"CAD" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 940.

    1. Acción e efecto de rascar ou rascarse.

    2. rascadela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada na Coruña en 1849. Creouse como Academia Provincial de Bellas Artes e desde 1913 instalouse no edificio do Real Consulado do Mar. Baixo o seu patrocinio naceron o Museo Provincial de Belas Artes e a Escola de Artes e Oficios da Coruña. Desde o 12 de xullo de 1916 ostentou o título de Real, desde o 14 de abril de 1947 someteuse oficialmente baixo a advocación da Virxe do Rosario, patroa da cidade da Coruña e en 1984 modificou a súa denominación pola de Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario. Desde 1986 integrouse no Instituto de España como academia asociada. Consta das seccións de Pintura e Gravado, Arquitectura, Escultura, Música e Amantes da Arte. O seu regulamento facultouna como institución oficial consultiva da Administración para actuar en todo o relativo á protección, acrecentamento e transmisión ás xeracións futuras dos bens culturais, así como promover e realizar estudos de investigación e promocionar o desenvolvemento das manifestacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Madrid pola Real Cédula de Filipe V o 13 de xullo de 1744, para promover o estudo e cultivo da pintura, escultura e arquitectura. En 1747 someteuse ao patrocinio de san Fernando e coa celebración da súa apertura oficial en 1752 na Casa de la Panadería, erixiuse como a primeira academia oficial de España, instituída por Fernando VI como Real Academia de las Tres Nobles Artes de San Fernando. En 1773 Carlos III trasladouna a un palacio barroco, propiedade de Juan de Goyneche, que foi posteriormente reformado en estilo neoclásico por Diego de Villanueva. A súa actividade centrouse no ensino das artes e en 1845 naceu, baixo o seu amparo, a Escuela Superior de Bellas Artes. Organízase nas seccións de Pintura, Arquitectura, Música e Escultura y Artes de la Imagen. Dela depende a Calcografía Nacional, creada en 1789. Desde 1996 está composta por 54 membros numerarios, ademais dos académicos correspondentes e honorarios. Está integrada no Instituto de España e conta co Museo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Madrid por Real Decreto de 25 de febreiro de 1847 que ten como obxectivo promover o estudo e o progreso das ciencias, así como normalizar e establecer os criterios a seguir en investigación científica, coa creación de dicionarios técnicos, diversas publicacións e cursos. Ten a súa orixe na Academia Naturae Curiosorum (1657) de Madrid, que foi substituída en 1834 pola Academia de Ciencias Naturales, que se suprimiu coa creación desta real academia. Desde 2001 está composta por 54 membros numerarios, 90 correspondentes nacionais e académicos supernumerarios e correspondentes estranxeiros. Organízase nas seccións de Exactas, Físicas y Químicas e Naturales. Está incorporada ao Instituto de España. Publica a Revista de la Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, creada en 1850 co título Revista de los progresos de las Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, e, desde 2001 a Serie A Matemáticas de la RACSAM, que recolle as contribucións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Madrid polo Real Decreto de 30 de setembro de 1857 firmado por Isabel II en que se lle encomendou cultivar as ciencias morais e políticas. Comezou a desenvolver a súa actividade na sede da Real Academia de la Historia na Casa de la Panadería ata que en 1866 obtivo a cesión da Torre de los Lujanes. Divídese nas seccións de Ciencias Filosóficas, Ciencias Políticas y Jurídicas, Ciencias Sociales e Ciencias Económicas. Realiza traballos de investigación científica, publicacións como o Anuario e colaboracións con outras institucións, ademais da xestión da súa biblioteca. Os seus traballos baséanse en discursos e ponencias dos académicos onde debaten sobre temas de actualidade e a actividade das tribunas, organizacións estables con diversas especializacións para encauzar a colaboración entre académicos especialistas e outros estudosos. Está incorporada ao Instituto de España. Ten académicos numerarios, honorarios e correspondentes

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corporación de carácter científico, técnico, humanístico e social de ámbito nacional que se fundou en Madrid en 1920. Os seus obxectivos son contribuír ao desenvolvemento da ciencias, letras, artes e de todo aquilo que difunda a cultura; servir de nexo entre os seus membros e os doutores doutros países para promover o intercambio cultural e as relacións entre entidades científicas; e asesorar a entes públicos e privados que o soliciten sobre asuntos inherentes á cultura, á ciencia e á tecnoloxía.Ten académicos numerarios, supernumerarios, correspondentes e de honra. Divídese nas seccións de Teología, Humanidades, Derecho, Medicina, Ciencias Experimentales, Farmacia, Ciencias Políticas y de la Economía, Ingeniería, Arquitectura y Bellas Artes, e Veterinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1730 cando a Junta de Jurisprudencia Práctica comezou a reunirse en Madrid aínda que se recoñeceu oficialmente mediante a Real Cédula de 20 de febreiro de 1763 coa que naceu de Real Academia de Leyes de Estos Reynos y de Derecho Público, coa advocación de santa Bárbara. Fernando VII recoñeceuna oficialmente como Academia de la Purísima Concepción e en 1826 dividiuna nas corporacións de Carlos III e a de Nuestra Señora del Carmen, máis tarde chamada de Fernando VII. María Cristina das Dúas Sicilias dispuxo en 1836 que ambas as dúas se reuniran de novo baixo a antiga advocación de Nuestra Señora de la Concepción, cambiando o seu nome en 1838 polo de Academia Matritense de Jurisprudencia y Legislación, data en que comeza un dos períodos máis fecundos da academia ata a Revolución de 1868. En 1882 recuperou o apelativo de real. En 1946 reorganizouse, e incorporouse ao Instituto de España. Dedícase ao estudo teórico e práctico da lexislación e á xurisprudencia e fomento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Madrid, a consecuencia do desenvolvemento dun parladoiro sostido regularmente desde 1735 por varios eruditos madrileños no domicilio de Julián de Hermosilla, avogado dos Reais Consellos, para falar sobre temas de historia. Esta xuntanza, que os agrupaba baixo o nome de Academia Universal, foi transformada por Filipe V na Real Academia de la Historia (1738). Inicialmente reuniuse na Biblioteca Real e en 1773 trasladouse á Casa de la Panadería, onde permaneceu ata conseguir un emprazamento definitivo en 1871, a Casa del Nuevo Rezado. O seu obxectivo foi o de crear un espazo para debater sobre os asuntos históricos, en especial os do propio país. A súa actuación desenvólvese a través das comisións de Indias, Historia Eclesiástica, Antigüedades, Estudios Clásicos, Cortes y Fueros, Estudios Orientales y Medievales, Publicaciones, Heráldica, Correspondientes, Hacienda y Gobierno e Mixta de las Reales Academias de La Historia y de Bellas Artes de San Fernando. Destacan o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución que naceu polo Real Decreto do 28 de agosto de 1827 outorgado por Fernando VII co nome de Real Academia de Medicina y Cirugía de Santiago de Compostela. Tiña como territorio de actuación Galicia e Asturias e, entre outras atribucións, as de impartir ensinanzas útiles á ciencia de curar, favorecer os progresos da medicina e ocuparse da saúde pública. A súa sede permaneceu en Santiago de Compostela entre 1831 e 1833 e as reunións realizábanse nas casas dos académicos ata que lle concederon unhas dependencias no Hospital Real, pouco antes do seu traslado á Coruña, á Capitanía Xeneral de Galicia, cuxo titular era a súa vez o presidente da academia. Tomou entón o nome de Real Academia de Medicina y Cirugía de La Coruña e en 1945 pasou a denominarse Real Academia de Distrito de Galicia y Asturias. Desde 1972 o seu ámbito de actuación é Galicia, e ao crearse a Real Academia de Medicina y Cirugía de Asturias, tomou o seu nome actual. Desde 1986 está asociada ao Instituto de España e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   Institución fundada en 1713 por iniciativa de Juan Manuel Fernández Pacheco, marqués de Villena, que ademais foi o seu primeiro director (1713-1725). O 3 de outubro de 1714, Filipe V aprobou a súa constitución e ao ano seguinte fixáronse os seus primeiros estatutos. O seu obxectivo principal é velar para que os cambios que experimente a lingua castelá non rompan a unidade que mantén en todo o ámbito hispánico. Consta de 46 académicos de número; en xuño de 2005 está formada por 41 académicos de número (Guillermo Rojo desde o 2001), 3 académicos electos, e dúas vacantes. Existen, ademais, académicos correspondentes españois ata un máximo de 60 (de Galicia están representados Constantino García González, Darío Villanueva e José Álvaro Porto Dapena), académicos correspondentes hispanoamericanos e estranxeiros, académicos de número das Academias americanas e académicos honorarios. Ao longo da súa historia publicou seis volumes do Dicionario, coñecido posteriormente como Dicionario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución constituída de iure o 30 de setembro de 1906 no salón de actos da Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesanos da Coruña, aínda que os seus estatutos xa se presentaran o 12 de outubro de 1905 -en 1895 houbo un antecedente próximo na constitución da Comisión Xestora para a creación da Academia Galega sobre a base da sociedade Folklore Gallego, presidida por Emilia Pardo Bazán-. Pero, con todo, o xermolo da fundación da RAG partiu da sociedade emigrante preocupada por reivindicar a identidade propia da cultura galega, que en 1905 fundou en Cuba a Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega de La Habana por iniciativa, principalmente, de Xosé Fontenla Leal e Manuel Curros Enríquez, quen presidiu a entidade. En xullo de 1905, Curros Enríquez enviou unha comunicación a Manuel Murguía na que lle informa que foi designado, xunto con outros galeguistas, para proceder “á la creación y constitución, conforme á los Estatutos que Vds. crean mejores, de la Academia Gallega...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución con sede en Santiago de Compostela que se fundou en 1977 como Academia Gallega de Ciencias. Ostenta o título de Real desde 1994. Edita a Revista da Real Academia Gallega de Ciencias e organiza cursos, conferencias e outras actividades. Xunto coa Fundación Caixa Galicia convoca os Premios de Investigación da Real Academia Gallega de Ciencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada por Filipe V pola Pragmática de 1737, co nome de Real Colegio de Farmacéuticos coa finalidade de dedicarse ao cultivo e adiantamento da farmacia, química, botánica e historia natural. Ten a súa orixe na Congregación y Colegio de Boticarios de Madrid, baixo a advocación de san Lucas e de Nosa Señora da Purificación, documentado no s XVI e en 1939 tomou o seu nome actual. As súas institucións separáronse e o Real Colegio de Farmacéuticos comezou en 1751 as primeiras leccións de botánica, xerme da facultade de farmacia. Utilizando o seu local e laboratorio, Fernando VII creou en 1804 o Colegio de Farmacia de San Fernando. Dedícase ao estudo da farmacia fomentando diversas publicacións. Concede a Medalla Carracido para premiar servizos excepcionais á farmacia. Está dividida nas seccións de Química y Física, Biología, Tecnología y Farmacogenómica, Tecnología Farmacéutica; Farmacología y Farmacoterapia, Salud Pública, Alimentación y Medio Ambiente, Historia e Legislación y...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Madrid que naceu do desenvolvemento dun parladoiro de médicos, cirurxiáns e farmacéuticos reunidos desde mediados do s XVIII na botica de J. Ortega e que en 1733 se oficializou co nome de Tertulia Literaria Médica Matritense. En 1734 modificouse polo nome de Académica Médica Matritense, aprobada por real decreto de Filipe V e desde entón tomou o apelativo de real. Intenta dar información de tipo médico con diversas publicacións e presta diversos servizos ao estado, como o desenvolvemento de informes sobre saúde pública. Na súa sede desenvolve cursos de posgrao ou monográficos con validez universitaria. Desde 1879 publica os Anales de la Real Academia Nacional de Medicina e en 1921 iniciou a Biblioteca Clásica de la Medicina Española. Ten académicos de número e correspondentes e está integrada no Instituto de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coitelo curto e estreito para pulir a beira interior da boca das zocas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de rebuscar.

    2. Que resulta artificioso e falto de naturalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de recadar.

    2. Cantidade de diñeiro recadada.

    3. Tributo en moedas ou froitos que o señor feudal cobraba dos seus súbditos, ben por imposición señorial, ben por repartición feita polas autoridades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen recada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reunir nun mesmo sitio cousas que estaban espalladas.

    2. Percibir diñeiro por algunha causa.

    3. Conseguir algunha cousa, xeralmente diñeiro, a forza de peticións ou doazóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica a levar e traer recados.

    VER O DETALLE DO TERMO