que deu lugar á formación dun amplo val que ocupa a maior parte do concello, formado por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Pontedeva. Datada no s XVIII, ten unha nave de tres tramos separados por arcos de medio punto e capela maior. A fachada é barroca e remata cunha espadana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Pontedeva ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Pontedeva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén do latín Praxedes, que deriva do grego ðñ ã îéò ‘acción’, e que se interpreta como persoa persoa activa ou emprendedora. En España utilízase tamén como nome masculino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s II) Virxe romana, filla do senador Pudente ou Pudencio, que hospedara a san Pedro na súa casa. Coa súa irmá, santa Pudenciana, dedicábase a socorrer os mártires. Non sufriron martirio, pero asociáronas aos mártires polo perigo do seu cometido. A súa festividade celébrase o 21 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prioridade dunha cousa respecto doutra no tempo ou no espazo.

    2. Superioridade ou importancia dunha cousa sobre outra.

    3. Preferencia honorífica que ten alguén no lugar e asento dalgúns actos oficiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que precede.

      1. Feito igual ou análogo a outro e anterior a el.

      2. Feito que serve para comprender ou analizar acontecementos posteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. anteceder.

    2. Estar unha persoa nun cargo ou ter unha categoría superior a outra. OBS: Constrúese seguido da preposición a.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen precedeu a outra persoa nalgún cargo, oficio ou función.

    2. Que ou quen viviu nunha época anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Base dun retablo, xeralmente dividida en pequenos compartimentos decorados ou pintados, onde se representan escenas narrativas relacionadas co tema do retablo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de predestinar.

    2. Predeterminación por parte de Deus relativa aos que serán ou son salvados ou condenados. Xurdiu en explícita controversia co pelaxianismo e foi enunciada primeiro por santo Agostiño, de maneira que a liberdade e responsabilidade humanas aparecen cuestionadas. A disputa de auxilis que se desenvolveu nos ss XVI e XVII tivo como obxecto a compaxinación desta liberdade humana coa soberanía de Deus no outorgamento da graza da salvación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de predestinar.

    2. Que está previamente destinado a algo.

    3. Aplícase á persoa destinada por Deus á salvación ou á condenación. Emprégase xeralmente, dunha maneira case exclusiva, no seu sentido positivo de elixido para a salvación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Decidir previamente o futuro ou o destino de algo ou de alguén.

    2. Predeterminar Deus a salvación ou a condenación de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO