"Mur" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 248.
-
SERRAS
Sistema montañoso situado nas parroquias de Pacios e Piñeira (A Fonsagrada). As súas altitudes máximas oscilan entre os 1.000 e os 1.111 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Muros ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Muros.
-
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Chantada. Construíuse en estilo románico durante o século XII. Consta dunha única nave, con muros de cantaría de granito e cuberta a dúas augas, e dunha ábsida cuadrangular. No lado sur, leva anexada unha capela. Durante o s XVIII reedificouse, de xeito que se construíu unha nova ábsida e a capela, que se comunica interiormente coa nave. Da factura románica só se conserva o muro frontal, rematado en espadana con dous vans e dúas portadas: a principal, con arco de medio punto con arquivoltas e tímpano historiado, e a portada norte, da que sobresae o dintel pentagonal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de murar.
-
Que está cercado cun muro.
-
-
GALICIA
Biólogo. Doutorouse en Ciencias Biolóxicas na Universidad Complutense de Madrid (1972). Investigador científico e xefe do departamento de Biotecnoloxía e Acuicultura do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, foi director do Instituto de Investigaciones Pesqueras (1983-1987) e vicedirector do Instituto de Investigacións Mariñas (1990-1994). As súas investigacións centráronse na análise residual, dinámica ambiental, metabolismo e aspectos tóxicos dos compostos organoclorados, na calidade microbiolóxica das augas litorais e na súa influencia no cultivo de moluscos, na biorremediación en ambientes mariños, na produción de probióticos e probiontes, na depuración e bioconservación microbiana de residuos da industria alimentaria e na aplicación de modelos matemáticos a procesos de bioconservación, operación e deseño de bioreactores. Membro do consello editorial da revista Investigaciones Marinas, os seus artigos son habitualmente citados en Science Citation Index (SCI). Das súas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Coñecido como Antonio Murado, as súas pinturas movéronse entre a figuración expresionista e a abstracción, incluíndo o tratamento de xéneros artísticos tradicionais, que se reflectiron nas series Árbores, Marañas ou Perspectivas. Nos seus lenzos, de gran formato, as figuras, paisaxes e naturezas mortas representan unha excusa para a investigación continua sobre a percepción e a representación. Destaca o seu lenzo Susana e os vellos (1989) e as súas ilustracións nos libros Bestiario de descontentos e De soños e derribos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guionista, escritor e xornalista. Arqueólogo de formación, foi reporteiro de guerra nos Balcáns e en Xerusalén, ocupou distintos cargos na Autoridade Nacional Palestina e traballou como correspondente para Europa Press, Radio France Internationale e El Mundo. Presidente da Asociación Galega de Guionistas, fixo unha ducia de guións para documentais, series de televisión como Mareas Vivas e Pratos Combinados e películas como La Ley de la Frontera (1995) e Finisterre (1998). É autor de obras en case todos os xéneros literarios, publicou novelas como Metamorfosis benezianas (Premio Café Gijón, 1983), os libros de relatos Memoria de derribos (1987), Ruído, relatos de guerra (1995) e Mércores de cinza (1997), os libros de poemas Bestiario dos descontentos (1986), Lapidario dos heterodoxos (accésit no IX Premio Esquío 1990) e Lapidario (2004), e dous textos dramáticos, A grande noite...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antonio José Murado López.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao gato que é bo cazador de ratos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes angüiliformes, da familia dos murénidos, ao que pertence a morea (Muraena helena).
-
-
Relativo ou pertencente a un muro.
-
Que está feito ou colocado nun muro ou parede.
-
Traballo artístico ou decorativo que se realiza ou se expón nun muro.
-
Pintura ou cerámica que se realiza sobre un muro ou unha parede. Pode facerse seguindo técnicas diversas como o fresco, a encáustica e a témpera.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Muros a partir de febreiro de 1988. Apareceu co subtítulo de “Revista informativo-cultural do concello de Muros”, e estivo coordinada polo servizo pedagóxico municipal. De periodicidade irregular, informou os cidadáns sobre ecoloxía, pesca, saúde ou deportes, e incluíu información municipal e textos literarios.
-
-
Conxunto de técnicas pitóricas de decoración desenvolvidas sobre o propio muro ou sobre un soporte de lenzo, táboa ou papel, empregado para a decoración mural.
-
Movemento artístico xurdido en México en 1910, como defensor dunha arte pública, popular e revolucionaria. Impulsado polo secretario de Educación, José Vasconcelos, foi apoiado polo Sindicato de Trabajadores Técnicos, Pintores y Escultores (1922). Rexeitaba a dependencia artística de Europa e o emprego do cabalete e caracterizouse pola produción de obras monumentais que retratasen a realidade do país, revalorizando o seu pasado aborixe, as loitas sociais e os aspectos característicos da súa historia. Empregouse como decoración en hospitais, bibliotecas e edificios gobernamentais, especialmente durante a Revolución Mexicana. Desde 1930, estendeuse a outros países de América. Os representates máis destacados foron Diego Rivera, José Clemente Orozco e David Alfaro Siqueiros.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao muralismo.
-
Artista especializado en proxectar traballos de decoración mural, particularmente no ámbito da arquitectura contemporánea.
-
-
-
Conxunto de muros que forman unha cerramento ou unha barreira, xeralmente con fins defensivos, e que sufriu modificacións de acordo coa capacidade ofensiva do armamento. Así, ao aparecer a pólvora, rebaixouse o alzado para ofrecer un branco menor e ampliouse a anchura para poder soportar as pezas. Durante a Antigüidade e a Idade Media, as cidades, a imitación dos castelos, circundáronse con murallas defensivas compostas polos mesmos elementos ca os das murallas dos castelos. Conserváronse ata o s XVIII e foi no XIX, coas novas técnicas defensivas e a chegada de grandes contixentes humanos ás cidades froito da Revolución Industrial, cando estas medraron e se espallaron fóra dos muros.
-
Aquilo que ofrece resistencia e actúa como o impedimento ou a barreira dalgunha cousa.
-
-
MONTES
Monte situado no límite entre as parroquias de San Xoán de Laíño (Dodro), Fruíme (Lousame), O Araño (Rianxo) e Buxán (Rois). O seu cumio acada os 674 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fortificación situada en China, considerada como unha das máis antigas e monumentais de Asia. Destinada a protexer o territorio chinés das invasións dos pobos nómades do N, especialmente dos hunos, iniciouse baixo o goberno do Emperador Qin Shi Huangdi (s III a C), partindo da unificación de moitas das murallas xa existentes. Baixo a dinastía Ming (ss XIV-XVII) restaurouse e ampliouse ata acadar as definitivas dimensións, 6.000 km. A muralla comezaba preto do mar Bo Hai e continuaba ata o deserto de Gobi, seguindo o curso dos ríos e adaptándose aos contornos dos vales e montañas. Construíuse con terra, madeira e pedra e está formada por dous muros paralelos, interrompidos por torres, pasos e postos militares, que se uniron por medio dun camiño de considerable anchura de xeito que, ademais do seu valor defensivo, tivo un importante uso como vía de comunicación. Foi declarada Patrimonio Mundial pola UNESCO en 1987.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Burundi (1.535 km2; 441.653 h [1990]). A súa capital é Muramvya (57.442 h [1990]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo municipio de Véneto (Italia) incorporado desde 1923 á cidade de Venecia. Estableceuse sobre cinco illas separadas por un gran canal e por ríos menores. Conta cunha industria moi importante de vidros desde o s XIII, momento en que os fornos de vidro situados en Venecia foron trasladados a Murano para evitar perigos na cidade. Desde o s XV fabrícase cristal de cor, e no s XVI obtívose o cristal filigranado. Do seu patrimonio artístico destaca a basílica de Santa Maria (ss VII-XII), decorada con ricos mosaicos.