"Uri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 983.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín augurium que significa ‘agoiro, presaxio, presentimento’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
santo (? - 259 ?) Diácono de san Froitoso de Tarragona que morreu mártir no 259. É un dos santos máis antigos no culto hispánico, remontándose ao s VI. A súa onomástica celébrase o 20 de xaneiro.
-
-
Prefixo de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘ouro’.
-
Prefixo empregado nas palabras compostas relativas a complexos de ouro trivalente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prefixo de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘orella’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de muller procedente do latín Aurea, feminino de aureus ‘áureo, de ouro’, alcume atribuído a Venus pola riqueza dos seus templos ou pola cor do seu cabelo. Auria é o nome máis antigo de Ourense que quizais pervive en Oira; Auriense, na súa orixe, é un adxectivo derivado de Auria, aínda que tamén se documenta a variante Auregense. Levan este nome santa Auria de París (s VII), santa Auria de Córdoba e santa Auria de Ostia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista quincenal nada en 1944 en Ourense e promovida por Acción Católica, que desaparece en 1946. Dirixida por Virxilio X. López Cid, colaboraron nela: Segundo Alvarado, Alfonso Alcaraz, Segundo Fernández, Xosé Luís Varela, Pura Vázquez e Luís Ramos, entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Suplemento cultural do diario Faro de Orense aparecido o 13 de novembro de 1983. Coordinado por Marcos Valcárcel, incluíronse nel estudios de Miguel Moreiras, Xavier Ribalta, Enrique Bande e Alfredo Cid Rumbao, entre outros. Tiña dúas seccións, “Ronsel” e “Os nosos devanceiros”, nas que se recollía información cultural e textos de Otero Pedrayo, Florentino L. Cuevillas e Blanco Amor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual editada en marzo de 1997 en Ourense e subtitulada “Revista mensual de Caixa Ourense”. Dirixida por Alfonso Sánchez Izquierdo e coordinada por Fina Calleja e Xosé Platero Paz, contaba coa colaboración de Maribel Outeiriño na redacción. Incluía entrevistas con escritoras, unha antoloxía de textos xornalísticos de Otero Pedrayo, Cuevillas e Basilio Álvarez, e artigos de Marcos Valcárcel sobre a cidade de Ourense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Irmá dos santos Adolfo e Xoán. A lenda conta que morreu degolada polos mouros cordobeses. A súa festividade celébrase o 19 de xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
irxe e mártir da cidade romana de Ostia. Morreu afogada logo de ser tirada ao mar atada a unha moa de muíño. A súa festa conmemórase o 24 de agosto.
-
PERSOEIRO
Abadesa dun mosteiro de París por designación de santo Eloi, o seu fundador. Cóntanse dela varios feitos sobrenaturais: un anxo pousou na súa cabeza unha coroa luminosa, unha monxa do seu convento quedou coa boca torta por rirse das súas austeridades, etc. Morreu martirizada nunha cadeira con cravos. A súa festividade celébrase o 11 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Ourense en 1903 que non tivo continuación. Fundada por Xoán Fernández, Alexandre Cerecedo e Xerardo Álvarez Limeses, o seu director, contou coa colaboración de: Alfonso Carballo, X. Neira, Eduardo Vicenti, Emilia Pardo Bazán e Basilio Álvarez, entre outros. Informaba sobre as festas do Corpus dese ano e contiña poemas, artigos de historia, ciencia e literatura, e datos sobre as cidades de Vigo e Ourense. Incluía tamén fotografías de Pacheco (Ourense) e Ferrer (A Coruña), xunto a debuxos de Taxes e Pérez Maffei.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Seguidor de Vincent de Indy, formou parte do grupo de compositores franceses chamado Os Seis. Escribiu música para o cine, música instrumental, música orquestral, música coral, ópera cómica e ballets.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ela á maneira de coitelo que ten a forma dun trapezoide, máis ampla no fondo que no alto, e que se estende entre dúas varas (o pico e a botavara) unidas ao pau polos seus extremos dianteiros, arredor dos que poden xirar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato básico de cobre e zinc, de fórmula (Zn, Cu)5(OH)6(CO3)2. Cristaliza no sistema monoclínico, facendo agregados de cristais aciculares. É de cor verde ou azul claro, translúcido e de brillo nacarado. Ten exfoliación perfecta, dureza 2 e peso específico 4,2. Encóntrase en incrustacións sobre minerais de zinc e de cobre oxidados.
-
-
Relativo ou pertencente ao ouro.
-
Que contén ouro.
-
Dise dos compostos nos que o ouro é trivalente.
-
Tricloruro de ouro.
-
-
-
Pavillón da orella.
-
-
Cavidade do corpo dos vertebrados que conduce o sangue das veas e que o leva ao ventrículo. Ten as paredes constituídas por tecido muscular, pero non é unha bomba impulsora do sangue tan potente como o ventrículo. Os peixes teñen unha soa aurícula; no resto dos vertebrados queda dividida en dúas por un tabique vertical.
-
Cada unha das dúas cavidades do corazón de moitos moluscos. Cada aurícula recibe o sangue dunha parte do corpo.
-
-
-
Apéndice foliáceo, xeralmente pequeno, de forma semellante a unha orella, situada no pecíolo ou ben na base do limbo da folla ou doutras estruturas vexetais.
-
Lóbulo foliar inferior campaniforme dalgunhas hepáticas.
-
-
-
-
Que ten orellas ou apéndices semellantes a orellas.
-
Que ten aurículas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao oído ou á orella.
-
-
Relativo á audición.
-
confesión auricular
Confesión feita ao oído, privadamente.
-
testemuña auricular
Testemuña que escoitou a quen falou.
-
-
-
Transdutor electroacústico que transforma un sinal eléctrico en ondas de son e que, a diferenza dun altofalante, se dirixe directamente á orella do oínte. Hai auriculares electrodinámicos (os máis xeneralizados), electromagnéticos, electroestáticos e piezoeléctricos. A resposta de frecuencia dun bo auricular vai dende os 16 aos 22.000 Hz.
-
Parella de elementos, unidos por unha banda elástica de plástico ou metal, que se adapta aos pavillóns do oínte grazas ao acolchamento que os envolve e á lixeira presión que exerce a banda. Cada un deles recibe unha canle do sinal estereofónico.
-
-