"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Congregación italiana pertencente á regra de santo Agostiño que peregrinou no s XIII a Santiago de Compostela e que fundou un hospital para peregrinos en Sarria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congregación fundada en Vic por Antón María Claret i Clarà en 1849. Os misioneiros claretianos dedicáronse primeiramente á predicación popular en Catalunya, pero axiña abrangueron outras ocupacións. A aprobación civil da congregación tivo lugar en 1859 e a aprobación pontificia no ano seguinte. Destinada ao ensino cristián, as súas casas distribúense entre once países de América, Europa, África e Asia. En 1855, o propio Antón María Claret e Antònia París i Riera fundaron en Santiago de Cuba o Instituto Apostólico de María Inmaculada para o ensino. O claretiano Lluís Pujol i Tordera fundou en 1951 en Vic o Instituto Secular Misioneiros da institución claretiana coa finalidade de exercer o apostolado en parroquias obreiras e zonas descristianizadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en Bos Aires en 1790 por emigrantes galegos. Entre os seus fins está a celebración do día do apóstolo Santiago. Houbo outras sociedades semellantes en Madrid, México e La Habana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congregación de monxes beneditinos creada trala fundación do mosteiro de San Benito de Valladolid en 1390, baixo a protección de Xoán I. Agrupou os mosteiros e abadías beneditinas en Galicia e Castela e León baixo a autoridade dun superior xeral, elixido durante o Capítulo da orde, feito que marcou o comezo dunha etapa de esplendor do monacato nestes territorios. Os mosteiros galegos, cos seus correspondentes priorados, incorporáronse á congregación entre 1493, data na que se adheriu San Martiño Pinario, e 1547, na que se incorporou San Xoán de Poio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á congregación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema protestante de organización eclesiástica que presenta a Igrexa local coma un corpo autónomo de crentes independentes, rexido polas Escrituras, e que ten a Cristo como única cabeza (é dicir, sen unha autoridade sinodal ou episcopal). Xurdiu en Inglaterra no s XVI entre os puritanos, como protesta contra o sistema presbiteriano e anglicano. Robert Browne e Joan Robinson foron os seus principais dirixentes, e contaron coa colaboración de Cromwell e Milton. As igrexas congregacionalistas agrupáronse no Consello Congregacionalista Internacional, que en 1970 se fusionou coa Alianza Reformada Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao congregacionalismo.

    2. Partidario do congregacionalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que pertence a unha congregación.

    2. Membro do Oratorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Agrupar persoas nun lugar cun fin determinado.

    2. Xuntarse varias persoas nun sitio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira oriental da ría do Barqueiro, situada ao N da praia do Vicedo, no litoral da parroquia e concello do Vicedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada en 1928 no castelo de La Sarraz en Vaud (Suíza), onde tivo lugar o primeiro dos dez congresos celebrados. A declaración fundacional analizou a modernidade e o progreso e, sobre todo, a racionalización e estandarización do proceso creador arquitectónico, coa afirmación de que a súa historia correspondía á da arquitectura racionalista. O segundo congreso celebrado en Frankfurt do Main en 1929, tivo como tema central o habitáculo mínimo. Nesta reunión establecéronse os tres niveis de funcionamento da entidade: a asemblea xeral ou congreso, o Comité Internacional para a Resolución dos Problemas da Arquitectura Contemporánea (CIRPAC) e os grupos de traballo para proxectos específicos. O terceiro congreso reuniuse en 1930 en Bruxelas, e o cuarto, que debía celebrarse en Moscova en 1932, tivo lugar no barco Patris por razóns políticas, onde se redactou e aprobou a carta de Atenas. Nesa reunión estableceuse que o feito urbano se asentaba en catro funcións: habitabilidade, traballo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido de extrema esquerda, presente no Parlamento de Burkina Fasso. Fundouse en febreiro de 1996 como resultado da fusión de nove partidos de esquerda. Os seus postulados socialdemócratas refírense á aceleración do proceso de desenvolvemento económico e social de Burkina Fasso e á participación na loita pola emancipación en África. O seu secretario nacional é Roch Marc Christian Kabure.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao congreso.

    2. Persoa que participa nun congreso.

    3. Membro dun Congreso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Reunión de profesionais onde discuten, confrontan ou expoñen temas relativos ao seu ámbito laboral.

      2. congreso eucarístico

        Celebración multitudinaria do catolicismo destinada a promover a devoción eucarística. Pode ser local, nacional ou internacional. O primeiro congreso eucarístico internacional tivo lugar en Lille (1881), e ata 1938 celebráronse trinta e catro.

    1. Asemblea lexislativa que conforma a cámara baixa do Parlamento dalgúns estados como España, onde se denomina Congreso de los Diputados. OBS: Nesta acepción emprégase con maiúscula inicial.

    2. Edificio no que se reúnen os deputados do Parlamento. OBS: Nesta acepción emprégase con maiúscula inicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congreso agrario galego celebrado en 1864 e no que se enfrontaron as posturas defensoras do mantemento do sistema foral e as proclives á súa desaparición. Ao seu remate, decidiuse manter o réxime foral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de goberno, formado polos delegados das colonias británicas de América do Norte, que dirixiu a Guerra da Independencia. Ao primeiro congreso, celebrado en Philadelphia no 1774, asistiron todas as colonias agás Georgia; aprobou unha declaración de dereitos e decidiu suspender o comercio con Inglaterra. O segundo congreso celebrouse tamén en Philadelphia no 1775; encargouse de dirixir a guerra, nomeu xefe do exército a George Washington, aprobou a Declaración de Independencia do 4 de xullo de 1776 e, finalizada a contenda, redactou a Constitución de 1787.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Órgano lexislativo de España que se mantivo vixente entre 1837 e 1923, e dende 1976. Forma, xunto co Senado, as Cortes Generales. A Constitución de 1837 foi a primeira que utilizou este nome para designar a cámara baixa. Os seus antecedentes foron o Estamento do Pobo, establecido en 1808, e o Estamento dos Procuradores, creado polo Estatuto Real de 1834. A Constitución de 1931 equiparou as Cortes e o Congreso de los Diputados. Logo da etapa franquista restableceuno a Lei da Reforma Política. A Constitución de 1978 instaurouno de xeito definitivo.
    Composición e funcionamento
    En 1982 aprobouse o seu regulamento que, xunto á Constitución de 1978, ordena a súa composición e funcionamento. A Constitución de 1978 estableceu unha composición de entre 300 e 400 deputados, e a Lei do Réxime Electoral Xeral de 1985 fixou o seu número en 350. Os deputados elíxense por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto, por un período de catro anos ou ata a disolución da cámara....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de goberno das cidades galegas durante a ocupación francesa na Guerra da Independencia. Formárono os representantes da Igrexa e da nobreza, comerciantes, profesionais liberais e os rexedores dos concellos. Actuou en Betanzos, A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago de Compostela e Tui. Tiña como competencias a resolución dos problemas máis inmediatos das vilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano lexislativo estadounidense creado pola Constitución de 1787 e que sucedeu o Congreso Continental. A súa sede está no Capitolio de Washington. Formado pola Cámara dos Representantes e polo Senado, entre as súas funcións figuran as de cuñar moeda, ordenar o comercio, declarar a guerra e organizar o exército. As dúas cámaras articúlanse en comisións permanentes e subcomisións. A Cámara de Representantes está composta por 453 membros elixidos cada dous anos mediante sufraxio universal. O número de representantes de cada estado é proporcional á súa poboación, aínda que cada un deles ten un representante como mínimo. O xefe do partido que ten a maioría é o seu presidente (ou speaker). O Senado está composto por 100 membros elixidos ata 1913 polos estados e, dende esa data, por sufraxio universal. Escóllense dous senadores por estado por un período de seis anos e cada dous anos renóvase un terzo da súa composición. Entre as funcións propias do Senado están a destitución de funcionarios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea celebrada en Ferrol o 1 de maio de 1915, promovida polo Ateneo Sindicalista Obrero. As ideas de fraternidade universal, enraizadas no anarcosindicalismo, alentaron a realización dunha xuntanza de carácter internacional coa intención de evitar a extensión da Primeira Guerra Mundial e de pór os medios para finalizar coa contenda. Invitáronse a todas as federacións sindicais españolas e as figuras máis relevantes do anarquismo europeo. Non obstante , as presións das nacións belixerantes impediron a asistencia de, entre outros, Enrico Malatesta, Sebastián Faure, e do secretario da Unione Sindicale Italiana Armando Borghi. Aconselláronlle tamén ao goberno de Eduardo Dato que prohibise a celebración de sesións, detivese os delegados e deportase os participantes estranxeiros. As xuntanzas efectuáronse na clandestinidade. No transcurso dos debates, que posibilitaron a revitalización da Confederación Nacional del Trabajo (CNT) en todo o Estado, destacaron Constancio Romeo, mestre racionalista...

    VER O DETALLE DO TERMO