"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno polo que o equilibrio de disociación da oxihemoglobina en hemoglobina e osíxeno se despraza cara á formación de hemoglobina cando aumenta a presión parcial do dióxido de carbono.
-
PERSOEIRO
Físico. Doutorouse en Física na Universidade de Copenhaguen e posteriormente viaxou a Inglaterra (1911), onde traballou con J. J. Thomson no Cavendish Laboratory, en Cambridge, e con E. Rutherford en Manchester. En 1920 dirixiu o Instituto de Física Teórica de Copenhaguen. A partir do modelo planetario de Rutherford e da teoría dos cuantos de Planck, propuxo un modelo atómico para o hidróxeno. É tamén autor do modelo chamado ‘gota líquida’ para explicar as desintegracións nucleares. Durante a Segunda Guerra Mundial participou no movemento de resistencia antinazi de Dinamarca; no 1943 fuxiu a Suecia, Inglaterra e aos EE UU, onde traballou no proxecto Manhattan. Persuadiu os organismos estatais para abandonar a carreira de armamentos atómicos. No 1922 recibiu o Premio Nobel de Física, e no 1957 o Premio Átomos para a Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Radio da órbita do estado fundamental (n=1) do átomo de hidróxeno. O seu valor é 0,529 177 Å.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo da gota líquida empregado no estudo da estrutura do núcleo atómico.
-
PERSOEIRO
Lingüista ruso. Publicou Acht Bücher grammatischer Regeln (Oito libros de regras gramaticais, 1839-1840) e iniciou o gran Sanskritwörterbuch (Dicionario de sánscrito, 1853-1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto industrial do Paleolítico superior inicial centroeuropeo identificado no xacemento de Bohunice (Brno, República Checa) e posteriormente detectado en Moravia e noutros territorios veciños, que se desenvolve durante o interestadio Hengelo (43.000-38.000 BP). Caracterízase pola presenza de puntas foliáceas bifaciais e o emprego da técnica levallois na elaboración das abondosas láminas. Interpretouse como unha industria de transición entre o Paleolítico medio e o superior, anterior ao Auriñacense, con influencias no Szelentense do centro e norte de Europa, e paralelos en Próximo Oriente.
-
-
-
Macho das especies da subfamilia dos bovinos, de ata 2 m de longura e 1,5 m de altura en cruz, de cabeza grande e maciza, con cornos puntiagudos (se ben hai formas mochas), arqueados cara a arriba e potentes. Ten a pel cuberta de pelo curto, de cor diversa (negra, castaña, etc) e manchada. O seu carácter agresivo obriga a castralo para facelo apto para os labores agrícolas, e destínase sobre todo a semental. A necesidade de castrar a maior parte dos individuos co fin de obter un rendemento como animais de tiro, de labor ou para carne fai que, no uso común, a palabra boi se especialice neste sentido e que touro sexa empregado para designar o boi non castrado. O boi está representado por numerosas razas, repartidas por todos os continentes. En Galicia distínguense entre as razas rubias e morenas, e entre estas últimas diferéncianse a raza cachena, a caldelá, a frieiresa, a limiá e a vianesa. As representacións máis antigas do boi son obra dos artistas paleolíticos, que o...
-
Carne moi apreciada e saborosa, de cor vermella intensa, flexible, cunha graxa entre branca e amarela. A súa utilidade nas tarefas agrícolas valeulle na Antigüidade un gran prestixio, aínda que era a propia escaseza de gando bovino que tiñan os pobos do Mediterráneo o que os apartaba das mesas. So aos atletas, nos tempos dos gregos, lles estaba permitido comer carne de boi, polo seu poder alimenticio. Nos pobos do norte de Europa, en Francia e sobre todo en Gran Bretaña, a patria do bisté (e dende onde chegou a América), si se consumía carne de boi, que é a carne coa que se preparan algúns dos manxares como o chateaubrian, o turnedo, o rosbif ou o steak tártaro. En calquera caso é importante a calidade da carne, que dependerá do ben cebado que estivese o animal, da raza e da idade que tivese no momento de ser sacrificado, considerándose o momento óptimo cando ten entre tres anos e medio e catro anos. Unha vez morto precisa uns quince días no frigorífico...
-
boi almiscreiro [Ovibos moschatus, Fam dos bóvidos]
Mamífero ruminante da subfamilia dos bovinos, de grandes dimensións (ata 2,50 m de lonxitude e 1,20 m de altura na cruz), con pelame castaño ou mouro, laúdo e longo ata as patas, e grandes cornos aplanados, dirixidos cara a abaixo e arqueados cara a arriba diante dos ollos. Vive na tundra de Grenlandia e da América ártica, e extinguiuse recentemente en Alasca. Orixinariamente europeo, reintroduciuse en estado salvaxe en Noruega, Spitzberg, Suecia e Islandia.
-
boi das vacas/de parada/de posto
Boi semental.
-
-
Crustáceo mariño da orde dos decadópodos, de cacho groso con forma ovada e superficie pouco rugosa, de ata 20 cm de longo e 30 de ancho. Dotado de grosas pinzas no primeiro par de patas, é de cor entre rosa e castaña no dorso e tirando a branca no ventre. Os individuos novos viven nas rochas litorais, e os adultos, a unha certa distancia da costa. É moi apreciado como marisco. Consómese cocido, en abundante auga con sal, e especialmente en salpicón ou asado no forno, podendo atoparse no mercado tanto vivos como conxelados ou en conserva.
-
abetouro.
-
Boi representado co rabo colgante.
-
Espectáculo comercializado consistente na loita dun home, o toureiro, cun boi, o touro, esquivándolle as acometidas e, finalmente, dándolle morte, de acordo coas convencións especificadas na tauromaquia.
-
-
PUNTA
Punta da beira oriental da ría da Coruña, no litoral da parroquia de Dorneda, concello de Oleiros, situada ao S da punta de Coidelos e ao N da praia de Porto Naval.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLOTES
Illote do litoral noroccidental da península da Coruña (concello da Coruña), situado fronte á Furna dos Touciños e a Torre de Hércules. Ao seu SL ten un farallón que recibe o nome do Boi Pequeno.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da serra de Birduedo, no Courel, que está situado no límite entre as parroquias de Folgoso e de Vilamor (concello de Folgoso do Courel) e a de Pacios da Serra (concello de Quiroga). O seu cumio está a 1.019 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Extremo máis occidental do cabo Trece (ou Tosto), no litoral atlántico da parroquia de Xaviña (concello de Camariñas) que pecha polo O a enseada do Trece.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral oriental da parroquia de Malpica de Bergantiños, no concello homónimo, situada entre as puntas de Lapachán, ao O, e de Fuxín, ao L.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Corpo flotante suxeito a un cabo, unha cadea ou un cable, que se fixa polo outro extremo ao fondo do mar mediante unha áncora ou un corpo morto. A súa función é a de servir de marca ou sinal.
-
Cada un dos anacos de cortiza ou de plástico que sosteñen a rede para que esta non se afunda.
-
-
Corpo flotante empregado para indicar o nivel do líquido nun depósito ou para mantelo constante; neste último caso, a boia abre a entrada do líquido ao baixar o nivel, e a pecha ao chegar o líquido ao nivel axeitado, ben por medio dun simple dispositivo, formado xeralmente por unha barra e unha válvula, ou ben mediante un servomecanismo.
-
Boia que serve para depositar nela correspondencia destinada a un barco ou para ser enviada a terra.
-
Boia que indica a existencia dun corpo morto e que serve, polo tanto, para amarrar nela unha embarcación.
-
Construcións metálicas fondeadas en determinadas zonas de combate durante a Segunda Guerra Mundial, que servían de refuxio a aviadores caídos no mar ou a náufragos.
-
Boia cilíndrica que, lanzada ao mar dende un avión, facilita a localización dun submarino. Ao caer ao mar, despréndese un micrófono e por unha antena transmite ao avión o sinal que indica a proximidade do submarino.
-
Boia que levan algúns submarinos para indicar que non poden emerxer.
-
Termo das xergas dos albaneis e dos telleiros que corresponde á voz ‘peito’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manda de bois.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Vilalba. As súas armas levan, en campo de azul, unha boiada. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Boada, Boiar, Boi, Boieira e Boil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura do Neolítico (IV milenio a C) do grupo danubiano, localizada na lagoa Boian (Muntenia, Romanía). Caracterízase pola presenza de cerámica decorada con meandros e espirais incisas, con incrustacións de pasta branca e figuras en terracota. Recoñécense catro etapas na evolución desta cultura, a última delas xa con metalurxia do cobre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao barco con menos calado do normal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título dos grandes terratenentes rusos que formaban a clase superior da sociedade feudal. Dende o s XIV eran a caste militar que rodeaba o gran duque de Moscú. A súa influencia política foi moi grande, ata o punto de que se coñece como a rexencia dos boiardos ao período que vai de 1533 a 1547. Iván o Terrible (1533-1584) someteunos e reduciu a súa importancia. En Romanía os boiardos perduraron ata o ano 1944.
-
PERSOEIRO
Poeta. Escribiu, en latín, Carmina de Laudibus Estensium e dúas églogas alegóricas. A súa fama baséase, non obstante, en dúas obras: o cancioneiro Amorum libri tres (Tres libros de amores), -a recompilación italiana máis completa do s XV-, e a obra capital, Orlando innamorato (Orlando namorado), poema cabaleiresco en oitavas.
VER O DETALLE DO TERMO