"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • PERSOEIRO

    Poeta latino. A súa obra fundamental é Thebais, poema épico, en 12 libros, sobre a expedición dos Sete contra Tebas. Escribiu tamén a escolma Silvae e o poema inacabado Achilleis. Influíu en moitos poetas medievais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos períodos nos que se divide o ano. Astronomicamente, as estacións están determinadas polos equinoccios (nos meses de marzo e setembro) e polos solsticios (en xuño e decembro), que se deben ao movemento de rotación da Terra nun plano inclinado con respecto á súa órbita ao redor do Sol. Na zona temperada, estes fenómenos astronómicos correspóndense co tránsito entre as catro estacións climáticas nas que se divide o ano, debido aos cambios que o grao de incidencia dos raios solares provocan na temperatura da superficie e da atmosfera terrestre, e como consecuencia destes na distribución da humidade nas masas de aire, de xeito que se producen grandes contrastes termopluviométricos; así, o equinoccio de marzo marca o paso entre o inverno e a primavera no hemisferio setentrional, e entre o verán e o outono no meridional; o solsticio de xuño é a entrada do verán boreal e do inverno austral; o outono chega ao hemisferio norte co equinoccio de setembro, cando a primavera chega ao hemisferio...

    2. Equipamento onde un vehículo recolle e deixa mercadorías e viaxeiros. Normalmente, sitúanse á beira das grandes vías de comunicación, na entrada dos núcleos de poboación, e comunícanse con eles por medio de vías deseñadas para acoller a afluencia de tránsito que xeran.

      1. Centro ou conxunto de instalacións dedicadas a determinadas actividades ou a realizar estudios de investigación, normalmente de carácter científico.

      2. estación alpina/invernal/de esquí/de montaña

        Localidade de montaña en que se construíu ou habilitou un conxunto de instalacións dedicadas á práctica de actividades deportivas invernais (especialmente pistas de esquí) así como os equipamentos e infraestruturas necesarios para o acceso aos servicios e o aloxamento dos usuarios. A única estación de montaña da Comunidade Autónoma de Galicia é Cabeza de Manzaneda (na parroquia de Cova, A Pobra de Trives).

      3. estación de servicio

        Lugar onde se subministra combustible aos automóbiles.

      4. estación de transferencia de lixo

        Instalación na que se descargan os residuos para posteriormente poder trasladalos a outro lugar para a súa recuperación, tratamento ou eliminación.

      5. estación espacial

        Nave espacial de concepción modular, situada en órbita permanente, destinada á experimentación en condicións de baixa gravidade e durante períodos prolongados. Desenvolvéronse a partir das experiencias das estacións orbitais Sal’ut e Skylab permanentes e do laboratorio Spacelab.

      6. estación meteorolóxica

        Instalación dotada de instrumentos destinados á obtención de rexistros cuantitativos dos fenómenos meteorolóxicos. Como mínimo, unha estación meteorolóxica debe contar con instrumentos para medir as temperaturas (termómetros) e recoller as precipitacións (pluviómetros).

      7. estación orbital

        Nave espacial colocada en órbita para ser utilizada como hábitat de sucesivas tripulacións espaciais que chegan mediante naves de transporte e que permanecen nela durante un tempo prolongado, co fin de realizar experimentos a baixa gravidade.

      8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Base espacial formada por tres módulos (Unity, Zaria e Zvezdá) que suman 81 tm de masa e 43 m de lonxitude, ademais dunha base para paneis solares (ITS-Z1) e un porto de enlace (PMA-3). A ela poden acoplarse tanto os transbordadores espaciais norteamericanos como a nave rusa Sojuz. Dá a volta á Terra cada hora e media, a unha altura en órbita de 390 km. O lanzamento do primeiro segmento tivo lugar en novembro de 1998 e a construción en órbita chega ata o ano 2006. Cun custo que supera os 72.000 millóns de euros, na súa elaboración participan 17 países, entre eles os socios principais, EE UU e Rusia; España colabora a través da Axencia Europea do Espacio (ESA). A tripulación máxima da estación pode chegar ata as 7 persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás estacións do ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de valores que toma unha variable temporal en distintos momentos, aínda que repetido ao longo dun ciclo.

    2. Condición dun fenómeno que se circunscribe a unha determinada época do ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de estacionar ou estacionarse.

    2. Lugar no que se estacionan vehículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar parado algo, especialmente un vehículo, nun sitio.

    2. Permanecer algo nun lugar determinado durante un tempo.

    3. Permanecer estancado ou latente algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao que permanece sen cambios no seu estado.

    2. Aplícase ao planeta aparentemente parado na súa órbita polo fenómeno de estación dos planetas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poemario da autoría de Xohana Torres publicado en 1980, co que acadou o Premio da Crítica Española 1981. Ademais de inaugurar a colección Dombate da Editorial Galaxia, supuxo o regreso á poesía da autora, logo de máis de vinte anos de silencio neste xénero. Trátase en realidade dun volume que agrupa poemas escritos ao longo dos anos 60 e 70, e que condensa constantes temáticas e estilísticas que aparecen ao longo de toda a súa obra. A radical intimidade que amosa participa das inquietudes esenciais do ser humano, tales como a soidade, a fugacidade do tempo, o entusiasmo vitalista, a reflexión sobre a patria e un percorrido polas lembranzas conservadas na memoria, que remata nun retorno ao mar, entendido como entrega a todo o primordial. Estilisticamente rompe coas normas de puntuación e coa lóxica lingüística, e caracterízase pola profusión de imaxes, polo prosaísmo e polo coloquialismo. Está integrado por catro partes independentes entre si: “O tempo e a terra”, con poemas sobre Galicia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estaca grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción provisional feita con elementos de metal ou madeira, que soporta plataformas de traballo para facer accesibles aos obreiros os lugares onde teñen que traballar. A estada baixa (ata uns 2 m de altura) está formada por dous ou máis soportes sobre os que descansan dous ou tres taboleiros. A estada alta de madeira, en desuso, estaba formada por uns pés dereitos que tiñan a súa base introducida en botes ou bidóns cheos de area; nos pés atábanse as vigas, horizontais, que unían a estada coa construción. Nas estadas altas de metal o soporte dos taboleiros está constituído por un feixe de barras metálicas que, gracias á súa concepción modular, pode medrar en todos os sentidos configurando unha estrutura reticular, lixeira, sólida e adaptable.

    2. Clase de estada suspendida que pode avanzar apoiándose na parte da obra xa rematada. Utilízase para a construción de viadutos a grande altura do chan ou cando este resulta inaccesible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de permanecer nun lugar.

    2. Tempo que se permanece nun lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida de lonxitude que equivale a catro varas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. isión fantástica que adopta a forma de pantasma alta, branca e cuberta cun sudario do que sobresae unha caveira con ollos vermellos como brasas. Adoita encabezar o cortexo da Santa Compaña e pode ser unha alma en pena que trae o aviso da morte. Ten certa semellanza cun ser que encabeza a comitiva da procesión de almas na Bretaña, chamado ankou.

    2. Procesión de almas en pena que durante a noite visitan os camiños para anunciar a morte ou recoller as almas das persoas que veñen de morrer. Os seus compoñentes son defuntos que descansan no cemiterio parroquial e que se xuntan na igrexa para facer o percorrido. Na comitiva participa algunha persoa viva que se encarga de levar diante da procesión a cruz parroquial, a caldeireta de auga bendita e a campaíña. Este ser vivo só se pode librar da súa función se atopa outro que teña a desgraza de se cruzar no seu camiño e non saiba afastarse deles. Recibe tamén a denominación de aparición, estantiga, hoste, pantalla e Santa Compaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida o 1 de decembro de 1994 en Pasaia e subtitulada “Revista de Gastronomía, Literatura, Arte y Sociedad: Casa Galicia Pasajes”. Edítase coa colaboración da Casa de Galicia de Donosti e a Cofradía de la Queimada. Dirixida por José Antonio Vilaboa Barreiro, trátase dunha publicación societaria, creada para dar a coñecer a cultura e a gastronomía galega en Euskadi. Ademais, tenta servir de ponte entre o pobo galego e o vasco. Xunto aos seus artigos, incluíu numerosas fotografías da sociedade e de motivos galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medida de lonxitude grega equivalente a 180 m, aproximadamente.

    2. Construción pública da antiga Grecia dedicada á celebración de carreiras e xogos atléticos. Cunha distancia de 125 pasos xeométricos, tiña forma rectangular, cun extremo recto e o outro en forma de hemiciclo onde se situaban os xuíces; nos laterais había bancadas para o público.

    3. Recinto deseñado para a celebración de manifestacións deportivas, especialmente competicións de atletismo. En sentido estricto o recinto tería que incluír unha pista regulamentaria de atletismo (de 400 ou 300 m) e todas as instalacións precisas para a preparación dos atletas e a acomodación dos espectadores. Non obstante , tamén son estadios construcións en que, polas súas dimensións, non resulta posible habilitar pistas de atletismo, principalmente as dedicadas a acoller partidos de fútbol.

      1. Período que se observa no desenvolvemento dun fenómeno.

      2. Período no desenvolvemento intelectual e afectivo do ser humano. A psicanálise, partindo de zonas erotóxenas, describe cinco estadios afectivos fundamentais: o estadio oral (primeiro ano de vida), no que o pracer, localizado ao redor da boca, se obtén polo acto de mamar; o estadio anal (segundo e terceiro ano), en que o interese se traslada ás funcións de expulsión de excrementos; o estadio fálico (cuarto e quinto ano), caracterizado pola prevalencia dos órganos xenitais (pene e clítoris), pola tendencia á masturbación e polos desexos incestuosos, e en que se produce a angustia da castración e o complexo de Edipo, nos rapaces, e a envexa do pene e o complexo de Electra nas rapazas; o estadio de latencia (desde os cinco ou seis anos ata a pubertade), durante o que a pulsión sexual se mitiga por influencias socioculturais (familia, escola, relixión, etc); e o estadio xenital (durante a pubertade), no que a sexualidade aparece xa en forma adulta....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación deportiva aparecida en Ferrol en 1947. Cesou a súa edición ao ano seguinte. Editada por Petybal, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Manufacturas de Papel e nos talleres Cervantes. Incluíu resultados e clasificacións dos equipos galegos e, fundamentalmente, información sobre o Rácing de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que exerce un alto cargo na administración dun Estado.

    2. Especialista en cuestións políticas e asuntos relativos á dirección dos estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • estatística.

    VER O DETALLE DO TERMO