"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Organización sindical italiana fundada en 1906 e controlada polos socialistas ata a chegada de Mussolini. Ao rematar a guerra, socialistas, comunistas e democratacristiáns repartíronse equitativamente as tres secretarías, pero en 1948 estes últimos fundaron a Confederazione Italiana Sindicati Lavoratori (CISL). En 1949, unha parte dos socialdemócratas e dos republicanos, separados tamén da CGIL, fundaron a Unione Italiana del Lavoro (UIL). Durante a primeira metade dos anos setenta, a CGIL participou na radicalización sindical pero máis tarde os comunistas e os socialistas moderárona a causa da crise económica do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congregación fundada en Vic por Antón María Claret i Clarà en 1849. Os misioneiros claretianos dedicáronse primeiramente á predicación popular en Catalunya, pero axiña abrangueron outras ocupacións. A aprobación civil da congregación tivo lugar en 1859 e a aprobación pontificia no ano seguinte. Destinada ao ensino cristián, as súas casas distribúense entre once países de América, Europa, África e Asia. En 1855, o propio Antón María Claret e Antònia París i Riera fundaron en Santiago de Cuba o Instituto Apostólico de María Inmaculada para o ensino. O claretiano Lluís Pujol i Tordera fundou en 1951 en Vic o Instituto Secular Misioneiros da institución claretiana coa finalidade de exercer o apostolado en parroquias obreiras e zonas descristianizadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea celebrada en Ferrol o 1 de maio de 1915, promovida polo Ateneo Sindicalista Obrero. As ideas de fraternidade universal, enraizadas no anarcosindicalismo, alentaron a realización dunha xuntanza de carácter internacional coa intención de evitar a extensión da Primeira Guerra Mundial e de pór os medios para finalizar coa contenda. Invitáronse a todas as federacións sindicais españolas e as figuras máis relevantes do anarquismo europeo. Non obstante , as presións das nacións belixerantes impediron a asistencia de, entre outros, Enrico Malatesta, Sebastián Faure, e do secretario da Unione Sindicale Italiana Armando Borghi. Aconselláronlle tamén ao goberno de Eduardo Dato que prohibise a celebración de sesións, detivese os delegados e deportase os participantes estranxeiros. As xuntanzas efectuáronse na clandestinidade. No transcurso dos debates, que posibilitaron a revitalización da Confederación Nacional del Trabajo (CNT) en todo o Estado, destacaron Constancio Romeo, mestre racionalista...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Mazovia e de Cracovia, fillo do Rei Casimiro II de Polonia e irmán de Leszek II o Branco. Recorreu á orde teutónica para rexeitar as razzias de Prusia e concedeulle a rexión de Chelmno (Kuln), feito que iniciou a introdución da orde en Prusia. O seu irmán deulle en patrimonio Mazovia e Kuiavia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. A temática da súa obra centrouse no nu feminino, tendente á abstracción, con volumes sobrios e ondulados. Empregou mármores negros, basaltos e dioritas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación cultural creada na Coruña en 1919 pola Irmandade da Fala desa cidade co obxectivo de fomentar a cultura galega, fundamentalmente nos campos musical e teatral. A sección de declamación dirixiuna inicialmente Fernando Osorio Docampo, formado no Conservatório Superior de Lisboa. Non tardaron en aparecer as discrepancias respecto da orientación artística da compañía, pois existían notables diferencias entre os que defendían unha liña costumista, baseada nas esencias populares da cultura galega, e os que apostaban por unha renovación radical da escena. Constituíu a primeira tentativa de facer un teatro galego profesional e partía da necesidade de acometer a posta en escena de textos clásicos da literatura dramática universal como The merry wives of Windsor (As alegres casadas de Windsor), de William Shakespeare, un espectáculo que sumado a A man de Santiña, presentado en abril de 1919 sobre un texto de Cabanillas, ou a Donosiña, proposta que nacía dun texto de Xaime Quintanilla, permitiría...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada nas abas da serra de Queixa, en Santiago de Conso (Vilariño de Conso). Trátase dun edificio de planta rectangular cunha serie de construcións anexas e cun patio exterior rodeado por un muro. O conxunto completábase cunha pequena capela que desapareceu. No portal de acceso consérvase un escudo coas armas dos Ribadeneira, Losada e Enríquez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao escudo que resulta do trazado de dúas liñas dende os ángulos sinistros ata o centro do lado destro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplicase á persoa que se resiste obstinadamente a unha idea sen atender a razóns ou consellos, mesmo sendo consciente de estar trabucada.

      2. Propio da persoa contumaz.

    1. Que non se presenta a xuízo tras ser citado ou que foxe da acción da xustiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto coral mixto constituído en 1941 baixo a dirección de Manuel Pérez Fanego. Realizou numerosas actuacións pola xeografía española e no estranxeiro. Da súa discografía destaca Salmos prá nosa terra (1970). En 1976 recibiu a Medalla de Prata de Ferrol ao mérito artístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Músculo que constitúe o órgano motor do aparato circulatorio. Os anélidos presentan un vaso ventral arterial, que leva o sangue dende a parte anterior do corpo á posterior, e un vaso dorsal venoso de retorno. Este sistema circulatorio, que tamén conta cunha extensa rede de capilares, presenta un órgano propulsor, denominado corazón accesorio, constituído por unha serie de vasos transversais que conectan os dous principais e que mediante movementos contráctiles impulsan o sangue polo corpo do animal, axudados polos pequenos vasos que dan lugar aos capilares, que tamén presentan unha acción propulsora. Os artrópodos e moitos grupos de invertebrados presentan un sistema circulatorio aberto que, en vez de vasos, amosa un sistema de cavidades, denominadas en conxunto hemocele, nas que se sitúan as vísceras do animal e nas que se distribúen os fluídos sanguíneos e os linfáticos, que reciben en conxunto o nome de hemolinfa, e que representa ata un 40% do volume corporal,...

      2. íscera comestible, aínda que non moi apreciada debido á dureza da carne do músculo. Emprégase en diversos pratos, sobre todo o de polo, año, porco ou tenreira. É protagonista en pratos como os anticuchos, moi apreciados polos peruanos, que consisten nunha brocheta de dados de corazón de tenreira mariñados que se cociñan na grella.

      3. corazón artificial

        Aparato que serve para establecer unha circulación extracorpórea, empregado en intervencións cirúrxicas nas que se precisa poder acceder ao corazón mentres este permanece sen funcionar.

    1. Obxecto que presenta esa forma.

      1. Este mesmo órgano considerado como sede da afección, especialmente de amor, da sensibilidade, da bondade ou do sentimento moral. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ás veces o corazón fala, anque a lingua cala. Bos corazóns matan penas. Corazón alegre, home sano. Corazón forte, a seu dono leva á morte. Corazón forte, creba cativa sorte. Corazón sinxelo non precisa coitelo. O corazón engana os vellos. O corazón maleado, non quere ser aconsellado. O corazón non fala, pero adiviña, aínda que cala. O corazón non sabe de traizón. O corazón nunca se engana. O corazón sen arte non maxina maldade. O corazón sen engano, nunca pensa no malo. Se o corazón fose de aceiro non o vencía o diñeiro”.

      2. Este mesmo órgano considerado como sede da forza de ánimo ou de coraxe.

      1. Parte central dunha cousa, a máis agachada ou a máis esencial.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Músculo que constitúe o órgano motor do aparato circulatorio. Os anélidos presentan un vaso ventral arterial, que leva o sangue dende a parte anterior do corpo á posterior, e un vaso dorsal venoso de retorno. Este sistema circulatorio, que tamén conta cunha extensa rede de capilares, presenta un órgano propulsor, denominado corazón accesorio, constituído por unha serie de vasos transversais que conectan os dous principais e que mediante movementos contráctiles impulsan o sangue polo corpo do animal, axudados polos pequenos vasos que dan lugar aos capilares, que tamén presentan unha acción propulsora. Os artrópodos e moitos grupos de invertebrados presentan un sistema circulatorio aberto que, en vez de vasos, amosa un sistema de cavidades, denominadas en conxunto hemocele, nas que se sitúan as vísceras do animal e nas que se distribúen os fluídos sanguíneos e os linfáticos, que reciben en conxunto o nome de hemolinfa, e que representa ata un 40% do volume corporal,...

      2. íscera comestible, aínda que non moi apreciada debido á dureza da carne do músculo. Emprégase en diversos pratos, sobre todo o de polo, año, porco ou tenreira. É protagonista en pratos como os anticuchos, moi apreciados polos peruanos, que consisten nunha brocheta de dados de corazón de tenreira mariñados que se cociñan na grella.

      3. corazón artificial

        Aparato que serve para establecer unha circulación extracorpórea, empregado en intervencións cirúrxicas nas que se precisa poder acceder ao corazón mentres este permanece sen funcionar.

    1. Obxecto que presenta esa forma.

      1. Este mesmo órgano considerado como sede da afección, especialmente de amor, da sensibilidade, da bondade ou do sentimento moral. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ás veces o corazón fala, aínda que a lingua cala. Bos corazóns matan penas. Corazón alegre, home sano. Corazón forte, a seu dono leva á morte. Corazón forte, creba cativa sorte. Corazón sinxelo non precisa coitelo. O corazón engana os vellos. O corazón maleado, non quere ser aconsellado. O corazón non fala, pero adiviña, aínda que cala. O corazón non sabe de traizón. O corazón nunca se engana. O corazón sen arte non maxina maldade. O corazón sen engano, nunca pensa no malo. Se o corazón fose de aceiro non o vencía o diñeiro”.

      2. Este mesmo órgano considerado como sede da forza de ánimo ou de coraxe.

      1. Parte central dunha cousa, a máis agachada ou a máis esencial.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Madrid 1942) Deseñador gráfico e empresario. Considérase un dos precursores do deseño gráfico en España. Creou os programas de identidade de importantes empresas privadas, de diversas comunidades autónomas e ministerios, así como de servicios públicos. Foi galardoado cos premios concedidos polo Arts Directors Club de Nova York (1978), a ADC de Milán (1982) e o Design Council International (1990), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación do corazón da Virxe María como símbolo do seu amor a Deus e a toda a humanidade. A súa devoción desenvolveuse na Idade Moderna e promoveuna diversas confrarías, especialmente a arquiconfraría do Purísimo Corazón de María, fundada en París en 1836.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación de Xesucristo como símbolo do seu amor humano e divino. Os cartuxos, os xesuítas e as relixiosas da Visitación tentaron estender a súa devoción, que parte das visións das santas Matilde e Xertrude (s XIII) e da santa Margarida María de Alacoque (s XVII), e que tivo unha primeira elaboración teolóxica na obra de Jean Eudes. Clemente XIII aprobou facultativamente o culto (1765), que estendeu despois a toda a Igrexa católica Pío IX (1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto nobre situado en Barcala (A Baña). Trátase dun edificio de planta rectangular construído con muros de perpiaño. A comezos do s XIX edificouse unha pequena capela que substituíu a torre defensiva que formaba parte do edificio orixinario. A construción relaciónase coa liñaxe dos Bermúdez, Leis, Luaces e Figueroa, segundo consta no escudo do s XVIII da fachada. Na portada de entrada consérvase un tímpano da igrexa románica de San Paio do Monte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pazo dos Valcárcel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada na praza da colexiata de Santa María, no núcleo histórico da Coruña. O ilustrado Xosé A. Cornide Saavedra naceu na casa que existía aquí antes da construción do pazo. O seu pai, Diego Cornide, demoleu a vivenda orixinaria para construír outra máis acorde coa fortuna que fixera tralo seu regreso de México, onde fora asesor do vicerrei, o marqués de Croix. O proxecto do edificio, do último terzo do s XVIII, debeuse ao enxeñeiro militar Francisco Llovet, quen deseñou un pazo señorial urbano de baixo e dúas alturas con notables referencias á arquitectura civil francesa. Destaca a súa fachada de cantería en granito rosáceo que se abre á praza a través dos numerosos vans e da balconada enreixada que percorre o primeiro andar. A nobreza da súa fachada mestúrase cunha concesión barroca á liña curva, presente nas cornixas, nas esquinas redondeadas do edificio e no remate do frontón central onde se sitúa o escudo de armas da familia.

    VER O DETALLE DO TERMO