"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Prenome masculino derivado do latín Canutus, forma que non se empregaba como cognome na Roma imperial, senón que se trata dunha adaptación ao latín medieval dun nome persoal escandinavo: Knut, en sueco, e Knud, en danés. Ambas as formas están relacionadas probablemente co danés Knude e co sueco Knut, e correspóndense co alemán Knoten ‘nó, ligame’. Outra hipótese considérao préstamo do antigo ou medio alto alemán knûz ‘orgulloso, afouto, audaz’. Levan este nome varios reis de Dinamarca dos séculos X, XI e XII; entre eles destaca Canuto IV o Santo (1040-1086), fronte a outros santos reis escandinavos coma santo Olavo de Noruega e santo Eric de Suecia. É avogoso dos calvos. Aparece representado na iconografía cunha lanza e unha frecha, símbolos da súa morte; celébrase o 10 de xullo. San Canuto Lavard (s XI-XII), príncipe de Dinamarca e duque de Schlewig, celébrase o 19 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 995 - Shaftesbury, Wessex 1035) Rei de Dinamarca (1018-1035), de Inglaterra (co nome de Canuto I, 1017-1035) e monarca noruegués (1029-1035). Ao morrer no 1014 o seu pai, Sven de Dinamarca conquistador de Inglaterra, os anglosaxóns reinstauraron o Rei Ethelred II. Derrotados os británicos e morto o monarca inglés, casou coa raíña viúva Emma no 1017, converténdose en monarca indiscutido. Tralo falecemento do seu irmán Harold converteuse en soberano de Dinamarca e, despois da vitoria sobre Olavo II o Santo, gobernou Noruega. Asistiu á coroación imperial de Conrado II no 1028 e axudouno nas campañas contra os eslavos. Residiu en Inglaterra onde gobernou co apoio da súa garda, a Thingmannalidh, e da igrexa anglosaxona favorecendo con medidas políticas a fusión entre os pobos e ditando leis de importancia civil e eclesiástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1035-1042) e rei de Inglaterra (1040-1042). Fillo de Canuto II e da segunda muller deste monarca, a raíña Emma. Ao morrer o seu pai recibiu o reino de Dinamarca e, axudado pola súa nai, quen desexaba manter a unidade anglodanesa, reinou tamén sobre Inglaterra tralo falecemento de Harold no 1040. Renunciou a calquera aspiración sobre Noruega no 1038, logo dunha entrevista con Magnus o Bo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1080-1086) e sucesor de Harold IV. Durante o seu reinado reforzou o poder real, outorgou á Igrexa numerosos privilexios económicos e someteu os señores feudais. Loitou tamén contra os estonios e, aliado con Olavo de Noruega, emprendeu unha malograda expedición naval para conquistar Inglaterra no 1085. Morreu asasinado xunto co seu irmán nunha revolta dos nobres. Recibiu o alcume de o Santo pola difusión que realizou do cristianismo, castigando con dureza os que non respectaban os mandatos da Igrexa e polo esforzo por protexer as igrexas e mosteiros. Canonizado pola Igrexa Católica, foi declarado patrón de Dinamarca no 1101.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1182-1202). Continuou con éxito a expansión territorial iniciada polo seu pai Valdemar I o Grande. Venceu os eslavos da Xermania superior apoderándose da Pomerania, Slesvig-Holstein, Hamburgo, Lübeck e case todo o litoral do Báltico, xunto co rei dos sorabos. Enfrontouse ao Emperador Federico I Barbarrubia no 1183, a quen lle negou a homenaxe feudal polos territorios ocupados do Imperio. No 1200 sufocou unha revolta campesiña contra o bispo Absalón e atribuíuse un poder case ilimitado para evitar novas sublevacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e teórico cinematográfico italiano. O seu Manifeste du VIIe Art (Manifesto da VIIª Arte), influído por Marinetti e D’Annunzio, é un dos primeiros tratados sobre materia cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manda de cánidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma musical dos ss XVI e XVII, baixo a influencia da chanson polifónica francesa. A canzone para teclado e a canzone para conxunto orixinaron, respectivamente, a fuga e a sonata. Exemplo deste tipo de composicións atópanse na obra de Girolamo Frescobaldi (1583-1643) e Giovanni Gabrieli (1553?-1612), entre outros músicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma da lírica italiana, polo xeral de verso hendecasílabo e ritmo iámbico. A súa extensión máxima alcanza as quince estrofas, dividida cada unha en dúas partes, piedi e fronte, e remata nunha semi-estrofa chamada ripressa ou commiato. A temática acostuma ser amorosa, aínda que tamén pode adoptar asuntos propios da oda. A súa forma foi obxecto de distintas modificacións co paso do tempo.

    2. Composición musical profana dos ss XVI a XVIII de tema máis alegre cá canzone e de versos máis curtos. Cultivadores deste xénero foron, entre outros, Claudio Monteverdi (1567-1643) ou Thomas Morley (1557?-1602), autor de Canzonetts or Little Short Songs to Three Voices (Canzonettas sobre pequenas cancións para tres voces, 1593).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra composta por Francesco Petrarca entre os anos 1336 e 1366. Chamada tamén Rime sparse ou Rerum vulgarium fragmenta, é, na súa última redacción, un conxunto de 366 poemas (317 sonetos, 29 cancións, 7 baladas, 4 madrigais e 9 sextinas), recollida no códice Vaticano latino 3195. Á marxe dunha trintena de composicións de carácter político e moral, o núcleo desta colección vén marcado polas rimas amorosas, de aí que o tema dominante sexa o amor nos seus distintos aspectos: paixón, sufrimento pola non correspondencia, conflito entre o amor e a conciencia relixiosa, nostalxia do pasado ou repudio do sentimento. A obra concíbese como un diario interior no que a expresión amorosa se converte nun instrumento para captar os impulsos e contradicións do eu e atopar o fondo do seu espírito. Laura é o centro do cancioneiro, unha muller arredada das abstraccións do dolce stil nuovo. As rimas dedicadas a ela divídense en dúas partes tituladas In vita di madonna Laura e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza que sobresae do plano vertical das paredes para termar do peso dunha solaina, dun balcón ou dos beirais dun tellado. Adoitan ter representacións antropomórficas, zoomórficas, vexetais ou xeométricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do Vietnam (8.445 km2 ; 624.700 h [1993]). A capital é Cao Bang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xadrecista. Aprendeu a xogar o xadrez aos catros anos. Aos 11 anos, no Instituto de La Habana, tomou de novo contacto con este deporte e converteuse no mellor xogador da illa. En 1903 marchou aos EE UU para estudar enxeñería na Universidade de Columbia. En 1908 disputou un encontro co campión estadounidense F. J. Marshall e venceuno. Anos máis tarde, en 1921, proclamouse campión mundial ao derrotar a M. Lasker, título que mantivo ata 1927.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e naturalista. Estudiou gramática, filosofía, matemáticas e medicina en València e dereito en Salamanca. Interesouse pola arqueoloxía e pola botánica. Mantivo correspondencia con Haller e con Linné, de quen traduciu ao castelán Philosofia botanica (Filosofía botánica) e Species plantarum (As especies das plantas). A súa publicación máis destacada é Teoremas y problemas para examinar y saber usar cualesquiera aguas minerales (1785).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo musical que polas súas características pode ser considerado como unha formación de cámara. Está constituído por nove compoñentes: soprano, tenor e contratenor na parte vocal, mentres que na instrumental consta de vihuelas, contrabaixo, teorba, órgano e clavecín. Un dos seus compoñentes, Francisco Luengo, é o director do grupo. Da súa discografía destaca o traballo editado en 1991, cun repertorio monograficamente reservado a composicións de José de Baquedano, mestre de capela da catedral de Santiago durante parte dos ss XVII e XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sacerdote titular dunha capelanía.

      2. Sacerdote, en xeral crego, que presta servizo relixioso nun establecemento relixioso ou segrar, isto é, que esta ao servizo dunha capela nun convento, colexio, hospital, prisión ou pazo.

      3. capelán castrense

        Sacerdote asimilado á carreira militar que serve espiritualmente ao exército.

      4. capelán maior

        Superior dun cabido ou comunidade de capeláns.

    1. Calquera eclesiástico, aínda que non teña capelanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun alcume que se aplicaba a individuos que desempeñaban o oficio de capelán. Documéntase no s XII: “Pelagius Capellanus” (doc ano 1184 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 480). Actualmente, adoita aparecer coa forma castelanizada Capellán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta e crítico. Licenciado en Filosofía e Letras e profesor de ensino medio, colaborou na prensa galega especializada como Luzes de Galiza, Boletín galego de literatura e A trabe de ouro. Publicou o libro Contra a casa da Troia. Cultura e sociedade no Santiago dos anos 30 (1994-1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou beneficio cunha serie de honores, dereitos e obrigas anexos, consistente en exercer os servicios de culto nunha capela. Implica xeralmente diversos tipos de servicios como a celebración de misas, procesións, dotacións a pobres e cura de almas, e un conxunto de bens, rendas e dereitos adscritos á capela. O seu máximo desenvolvemento tivo lugar entre os ss XV e XVIII. Existen dous tipos de capelanías: as eclesiásticas ou colativas, que erixe o clero ordinario reservándose a colación e que corresponden a unha autoridade eclesiástica, e as leigas, nas que xa non intervén a autoridade eclesiástica.

    2. Capelanía vinculada aos membros dunha familia, xeralmente nobre. A miúdo, os beneficiarios ordenábanse para obter as rendas e beneficiarse das exencións eclesiásticas. Denomináronse ordenados a título de patrimonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino. Foi o autor de De nuptiis Mercurii et Philologiae (Sobre as nupcias de Mercurio e Filoloxía), obra enciclopédica onde expón a materia das sete artes liberais; expoñente das diversas correntes culturais do helenismo, tivo gran difusión como libro de texto durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO