"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
-
Propensión das cousas a unirse.
-
concrescencia.
-
Disposición dos cloroplastos en forma agrupada como consecuencia da acción prolongada de luz directa.
-
Cambio fonolóxico que afecta á contracción de dúas vocais veciñas que se converten nunha soa. Por exemplo, a monotongación: OE > e (lat POENA > pena), AE > ɛ (lat CAELU > ceo), etc.
-
Unión de dúas pingas de auga nunha soa ou de dúas masas de aire húmido nunha soa.
-
Fenómeno polo que as gotas dun líquido disperso noutro non miscible ou nun gas, tenden a unirse entre elas para formar agregados de maiores dimensións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta coalescencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político que xurdiu como coalición electoral de cara ás eleccións municipais de 1983, nas que obtivo 125.000 votos, e que se constituíu como partido en 1984. Composto por grupos moi heteroxéneos, como algúns membros da UCD ourensá liderados por Euloxio Gómez Franqueira ou o sector do PG liderado por Xosé Henrique Rodríguez Peña, era unha oferta de centro dereita galeguista. Nas eleccións autómicas de 1985 logrou o 13% dos votos e 11 deputados. Debido ás vacilacións manifestadas polos membros do grupo parlamentario ante a política de Xerardo Fernández Albor e ao fracaso nas eleccións estatais, nas que só conseguiron un deputado, cinco deputados autonómicos da CG abandonaron o grupo e en xaneiro de 1987 fundaron o PNG, liderado por Pablo González Mariñas e Rodríguez Peña. En setembro de 1987, votaron, conxuntamente co PSOE, o PNG e cinco deputados tránsfugas de CP, a moción de censura contra Fernández Albor. O novo goberno presidido por Fernando González Laxe incorporou a catro membros...
-
GALICIA
Remeiro olímpico. Proclamouse campión de España en 12 ocasións e participou nos Xogos Olímpicos de Roma 1960 na especialidade de catro con temoneiro. Unha vez retirado, converteuse en xuíz-árbitro e como tal participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño inglés, conde de Dundonald. Despois de ser elixido deputado, iniciou unha campaña contra a corrupción na mariña, polo que foi destituído dos seus cargos. Comandou a armada de Chile, Perú e Brasil, na loita pola independencia, e estivo á fronte da flota grega contra os turcos (1827-1828).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación política nacida en 1977 no seo do Partido Socialista Galego (PSG). Os seus integrantes, entre os que figuraban Xosé Luís Rodríguez Pardo, Ceferino Díaz e Fernando González Laxe, postulaban un achegamento entre os socialistas galegos e españois para, deste xeito, acadar a unidade da esquerda en Galicia. Como consecuencia desa proposta, foron expulsados do PSG e moitos deles ingresaron no PSOE galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de carácter profesional que comezou a publicarse en outubro de 1990 na cidade da Coruña. Subtitulado “Órgano informativo de los agentes comerciales coruñeses”, ofrecía documentos propios do sector cunha elaboración coidada, estaba ilustrada con fotografías. Dirixiuna Ezequiel Pérez, e coordinouna I. Martínez Murás.
-
PERSOEIRO
Escultor renacentista flamengo. Rematou o mausoleo de Maximiliano I en Innsbruck (1561-1583) e esculpiu na catedral de Praga a tumba dos reis de Bohemia, Fernando I e Maximiliano II, rematada en 1589.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ceramista, filla do pintor Manuel Colmeiro. Residiu en Arxentina (1941-1955), onde comezou a súa formación. En 1948 ingresou na Escuela Nacional de Cerámica de Bos Aires para realizar estudios técnicos e pedagóxicos co obxectivo de obter o título de profesora na especialidade de materiais cerámicos como expresión plástica. En 1954 realizou a súa primeira exposición en Bos Aires. En 1955 regresou a España e realizou unha exposición na desaparecida Sala Velázquez, en Vigo. Posteriormente, instalouse en Madrid, onde recibiu dúas bolsas da Fundació Joan March (1964 e 1968). A súa obra caracterízase pola experimentación con materiais refractarios e óxidos, con carburos silicios e pola aplicación das cores. As súas pezas, de gran formato, incorporan o espazo como un elemento máis das mesmas. Evolucionou dende unhas primeiras pezas inspiradas na artesanía tradicional ata a abstracción. Ademais de realizar exposicións en Galicia e España, celebrou mostras en Bruxelas, A Haia e Londres (1972), entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entremés escrito polo Padre Sarmiento ao regreso dunha viaxe polo Reino de Galicia no ano 1745, co obxectivo de contextualizar nunha estrutura literaria o material lingüístico que recollera na mencionada viaxe. Aínda que é un texto inacabado que non publicou en vida, constitúe a única obra de creación na que Sarmiento emprega a lingua galega. O manuscrito do que parten os editores é unha copia de 1789, conservada na Biblioteca Nacional de Madrid, titulada Colección de voces y frases gallegas en coplas y un glosario de dichas voces. Composta por 1.201 coplas, a carta que a precede permite fixar a súa elaboración entre 1745 e 1751. Existe outro manuscrito no Museo de Pontevedra con 107 coplas máis, se ben os estudiosos cuestionaron a atribución das mesmas a Sarmiento ao basearse en argumentos lingüísticos. O tema da peza xurdiu do pasamento de Filipe V, primeiro rei borbón español, e da coroación do seu fillo Fernando VI; o autor elaborou un cadro de costumes no que labregos de Pontevedra...
-
PERSOEIRO
Pintor canadense. Formouse no Mount Allison University (New Brunswick) onde foi profesor (1946-1963). Participou na Segunda Guerra Mundial como artista militar (1942-1946). A súa obra achégase ao realismo. Realizou os deseños para as moedas conmemorativas do centenario de Canadá (1967). En 1982 doou os seus debuxos de guerra ao Canadian War Museum.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escisión, producida no ano 1921, da Xuntanza Nazonalista da Habana liderada por Francisco Gómez. Caracterizouse polo seu carácter separatista, que o aproximou aos comités separatistas cataláns de Cuba e que o afastou doutros movementos galeguistas da illa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral fundada en 1954 e promovida polo actor Fernando Iglesias Tacholas. Representou, entre outras, as seguintes obras: Por borrachíns!, de D. Varela Buxán; O zoqueiro de Vilaboa, de Nan de Allariz; ou Almas sinxelas, de Xabier Prado Lameiro.
-
PERSOEIRO
Poeta e crítico portugués. A súa obra poética está recollida en Alvoradas (1865) e Outonais (1882), onde se reflicten moitos dos tópicos do progresismo portugués.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Certame de textos teatrais que durou tres anos (1964-1966), convocado pola asociación cultural compostelá O Galo. En 1964 recibiu este galardón a obra de Ángel de la Peña Cando morren os faroles; A revolta, de Jenaro Marinhas del Valle, e Un hotel de primeira sobre o río, de Xohana Torres foron os seguintes premiados. Para este concurso púxose en marcha a chamada “Campaña do peso”, coa que se recolleron os fondos para o premio económico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame teatral convocado por primeira vez en decembro de 1972 pola Asociación Cultural Abrente de Ribadavia. Celebrou a súa primeira edición no ano 1973 e acompañou as Mostras de Teatro Galego Abrente. Ata 1980, ano de peche tanto da mostra de teatro coma do concurso literario, a súa importancia foi medrando e constituíuse nun dos motores fundamentais de produción dramática do teatro contemporáneo galego con nomes, entre os premiados, dos máis destacados homes de teatro das últimas décadas. Os títulos premiados son os seguintes: Zardigot, de Euloxio Ruibal (1973), O meu mundo non é deste reino, de Manuel María (1º premio ex aequo, 1973) e Eilbrief, de X. L. López Cid (premio da Asociación A Nosa Galiza de Xenebra a unha obra que tratase o tema da emigración, 1973); A tola xuiciosa, de M. Domínguez (1974), e A volta de Edipo, de A. Penas (1º premio ex aequo, 1974); O cabodano, de Euloxio Ruibal (1975); Laudamuco,...
-
GALICIA
Xornalista e fotógrafo. Coñecido como Bene, foi un dos membros fundadores da Agrupación Fotográfica Gallega no ano 1946. A diferenza da maioría dos fotógrafos integrantes deste tipo de asociacións, case todos afeccionados, dedicábase á fotografía profesional, labor que compaxinaba co de xornalista. A súa obra está marcada por un fondo sentimento relixioso, na que tenta recoller elementos que resultan imposibles. Traballou en El Pueblo Gallego entre os anos 1937 e 1952, ano no que ingresou en Faro de Vigo. Internacionalmente realizou reportaxes en Portugal, Arxentina, Alemaña e no Sáhara. Participou na I Fotobienal celebrada en Vigo en 1984.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e escritor. Estudiou debuxo na Escola de Artes e Oficios de Vigo e foi socio fundador da Sociedad Amigos del Arte de Vigo. Colaborador da radio e da prensa galega (El Pueblo Gallego e Faro de Vigo) e hispanoamericana (Galicia e Hispano-brasileira), escribiu e ilustrou Unha lenda de San Amaro (1930), Cousas novas (1960) e Cando Colás foi á lúa (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unión política que agrupou os estados alemáns setentrionais entre 1867 e 1871, e que substituíu a Confederación Xermánica trala derrota de Austria por Prusia na Batalla de Sadova (1866). A creación desta nova Confederación por Bismarck illaba a Austria do conxunto de estados alemáns e consagraba a hexemonía prusiana. Formada por 22 estados, a súa Constitución dotouna dunha estrutura federal e centralista. Guillerme I de Prusia detentaba o poder executivo e Bismarck era o seu chanceler federal. O poder lexislativo articulábase en dúas cámaras: o Reichstag ou parlamento, elixido por sufraxio universal pero con poderes limitados, e o Bundesrat ou consello federal, formado polos representantes dos estados. O goberno común controlaba as forzas armadas, as comunicacións, as aduanas e dirixía o comercio e a política exterior. Os soberanos locais tiñan autonomía administrativa, xudicial e financeira. Os catro estados de Alemaña do Sur (Baden, Baviera, Hessen-Darmstadt e Württemberg) mantivéronse...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización empresarial española fundada en xuño de 1977 trala disolución doutras tres entidades: Confederación Empresarial Española, Confederación General de Empresarios e Agrupación Empresarial Independiente. O seu principal obxectivo é representar os empresarios e defender os seus intereses fronte aos demais axentes sociais e á propia Administración. Integra máis dun millón de empresas a través de 2.000 asociacións de base e 170 organizacións territoriais e sectoriais, entre as que destaca a CEPYME, organización de pequenos e medianos empresarios que se incorporou á CEOE en 1980. O seu primeiro presidente foi Carlos Ferrer Salat, que desempeñou o cargo entre 1977 e 1984. José María Cuevas substituíuno o 23 de maio de 1984. A CEOE contribuíu á transición política española como voceira dos intereses dos empresarios. Nesta liña inscríbese a petición que presentou ás Cortes constituíntes en xuño de 1978, na que solicitaba o recoñecemento expreso ao sistema de libre mercado no texto constitucional....