"Bell" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 211.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mar adxacente ao Océano Antártico, situado ao S do Círculo Polar, entre a Terra de Alexandre I e a Illa de Thurston. Foi descuberto polo navegante Fabian Gottlieb von Bellingshausen, súbdito do Tsar de Rusia, na viaxe de exploración que levou a cabo entre 1819 e 1821.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Fillo de Iacopo Bellini e irmán de Giovanni Bellini, co que colaborou en diversas ocasións. Estivo influenciado polo seu cuñado Mantegna. En 1479 a Señoría de Venecia enviouno á corte do Sultán Mehmet II en Constantinopla (1479-1481), o que influíu moito na súa sensibilidade polas formas pitóricas orientais (A predicación de san Marcos en Alexandría). A súa pintura, dun gran valor documental, reflicte un interese vivo pola vida da súa cidade que describiu con espectacularidade (Procesión da reliquia da santa Cruz, 1496 e Milagre da ponte de san Lourenzo, 1500). Foi un retratista excelente (Mehmet II).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano, chamado o Giambellino. Discípulo do seu pai Iacopo e do seu cuñado Mantegna, estivo influenciado pola pintura flamenga e por Antonello de Messina. Traballou no obradoiro de Squarcione en Padua. Foi colaborador do seu pai e do seu irmán Gentile. Da súa primeira época destacan a Transfiguración e a Oración na horta. Pintou diversas Pietà e numerosas Madonne (Virxe entronizada co neno durmido), tema que cultivou durante toda a súa vida. En diversas ocasións traballou na decoración do palacio ducal de Venecia. A partir do 1500 cultivou novos temas (A núa, O festín dos deuses). Foi un magnífico paisaxista e retratista (O duque Leonardo Loredano). A súa pintura nun principio moi austera, de liñas cortantes e feitura sobria, suavizouse, tendendo cara a unha suavidade de liñas e formas, abandonando o espírito analítico do s XV, feito que xa anuncia o século seguinte. A visión intimista que...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Discípulo de Gentile de Fabriano, é autor de numerosos cadros relixiosos nos que a pintura veneciana comezou a afastarse da tradición gótica. Os seus debuxos, que conteñen perspectivas de arquitectura, constituíron durante moito tempo fonte de temas para a grande Escola Veneciana dos ss XV e XVI, da cal foi pioneiro. Foi pai de Gentile e Giovanni e Bellini. Entre as súas obras destacan A Virxe e o neno e A Anunciación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico italiano, foi profesor de Anatomía na Universidade de Pisa e médico dos duques da Toscana. É autor dun estudo básico sobre a estrutura do ril (1662) e doutros sobre a fisioloxía do sentido do gusto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Empezou a súa formación musical da man do seu pai, mestre de capela e profesor de música en Catania, para logo continuala no Conservatorio de Nápoles. Neste centro estreou a súa primeira ópera Adelson e Salvini, sobre un libreto de Tottola. Nas súas primeiras óperas, a voz humana afastouse da ornamentación recargada dos epígonos de Rossini e introduciuse nun mundo melancólico e pasional. Trasladouse a Milán e alí, en 1827, estreou a ópera Il pirata (O pirata), con libreto de Felice Romani. A partir desta data, a súa carreira profesional adquiriu un maior prestixio e foi un dos músicos máis cotizados da época. En 1833 trasladouse a París, onde trabou amizade con Rossini. Toda a súa obra caracterizouse por unha pureza da melodía e polas súas arias, nas que o bel canto estaba cheo de emotividade e sentimento. Entre as súas óperas destacan: Zaira (1829), I Capuletti e i Montecchi (Capuletos e Montescos, 1830), La sonnambula...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das asteráceas ao que pertence a belorita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción italiana do ano 1951 dirixida por Luchino Visconti e interpretada por Anna Magnani, Walter Chiari, Tina Apicella e Gastone Renzelli. Na Italia da posguerra Magdalena desexa un futuro mellor para a súa filla e tenta convertela nunha estrela do cine. Non obstante fracasa e sofre as humillacións do director e do seu equipo. Perdida a esperanza, xorde a oportunidade dun contrato, pero ela rexéitao, desenganada do mundo do cine.
-
PERSOEIRO
Poeta sueco. Fíxose famoso como compositor de odas e cancións á vida e ao amor. Burlesca, satírica e de gran lirismo, a súa obra foi recollida en Fredmans Epistlar (1790) e Fredmans sänger (1791).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento de Antioquia, Colombia, ao N de Medellín (304.819 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Forma castelá correspondente ao apelido Belo.
-
Liñaxe procedente da vila de Monterrei. Nos tratados heráldicos pode aparecer representada tamén coa variante gráfica Vello. Estendeuse polas provincias de Ourense e Lugo, e pasou logo a Asturias, León e Salamanca. As súas armas levan, en campo de azul, dous bordóns de prata; bordo de ouro, con cinco veneras de goles. Algúns engádenlle vinte e catro medias lúas coas puntas cara a abaixo. Outras variantes ostentan: en campo de goles, cinco veneras de ouro, postas en aspa.
-
-
GALICIA
Arqueólogo e director do Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón da Coruña. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse no megalitismo galego e na Coruña romana. Os seus traballos de campo máis salientables foron a escavación do dolmen de Dombate e da Torre de Hércules da Coruña. Froito destes traballos son as obras La cultura megalítica de la provincia de La Coruña y sus relaciones con el marco natural: implicaciones socio-económicas (1987), xunto con Felipe Criado Boado e José María Vázquez Varela, Galicia na prehistoria (1996), xunto con Antonio de la Peña Santos, La Coruña antes de Roma: prehistoria (1994), La Coruña romana y altomedieval: siglos I-XII (1994). Así mesmo, coordinou o volume Ciudad y Torre: Roma y la Ilustración (1991), e colaborou nas obras Fuentes para el estudo de la Torre de Hércules (1991), Patrimonio e cidade (1994), Arqueoloxía e arte...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios de Ferrol e en 1901 trasladouse a Madrid onde ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, onde coñeceu os irmáns Zubiarre e a José Gutiérrez Solana. As súas primeiras obras (A Victoria de Samotracia e O Deus Baco) seguen as ensinanzas académicas no tratamento técnico e na colocación das escenas. Participou na Exposición Rexional de 1912 con oito lenzos, sete deles paisaxes. O interese pola paisaxe está relacionado co coñecemento da pintura realizada pola denominada Xeración Doente, co descubrimento da pintura inglesa de Turner e Constable, así como coa difusión do modernismo paisaxista de pintores cataláns como Rusiñol e o recoñecemento da pintura de Francisco Lloréns. En 1913 realizou en Ferrol a súa primeira exposición individual na que presentou vinte lenzos paisaxísticos, onde empregou unha pincelada pequena que buscaba o detalle e a minuciosidade, ao mesmo tempo que introducía ruínas ou gando como tema central,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e político. Estudiou Dereito en Madrid onde traballou como pasante no despacho de Xosé Canalejas Méndez; sen embargo, finalmente se dedicou por completo á política e ao xornalismo. Foi redactor dos diarios El Heraldo de Madrid, El Imparcial, España, El Sol e director de El Liberal de Bilbao e Luz. Tamén fundou revistas como Crítica, Revista de Letras ou Europa, esta última precursora da revista España que, dirixida por Ortega y Gasset, tiña entre os seus colaboradores a Luis Bello, situación que se volveu repetir despois na revista Faro. Xunto cos homes da Xeración de 1914 asinou o manifesto fundacional da Liga de Educación Política. En 1916 foi elixido deputado, cargo que tamén ocupou durante a Segunda República desenvolvendo unha intensa actividade: pertenceu á comisión encargada de redactar a Constitución e presidiu a comisión do Estatuto Catalán. Nesta época tamén foi membro do padroado...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político nixeriano. Foi líder relixioso da poboación musulmá da provincia de Sokoto e desempeñou varios cargos ministeriais na súa rexión ata que en 1954 foi nomeado primeiro ministro da mesma. En 1961 foi elixido como vicepresidente da Liga Musulmana Mundial. Morreu na revolta de xaneiro de 1966.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista e político latinoamericano. Estudiou e traduciu os clásicos gregos e latinos, ademais de investigar sobre o teatro clásico español. Ao iniciarse o movemento de independencia (1810), foi nomeado secretario da misión diplomática, presidida por Simón Bolívar, acreditada diante do goberno inglés. Entre 1826 e 1827 publicou Alocución a la poesía e Silva a la agricultura de la zona tórrida, primeiro manifesto literario a prol da emancipación das letras do continente americano de fala española. En Santiago de Chile, onde residiu desde 1829, realizou un continuo traballo de polígrafo e foi o orientador das repúblicas hispánicas independentes. Foi nomeado membro honorario da Real Academia Española. Colaborou nas revistas Repertorio Americano e Biblioteca Americana, ademais de dirixir o Araucano, diario oficial de Chile. Do conxunto dos seus escritos cómpre destacar a Gramática de la lengua castellana (1847) e o Código Civil de Chile...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Entre os seus traballos destaca o realizado no retablo da colexiata de Xunqueira de Ambía en 1535.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista inglés de orixe francesa. Polemista fecundo, propugnou unha cristiandade europea e democrática. Publicou poemas, novelas, libros de viaxes, ensaios histórico-sociais e atacou o gran capitalismo e o estatismo socialista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Santiago de Compostela. As súas armas levan, en campo de azul, un outeiro cunha caverna pequena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Realizador cinematográfico italiano. Dirixiu numerosos filmes de denuncia contra a opresión das autoridades civís e familiares, o exército e contra todo tipo de poder. O erotismo e o estupro son outras temáticas tratadas por este realizador. Dirixiu La colpa e la pena (A culpa e a pena, 1961), La Cina è vicina (A China está próxima, 1967), Marcia Trionfale (Marcha triunfal, 1977), Gli occhi e la bocca (Os ollos e a boca, 1982), Diavolo in corpo (O diaño no corpo, 1986) e Il Principe di Homburg (O Príncipe de Hamburgo, 1995). Obtivo o Oso de Prata de Berlín en 1990 por La condanna (A condena).