"ILE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • PERSOEIRO

    Escritor italiano, coñecido tamén co pseudónimo de Gian Alesio Abbattutis. Cultivou a poesía na súa obra Muse napoletane (1635) e a narración curta, á maneira de Boccaccio, en Lo cunto de li cunti ovvero lo Trattenimiento de peccerille (1634-1636).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do cantón de Basilea-Cidade (Basel Stadt), Suíza, (171.170 h [1998]). Esténdese polas dúas beiras do Rin preto da fronteira con Francia e Alemaña. A súa situación, ao lado da vía fluvial cara ao NO de Europa, converteuna nun importante centro de transporte e comunicacións, por onde se canalizan dende o s XIX unha gran parte das exportacións suízas. A cidade posúe un dos centros de ensino superior máis antigos do mundo, a Universidade de Basilea, fundada en 1460. Foi sede das famosas Bibelgesellschaft (1804) e Evangelische Missionsgesellschaft (1815). Entre os monumentos máis sobranceiros destacan a Catedral (edificada no s XI en estilo románico e refeita no s XIV, en gótico), o Spalentor (s XV) e a Casa da Cidade (1513). Fortificada por Valentiniano no 374, foi devastada polos hungaros (917) converténdose o señorío da cidade en episcopal. Nun principio, a burguesía mantivo unha loita permanente contra o Bispo e, máis tarde, contra os Habsburgo, ata conseguir a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo cantón de Suíza, situado ao NO do país, na fronteira con Francia e Alemaña, nas ribeiras do Rin e do seu afluente, o Wiese. Incorporado á Confederación Helvética desde 1501, dividiuse desde 1833 en dous cantóns, Basilea-Cidade e Basilea-Campiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da mitoloxía grega, filla de Urano e de Titea, e irmá dos Titáns. Casou co seu irmán Hiperión do que tivo dous fillos, Selene (a Lúa) e Helios (o Sol).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convenios monetarios asinados o 24 de abril de 1972 no ámbito da CEE. Establecen a rede monetaria europea baseada no encollemento voluntario das marxes de flutuación entre moedas europeas, o que reducía a diferenza máxima entre dúas moedas europeas a 2,25%. As dificultades dalgúns países (Gran Bretaña, Irlanda, Italia, Francia) para respectar este acordo debilitaron a vida da rede, que foi substituída en marzo de 1979 polo Sistema Monetario Europeo (SME).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principado eclesiástico do Sacro Imperio, no círculo do Alto Rin, que se estendía polo Xura ata alén do Rin. Cando se introduciu a Reforma na cidade (1528-1529) o Bispo abandonou Basilea e retirouse a Porrentruy. A Paz de Viena (1815) atribuíu a maior parte do territorio ao Cantón de Berna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Decimo sétimo concilio ecuménico, convocado polo Papa Martiño V para proseguir a obra reformadora do Concilio de Constanza, resolver o problema husita e unir as igrexas latina e grega. Estivo vixente dende o 1431 ata o 1449. A inseguridade de Basilea levou ao Papa Uxío IV a suspendelo e trasladalo a Boloña, decisión que foi freada pola oposición dos padres conciliares, defensores da superioridade do Concilio sobre o Papa. Ao cabo de dous anos de loita e logo de acadar os padres de Basilea a paz cos husitas, o Santo Padre declarou lexítimo o Concilio. A radicalización da actitude reformista antipontificia dos membros do Concilio provocou un novo enfrontamento ao trasladar o Sumo Pontífice a súa celebración a Ferrara (1437). Os que permaneceron en Basilea condenaron o Papa de herexe e nomearon o último antipapa, Félix V (Amadeo VIII de Savoia). O éxito do concilio papal de Ferrara-Florencia e o achegamento dos reis ao Papa deixou sen axuda aos axuntados en Basilea, que se trasladaron a Lausana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación conxunta dos dous tratados concluídos en 1795 por Francia con Prusia e España, que poñían fin á primeira guerra contra a Revolución Francesa. Por estes tratados, Prusia recoñecía a República francesa e cedíalle a marxe esquerda do Rin, mentres que Francia se retiraba das prazas que ocuparan en territorio español a cambio da parte oriental da illa de San Domingos. O tratado incluía, nunha claúsula secreta, o recoñecemento de privilexios comerciais para Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CANTÓNS

    Cantón de Suíza (518 km2; 255.305 h [1998]). A capital é Liestal (12.300 h [1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CANTÓNS

    Cantón de Suíza (37 km2; 193.053 h [1998]). A capital é Basilea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra empregada entre os antigos gregos para designar un dos principais cargos dos seus gobernos. Aparece documentada desde a época micénica, cando designaba o gobernador dunha área determinada. Ao principio da época arcaica, o basileo identificábase co Rei, pero a evolución política cara á oligarquía aristocrática fixo que o cargo quedase reducido a designar o maxistrado que se encargaba do culto dos deuses patróns da cidade. Só en Esparta se mantivo o título durante o período clásico. Durante a época helenística retomou o seu sentido de monarca, e foi usado polo Rei dos persas e por Alexandre o Grande. Posteriormente, foi atribuído aos emperadores romanos e bizantinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción italiana realizada en 1982 e dirixida por Fabio Carpi. Foi interpretada por Héctor Alterio, Omero Antonutti, Pierre Malet e François Simon. A unión existente entre un cuarteto de músicos creba pola morte dun deles. Coa incorporación dun violinista novo saen a relucir rancores agochados despois de moitos anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Foi o inventor inventor do telégrafo múltiple que leva o seu nome, do que obtivo a primeira patente en 1872. En 1876 estableceu o aparello definitivo de cinco teclas capaz de formar 32 signos alfabéticos distintos. O sistema Baudot foi aplicado en 1879 na liña París-Lyon e en 1887 na de París-Roma. En 1894 creou o retransmisor automático. As súas innovacións foron adaptadas aos cables submarinos por Picard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Fillo de Iacopo Bellini e irmán de Giovanni Bellini, co que colaborou en diversas ocasións. Estivo influenciado polo seu cuñado Mantegna. En 1479 a Señoría de Venecia enviouno á corte do Sultán Mehmet II en Constantinopla (1479-1481), o que influíu moito na súa sensibilidade polas formas pitóricas orientais (A predicación de san Marcos en Alexandría). A súa pintura, dun gran valor documental, reflicte un interese vivo pola vida da súa cidade que describiu con espectacularidade (Procesión da reliquia da santa Cruz, 1496 e Milagre da ponte de san Lourenzo, 1500). Foi un retratista excelente (Mehmet II).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Catedrático de Gramática Comparada no Collège de France e secretario da Societé de Lingüistes de Paris. Adscríbese á corrente estruturalista. Fixo importantes achegas ao eido da Gramática Comparada, no que destacou polo seu dominio do indoeuropeo. A importancia dos seus traballos débese, por unha banda, ao seu interese pola cultura dos pobos, que supuxo unha reformulación da lexicografía anterior e da semántica, que tradicionalmente privilexiaba como obxecto de estudo os aspectos puramente fonolóxicos e, pola outra, á súa agudeza filolóxica, que o levou a empregar rigorosas análises textuais como base das súas hipóteses, e a verificalas por medio da nova luz que lanzaban sobre os textos. Posteriormente, foise orientando cara á Lingüística Xeral, atendendo a aspectos concretos da Morfoloxía, Sintaxe, Lexicografía e Semántica, a miúdo cuestionando as metodoloxías e orientacións teóricas tradicionais. Nesta área cómpre citar a súa achega ao debate sobre o principio de arbitrariedade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa automobilística francesa fundada en Lyon (1894) por Marius Berliet. Desde 1967 quedou estreitamente vencellada á empresa Citroën. Na súa orixe fabricaba automóbiles e camións, pero desde 1939 dedicouse só a camións. En 1975 foi integrada na Renault e en 1980 desapareceu a marca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escritor. En 1884 ingresou no taller de Fernand Cormon onde coñeceu a Van Gogh, Toulousse Lautrec e Louis Anquetin, con quen desenvolveu a técnica do cloisonnisme. En 1887 pintou en Pont-Aven o primeiro cadro sintetista, técnica que desenvolveu Gauguin. Defendeu a arte de Cézanne. De 1894 a 1904 viaxou por Italia, Exipto e a Península Ibérica, e retornou a un academicismo italianizante. Cultivou tamén a tapicería e a ilustración de libros. Publicou poemas, ensaios e artigos na Rénovation Esthétique (1905-1910) e as cartas de Van Gogh en 1893.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte. Foi profesor na Universidade de Lyon, conservador do museo de Jacquemart-André e director da Gazette des Beux-Arts. É especialista en arte medieval hispánica e do sur de Italia. Escribiu: Les primitifs espagnols (Os primitivos españois, 1906-1909), e dous volumes sobre a pintura hispánica da Baixa Idade Media na Histoire de l’art (Historia da arte, 1908 e 1911) dirixida André Michel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos betsileos.

    2. Individuo dun pobo betsileo do grupo malgache.

    3. Pobo do grupo malgache instalado no centro de Madagascar. A base económica tradicional do millón de individuos que integran o grupo é a agricultura, fundamentalmente de arroz, que cultivan mediante un sistema de regadío por canles. Así mesmo, destacan como artesáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora romanesa en lingua francesa. Tratou temas sobre persoeiros, autobiográficos e recordos persoais cunha visión aristocrática. Escribiu, entre outras obras, Le perroquet vert (O loro verde, 1924) e Fevilles de calendrier (Follas de calendario, 1939).

    VER O DETALLE DO TERMO