"Arta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 205.

  • PERSOEIRO

    Escultora chilena. Formouse na Escuela de Bellas Artes da Universidad de Chile, da que foi profesora de escultura (1950). Ampliou estudios en París (1948) e Londres (1951). Na súa obra, realizada en pedra e madeira, evocou as manifestacións artísticas dos pobos amerindios. Entre as súas obras destacan Puerta del Sol (1976) e Signel (1988). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Concurso Internacional do Monumento ao Prisioneiro Político Descoñecido (Londres, 1952), o primeiro Premio de Escultura da VIII Bienal de São Paulo (1965), a Medalla do Congreso Nacional (1970) e o Premio Nacional de Arte (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medida de lonxitude, a cuarta parte da vara, que se corresponde, cando se ten a man estendida, coa distancia máxima que hai entre o extremo do dedo maimiño e do polgar. OBS: Correspóndese aproximadamente cuns vinte centímetros.

    2. Medida de capacidade que equivale a oito litros.

    3. Intervalo de catro graos na escala diatónica. Cando comprende dous tons e un semitón diatónicos chámase cuarta xusta; cando comprende tres tons, cuarta aumentada e cando comprende un ton e dous semitóns, cuarta diminuída.

      1. Cada unha das trinta e dúas partes iguais, de 11° 15’, denominadas rumbos ou ventos, nas que se divide a rosa náutica ou rosa dos ventos e que equivale a un oitavo de cuadrante. As catro cuartas principais correspóndense cos puntos cardinais.

      2. Cada unha das rectas que na rosa náutica separan os rumbos ou ventos, o ángulo entre dúas consecutivas é de 11° 15’.

    4. Dereito a percibir a cuarta parte dos bens procedentes dunha herdanza. A lei romana regulouno de diversas maneiras co fin de asegurar os dereitos de certos herdeiros que debían, independentemente do testamento, percibir unha cantidade á morte do testador, e que se importou por algúns ordenamentos civís. Deste modo, asegurouse o dereito dos fillos adoptados (cuarta afisinia), dos impúberes emancipados sen causa (cuarta antonina), das viúvas pobres (cuarta viuval) e dos herdeiros gravados con legados (falcidia; lexítima; trebeliánica, que lle outorgaba o dereito ao herdeiro fiduciario de deducir para si a cuarta parte da herdanza) e pegasiana.

    5. Taxa existente no s XIX que se percibía trala morte do cabeza de familia ou do seu herdeiro. Consistía no pago ao parroco da igrexa á que pertencía o falecido dunha cuarta parte dos gastos totais do enterro. En Galicia oscilaba entre os 20 ou os 30 reais para os veciños máis pobres, e entre os 80 e os 120 reais para os máis ricos, aínda que podía chegar incluso ata os 300 reais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á febre palúdica producida polo protozoo da especie Plasmodium malariae, na que os accesos febrís aparecen o cuarto día e están separados por dous días de apirexia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medida de capacidade que equivale a unha cuarta parte dunha fanega.

    2. Pan elaborado con mestura de fariña de trigo e centeo que equivale aproximadamente a unha cuarta parte dun molete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á febre palúdica producida polo protozoo da especie Plasmodium malariae, na que os accesos febrís aparecen o cuarto día e están separados por dous días de apirexia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesora de ensino medio de lingua e literatura galega, colaborou con artigos de carácter científico e divulgativo en revistas como A peneira, Cadernos da lingua ou Natureza galega. Entre outras obras, publicou Con pólvora e magnolias, de X.L. Méndez Ferrín (1994), Crear o mar en Compostela (Premio de Poesía O Grelo 1993), Pel de ameixa (1996, Premio de Poesía Miguel González Garcés 1995), Setembro (1998, VII Premio Martín Codax de Poesía) e En atalaia aberta (2000). Ademais, participou no volume colectivo 8 e medio (1993) e nas antoloxías Para saír do século (1997) e Defecto 2000 (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao departamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das partes en que se divide un espazo por medio de paredes ou medios de separación similares.

    2. División administrativa. En España identifícanse cos ministerios, como órganos complexos constitutivos das unidades básicas de estruturación da administración do Estado, aos que se lles encomenda a promoción e protección dun sector específico dos intereses públicos; son materialmente especializados e homoxéneos entre si. Tamén se pode falar do departamento xudicial, como termo que engloba as competencias de xurisdición dos diferentes xulgados dun territorio concreto, e do departamento universitario, como órgano administrativo que dirixe o ensino dunha determinada materia nunha universidade.

    3. Demarcación territorial de ámbito supralocal xurdida en Francia en 1790, no proceso de reorganización do Estado trala Revolución. Naceu como instrumento de homoxeneización da administración en todo o territorio francés, logo da supresión do réxime feudal e mantívose ao longo do tempo sen a penas modificacións. A Francia metropolitana dividiuse en 96 departamentos (incluídos os dous da illa de Córsega). Ademais, catro dos dez territorios de ultramar baixo soberanía francesa adquiriron a condición de departamentos (Guyana Francesa, Guadalupe, Martinica e illa de Reunión). A máxima autoridade do departamento é o prefecto, delegado do goberno no territorio. O modelo de administración territorial francés foi imitado, con maior ou menor fidelidade, noutros países, entre eles España que adoptou unha institución similar como unidade básica da organización territorial do Estado; aínda que denominada provincia, a institución española tivo o seu primeiro precedente histórico precisamente nun proxecto...

      1. departamento de contas/comercial

        Órgano que comunica a axencia publicitaria co cliente ou anunciante a través dun executivo de contas. A súa finalidade principal é manter os contactos e xestións cos clientes, así como ofrecer servicios de atención continuada antes, durante e despois da realización da campaña publicitaria.

      2. departamento de coordinación/tráfico

        Órgano que supervisa o proceso de comunicación publicitaria dende que un anunciante chega á axencia de mans do departamento de contas ata que a campaña contratada se difunde nos medios de comunicación. Encárgase de cumprir os prazos temporais acordados, así como de xustificar os gastos derivados da elaboración da campaña e, en definitiva, de coordinar a campaña publicitaria.

      3. departamento de creatividade/técnico

        Sección encargada de dar forma gráfica e audiovisual ás mensaxes publicitarias. Á súa fronte está o director creativo, do que dependen directamente un director de arte, os técnicos e os redactores ou copys.

      4. departamento de investigación e mercadotecnia

        Órgano da axencia de publicidade que realiza os estudios precisos para desenvolver unha campaña. De entre estas investigacións destacan as referentes aos estudios de mercado e de produción, así como as referentes aos controis de eficacia publicitaria.

      5. departamento de medios

        Sección especializada, nunha empresa ou axencia publicitaria, na planificación da inserción publicitaria en medios de comunicación social. Selecciona os soportes máis apropiados para acadar os obxectivos marcados polo propio anunciante e as necesidades comunicativas do produto ou servizo que se pretende comercializar.

    4. División administrativa da Mariña de guerra española. O litoral español divídese en tres departamentos establecidos en 1749: o do Cantábrico comprende a costa setentrional, entre as fronteiras con Francia e con Portugal, é dicir, entre as desembocaduras do Bidasoa e do Miño, e ten a súa capital en Ferrol; o de El Estrecho, con capital en Cádiz, inclúe a costa entre a desembocadura do Guadiana (na fronteira con Portugal) e o cabo de Gata, ademais do arquipélago de Canarias e as prazas de soberanía norteafricanas e do mar de Alborán; e o do Mediterráneo, con capital en Cartagena, esténdese dende o cabo de Gata ata a fronteira con Francia e inclúe as Illes Balears.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido en 1892 en Ferrol que cesou ao pouco tempo. Foi fundado e dirixido por Manuel de Cal e estivo ligado politicamente ao partido liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode descartar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Excluír unha persoa ou unha cousa dun conxunto ou non telos en conta por inadecuados, por non seren merecedores de algo ou por non seren posibles.

    2. Desfacerse un xogador, en certos xogos de cartas, dunha ou máis cartas ao lle resultaren inútiles, especialmente para substituílas por outras tantas do naipe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estender o que estaba encartado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo en Numidia. Combateu a indulxencia dos bispos cos cristiáns que traizoaran a fe durante as persecucións, feito que orixinou o cisma ou herexía dos donatistas. A súa festividade celébrase o 17 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas, da familia das poáceas, de ata 75 cm de altura, perenne, cespitícola e glabra, con follas de 9 cm de lonxitude e 5 mm de ancho, de marxe ondulada e lígulas de 1 mm de lonxitude; as inflorescencias son panículas de 22 cm de pequenas espigas de ata 9 mm. A especie E. calycina, orixinaria de África meridional, introduciuse en California de xeito intencionado para intentar adaptala como planta de pasto, e, dende alí, difundiuse a numerosas costas do mundo. En Galicia aparece naturalizada no sudoeste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca do territorio de Bizkaia, Euskadi, atravesada polo río Cadagua. Malia as dificultades que presenta o relevo, a agricultura (millo, patacas e viña) e a gandería (bovina) son as principais actividades económicas. O núcleo comarcal é Balmaseda, onde hai un importante polígono industrial (téxtil, vidro, construcións metálicas e química). Tamén son importantes os xacementos de ferro situados ao NL da comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de encartar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que parte dun obxecto flexible quede sobre outra parte, realizando esta operación varias veces.

    2. Pór en orde unha cousa.

    3. Poñer no orgo do tear a tea que se vai tecendo.

    4. Condenar un preso que está en situación de rebeldía.

    5. Citar a comparecer nun xuízo a alguén por medio dun edicto ou dun bando.

    6. Intercalar entre as páxinas dunha publicación, unha ou varias follas, que conteñen, entre outras cousas, avisos ou publicidade.

    7. Botar, nalgúns xogos de baralla, unha carta do mesmo pau máis alta ca a de maior valor xogada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Meter un fío ou arame polo oco de cousas, como doas, perlas ou bólas, para unilas.

    2. Dicir moitas cousas unhas detrás doutras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do nomós de Laconia, situada no Peloponeso, Grecia, na marxe dereita do río Evrótas (12.975 h [1981]). Na época micénica a rexión estaba habitada polos aqueos, que fundaron a primeira cidade a mediados do II milenio a C. No s XII a C o territorio espartano foi invadido polos dorios e a partir do s X, trala fusión das poboacións dorias de cinco aldeas (Kynosura, Limnai, Mesoa, Pitane e máis tarde Amyclas) acadou unha posición de predominio sobre o Peloponeso pola súa organización militar. Dende o s IX a súa estrutura organizouse ao redor de cinco tribos territoriais (obes), ás que pertencían os distintos individuos segundo o lugar de residencia. Por enriba das obes, existían dúas familias que constituían as dinastías que rexían simultaneamente o Estado: os Áxidas, aqueos, e os Euripontidas, dorios. Despois de asegurar o seu dominio sobre Laconia, dende mediados do s VIII a C emprendeu unha política expansionista cos seus veciños (Arcadia e Mesenia) para...

    VER O DETALLE DO TERMO