"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • PERSOEIRO

    Político e avogado chileno. Militou no partido liberal democrático e foi deputado e ministro de Xustiza, Instrución Pública e de Interior durante a presidencia de Pedro Montt (1907-1910). Ocupou a presidencia da República entre 1925 e 1927. Foi embaixador en España, Arxentina e Perú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Simpatía, afección ou amor por algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de filiar.

      2. Documento que contén os datos persoais de alguén.

      3. Conxunto de datos referidos a un individuo.

      4. Rexistro do persoal do exército no que se anotan as circunstancias persoais e o historial militar do individuo.

    1. ínculo de parentesco que une os fillos cos seus pais. Estes vínculos poden ser por descendencia patrilineal, é dicir, por liña masculina, ou ben por descendencia matrilineal, regulada pola liña feminina. Pode distinguirse tamén a filiación natural da adoptiva.

    2. Pertenza a unha asociación ou a un partido político.

    3. Dependencia dunha persoa ou cousa respecto doutra ou outras.

    4. Expresión neotestamentaria que intenta explicar a nova relación interpersoal nacida entre Deus e o home a partir de Xesús Cristo. O crente recibe esta filiación, xuntamente co Espírito Santo, no bautismo.

    5. derivación sinonímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao fillo.

      1. Centro ou entidade que depende doutro.

      2. empresa filial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tomar os datos persoais a alguén para que queden arquivados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que constitúe unha adaptación do nome francés Philibert, de orixe xermánica, composto por filu ‘moito’ e de berht ‘claro, ilustre, esplendoroso’. A grafía con ph débese á analoxía co radical de Philippe. Hai dous santos con este nome: un mártir toledano do s IV e mais un abade gascón do s VII. A súa festividade celébrase o 20 e 22 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Partido dos filibusteiros.

    2. Táctica obstrucionista dos filibusteiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pirata do mar das Antillas durante o ss XVI, XVII e XVIII. Eran aventureiros franceses, ingleses e holandeses establecidos nas pequenas Antillas que se dedicaban a saquear as costas e asaltar as naves da coroa castelá co beneplácito dos gobernos dos seus países de orixe.

    2. Partidario da independencia das colonias españolas en América no s XIX, especialmente de Cuba.

    3. Parlamentario que obstaculiza a aprobación dunha lei, especialmente cun discurso prolongado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que mata a un fillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acto de matar un proxenitor o seu fillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano laminar das plantas inferiores, especialmente dos briófitos, que semella unha folla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de fío.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao papel marcado con filigranas.

    2. Obra feita de fíos de ouro, prata e outros metais entrelazados e unidos por soldaduras imperceptibles. Coñecida dende a Antigüidade, o tipo de filigrana céltica pasou, coas invasións xermánicas, aos pobos mediterráneos. Cultivada particularmente por Bizancio e polos musulmáns, durante a Idade Media o centro produtor principal foi Xénova. No s XVIII tivo unha gran difusión e foi utilizada en pezas de grandes dimensións. A de tradición popular consérvase, entre outros centros, en Venecia, Xénova, Salamanca, Córdoba, Granada e Mallorca.

    3. Cousa feita de forma moi fina e laboriosa.

      1. Marca transparente, unicamente perceptible a contraluz, feita no papel no momento da fabricación.

      2. Debuxo que se percibe a contraluz nos billetes.

      3. FRAS: Facer filigranas. Actuar de forma enxeñosa para realizar con éxito algo.

        Molde no que se fai esa marca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obra feita de fíos de ouro, prata e outros metais entrelazados e unidos por soldaduras imperceptibles. Coñecida dende a Antigüidade, o tipo de filigrana céltica pasou, coas invasións xermánicas, aos pobos mediterráneos. Cultivada particularmente por Bizancio e polos musulmáns, durante a Idade Media o centro produtor principal foi Xénova. No s XVIII tivo unha gran difusión e foi utilizada en pezas de grandes dimensións. A de tradición popular consérvase, entre outros centros, en Venecia, Xénova, Salamanca, Córdoba, Granada e Mallorca.

    2. Cousa feita de forma moi fina e laboriosa.

      1. Marca transparente, unicamente perceptible a contraluz, feita no papel no momento da fabricación.

      2. Debuxo que se percibe a contraluz nos billetes.

      3. Molde no que se fai esa marca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao papel marcado con filigranas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formulación teolóxica que expresa a procedencia do Espírito Santo “do Pai e do Fillo” como un principio único. A Igrexa de Oriente, que mantiña que esa procedencia se realizaba “do Pai polo Fillo”, conseguiu que no Concilio de Ferrara se prescindise desta cuestión para incorporarse á comuñón romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moeda de ouro borgoñona cuñada polo duque Filipe III o Bo durante o seu goberno (1419-1467) cun peso de 3,6 g. Denominábase tamén chevalier d’or porque presentaba no anverso a figura do duque armado e a cabalo.

    2. Moeda de prata que se cuñou en Milán nos reinados dos reis Filipe da dinastía de Austria, cun peso de 27,7 g.

    3. Moeda de prata que se cuñou en numerosas cecas dos Países Baixos durante o reinado de Filipe II cun peso de 34,27 g e lei de 20 quilates. Coñeceuse tamén co nome de Philipsdaalder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que deriva do grego Φιλιππος ‘que ama os cabalos’, ou ‘amigo dos cabalos’, de ϕ ιλος ‘amigo’, e ηιππος ‘cabalo’. Foi un nome que entrou desde Francia en España co xenro dos Reis Católicos (Filipe o Fermoso). Presenta o hipocorístico Chelipe. As dinastías monárquicas españolas de Austrias e Borbóns utilizaron moito este nome a partir do s XVI. Entre os santos que levan este nome destacan o apóstolo san Filipe, celebrado o 3 de maio, e san Filipe Neri (s XVI), celebrado o 26 de maio. Antes da reforma do calendario litúrxico celebrábase o 11 de maio. San Filipe é titular de 2 parroquias. Na Graña (Ferrol) celébrase o 18 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de Castela e León, señor de Ribera e Cabrera, fillo de Sancho IV e María de Molina. Ocupou desde 1302 os cargos de Adiantado de Galicia, Merino e Pertegueiro Maior da catedral de Santiago. Desafiou o poder dos bispos de Santiago e Lugo e favoreceu os intereses da burguesía destas cidades. Como resultado das disputas chegou a ocupar os cargos de encomendeiro da cidade de Lugo e tenente das igrexas da súa diocese.

    VER O DETALLE DO TERMO