"Santiago" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 262.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de abril de 1993 polos grupos PROGRESA e PRODELCA SL e promovida polo Consorcio de Santiago. Cesou a súa edición en abril de 1995. Dirixida por Emilio González Navarro, contaba cun consello asesor formado por Javier Angulo, Vicente Araguas, Roberto Blanco, Vicente Cebrián, I. Díaz Pardo, Margarita Ledo, Marisa Blanco e X. Antonio Perozo. Ao longo dos seus oito números colaboraron, entre outros, Juan Arias, Luis Carandell, M. Vázquez Montalbán, Enrique Franco, Xosé Hermida, Jordi Solé Tura, Rafael Terra, Luis Rei Núñez, Paolo Cauci, Emma Sueiro, Carlos Ayala e Darío Villanueva. Dividida nas seccións “Opinión”, “Entrevista”, “Reportajes”, “Arte”, “Ruta” e “Agenda”, centrouse no Camiño de Santiago, incluíu diversas reportaxes, como as tituladas “Una convocatoria universal”, de Manuel Fraga e “El viejo Camino de Santiago”, de Torrente Ballester, á parte de numerosas entrevistas como as concedidas por Xerardo Estévez, alcalde de Santiago...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ortigueira. Construíuse en 1923 en estilo neogótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou na Sociedad Estímulo de Bellas Artes e foi profesor nas escolas nacionais de belas artes. Cultivou a paisaxe e o retrato. Participou na I Bienal Hispanoamericana de Madrid (1951) e na Bienal de Venecia (1952), entre outras. Recibiu o Premio Nacional (1945) e o Premio Senado de la Nación (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado arxentino. Colaborou co xeneral Paz na organización dun exército de oposición a Rosas. Acudiu como representante de Córdoba á Asemblea Constituínte de Santa Fe (1852) e, pouco tempo despois, foi nomeado presidente ata a súa disolución (1854). Elixido presidente do Estado (1860), foi derrocado pola actitude secesionista de Bos Aires e polo estoupido do conflito civil (1861). A presidencia quedou nas mans do xeneral Mitre e Derqui retirouse da política activa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Licenciouse en medicina na Universidade de Barcelona en 1959 e doutorouse en obstetricia e xinecoloxía na Universidade de Madrid en 1967. Ampliou estudios en Manchester, Xénova, París e Florencia. Traballou no Instituto de Maternidade de Barcelona (1960-1972) e, dende 1973, é o director do departamento de obstetricia e xinecoloxía do Instituto Universitario Dexeus. Foi precursor da fecundación in vitro e do control de natalidade en España. Publicou, entre outras obras, Fisiología obstétrica (1982), Así nace un niño (1985), Progreso en oncología ginecológica (1985) e Patología obstétrica (1987). É membro da Sociedad Española de Oncología, da Unidad Española de Mastología, da Sociedad Española de Citología, da Sociedad Europea de Histeroscopia, da Sociedad Española de Patología Cervical y Colposcopia e do comité científico da Sociedade Internacional de Bioética (SIBI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada a partir do 1 de abril de 1808 en Santiago de Compostela. Cesou en xaneiro de 1809, coa chegada do exército francés á cidade. Editada por Manuel Mª de Vila, a partir de agosto de 1808 pasou a mans de Pedro Rey Romero, quen a imprimiu nos obradoiros tipográficos de Xoán Francisco Montero. En novembro dese mesmo ano editouse nos talleres de Manuel Antonio Rey. Incluíu novas da guerra contra os franceses e información do Batallón Literario. Foi substituído por El Patriota Compostelano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter liberal que apareceu entre abril e maio de 1814. Creouse para loitar contra o voceiro do partido absolutista Estafeta de Santiago. Desapareceu coa proclamación do manifesto que abolía a liberdade de prensa. Entre os seus colaboradores figuraba Sinforiano López.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado entre outubro de 1848 e xaneiro de 1849 en Santiago de Compostela. Impreso nos obradoiros tipográficos de Xoán Rey Romero, constaba de catro páxinas en tamaño folio. O seu director literario foi Antonio Neira de Mosquera. Incluíu novas locais, unha sección militar e información sobre bandos, ordes reais, citas, libros, estatísticas, actos académicos, festas relixiosas e sobre o Liceo de la Juventud e o Liceo Artístico y Literario. No eido literario apareceu un vilancico de Alberto Camino titulado “Agora si que é a certa”. Os domingos entregaba un prego amodo de suplemento co título de Revista Literaria, que servía para encadernar a publicación. Continuou a súa liña editorial en El Patriota compostelano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela en 1872 e subtitulada “Periódico de intereses materiales, noticias y anuncios”. Fundada por Manuel Bibiano Fernández, quen compartía a dirección con Alfredo Vicenti, destacou como publicación liberal, polo que foi perseguida polo cardeal Payá e a censura eclesiástica. Contou coa colaboración de Alberto de Quintana. Sucesora de La Gacetilla de Santiago, a súa desaparición deu lugar á Gaceta de Galicia. Diario de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela en xaneiro de 1814 e que cesou en marzo dese mesmo ano. Substituíu á Gazeta Marcial y Política de Santiago. De tendencia liberal, estaba dirixida por Xoán Bautista Caamiña. Imprimíase na Oficina del Diario General. Ofrecía información de carácter xeral e servía de instrumento difusor da lectura e da escrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela a partir de novembro de 1894, que levou por subtítulo “Semanario escolar, festivo y literario”. Contou coas colaboracións de M. Lois Vázquez, Toñífero, Mascarita, Ramón Martínez Esparis, Látigo e Heraclio Pérez Placer. Editábase todos os sábados e imprimíase nos obradoiros tipográficos de Fernández Tafall Hermanos. Dividiuse nas seccións: “Mezclilla semanal”, “Murmuraciones”, “Plumazos”, “Por teléfono”, “Cantares” e “Charada”. No apartado literario incluíronse fragmentos de textos e de poesías, entre eles un dedicado a Ramón Núñez, de Filomena Dato Muruais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada nas Nogais. Fundada polo conde de Ayala e Monterrey en 1610, sufriu o asalto dos franceses en 1809. De planta rectangular, ten unha nave, con cuberta a dúas augas, e un presbiterio de maior altura cuberto cunha bóveda de aresta. O retablo maior é neoclásico cunha imaxe de Santiago peregrino. Conserva unha capela lateral, realizada segundo unha inscrición no ano 1628, cun arco rebaixado, unha bóveda de canón e cun retablo barroco con columnas salomónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Antas de Ulla. Segundo o testamento de Odoario foi un antigo arciprestado. Rui Fernández de Noguerol doou o terreo ao mosteiro de Vilar de Donas en 1324. O templo reedificouse no s XVIII. Ten unha nave, con cuberta de madeira a dúas augas, e unha ábsida rectangular de maior altura ca a nave e con cuberta a catro augas. O arco triunfal é semicircular. No interior destaca o retablo maior neoclásico coas imaxes de Santiago Matamouros, san Isidro e a Inmaculada. No exterior destaca a espadana de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Castro de Rei. Construída no s XVII, ten planta rectangular de nave única con cuberta de madeira a dúas augas. No seu interior destaca o retablo maior neoclásico (s XVIII), con imaxes de san Pedro, san Xosé e Santiago, un retablo renacentista (s XVII), con imaxes de santo Antonio e santa María, e un altorrelevo de Deus Pai. No exterior, destaca a espadana dun van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Participou na toma de Guetaria, Zaráuz e Bermeo (1838) polo que foi nomeado alférez. En 1841 marchou a La Habana, onde se ocupou da instrución de gardamariñas ata 1852, ano no que volveu a Ferrol como xefe interino do Arsenal. Ascendeu a capitán de fragata (1857) e foi nomeado xefe do arsenal de Cavite. En 1859 designárono comandante en comisión do Tercio Naval de Vigo e, ao ano seguinte, ascendeu a coronel de infantería. Nomeado comandante da provincia de Barcelona (1868), foi designado contraalmirante ao ano seguinte. Ministro de Mariña (1875-1879), ocupou o cargo de comandante xeral do porto de Filipinas. Foi condecorado coas cruces ao Mérito Militar e a Laureada de San Fernando, e nomeado cabaleiro das ordes de Carlos III e de san Hermenexildo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela o 1 de marzo de 1896 e que cesou a súa edición o 30 de setembro de 1938 ao fusionarse con El Correo Gallego, momento no que pasou a denominarse El Correo Gallego y El Eco de Santiago. Subtitulouse “Diario Independiente”, “Diario de Compostela” e “Diario de la tarde”. O seu fundador, director e propietario foi Celestino Sánchez Rivera. Entre os seus colaboradores figuraban Aurelio Ribalta, o marqués de Figueroa, Xoán Barcia Caballero, Armando Cotarelo Valledor, Pablo Pérez Constanti e Victoriano García Martí. A súa periodicidade era diaria, agás a partir de setembro de 1899, que deixa de publicarse os domingos. De tendencia católico-conservadora, incluíu información de carácter xeral, principalmente novas do estranxeiro (Cuba e Filipinas), de Madrid e do propio concello, asuntos económicos e unha “Sección de Modas”. Desde as súas páxinas atácase o federalista Pi i Margall, que pedía a independencia de Cuba. Así mesmo, préstaselle...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Agolada. De estilo románico, reconstruíuse en 1790. Ten planta e ábsida cadrada, que na súa orixe tiña menor altura ca a nave. A cuberta é de madeira e o arco triunfal apóiase en dúas semicolumnas pegadas con capiteis con decoración floral e bases con decoración de poutas. A fachada principal ampliouse cun campanario. Consérvanse da primitiva construción canzorros zoomórficos e en aresta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Guntín. De orixe románica, construíuse na segunda metade do s XII pero reformouse no 1793 cando se edificou a capela maior de planta cadrada. Ten unha soa nave. A fachada principal ten porta de arco de medio punto cunha tripla arquivolta que descansa sobre columnas acobadeladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imprenta creada en 1855 polo Concello de Santiago, destinada á formación profesional dos hospicianos e a cubrir a demanda de material impreso do propio concello. Principiou o seu funcionamento en 1856, baixo a dirección de Juan Rodríguez Vielsa, grazas á axuda económica prestada polos irmáns e docentes Teodoro e Ramón Varela de la Iglesia. Chamada inicialmente Imprenta da Casa Hospicio, posteriormente denominouse Escola Tipográfica do Hospicio. Mantivo a súa actividade ata os primeiros anos do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Castroverde. De orixe románica, ten nave única e ábsida semicircular. O arco triunfal é de aresta dobrado e apóiase sobre pilastras. No interior destacan os canzorros que percorren o beiril da nave e o retablo maior barroco. A fachada é de época posterior, consta de porta arquitrabada e espadana dun só van.

    VER O DETALLE DO TERMO