"Duca" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 137.

  • Entidade pública creada en 1975 e adscrita ao Ministerio de Educación e Ciencia. O seu obxectivo é estender e perfeccionar o sistema de educación especial, concibido como proceso formativo integrador das diversas orientacións, actividades e atencións pedagóxicas para a integración na sociedade das persoas que requiren esta formación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei que, despois da Lei Moyano, inaugurou un novo estado social e político: o nacionalcatolicismo. Deu prioridade aos valores e contidos relixiosos e patrióticos sobre os esencialmente educativos. A educación entendeuse como unha tarefa que correspondía á familia, á Igrexa e ao Estado, mentres o mestre só tiña unha autoridade delegada. Prohibiuse a educación mixta, de maneira que se segregou a mestres e mestras e a alumnos e alumnas en centros masculinos ou femininos, segundo o caso. A formación intelectual, física e profesional organizouse nun plan cíclico dividido en catro períodos: iniciación (maternal e párvulos), elemental (6 a 10 anos), perfeccionamento (10 a 12) e iniciación profesional (12 a 15). O ensino só era obrigatorio entre os 6 e os 12 anos e, ao rematar, obtiñan a cartilla de escolaridade e un certificado de estudios primarios. Regulamentouse a inspección, a formación do maxisterio e mesmo a súa actuación profesional, administrativa, económica e disciplinar. Foi tamén o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei Orgánica 10/2002, de 24 de decembro, que supón, sobre todo, un cambio da filosofía educativa con respecto á LOXSE. Sen publicar un Libro Branco, aprobouse unha norma que desbota os piares básicos da Reforma LODE/LOXSE: a escola participativa e o modelo comprensivo. A LOCE implantou un dobre sistema de segregación do alumnado: polo currículo e por centros. Aínda que nun principio podería pensarse que a principal forma de segregación reside na determinación de itinerarios diferenciados a partir do 2º ciclo da ESO ou na creación dos Programas de Iniciación Profesional (PIP), o certo é que se produciu fundamentalmente debido ao novo sistema de avaliación e promoción. Recuperouse a repetición de curso, os exames extraordinarios de setembro ou xullo e a reválida. Por outra banda a lei estendeu o réxime de concertos á escola infantil e o ensino da relixión católica volveu recuperar valor académico. A LOCE arremeteu contra o modelo de escola participativa e incrementouse o poder dos directores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei, aprobada en 1990, que pretendeu adaptar o sistema educativo á realidade da sociedade española. En 1987 presentouse o Proyecto para la Reforma de la Enseñanza. Propuesta para debate, que foi completado en 1988 cun anexo dedicado ao ensino técnico-profesional. A redacción definitiva do proxecto quedou rematada en abril de 1989 para ser publicado como Libro Blanco para la Reforma del Sistema Educativo en que se analizaba a realidade educativa española e se xustificaba a súa necesidade ao tempo que se fixaban os seus obxectivos e se organizaban, na súa totalidade, os niveis educativos non universitarios. Intentou dar unha correcta solución aos problemas especificamente educativos de España. Desde o seu enunciado terá como tarefa fundamental a de solucionar os erros de concepción, as insuficiencias e as disfuncionalidades do sistema educativo. Ampliou a educación básica ata os 16 anos en condicións de gratuidade e obrigatoriedade e auspiciou unha reordenación do réxime xeral de educación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei que naceu como unha norma necesaria para desenvolver harmonicamente os principios da Constitución de 1978 en materia de educación, pero tamén como unha obriga lexislativa necesaria para a converxencia europea. Rodeada dunha gran polémica e de críticas por parte de grupos conservadores e da Igrexa Católica, foi protestada cunha manifestación sen precedentes e recorrida ao Tribunal Constitucional. De aí o atraso na súa aplicación porque, se ben foi aprobada no Parlamento en 1984, non foi sancionada ata o 3 de xullo de 1985. Garantiu, por vía lexislativa, o pluralismo educativo e unhas cotas máis reais de equidade neste ámbito. Supuxo o recoñecemento oficial dunha realidade evidente: a existencia dunha dobre rede pública e privada de centros escolares. Tres foron as características coas que se definiu: 1) a financiación con fondos públicos da práctica totalidade dos centros escolares de ensino obrigatorio e, ao mesmo tempo, o control democrático desa financiación; 2) a promoción dun ensino...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei Orgánica 14/1970, de 4 de agosto, que supuxo a superación definitiva do modelo educativo anterior. Estivo precedida dun estudo sobre a realidade educativa española, que se materializou nun Libro Branco (La Educación en España. Bases para una política educativa, 1969). Naceu con vontade de innovación e axudou a trazar o mapa e o deseño do sistema escolar. Respondeu á necesidade de cualificación que a sociedade española precisaba diante dos Plans de Desenvolvemento Económico da época. De aí que se baseara no concepto de educación permanente e propuxera un sistema educativo unitario, flexible e dinámico que tentaba poñer en relación a educación co mundo do traballo. Proxectada ao abeiro do ministro J. Ll. Villar i Palasí, foi García Hoz e Ángeles Galino, entre outros, os que adaptaron o proxecto pedagóxico que lle daba forma á realidade española. Mentres Díaz Hochleitner proporcionaba unha linguaxe e unhas ideas máis internacionais ao texto. Estendeu o ensino obrigatorio e gratuíto ata...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título escocés xa posuído, como condado de Lennox , por Alwyn Lemox (?-1180?) e concedido, como ducado de Lennox , en 1581 ao conde de Lennox, Esmé Stuart (?-1583). O condado foi posuído por Xaime VI de Escocia (futuro Xaime I de Inglaterra) que en 1572 o cedeu ao seu tío Carlos Stuart (?-1576). Á súa morte en 1672 pasou ao Rei Carlos II de Inglaterra, que llo deu ao seu fillo ilexítimo Carlos Lennox (?-1723), e que continúa nos seus descendentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de maleducar.

    2. Que ou quen carece de educación e lle falta ao respecto aos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Educar mal a unha persoa ou animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de manducar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inxerir alimentos sólidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título señorial concedido en Castela (1445) a

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título señorial concedido en Castela (1479) a Luis de la Cerda y de la Vega (morto en 1501), V conde de Medinaceli, primeiro conde do Puerto de Santa María e señor de Cogolludo, que serviu os Reis Católicos nas guerras de Portugal e Granada. O IX duque, Luis Francisco de la Cerda y de Aragón-Folc de Cardona-Córdoba , duque de Cardona e de Soborg, foi vicerrei de Nápoles (1695-1702) e primeiro ministro de Filipe V. Ao morrer sen fillos, todos os seus títulos e posesións pasaron aos Fernández de Córdoba, duques de Feria. En 1520 foi anexada ao ducado a grandeza de España. O condado de Medinaceli concedérase en 1368 a Bernardo de Bearn (morto cara a 1381), fillo do conde Gastón III de Foix. O seu neto, e terceiro conde, Luis de la Cerda y de Mendoza (morto en 1447), foi avó do primeiro duque de Medinaceli. Desde 1956 a XVIII duquesa de Medinaceli é Victoria Eugenia Fernández de Córdoba y Fernández de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1071-1078), fillo e sucesor de Constantino X. O seu reinado foi unha sucesión de desastres: insurrección dos búlgaros, incursións dos pechenegos en Macedonia e Tracia ou revoltas dos selxúcidas en Armenia. Impotente para afrontar unha situación tan difícil, abdicou e abrazou o estado eclesiástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Antiga rexión histórica de Italia, que se enmarcaba nos actuais territorios de Emilia-Romaña, Marcas e a República de San Marino, que deu nome, a partir do s XII, a unha liñaxe nobre italiana de tradición xibelina. Tense noticia dun primeiro conde de Montefeltro, chamado Antonio , que obtivo o título nobiliario de Federico I Barbarrubia. Oddantonio da Montefeltro foi nomeado duque de Urbino en 1443 e foi sucedido, ao ano seguinte, polo condottiere Federico da Montefeltro . Á morte do seu fillo, Guidobaldo da Montefeltro (1472-1508), o ducado de Urbino pasou a Francesco Maria della Rovere.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Territorio formado por Sidhirókastron e a parte meridional de Tessalia. Foi conquistado polo duque Afonso Federico de Aragón (1319) con tropas catalás, e constituído ducado o mesmo ano, uniuse ao Ducado de Atenas. Estaba gobernado por capitáns que dependían do Reino de Sicilia. Caeu en mans dos florentinos (1390) e deixou de pertencer efectivamente aos reis de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título ostentado por diversos membros da nobreza inglesa. Foi outorgado por vez primeira en 1397 a Thomas Mowbray (? 1366?-Venecia 1399), conde de Nottingham desde 1383. Formou parte do grupo de nobres que de 1387 a 1389 forzaron a Ricardo II de Inglaterra a someterse á súa vontade. Esta dinastía ducal extinguiuse coa morte do cuarto duque, John (1444-1476). Ricardo III de Inglaterra restableceu o ducado en 1483, concedido a Thomas Howard (? 1430?-Bosworth 1485) e continuado pola súa familia. O título ducal ía acompañado, ademais, da dignidade de gran mariscal do reino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en Xenebra en 1925 como organización non gobernamental e privada. Tiña como obxectivos centralizar a documentación relativa ao ensino, interesarse na investigación científica referente á educación e servir como centro de coordinación para institucións e asociacións interesadas na educación. Foron membros fundadores da OIE Edouard Claparède, Pierre Bovet, primeiro director, e Adolphe Ferrière. En 1929 converteuse na primeira organización intergobernamental educativa ao ampliar a súa composición aos gobernos e ao manter o acceso a institucións públicas e organismos internacionais. Ao mesmo tempo, Jean Piaget foi nomeado director da OIE, cargo que ocupou case coarenta anos. A partir de 1934, organizou a Conferencia Internacional de Instrución Pública (ou Conferencia Internacional de Educación). En l969, a OIE entrou a formar parte da UNESCO, aínda que mantendo a súa autonomía e ocupándose de tres áreas principais: a organización das sesións da Conferencia Internacional de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Territorio francés segregado da coroa real e erixido en 1344 sobre o antigo condado carolinxio de Orléans (posesión dos Robertinos ou Capetos do s X) polo Rei Filipe VI de Francia para o seu fillo Filipe I de Orléans , morto sen descendencia en 1375. Despois de volver a mans da coroa francesa, o Rei Carlos VI concedeullo ao seu irmán Luís de Francia ( Luís de Orléans ) en 1392. O seu sucesor, Carlos de Orléans , foi pai de Luís XII de Francia ( Luís II de Orléans ). Segregado unha vez máis da coroa en 1626, foi outorgado por Luís XIII de Francia ao seu irmán Gastón de Francia ( Gastón I de Orléans ). En 1660 Luís XIV de Francia concedeullo ao seu irmán Filipe II de Orléans (pai de María Luísa de Orléans e de Filipe III de Orléans e avó de Luís III de Orléans e de Luísa Isabel de Orléans ). O seu tataraneto foi ...

    VER O DETALLE DO TERMO