"monta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 119.

    1. Relativo ou pertencente a Montano ou ao montanismo.

    2. Seguidor do montanismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva escudo axadrezado de goles e ouro, de quince pezas, tres por cinco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Heresiarca. Fundador do montanismo, converteu a cidade de Pepuza, próxima a Filadelfia, no centro da súa actividade profética. Predicou a súa doutrina, de carácter apocalíptico e pneumatómaco, por toda Asia Menor, acompañado de dúas mulleres: Priscila e Maximila.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao monte.

    2. Aplícase ao piso de vexetación comprendida entre o piso basal e o piso subalpino, e que se corresponde, en xeral, coa montaña media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de prateiros de orixe valisoletana establecida en Ourense e activa durante o s XVII. Marcelo de Montanos , proxenitor da familia, instalouse en Ourense en 1608. Do seu obradoiro saíu o cetro de prata para o mosteiro de San Xiao de Samos, a custodia e o relicario para a igrexa de Santa María de Escornabois (Trasmiras), así como traballos para as igrexas de Santiago de Gustei (Coles) ou San Bartolomeu de Berrande (Vilardevós). O seu fillo, Isidro de Montanos , realizou varias lámpadas de prata para o convento de San Rosendo de Celanova e cruces de prata para as igrexas de San Salvador de Sande (Cartelle) e Santa María de Vilar de Ordelles (Esgos), así como varios cetros de prata xunto con Bertomeu Serrano, e unha custodia para a catedral de Ourense. O fillo deste, Isidro de Montanos foi pincerna da catedral de Ourense desde 1675. Realizou unha cruz procesional para a igrexa de Santa Ouxea de...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á montaña.

    2. Que é abundante en montañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplícase ao crecente coas puntas cara ao xefe do escudo.

      2. Aplícase ás abellas e bolboretas que están en actitude de voar cara a arriba.

      1. Cada unha das pezas verticais que forman os costados do bastidor dunha porta ou dunha fiestra.

      2. Cada unha das pezas de madeira, pedra ou ferro pousadas verticalmente, sobre as que van montadas as outras pezas en certos aparellos ou construcións (prensas, teares, escaleiras).

      3. montante de colgar

        Montante dunha porta ou dunha fiestra, onde van colocados os gonzos.

      4. montante de fechar

        Montante dunha porta ou dunha fiestra, onde está a fechadura.

    1. parteluz.

    2. Espada grande que se debe esgrimir con dúas mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director teatral. De 1981 a 1988 foi director do Institut del Teatre de Barcelona, para logo pasar ao proxecto Teatre Lliure. Como actor participou nas obras Primera història d’Esther (1962), El mercader de Venecia (1964) ou Tirant lo Blanc (1969). Como director traballou en Antígona (1978), Kean (1985) ou El manuscrit d’Ali Bei (1988, Premio da Asociación de Directores de Escena).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega con orixe preto de Ordes. Trae como armas, en campo de goles, dúas vieiras de prata, e debaixo delas, unha caldeira con brocal e asas de ouro, formando triángulo coas vieiras. Outros traen, en campo de ouro, sete escaques de azul e outros, en campo de azul, un castelo de ouro e dous leóns, tamén de ouro, empinados nos seus muros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1.   Subir ou sentar sobre unha cabalaría ou un vehículo.

    2. Pórse unha cousa sobre outra ou sobre unha parte doutra.

    3. Ir sentado sobre unha cabalaría  ou vehículo.

      1. Poñer unha cousa ou persoa sobre outra.

      2. Facer subir a unha persoa nunha cabalaría ou vehículo.

      1. Cubrir o macho a femia para fecundala.

      2. Ter relacións sexuais con alguén.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que vive solto no monte.

    2. Que vive como un animal, no monte e illado da xente.

    3. Que é pouco sociable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Viveiró (Muras). O seu cumio acada os 901 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cazaría maior, xeralmente a cabalo e con cans para recobrar e levantar as pezas.

    2. Conxunto de todo o que é necesario para unha cazaría maior.

    3. Arte de cazar ou conxunto de regras para a caza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Baixo buffo. Destacou pola súa interpretación de papeis humorísticos en óperas de Rossini, Mozart e Cimarosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Tarn e Garona, na rexión de Midi-Pyrénées, Francia, situada na confluencia dos ríos Tarn e Gaillac (51.855 h [1999]). É o mercado dunha comarca agrícola e gandeira, que estende a súa influencia a todo o departamento, a pesar da proximidade de Toulouse, 50 km ao S. Conta con industrias de equipamento eléctrico e aeronáutico e produtos alimentarios. Do seu patrimonio cultural destacan a ponte de ladrillo sobre o río Tarn e a igrexa de Saint-Jacques, ambos do s XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (1.724 h [2001]). A súa economía baséase en boa parte na agricultura, aínda que a industria ocupa a maioría da poboación activa, con industrias téxtiles e outras derivadas da agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de montar.

    2. Operación de selección, ordenamento e empalme do material filmado para unha película.

    3. Posta en escena dunha obra de teatro.

    4. Imaxe que se obtén a partir de diversas fotografías montadas e colocadas xuntas.

    5. Acción preparada coa finalidade de enganar ou confundir.

      1. Conxunto de diversas pezas, adaptadores ou compoñentes, que se atopan encaixados convenientemente co fin de obter un aparato ou unha instalación, especialmente para facer probas nun laboratorio.

      2. Maneira de encaixar as pezas dunha montaxe.

    6. Técnica que permite montar adhesivos con aparencia de papel tisú, que funden a unha temperatura entre 80° e 90°C. Deste xeito, únense permanentemente a copia e mais o soporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tributo que desde a Idade Media pagaban os gandeiros de Castela polo usufruto dos bosques, montes e prados dos dominios da propiedade ou xurisdición do rei. A partir de 1343, a fusión de todos os montazgos locais co servizo de gandos deu lugar a un novo tributo, chamado de servizo y montazgo, que foi suprimido a comezos do s XVII coa creación do servicio de millones.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de vestir que serve para defenderse do frío, coa que se cobre a cabeza, o pescozo e a cara, e que só deixa descubertos os ollos e o nariz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e autor dramático. Defensor da lingua tradicional, escribiu o poema épico El Orfeo en lengua castellana (1624), a novela breve Sucesos y prodigios de amor (1624) e numerosas obras dramáticas, como La monja alférez e Los amantes de Teruel.

    VER O DETALLE DO TERMO