"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
GALICIA
Parroquia do concello de Pontedeume. baixo a advocación de San miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Pontedeume. Pertenceu a un mosteiro agostiño que aparece documentado no tombo de Caaveiro nun escrito do 1169. O templo conserva na fachada unha inscrición do 1187. De estilo románico, ten planta de cruz latina cunha nave e tres ábsidas. A nave principal cóbrese cunha bóveda apuntada e a do cruceiro con bóveda de aresta, o cruce entrambas as dúas vai cuberto cunha bóveda de crucería. A fachada principal remata nun pequeno frontón culminado por unha cruz. Conserva rosetóns na fachada principal e na nave N do cruceiro. No seu interior garda unha talla románica de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dar golpes unha persoa noutra.
-
PERSOEIRO
Exiptólogo norteamericano. Estudiou en Berlín, onde colaborou con outros especialistas na elaboración do Wörterbuch der ägypstischen Sprache (1923-1926). Foi o fundador e director do Oriental Institute de Chicago e profesor na Universidade de Chicago. Como investigador traballou no campo histórico A History of Egypt (Unha historia de Exipto, 1905) e relixioso Development of Religion and Thought in Ancient Egypt (Desenvolmento da relixión e do pensamento no antigo Exipto, 1912), ocupándose tamén da edición de textos como Ancient Records of Egypt (Recordos antigos de Exipto, 1906-1907). Está considerado o pai da exiptoloxía norteamericana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría da posta en escena baseada, fundamentalmente, no principio de estrañamento ou distanciación, principio polo que Brecht propuña un teatro antiilusionista, capaz de provocar no espectador unha mirada e un posicionamento crítico diante da historia que contemplaba. Entre os elementos máis significativos dese teatro épico cómpre salientar a ruptura da estrutura dramática clásica para construír unha trama que se estrutura en pequenas escenas sen nexos de continuidade, o uso da música e de cancións para provocar rupturas ou presentar elementos e feitos que provoquen a recepción reflexiva do espectador, a escolla dunha estética realista marcadamente antinaturalista e a formulación práctica dunha teoría da interpretación que recolleu no seu Pequeno órganon para o teatro (1949). Cámbiase a dimensión espectacular pechada e pasiva do teatro aristotélico, burgués ou paternalista por outra especular que reenvía ao espectador a súa propia imaxe de xeito activo e aberto....
-
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto italiano. Traballou esencialmente en Roma, onde desenvolveu a súa actividade escultórica en monumentos funerarios como o do cardeal Ludovico Lebretto (1465), en Santa Maria in Aracoeli, de Roma, e os de Pietro Riario (1475-1477) e de Raffaello della Rovere, ambos na igrexa dos Santos Apóstolos, tamén na capital italiana. No campo arquitectónico atribuíuselle o palacio de Giovanni della Rovere ou da Cancelleria, en Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de Teatro escolar creado en 1970 por Xosé Redondo no Colexio Anxo da Guarda, na Coruña, que desenvolveu unha intensa actividade ata mediados da década dos oitenta. A súa traxectoria, marcada por máis de quince espectáculos, constitúe un exemplo da vizosidade do teatro escolar.
-
PERSOEIRO
Médico francés. Entre os seus traballos son fundamentais a descrición que fixo da anxina diftérica (1826), da primeira traqueotomía por crup diftérico (1825) e a individualización da febre tifoidea, separándoa das outras febres intestinais (1829).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurisconsulto, político, médico e escritor francés. Coñecido porque foi un dos primeiros sistematizadores da gastronomía, particularmente da francesa. A súa obra fundamental é Physiologie du goût (A fisioloxía do gusto, 1826).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía británica de aviación fundada no ano 1946 para explotar rutas aéreas interiores en Europa e en Oriente Medio. Creou o primeiro servizo postal europeo con helicópteros (1947) e o primeiro servizo interior regular de pasaxeiros, a liña Cardiff-Liverpool (1950). Foi a primeira compañía en utilizar avións movidos por turbohélices. No 1973 quedou integrada na British Airways.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de aviación británica procedente da fusión, no 1939, da Imperial Airways e da British Airways. Requisada durante a Segunda Guerra Mundial, volveu ás actividades civís no 1946 e estendeu a súa rede aérea polos países da Commonwealth e de América do Norte. No 1973 quedou integrada na British Airways.
-
CUMIOS
Cumio das montañas do Karakorum, na Caxemira, India, que ten unha altitude de 8.051 m, que o converten no 15° máis elevado do planeta. Está situado preto do K2, no paso O do Karakorum. Foi escalada por primeira vez en 1957 pola expedición austríaca formada por Schmuck, Wintersteller, Diemberger e Buhl.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cravar brochas.
-
-
de broncear ou broncearse.
-
Que é da cor do bronce, especialmente referido ao ton moreno da pel cando se expón aos raios solares ou artificiais.
-
Acción e efecto de broncear ou broncearse.
-
Ton escuro que adopta a pel cando se expón aos raios solares ou artificiais.
-
-
-
Que broncea.
-
Preparado cosmético destinado a mellorar o bronceado da pel por acción do sol e evitar o eritema, ou a imitar con colorantes a cor natural producida por insolación. Os bronceadores protectores, baseados nun axente antisolar, filtran as radiacións solares e reteñen as de lonxitude de onda curta, que é a que produce eritemas. Os bronceadores extemporáneos ou simuladores son solucións de colorantes naturais ou sintéticos que se fixan sobre a pel. Hai bronceadores que son activadores da formación de melanina, pigmento responsable do bronceado da pel.
-
-
-
Dar a unha cousa a cor do bronce ou recubrila del.
-
Poñer(se) a pel de cor morena, semellante á do bronce, pola súa exposición aos raios solares ou artificiais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hipersecreción patolóxica de mucosidade bronquial, observada sobre todo nas bronquites crónicas e nas bronquiectasias.
-
PERSOEIRO
Crítico literario norteamericano. Seguidor do New Criticism, a súa obra The well-wrought urn (1947) segue a ser un dos mellores instrumentos para achegarse á poesía dos clásicos ingleses. É autor tamén de A shaping Joy: Studies of the Writer’s Craft (1971) e de tres importantes estudios sobre William Faulkner.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de tradear ou de abrir buracos nas paredes, madeira, ferro, etc empregando a broca cun movemento circular.
-
Corromperse ou facerse buracos unha cousa no seu interior.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brosa.