"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Revista subtitulada “Semanario popular” que apareceu en Santiago en abril de 1923. Trátase dunha publicación de oito páxinas que debeu durar un ano aproximadamente. Aínda que dedicaba pouco espazo á literatura, incorporou diversos poemas e relatos en castelán e a reprodución do poema “Como chove!”, de Valentín Lamas Carvajal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pieter de Kempeneer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial de estilo románico (s XII) situada en Valga. En 1115 o arcebispo Xelmírez doouna ao mosteiro de San Martiño Pinario. De planta rectangular, consta dunha nave cuberta con bóveda de canón e unha ábsida rectangular. O arco triunfal é apuntado, levántase sobre dúas columnas pegadas e está cuberto por unha bóveda de canón. A portada principal consta de dúas arquivoltas decoradas con calados e billetes, apoiadas sobre columnas acobadadas con dúas xambas a cada lado. No tímpano aparece unha cruz esculpida. Sobre a porta sitúase un rosetón de billetes e calados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imprenta existente na cidade de Santiago de Compostela en 1844. Tivo a súa orixe no obradoiro fundado por Xosé Fermín Campaña e Aguayo, quen traballou nela no período 1827-1843. En 1844 publicou a Vida de Santa Filomena.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Torre dun edificio, xeralmente de tipo relixioso, que contén as campás. A súa orixe pódese atopar nas torres defensivas das igrexas paleocristiás, aínda que a función de chamar aos fieis co toque das campás relaciónase tamén cos minaretes musulmáns. As primeiras mostras de campanarios propiamente ditos aparecen en Ravenna no s IX: en San Apollinare Nuovo, en San Apollinare in Classe e en San Francesco, todos de planta circular. Durante o románico existiron diversas tipoloxías que responderon ás peculiaridades rexionais: en Italia e na Península Ibérica desenvolvéronse os campanarios illados de planta circular, como o da catedral de Pisa e o de Santa Coloma de Andorra, e os de planta cadrada, distribuídos en varios pisos con fiestras dobres, ben cun só campanario por igrexa en Luca, Breda ou Taüll, ben con dous campanarios na fachada, como os de Cuixá e Ripoll, tipoloxía que se empregou en Frómista, onde a igrexa de San Martín ten dous campanarios circulares, ou na fachada románica da catedral...

      2. campanario de parede

        espadana.

    1. Cada un dos pequenos montantes onde van colocadas as poleas que fan subir e baixar as caladas do tear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia de Xuances, no concello de Xove, situada entre as enseadas de Muiñelo, ao NL, e do Esteiro, ao SO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, regado polo río Zújar e polo seu afluente, o Guadiale (5.915 h [1996]). As principais actividades económicas son a produción agrícola de cereais, legumes, viña e oliveiras, xunto á cría de gando bovino e lanar. Na localidade explótanse diversas minas de volframio. A escasa industria existente pertence ao sector téxtil, especialmente á elaboración de fiados e tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa dedicada á fabricación de campás. Este oficio, que pasaba de pais a fillos, non chegou a formar gremio independente, a pesar de que a fabricación de campás se converteu nunha industria especializada. Malia existiren obradoiros estables, o máis normal é que os campaneiros fosen de lugar en lugar e realizasen o seu traballo nos pequenos fornos que existían nas aldeas. As fundicións con maior importancia mundial foron as de Morez en Francia, a Taylor en Inglaterra, e en Castela, a Díez de Palencia. En Galicia destaca desde o s XVII a familia Ocampo, de Arcos da Condesa, que posuía un taller estable de fundición. Posta en marcha por Felipe Blanco Ocampo no ano 1630, situouse nun primeiro momento en Ameal e foi coñecida como a Casa dos Campaneiros. En 1886 foi Melchor Ocampo o que a estableceu en Arcos da Condesa. Os segredos da fundición herdounos o seu fillo Xoán, que traballou ata a súa morte, en 1954; os fillos deste tomaron o relevo e seguen a manter a única fundición en Galicia...

    2. Persoa encargada de tocar as campás dunha catedral, dunha igrexa, dun convento, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, teólogo e poeta. Coñecido como Tommaso Campanella, ingresou aos catorce anos na orde dominicana. Contrario á filosofía aristotélica e influído polas teorías naturalistas de Telesio, defendeu o animismo neoplatónico e o materialismo de Demócrito, polo que foi procesado por herexía e conducido a Roma no 1591. Liberado en 1595, retirouse á súa cidade natal desde onde promoveu unha conxura contra a dominación hispánica en Calabria que tiña como finalidade a de instaurar unha república teocrática. Descuberta a conspiración no 1599, foi torturado e permaneceu preso en Nápoles ata o 1626, despois de ser declarado demente e logo dunha apelación do Papa Urbano VIII. Permaneceu en Roma ata o 1634 por mor dunha nova conspiración en Calabria, dirixida polos seus seguidores, que o obrigou a fuxir a Francia. Instalouse en París, onde recibiu unha pensión do cardeal Richelieu. Durante os anos de prisión escribiu as súas obras principais: Theologia (Teoloxía), Philosophia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Numismático e historiador. Doutor en Dereito, foi fiscal da Audiencia de Mallorca e un recoñecido numismático. Con Artur Pedrals e Caietano Carreras fundou e dirixiu a revista Memorial numismático español no 1866. Publicou Indicador manual de numismática española (1891) e Bosquejo de la dominación islamita en las islas Baleares (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Mallorca, na serra de Tramuntana (35 Km2; 2.255 h [1996]). Está situado nunha zona de bastante vexetación, con predominio de bosques de piñeiros e aciñeiras. Na agricultura destacan os cultivos de secaño: cereais, amendoeiras, ervellacas, figueiras e oliveiras. O gando vacún e o porcino son os máis numerosos. A caza de lebres e perdices, así como a pesca fluvial, son actividades importantes que se desenvolven dentro do municipio. En 1945 foron descubertas as covas de Campanet, de grande atractivo para o turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido tamén como Strascino, é autor de Magrino (1514), Coltellino (Coiteliño, 1520) e doutras farsas burlescas protagonizadas polo tipo de labrego astuto, que máis tarde foi popularizado por Ruzzante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do S de Italia, situada entre os Apeninos meridionais e o mar Tirreno, que comprende as provincias de Avellino, Benevento, Caserta, Nápoles e Salerno (13.595 km2; 5.792.580 h [estim 1998]). A capital é Nápoles. Distínguese unha parte montañosa, os Apeninos meridionais, e unha parte chá, a Campania propiamente dita. O seu clima é mediterráneo, cunha temperatura media anual de 19,1°C (11,3°C no mes de xaneiro e 28,6°C no mes de xullo) e cunha pluviosidade de 631 mm anuais. No litoral destacan os golfos de Gaeta, Nápoles e Salerno, e as illas de Ischia e Capri. A poboación, que sufriu as consecuencias da forte emigración de principios do s XX, concéntrase nos núcleos urbanos. Os recursos fundamentais proceden da produción agrícola de froita, viña e leguminosas, da gandería ovina e bovina, e do turismo. Os primeiros poboadores coñecidos da Campania foron os samnitas, que padeceron unha colonización temperá dos gregos dende a fundación de Cummas no s VIII a C. Os etruscos fundaron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quinto e último nivel do Cretáceo superior, situado entre o Santoniano e o Maastrichtiano. Toma o nome dos coteaux de la Grande Champagne na rexión de Cognac, onde se sitúa o estratotipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Campaniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Campania.

    2. Natural ou habitante de Campania.

    3. Cerámica romana de época republicana que recibe o nome da rexión da Campania, onde se produciu orixinariamente. De textura lisa e verniz negro, imita a cerámica ática do s IV a C, e utiliza como decoración os círculos de palmatorias estampadas e rodeadas dunha faixa de estrías ou de círculos brancos acompañados de flores estilizadas. Foi clasificada en 1950 por Nino Lamboglia en tres tipos: o tipo A, orixinario da Campania e fabricado nos ss III e II a C; o B, seguramente elaborado na Etruria marítima a partir de 150 a C; e o C, con centro na illa de Sicilia. Considérase indicativa de contactos comerciais cando aparece en xacementos castrexos e galaico-romanos, xeralmente costeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de campá.

    2. Fenómeno asociado a uns tipos cerámicos incluídos na chamada “cultura do vaso campaniforme” que se difundiu por Europa occidental (Península Ibérica, Francia, Países Baixos e Illas Británicas), central (Bohemia, Polonia, etc) e por varias illas do Mediterráneo e no litoral do N de África (Marrocos, Alxeria) dende mediados do III milenio a C ata comezos do II milenio a C. Dende os primeiros estudios, iniciados por Á. del Castillo, P. Bosch Gimpera e, posteriormente, por E. Sangmeister, entre outros, non hai coincidencia sobre a definición do campaniforme; foi considerado como un fenómeno, unha civilización, un conxunto de varias culturas -ou mesmo como unha única cultura, un pobo- ou, simplemente, como unha moda cerámica. As hipóteses propostas oscilan entre as históricas, que se basean na idea de que o conxunto cerámico é unha produción doméstica que reflicte a unidade dunha poboación determinada, e as socioantropolóxicas, que reducen aos Países Baixos e a Gran Bretaña a existencia dunha...

    3. Tipo de cerámica característico do Calcolítico. A súa forma lembra á dunha campá invertida. A súa decoración é diversa, variando dende a incisa (puntillada) ata estilos mixtos (puntillado-xeométricos), que, no caso da Península Ibérica, deu lugar a dous estilos característicos: Palmela e Ciempozuelos. Respecto á súa orixe, suponse que o vaso campaniforme sería un obxecto de intercambio en determinados grupos sociais polo seu prestixio, unha vez descartada a hipótese que o relacionaba cunha cultura en expansión por Europa. Distínguense un estilo internacional (2300-2100 a C) e diferentes estilos rexionais (2100-1800 a C). En Galicia recuperáronse vasos campaniformes en diferentes xacementos, entre os que destacan o das Pontes de García Rodríguez, Parxubeiras, Tecedeiras ou Maus de Salas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura de metais para facer campás.

    2. Lugar das igrexas ou doutros edificios onde se colocan as campás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que apareceu en setembro de 1956 na freguesía de San Pedro de Campañó, en Pontevedra. Foi subtitulada como “Publicación parroquial”. O fundador e director foi o reitor da freguesía, Antonio Rodríguez Fraiz. Entre os colaboradores figuraban o cardeal Quiroga Palacios, Xosé S. Crespo Pozo e Alfredo García Alén, entre outros. A tirada foi curta, non superou o terceiro número.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pontevedra baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO