"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • James Fitz James

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do extremo meridional da illa de Sálvora (pertencente á parroquia de Aguiño, concello de Ribeira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Roque de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos cravos grandes que suxeitan a lamia no carro do país e ao mesmo tempo axustan a roda.

    2. Cravo de cabeza grande empregado para fixar as madeiras dos portelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romántico. É autor de zarzuelas como El castillo de Bellver (1860), de novelas como Recuerdos de Mallorca, Simón Ballester el tuerto (1863) e Los exploradores (1879), unha violenta requisitoria contra a sociedade contemporánea, marcado polo desengano producido polas experiencias políticas do período 1868-1874.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de textos dramáticos creada pola editorial Sotelo Blanco, na que apareceron publicadas as obras premiadas no concurso homónimo, celebrado entre 1987 e 1990. Dirixida por Francisco Pillado Mayor, a colección contribuíu á normalización da edición do xénero dramático e inclúe textos de autores tan significativos como Roberto Vidal Bolaño, Miguel Anxo Fernán-Vello, Bernardino Graña, Euloxio R. Ruibal, Agustín Magán, Manuel Lourenzo ou Inma Antonio Souto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública con sede en Pequín. Fundada durante os últimos anos do Imperio, en 1910, conserva os antigos catálogos e as coleccións das dinastías Song do sur, Iuan, Ming e Xing. É a biblioteca central chinesa e dispón duns 15 millóns de volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de documentación teatral creado en 1996 na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña cos fondos doados por Francisco Pillado Mayor, entre os que se inclúe un significativo número de textos dramáticos e estudios críticos, amais de importante documentación relacionada coa historia do teatro galego e da literatura dramática. Paralelamente e como complemento necesario para o labor de investigación e divulgación do propio Arquivo, tamén se crearon catro coleccións de textos dramáticos dirixidos por Laura Tato, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Carlos Carrete e Francisco Salinas Portugal, coordinador da Biblioteca-Arquivo e das diversas liñas editoriais. O obxectivo das mesmas é contribuír á recuperación de textos significativos da dramática galega ou á presentación de obras de relevo da literatura dramática universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública con sede en París, que forma parte da institución chamada Réunion des Bibliothèques Nationales. A Bibliothèque Nationale inclúe diversas bibliotecas e institucións. A súa orixe está nas coleccións dos reis de Francia. Ocupou o pazo Mazarín e outros edificios do s XVII, adaptados entre o 1854 e o 1875; na década dos noventa trasladouse a tres novos edificios situados na beira do río Sena. Dispón de Depósito Legal e posúe arredor de 9 millóns de volumes. As coleccións de publicacións periódicas e material audiovisual son tamén moi salientables. É o centro da bibliografía nacional francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública con sede en Bruxelas. Ten a súa orixe na antiga biblioteca da casa ducal de Borgoña, fundada por Filipe o Bo no s XV. Máis tarde, Filipe II de Castela estableceu a primeira biblioteca real en Bruxelas, pero despois da Revolución Francesa os libros foron dispersados. No 1837, o goberno belga reuniuna de novo e, engadíndolle os fondos de varias casas relixiosas secularizadas, organizou a actual biblioteca. Funciona a xeito de biblioteca nacional do estado belga. Posúe ao redor de 3 millóns de volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde ás voces ‘bacía’ e ‘ouriñal’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e astrónomo. Membro da Académie des Sciences dende 1843, estudiou temas de Mecánica (cinemática e mecánica racional), Matemáticas (teoría dos números, análise, xeometría diferencial, cálculo matricial) e Astronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudio da química dos seres vivos, é dicir, da vida como fenómeno químico. Sabido que os seres vivos están constituídos por células, a Bioquímica estudia as reaccións químicas complexas que acontecen dentro delas e tamén aquelas que teñen lugar fóra, pero que están estreitamente relacionadas co seu funcionamento. Estas biorreaccións caracterízanse especificamente polo feito de producirse todas a temperaturas relativamente baixas (polo xeral inferiores a 45°C), grazas á axuda de biocatalizadores (enzimas), e polo feito de funcionar axustadas unhas coas outras nunha complexísima concatenación. As biorreaccións son de síntese (anabolismo) ou degradación (catabolismo), e conxuntamente constitúen o metabolismo do ser vivo. A Bioquímica é unha ciencia nacida da converxencia e o entrecruzamento da Química Orgánica e a Fisioloxía a mediados do s XIX. As raíces da Bioquímica moderna están nos estudios do químico sueco K. W. Scheele, no s XVIII, cos que identificou o ácido láctico no leite, o cítrico...

    2. Disciplina que estudia os compostos químicos propios dos organismos vexetais e animais, as súas funcións fisiolóxicas e o seu papel como compoñentes alimentarios para o home e outros animais. No ámbito agroalimentario, ademais de coñecer os mecanismos de crecemento das especies biolóxicas, é tamén importante determinar as transformacións bioquímicas que se producen despois da colleita ou do sacrificio, xa que estas afectan á calidade nutritiva e á presenza física do produto alimentario. Xera aplicacións prácticas directas e ofrece a base teórica para a mellora das técnicas de conservación alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Bioquímica.

    2. Especialista en Bioquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio da distribución e da migración dos elementos químicos presentes nos organismos vivos e da participación dos procesos biolóxicos na evolución da Xeoloxía terrestre (investiga, por exemplo, a formación dos combustibles fósiles).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Bioxeoquímica.

    2. ciclo biosférico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte saínte dalgunhas vasillas, cun pequeno cono cun furado por onde sae o líquido.

    2. Reforzo de coiro ou doutro material que se acostuma poñer na punta do calzado.

    3. Parte de diante do carro.

    4. Recipiente de madeira onde se retén a auga do muíño.

    5. Lugar dun recipiente por onde sae o líquido.

    6. Cano do lagar por onde cae o mosto no pío.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reforzo de coiro ou doutro material que se acostuma poñer na punta do calzado.

    2. Parte de diante do carro.

    3. Recipiente de madeira onde se retén a auga do muíño.

    4. Lugar dun recipiente por onde sae o líquido.

    5. Cano do lagar por onde cae o mosto no pío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte saínte dalgunhas vasillas, cun pequeno cono cun furado por onde sae o líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO