"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Que calma.
-
Medicamento para aliviar a dor ou as molestias. Os dous tipos principais de calmantes específicos son: os sedantes, que reducen a tensión nerviosa e resolven problemas nos que predomina o estado de excitación, como a reserpina, a fenotiacina e o benzhidrol; e os analxésicos, de acción antidolora específica, como os que actúan en cadros de dor visceral, caso da metadona e a morfina ou os analxésicos menores como o ácido acetilsalicílico, o paracetamol e a codeína. Outros medicamentos non son específicos para tratar a dor pero a súa acción ten unha influencia semellante, como os antiespasmódicos que actúan directamente sobre os espasmos e as contraccións, como o metilbromuro de homatropina, o butilbromuro de escopalamina, a papaverina; os barbitúricos que provocan a aparición de sono e son derivados do ácido malónico; e os anestésicos, de acción deprimente das funcións do sistema nervioso, como a cocaína, a procaína e a tetracaína.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, e tamén do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde ás voces ‘martelo’ e ‘maza’.
-
-
PERSOEIRO
Comediógrafo, poeta e actor. Deixou seis comedias que oscilan entre o realismo e o clasicismo, nas que empregou dialectos diferentes. Destacan os títulos La spagnola (A española, 1549) e Saltuzza (1551), entre outros. Escribiu tamén poesía en dialecto veneciano como Egloghe pastorili (Églogas pastorís, 1553) ou Bizarre, feconde et ingegnose rime piscatorie (Bizarra, fecunda e enxeñosa rima piscatoria, 1556).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arqueólogo. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, e doutorouse en Xeografía e Historia coa tese A plástica da cultura castrexa galego-portuguesa. É profesor de ensino medio en Pontevedra. A súa actividade investigadora céntrase na antropoloxía mariñeira e na arqueoloxía castrexa, sobre todo no aspecto artístico, amais do seu interese pola etnografía. Participou en diferentes escavacións no Neixón, na Lanzada, Meirás, Castromao, etc, e dirixiu as que se realizaron no castro de Baroña entre 1980 e 1984. É autor de La cultura de un pueblo marinero: Porto do Son (1978), As artes de pesca (1980), A cultura castrexa (1993), Xentes do mar: traballos, tradicións e costumes (1996), Castro de Baroña (1997) e Galicia. Antropoloxía (1997). Colaborou na publicación Cuadernos de Estudios Gallegos. É membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, da Sociedade Portuguesa de Antropologia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prateiro. Traballou activamente en Santiago de Compostela. Segundo consta no seu testamento, datado en 1683, realizou obras de pratería e ourivería para o conde de Maceda e para Andrés de Mondragón, marqués de Santa Cruz, así como unha cruz para San Vicente de Vimianzo e uns cálices e unha lámpada para as mercedarias de Santiago de Compostela. No mesmo ano de 1683 realizou unha espada para a imaxe de san Xián da confraría do gremio de ferreiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro beneditino situado en Vilanova de Arousa que existía no s IX, xa que está documentada unha doazón do 846 realizada por Gandilano ou Gundialdo ao abade Viliato. É probable que sexa o mosteiro fundado por san Froitoso ao que se refire san Valerio na vida deste santo. Afonso IV confirmou no 929 as posesións do mosteiro por orde de Hermenexildo, bispo de Santiago de Compostela. Pertenceu á igrexa de Santiago e despois ao mosteiro de San Martiño, como mosteiro dependente, primeiro, e como priorado, despois, ata que foi anexionado por este cenobio en tempos dos Reis Católicos. Do primitivo mosteiro consérvanse as torres de Calogo, que segundo a tradición, eran empregadas polos monxes como faro e campanario.
-
PERSOEIRO
Político absolutista. Iniciou a súa andaina política con Manuel Godoy e baixo a protección de Lardizábal, do que foi secretario. Ao entrar os Cen Mil Fillos de San Luís (1823) na Península, foi nomeado secretario da rexencia absolutista e ministro de Gracia e Xustiza (1823-1832). Trala morte de Fernando VII exiliouse, despois de apoiar a sucesión ao trono de Carlos María Isidro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cloruro mercurioso, de fórmula Hg 2 Cl 2 . Produto da alteración do cinabrio, preséntase en cristais pequenos e tetragonais. É un mineral pesado, insípido, insoluble e de cor gris ou branca amarelada. Ten dureza 1,6 e peso específico 7,15. Emprégase en medicina como purgante e vermífugo.
-
Electrodo de referencia de fácil preparación e de potencial moi constante, empregado en substitución do electrodo normal de hidróxeno. Consta dun depósito de mercurio cuberto dunha pasta de calomelanos e mercurio, que está en contacto cunha disolución de concentración coñecida de cloruro de potasio saturada de calomelanos.
-
-
PERSOEIRO
Político francés. Nomeado inspector xeral de finanzas en 1783, en 1786 intentou introducir reformas económicas radicais, seguindo o modelo fisiocrático, que foron rexeitadas por unha asemblea de notables en 1787. Emigrou a Inglaterra e, trala Revolución Francesa (1789), instalouse en Turín, onde se converteu nun dos xefes da contrarrevolución. É autor de De l’état de la France present et à venir (Sobre o estado da Francia actual e futura, 1790).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da illa de Luzón, nas Filipinas, que forma parte da aglomeración metropolitana de Manila (1.023.159 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cuarto e último piso do Dogger (Xurásico medio), situado sobre o Bathoniano e baixo o Oxfordiano. O estratotipo está situado en Kellaways (Wittshire, Inglaterra).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Caloviano.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, en Sicilia, Italia (62.708 h [1998]). É un centro comercial dunha área agrícola e mineira. Entre o seu patrimonio arquitectónico destaca o palacio Montcada e a catedral, ambos os dous barrocos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Sicilia, Italia (2.128 km2; 283.433 h [1998]). A capital é Caltanissetta.
-
PERSOEIRO
Pintor. Traballou en Santiago de Compostela entre 1732 e 1746 realizando policromías de retablos e imaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico. Doutorado en Ciencias en Barcelona, ampliou estudios en Oxford con F. D. Chataway, onde se doutorou en 1929, en Múnic con H. Wieland e en Edimburgo con G. Barger. Foi catedrático de Química Orgánica na Universidade de Santiago de Compostela (1930-1936). En Estocolmo, H. von Euler-Chelpin iniciouno na investigación bioquímica, que continuou na Universidade de Nova York. Introduciu os estudios de bioquímica na facultade de Ciencias da Universitat de Barcelona (1947-1950) e creou a cátedra (1962) da que foi titular. Publicou numerosos traballos, especialmente sobre enzimoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Traballou no retablo de san Bieito no mosteiro de San Martiño Pinario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e reformador francés. O seu nome orixinal era Jean Cauvin, que latinizou en Calvinus. Iniciou a carreira eclesiástica e estudiou filosofía en París (1523-1527) co humanista Mathurin Cordier e con Noël Beda. En 1528 marchou a Bourges para estudar dereito, onde se licenciou en 1531. Neses anos traballou xunto ao luterano Melchior Wolmar e, posteriormente, doutorouse en Orleans. En 1532 publicou un comentario á obra De Clementia (Sobre a clemencia) de Séneca. A súa conversión á fe reformada obrigouno a fuxir de Francia e establecerse en Basilea (1535), onde rematou Christianae Religionis Institutio (A institución da relixión cristiá), a súa obra capital que tivo a súa primeira edición en 1536. A instancias do reformador Guillerme Farel, estableceuse en Xenebra en 1537 e pronto tivo un papel destacado nas asembleas relixiosas suízas, mesmo chegou a redactar un catecismo e outros textos para a igrexa de Xenebra. Oposto á autoridade do consello municipal...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Desenvolveu as súas actividades en Santiago de Compostela. En 1732 traballou na pintura e dourado do retablo maior de San Fiz de Solovio e en 1733 no dourado do altar da capela de san Fernando na catedral de Santiago de Compostela. En 1738 traballou no altar de san Ildefonso na igrexa de Salomé, en 1739 no retablo maior da igrexa prioral do Sar, en 1740 no altar maior da parroquia de Lardeiros e en 1746, con Gregorio Casal, no retablo da capela da Alba da catedral compostelá.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción pretoriana que permitía ás persoas arrogadas impugnar as transmisións entre vivos feitas polo arrogador, cando podía conseguir delas prexuízo para os dereitos sucesorios do arrogado. Tamén outorgaba ao patrón o dereito de reclamar a metade da herdanza do liberto morto intestado.
-
GALICIA
Bióloga. Catedrática e directora do departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Entre os seus traballos sobre os solos de Galicia, destacan o cartografado e os estudios da súa fertilidade natural, dos riscos de degradación e contaminación, dos efectos das especies forestais (especialmente o eucalipto) e da presenza de metais pesados. Realizou tamén os plans de ordenación de recursos naturais de Galicia, estudios ambientais para os plans de saneamento das rías galegas e os plans de recuperación de solos e vexetación nos campos eólicos. Publicou, entre outras obras, As especies forestais e os solos de Galicia (1982) e El eucalipto en Galicia. Sus relaciones con el medio natural (1992). Membro do Forest Ecosstem Research Network Project da European Science Foundation e do comité editorial da revista da Sociedad Española de Ciencia del Suelo, foi galardoada co Premio Nacional sobre os estudios de Medio Ambiente...
VER O DETALLE DO TERMO