"dición" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 101.

  • Expedición de voluntarios, chamados tamén camisas vermellas, que baixo a dirección de Giuseppe Garibaldi, conquistaron Sicilia e o Reino de Nápoles (maio de 1860).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Na determinación dunha función u que satisfai a ecuación de Laplace

    FORMULA

    definida nunha rexión R do plano e tal que u sexa regular e continua en R e na súa fronteira F, condición que consiste en considerar coñecida a derivada normal du/dn da función u enriba da fronteira F.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Vigo en 1998 coa vontade de recuperar a memoria galega a través de libros coidados e ilustrados. Con Gonzalo Allegue Otero como director, a súa liña editorial centrouse no ensaio, o turismo, a historia e a etnografía. Destacan as coleccións “Retrato de Galicia”, “Andaina”, “Libros da Brétema” e “Colección Maior”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial que se creou en Vigo en 1984 co obxectivo de espallar a cultura galega. Dirixida por Carlos del Pulgar, dedícase á publicación de libros de arte en todas as súas manifestacións, así como á recuperación de documentos históricos sobre Galicia para a súa edición facsimilar. En 1997 iniciou o proxecto Artistas Galegos, unha colección de 27 volumes onde se recollen as obras e os artistas máis importantes do ámbito galego. Desde 2000 realiza as edicións en galego e portugués da colección Nova Galicia Arte, compilación de monografías dos pintores máis importantes da historia universal, dirixida por Antón Pulido. Destacan as súas coleccións A Nosa Terra 1916-1936, A Nosa Terra Exilio 1942-1972, O Tio Marcos d’a Portela e Nós.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de perderse unha persoa debido a unha paixón, delito, vicio ou outra causa.

    2. Dano ou prexuízo moi grave.

    3. Causa ou motivo que provoca un grave dano.

    4. Aquilo ao que unha persoa non se pode resistir.

    5. Condenación eterna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de polimerización que se produce pola interacción de grupos funcionais de distintas moléculas do monómero sen eliminación de ningunha molécula pequena, a diferenza das polimerizacións por condensación ou policondensación. Son exemplos característicos, as reaccións entre glicois e diisocianatos para formar poliuretanos, e as polimerizacións por abertura de anel, como a transformación do óxido de etileno en polietilenglicol e a da caprolactama en poliamida (nailon-6).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de predicir.

    2. Cousa que se predí.

    3. Previsión do tempo que fará nun futuro próximo a partir da información meteorolóxica presente, representada sinopticamente nun mapa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reeditar.

    2. Nova edición dunha obra ou publicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reexpedir. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efcecto de refundir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de render ou renderse.

    2. Acción de presentar, ante quen corresponda, a relación de gastos e ingresos dunha administración ou xestión para que poida ser comprobada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Madrid a partir de 1944. Editada polo CSIC, incluíu investigacións dialectolóxicas, etnográficas e antropolóxicas, atendendo á diversidade lingüística da Península. Incluíu numerosos artigos asinados por expertos sobre literatura popular, folclore e tradicións. O seu primeiro director foi Vicente García de Diego, que foi subtituído por Xulio Caro Baroja a partir de 1988. A partir de 1989 publicou só estudos de antropoloxía e etnografía e, a partir de 1994, trocou a súa periodicidade de trimestral en semestral. En 1996 tomou o relevo na dirección Concha Casado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Delito que consiste no alzamento público e tumultuario para impedir, pola forza ou fóra das vías legais, a aplicación das leis, o lexítimo exercicio das súas funcións ou o cumprimento dos seus acordos a calquera autoridade.

    2. Ataque colectivo á disciplina militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial creada por Olegario Sotelo Blanco en 1980. Cun catálogo de máis de 1.000 títulos, mantivo sempre unha liña independente e comprometida coa cultura galega. Nos seus comezos dedicouse a un labor de recuperación cultural mediante a edición de facsímiles e libros de conversas con persoeiros, ademais de iniciar unha liña de apoio a xéneros como a poesía, o teatro e a narrativa a través das coleccións “Leliadoura” (onde escribiron autores como Avilés de Taramancos, Manuel Rivas, X. Rábade Paredes e Xavier Seoane), “A Biblioteca do Arlequín” (con M. A. Fernán-Vello, E. Blanco Amor, M. Núñez Singala) e “Medusa” (X. L. Méndez Ferrín, R. Carvalho Calero, Xurxo Borrazás, Alfredo Conde, Pilar Buela e Teresa Moure). Na década de 1990 abriu a súa propia distribuidora e a súa sede en Santiago de Compostela. Desde 1990 publica, ademais, a revista trimestral A Trabe de Ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en 1963 por Raimundo Susaeta. Destaca na edición de libros infantís e xuvenís no mercado español e unha das principais editoriais de libros de cociña, xardinaría ou bricolaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de feitos históricos, coñecementos, valores, crenzas, prácticas ou costumes que se transmiten de xeración en xeración.

      2. Transmisión deses costumes.

      3. Transmisión do dominio dunha cousa en virtude dun contrato. Pode ser efectiva ou simbólica, segundo se efectúe a entrega directa da cousa ou só algún elemento que permita o seu dominio. É consensual cando se realiza por consentimento e documental cando se efectúa mediante a entrega dos documentos ou títulos representativos da cousa.

    1. Feito de que algo forme parte do conxunto de costumes e usos que se transmiten de xeración en xeración.

    2. Fonte da doutrina revelada xunto coa Biblia. Trátase de todo o que os apóstolos transmitiron oralmente do que aprenderan de Xesús Cristo e do que o Espírito Santo lles revelou. Negada polos reformadores do s XVI, o Concilio de Trento proclamou que a revelación se contiña na tradición e nas Sagradas Escrituras. O Concilio Vaticano II afirmou isto na constitución dogmática sobre a revelación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á tradición.

    2. Que existe desde hai tempo.

    3. Que é partidario da tradición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina filosófico-relixiosa aparecida no catolicismo francés da Restauración, en oposición ao pensamento ilustrado que inspirou a Revolución de 1789. Afirmaba a necesidade da monarquía e da Igrexa como vehículos polos que o home chegaba ao contido dunha revelación divina primitiva constituída polas verdades teóricas e prácticas fundamentais. Os seus representantes máis destacados foron L. de Bonald, J. de Maistre, F. R. Lamennais e L. Bautain, e, en España, Juan Donoso Cortés.

    2. Doutrina política que defende a soberanía real exercida a través das institucións propias da sociedade foral e estamental. En España foi adoptada polo carlismo, e implicaba o retorno á monarquía absoluta, baseándose na tese da lexitimidade da lei sálica, no dereito divino da monarquía e, polo tanto, na defensa decidida da relixión católica. Posteriormente, esta doutrina procurou unha xustificación histórica na identificación da monarquía absoluta cunha suposta monarquía tradicional medieval. Esta identificación completouse co recoñecemento dos foros ou leis tradicionais dos diferentes reinos da monarquía hispánica. Despois da Terceira Guerra Carlista, Juan Vázquez de Mella fundou o Partido Tradicionalista. Na Segunda República Española creouse Comunión Tradicionalista que en 1937 foi un dos integrantes de Falange Española Tradicionalista e das Jons.

    3. Afección ás cousas tradicionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao tradicionalismo.

    2. Partidario do tradicionalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Autoridade, poder, potestade ou dominio que se exerce sobre outro.

      2. Poder de fixar o dereito que posuían os maxistrados, os pretores e os edís.

      3. Potestade ou facultade que ten un estado ou unha autoridade para aplicar as leis, a través dos órganos legalmente constituídos para iso, mediante a administración de xustiza.

      4. Conxunto de atribucións de carácter xudicial que lle corresponden a un órgano nun territorio determinado.

      5. xurisdición ca­nó­nica/ecle­siás­tica /

        Conxunto de facultades empregadas para o goberno da Igrexa e dos seus fieis, cuxa autoridade corresponde, como máximo representante de san Pedro na terra, ao Papa.

      6. xurisdición contenciosa

        Potestade que un xuíz exerce nun proceso xudicial sobre as pretensións ou dereitos das partes litigantes.

      7. xurisdición contencioso-administrativa

        Autoridade que se manifesta a través dos recursos contra as decisións definitivas da Administración.

      8. xurisdición voluntaria

        Axuda que un xuíz presta a unha operación xurídica feita entre particulares e que non ten por ela mesma efecto de ningún tipo.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO