"Anda" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 490.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sachar un cultivo de segunda volta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Papas elaboradas cunha base de fariña de avea.
-
Associação Cultural de Língua, Literatura e Cultura Lusófonas-Irmandades da Fala da Galiza e PortugalVER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1982 en Pontevedra (A Seca) e, en 1991, en Braga. Legalizada no Estado español (20.7.1983) e portugués (8.8.1991) está presidida por Jose Luis Fontenla (Galicia) e Mª Rosa da Rocha Valente (Braga), contando ademais cos codirectores Antonio Gil Hernández (Galicia), Cristrina Mello (O Brasil) e J. L. Pires Laranjeira (PALOP). O seu obxectivo é a defensa da Lusofonía e a promoción da lingua portuguesa en Galicia, O Brasil, nos Palop (Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa), Timor, etc. Esta asociación organiza congresos sobre lingua, cultura e literatura dos pobos lusófonos; defende o Acordo Ortográfico de 1990 que unifica as variantes galega, portuguesa e brasileira dentro do diasistema portugués e promove o intercambio cultural e científico entre os países de lingua portuguesa, tendo colaboradores nas principais universidades galegas, portuguesas, brasileiras ou africanas, así como nas de San Petersburgo, Nova York, Utrecth, Hamburgo, Kyóto, etc. Baixo o nome...
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Rote Armee Fraktion (Fracción do Exército Vermello) Organización terrorista da República Federal Alemana creada en 1968 e dirixida por Andreas Baader (1943-1977), Ulrike Meinhof (1934-1976) e Gudrun Enslin. A súa orixe sitúase na oposición da esquerda parlamentaria máis radical, pretendendo mostrar a natureza represiva da Alemaña Occidental. Recrutaron os seus efectivos entre estudiantes, intelectuais e profesionais liberais e contactaron con organizacións terroristas internacionais, entre as que salientaba a resistencia palestina. Os seus métodos de protesta e reivindicación eran acotío violentos: atentados contra instalacións da OTAN, asasinato do presidente da CDU de Berlín (1975), asasinato do presidente da patronal alemá (1977), etc. As mortes en prisión de Meinhof (1976), Baader (1977) e Ensslin (1977) fixeron que minguase a forza da organización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Rote Armee Fraktion (Fracción do Exército Vermello) Organización terrorista da República Federal Alemana creada en 1968 e dirixida por Andreas Baader (1943-1977), Ulrike Meinhof (1934-1976) e Gudrun Enslin. A súa orixe sitúase na oposición da esquerda parlamentaria máis radical, pretendendo mostrar a natureza represiva da Alemaña Occidental. Recrutaron os seus efectivos entre estudiantes, intelectuais e profesionais liberais e contactaron con organizacións terroristas internacionais, entre as que salientaba a resistencia palestina. Os seus métodos de protesta e reivindicación eran acotío violentos: atentados contra instalacións da OTAN, asasinato do presidente da CDU de Berlín (1975), asasinato do presidente da patronal alemá (1977), etc. As mortes en prisión de Meinhof (1976), Baader (1977) e Ensslin (1977) fixeron que minguase a forza da organización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito que enlaza o Mar Vermello co mar de Arabia (golfo de Adén), dividido pola illa de Perim en dúas canles.
-
PERSOEIRO
Atleta romanesa. Campioa de Europa de salto de altura en 1958 e 1962, e campioa olímpica en Roma 1960 e Toquio 1964.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Produtor, distribuidor, guionista e realizador cinematográfico. Coa participación dos seus irmáns Francesc Balcázar (produtor) e Jaume Jesús Balcázar (realizador), tentou, con resultados económicos irregulares, agrupar nunha soa empresa estas ramas da cinematografía. Fundou en 1951 Produciones Balcázar SA e máis tarde a produtora Filmax. Como director realizou La encrucijada (1959), Cena de matrimonios (1962), Con la muerte a la espalda (1967), Las primeras experiencias (1974) e Julieta (1983), películas das que tamén foi o guionista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria con domicilio social en Vigo fundada no ano 1918, data na que se constituíu como sociedade comanditaria Viñas Aranda y Compañía. O nome de Banco de Vigo adoptouno no ano 1957. No ano 1973 foi substituído polo Banco de Galicia.
-
PERSOEIRO
Comediógrafo e poeta barroco. É o autor do tratado Teatro de los teatros de los pasados y presentes siglos, traballo publicado fragmentariamente no 1901, no que defende a comedia dos ataques dos xesuítas. No 1722 editáronse as súas Obras líricas, influídas por Góngora, e os seus textos dramáticos (A pedra filosofal, derivada de La vida es sueño, El esclavo en grillos de oro e o auto sacramental El gran químico del mundo) nos que procurou imitar o estilo de Calderón.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Conxunto de toda clase de instrumentos musicais de vento-metal e percusión, onde tamén poden entrar os de corda e os folclóricos, coñecido tamén como banda de música. No s XVIII, era un conxunto instrumental de corda e arco, como a Grande Bande francesa, que estaba constituída por vinte e catro músicos do Rei. A banda de música en Galicia ten os seus comezos no 1840, aínda que hai opinións que xustifican a súa aparición antes desta data, se ben non hai constancia documental. Nos albores da música bandística as agrupacións eran reducidas, superando raras veces o número de vinte compoñentes. Os músicos formábanse uns aos outros, ata que os máis destacados pasaban a integrar as bandas militares, das que, á súa vez, saían outros para dirixir as populares. Máis tarde apareceron as bandas municipais e creouse o Cuerpo de Directores Civiles, hoxe extinguido. O papel desenvolvido polas bandas de música en Galicia foi tan relevante que se pode afirmar que foron verdadeiros conservatorios...
-
Termo de orixe militar que designa a agrupación musical que toca en común con asiduidade, dedicada á interpretación de distintos xéneros musicais (rock & roll, jazz, pasodobres, etc). Esta denominación chegou dende Nova Orleans a través do jazz, onde numerosas bandas percorrían as rúas a principios de século. A partir de aquí a palabra pasou a denominar os músicos que deixaron as rúas para tocar nos clubs nocturnos, e non se podían considerar orquestra polo seu número reducido. Glenn Miller (1904-1944) cando ingresou nas forzas aéreas norteamericanas en 1942, fundou a banda militar con máis renome durante a Segunda Guerra Mundial.
-
-
No s XVIII, raiado de catro liñas onde se escribe o canto plano.
-
Grupo de base, residencial e económico, dotado dunha certa capacidade de integración social; asóciase con esta forma social unha economía baseada na caza e recolección. A profusión de definicións achegadas dende a teoría antropolóxica fixo que este concepto fose pouco operativo, aínda que autores como Steward ou Radcliffe-Brown propuxeron definicións que abranguen a totalidade das sociedades de cazadores-colleiteiros. Así, foron definidas como grupos sen xerarquía social, con división sexual do traballo, base económica móbil, de tipo cazador-colleiteiro, nómades ou con sedentarismo estacional (campamentos instalados ciclicamente en determinados lugares recorrentes), parentesco exógamo e residencia posmarital polo xeral bilateral e moi flexible. Logo dos traballos de Sahlins, Service e Lee recoñecéronse outros factores: a importancia da recolección xeralmente feminina (e correlativamente, o papel económico considerable das mulleres), a escasa importancia do tempo dedicado ao traballo entre...
-
-
Grupo ou facción formada para buscar vantaxes persoais, para resolver cuestións de xurisdición, para satisfacer o honor ou para vinganza persoal. Na Idade Media, ás veces, as loitas chegaban a resultar auténticas guerras privadas, mentres que no s XVI, a miúdo dexeneraron cara ao bandoleirismo.
-
Compañía de homes, sobre todo armados, reunidos cun fin subversivo ou criminal. SIN: cuadrilla.
-
-
-
-
Cada unha das partes laterais dalgunha cousa, que abrangue o espazo comprendido entre unha liña central imaxinaria e o bordo máis externo.
-
Territorio de extensión indeterminada que está á beira dun río, dunha ría, etc, por oposición ao territorio que se atopa do outro lado.
-
Lugar impreciso situado cerca dun lugar ou dunha zona que se expresa. SIN: lado, parte, zona.
-
-
Parcela do interior dun terreo de xogo ou cancha deportiva achegada aos límites laterais do mesmo.
-
liña de banda
Cada unha das liñas definidas regulamentariamente que delimitan lateralmente o interior dun terreo de xogo ou dunha pista deportiva.
-
-
-
Cada unha das dúas metades simétricas en que se divide unha embarcación polo seu plano diametral; reciben o nome de banda de babor e banda de estribor, segundo se atopen, respectivamente, á esquerda ou á dereita dun observador que, situado na popa, mira cara á proa.
-
ir cara á banda
Inclinarse o barco cara a un lado.
-
-
Nalgúns aparellos, anaco da rede de pesca.
-
-
-
Tira de tea que vai dende o ombreiro ata o costado oposto atravesando o peito, como insignia dalgún cargo ou honra. SIN: cinta, faixa, fita, franxa.
-
Calquera fita ou tira feita de pano, coiro, papel, metal, etc que presenta os bordos paralelos e máis longa ca ancha. SIN: cinta, franxa.
-
Bordo elástico que rodea a táboa do billar.
-
Todo aquilo que se estende sobre un espazo longo e relativamente estreito.
-
Liña ou calquera outro debuxo estreito e longo, en especial sobre tea. SIN: barra, franxa, lista.
-
Termo da xerga das palilleiras que designa ‘as franxas de tea de diversa cor, diferente ao da almofada, que serve para agarrar o cartón ou para enfeitar’.
-
Formación anatómica estreita e alongada.
-
Moldura arquitectónica longa e estreita.
-
Zona máis ou menos escura que se observa no sarcómero.
-
Calquera dos intervalos finitos que están dentro do dominio de valores dunha magnitude física.
-
...
-
-
-
Relativo ou pertencente aos bandas ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo banda.
-
Pobo integrado por uns 300.000 individuos que habitan na parte central e nororiental da República Centroafricana dentro do territorio da República Democrática do Congo alén de Ubangui. A base económica dos bandas, aínda que practican a caza, é fundamentalmente agrícola, sobre a base do cultivo do sorgo e do millo miúdo. As súas relacións de parentesco baséanse na familia políxina e de residencia patrilocal, agrupándose en clans totémicos exogámicos patriarcais. Entre os elementos constitutivos da súa cultura material cómpre destacar o seu descoñecemento do tecido, empregando no seu lugar a cortiza, e as súas construción de planta cónica. Practican o culto a un ser supremo e a diversas categorías de espíritos.
-
Lingua africana da familia níxer-congo central setentrional. Emprégana máis de 300.000 persoas en Sudán, na República Democrática do Congo e na República Centroafricana.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical fundada en 1868 por Antonio Perdiz, formada por 10 compoñentes. No período comprendido entre 1876-1890, faise cargo da banda Xosé Pereira, substituído polo seu fillo Xosé Pereira que a dirixiu ata 1899. A continuación fíxose cargo Xesús Reguera, quen en 1905 se levaría a todos os músicos da banda naturais de Paredes e Ponte Sampaio e fundou a Banda de Paredes. Por este motivo, a banda de Arcade quedou moi reducida e, en 1905, será Baldomero Franco quen a reorganizou e dirixiu ata 1913, sendo relevado por Xoán Romay. En 1920 fíxose de novo cargo Baldomero Franco ata o 1928, cando Manuel Bouzón tomou a batuta e conseguiu o III Premio nun certame de Bandas de Pontevedra (1934). Ao ano seguinte cambiou de nome, e de denominarse Popular de Arcade pasou a ser Artística de Arcade. A súa época máis frutífera foi a comprendida entre o 1940 e 1960, anos nos que acadou o I Premio nun certame de bandas de Pontevedra e o II nun de Vigo. En 1974 ocupou a dirección Adonis Ferreiro durante...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical pioneira no mundo bandístico de Galicia, remontándose ás súas orixes, posiblemente, ao 1928. O primeiro director do que se ten constancia foi Anselmo González a quen substituíu o seu neto Roxelio Otero. Baixo a batuta deste director, no 1930, a formación dividiuse en dúas, orixinando así a Banda Vella dirixida polo citado mestre e por Mariano Rodríguez, e a Banda Nova dirixida por Ramón Sueiro e Manuel Blanco. O 13 de xullo de 1939 e baixo a dirección de Xesús Cao González, volvéronse xuntar as dúas formacións. Ao longo da súa traxectoria destacaron os directores: Xosé Fiuza, Francisco Beristain, Enrique González, Rafael Madrén, Feliciano Cagide, Alejandro del Río, Miguel de Santiago e José Rodríguez, actual director. A finais dos anos 70 comezou a traballar a Escola de Música da banda, nun principio da man de Amadeo Valero e Ramón Guzmán, dende a que se potenciou a actividade musical ata os nosos días. Actualmente conta con 57 compoñentes. Acadou o I Premio no Certame...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical fundada en Arcade (Soutomaior) o 18 de abril de 1982. Na actualidade, está dirixida por Celso Santos Lorenzo e conta con 37 compoñentes dos que 31 son mozos, con idades comprendidas entre os 11 e os 20 anos, formados musicalmente nunha academia creada dentro da mesma banda, baixo dirección do propio director musical. Dende a súa fundación vén realizando diversas actividades nos concellos da provincia e fóra dos límites provinciais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O antecedente máis claro desta agrupación foi a Banda de Música de Tabagón, fundada en 1880 por Manuel González Groba e dirixida posteriormente por Pablo Piedra González, dende 1925 ata a súa desaparición en 1965. Outros grupos musicais que se poderían considerar como antecedentes son A Banda do Maestro Ulloa, Os Cesteiros de Novás (1933) e Música dos rapaces (1946-1949). O promotor desta iniciativa musical foi José Flores Costas, sendo a presentación da Agrupación Musical do Rosal o 4 de maio de 1986, formada por 40 rapaces e dirixida por Laureano Matos Barcia, que acadou en 1987 o II Premio no Certame de Bandas Populares Galegas de Cangas. Dende finais de 1987 dirixiu a banda José Luís Represas Carrera e o grupo participou en distintos encontros e festivais ata que en 1989 organizou o I Festival de Músicos Xoves. En 1989 a banda contou coa dirección esporádica do profesor Vicente Esparza Roselló, logo retomou a batuta José Luís Represas ata que se fixo cargo da dirección Bolívar González...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical fundada en 1891 en Alongos (Toén) por Samuel González, quen foi o seu primeiro director. Nun principio só eran 6 músicos pero axiña elevou o número de compoñentes e chegou a ser unha banda de renome en Galicia e fóra dela, sendo recoñecida por autores da nosa literatura como Eduardo Blanco Amor na súa obra Xente ao lonxe. Ó longo da súa traxectoria tivo como directores, entre outros, a Antonio Tojo, Beristain, Rego, Salgado, Félix Molina, Francisco Rodríguez, Edmundo Figueiras, Cándido Alvarado, Arsenio Iglesias, Alejandro del Río e o actual director José Vázquez Rebollo. Nesta formación, viveiro en moitas ocasións da Banda de Ourense, destacaron figuras como Manuel Conde, Manuel Conde Ogando ou Benito Rebollo Veliñas. Participou en numerosas festas e coa súa música percorreu toda Galicia, Portugal e algunhas provincias de España.
-
VER O DETALLE DO TERMO
A mediados do século pasado, había na vila de Arzúa un número indeterminado de formacións musicais de pouca importancia pero que aglutinaban ao seu redor unha cantidade considerable de músicos. Consciente de que existía o material humano necesario, un gaiteiro de Visantoña, coñecido polo alcume de O Carreiriña, acometeu a creación da Banda de Arzúa e dirixiu a formación ata o seu pasamento. A continuación dirixiu a agrupación Pedro Pampín e despois o seu irmán Xesús Pampín. Nos seus inicios estaba constituída por uns 20 músicos, dividida por veces para atender todos os compromisos, e ademais da instrumentación habitual contaba cun grupo de gaitas. Actuou por Galicia de xeito interrompido ata 1945, data na que se disolveu por multitude de problemas, entre eles a precaria situación económica despois da Guerra Civil española. Foi Arturo Rendo quen a reorganizou. Nesta nova andaina, que discorreu nos derradeiros anos da década dos corenta e rematou no 1954, a banda contaba con 31 músicos...