"Ava" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 621.

  • Acción e efecto de avasalar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tomar como vasalo ou facer obedecer a alguén pola forza, en contra da súa vontade ou en contra da razón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das diferentes fases polas que vai pasando alguén ou algunha cousa ao longo dun proceso no que cambia de forma, opción, manifestación, opinión, partido, etc. OBS: Emprégase xeralmente en plural.

    2. Descenso dunha deidade á terra e posterior encarnación nun home ou nun animal. A doutrina das encarnacións periódicas dos deuses desenvolveuse, sobre todo, na doutrina do deus Vixnu. Nalgúns mitos sobre as orixes hindús, con máis de cinco mil anos de antigüidade, recóllese a idea do renacemento sobre a Terra dun avatar (‘descenso dun deus ao mundo dos homes’) en formas sucesivamente superiores (peixe, tartaruga, verrón, león, home salvaxe dos bosques, anano, o heroe Rama, o cabreiro Krixna e Buda, etc), feito que marca o final dun ciclo de destrución e o inicio dunha nova creación. Os hinduístas, que teñen unha concepción cíclica do tempo, cren que a serie de nove é cíclica ou igual en cada época, e que a humanidade foi creada e destruída en numerosas ocasións.

      1. Conexión cunha páxina de Internet que se realiza para participar en certos debates ou conversacións nas que se emprega tanto a voz como o texto escrito e, ás veces, mesmo xestos.

      2. Aqueles personaxes virtuais que interveñen nos encontros cibernéticos e as representacións interactivas dunha persoa nos escenarios de realidade virtual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico italiano, músico de jazz e xornalista. O seu cine está cheo de imaxes fantásticas, a medio camiño entre a poesía, o melodrama e o erotismo. Dirixiu, entre outras, as películas Balsamus, l´uomo di Satana (Bálsamo, o home de Satán, 1968), Bordella (1975), Noi tre (Nós os tres, 1984), Storia di ragazzi e di ragazze (Historia de rapaces e rapazas, 1988) e Dichiarazoni d´amore (Declaracións de amor, 1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formado na Real Academia de San Fernando, seguiu as normas neoclásicas. Participou na construción do Arsenal do Ferrol desde 1771. Na cidade departamental traballou nas obras da Igrexa concatedral de San Xián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Be-Nafarroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate acontecido durante a Guerra de Crimea na cidade de Balaklava, porto ucraíno situado a 9 km ao SL de Sebastopol. As tropas rusas, que foron vencidas, atacaron aos ingleses, que ocupaban a cidade (25 de outubro de 1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Brión baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Brión baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Brión. Foi construída na segunda metade do s XVII sobre un templo románico anterior. O proxecto atribúeselle a Francisco A. Fernández Sarela, mais nela traballaron os mestres locais Juan A. Nogueira e Tomás do Río. No interior destaca o retablo maior barroco do s XVIII e unha cruz parroquial de 1826. O campanario construíuse en 1827.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Nome que en maio de 1795 (Tratado da Haia) tomaron as Provincias Unidas dos Países Baixos cando se constituíron en república ao modelo francés. A República Batava foi substituída no ano 1806 polo Reino de Holanda ( Países Baixos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico e cámara italiano. Traballou con destacados profesionais do cine como De Robertis, Camerini, Emmer, Steno e Monicelli. Un dos seus grandes éxitos foi La maschera del Demonio (A máscara do demonio, 1960), un filme cheo de belas imaxes e cun guión de gran calidade. Dirixiu tamén Le meraviglie di Aladino (A marabilla de Aladino, 1962), Sei donne per l´assassino (Seis mulleres para o asasino, 1963), Reazione a catena (Reacción en cadea, 1971), La casa dell´esorcismo (A casa do esorcismo, 1975) e Shock (Impacto, 1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Baviera, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante da rexión alemá de Baviera.

    3. Estirpe xermánica da rama dos marcomanos que, logo de emigrar de Bohemia no s VI, se instalou no territorio da actual Baviera, onde se mesturou con elementos romanos. No s VII foron sometidos polos francos.

    4. Un dos tres grupos dialectais que xunto co alamánico e o fráncico constitúen o alto alemán. O seu dominio lingüístico abrangue, ademais de Baviera, algunhas áreas lingüísticas illadas de Hungría, Transilvania, e o sur ata Gottschee, no país esloveno, onde, xunto coas falas autóctonas deste lugar, constitúe o grupo austrobávaro. O bávaro aparece documentado por primeira vez en glosas e textos breves de carácter relixioso recollidos no s VIII.

    5. Sistema de escalada para franquear cornixas e gretas mediante a forza antagónica dos pés e das mans contra a parede.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bávaros.

    2. Individuo do pobo bávaro de Alxeria.

    3. Pobo que viviu en Alxeria occidental dende o s III a C ata o final da época romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Puré de froita diluído en xaropes das mesmas, callado con xelatina, ao que se lle engade crema batida. Pode facerse con amorodos, melocotón, pera, etc. A súa invención atribúeselle a un cafeteiro chamado Procopio, que pretendía agasallar os reis de Francia ao seu paso por Baviera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida quente feita con xema de ovo, azucre, te e leite, e aromatizada con ron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filla do Rei Sancho IV de Navarra, en 1191 casou co Rei Ricardo I Corazón de León en Chipre. Permaneceu en San Juan de Arce (Palestina) mentres este participaba na terceira cruzada (1191-1192), e durante o cativerio do Rei en Xermania, viviu en Potiou (1192-1194). Parece ser que non se volveu reunir co Rei e se retirou a Le Mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xograr probablemente galego a xulgar pola súa rúbrica: “En esta folha adeante se comenzan as cantigas d’amor. Primeiro trobador Bernal de Bonavalle” do hipotético Cancioneiro de Xograres Galegos que Resende de Oliveira discerneu no interior da estrutura xeral dos apógrafos italianos, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Ademais, adoita identificarse o topónimo Bonaval coa aldea homónima de Santiago de Compostela, daquela situada fóra das murallas e da vila, onde se ergue o mosteiro de San Domingos de Bonaval. Practicamente, toda a crítica opta pola súa orixe compostelá, aínda quen tamén hai que opta por atribuírlle outra orixe. Xa Resende de Oliveira subliñara que Bonaval é tamén o nome dunha vila de Toroño, na zona de influencia do bispado de Tui, que o magnate e trobador portugués Garcia Mendez d’Eixo, da familia dos Sousa, coñecía dabondo xa que casara con Elvira Gonçalvez de Toroño; deste xeito, o trobador estaría relacionado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abade e reformador cisterciense. En 1112 entrou no mosteiro de Císter (Citeaux). En 1115 fundou o mosteiro de Clairvaux (Claraval), que gobernaría deica á súa morte. Puxo a orde ao servizo do papado, intervindo nos asuntos políticos e relixiosos da época: fixo campaña a favor do Papa Inocencio II contra o antipapa Anacleto; no 1146 predicou en Vezelay a segunda cruzada (1147-1148). Foi adversario doutrinal de Abelardo (Concilio de Sens de 1141) e de Gilbert de la Porrée (Concilio de Reims de 1148); polemizou cos cluniacenses; escribiu contra os cátaros de Colonia e refutou os de Languedoc. Foi un dos propagadores do culto a María, defendendo a súa maternidade virxinal aínda que sen aceptar a Inmaculada Concepción, o que motivou que moitas igrexas fundadas polos cistercienses estivesen baixo a advocación de santa María. Así mesmo, malia a súa aversión á arte, especialmente á escultura, proscrita nos templos do Císter enriqueceu a iconografía mariana. A súa reforma litúrxica constitúe un...

    VER O DETALLE DO TERMO