"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
PERSOEIRO
Crítico de arte, director de compañía e empresario teatral ruso. Iniciou a súa carreira en San Petersburgo, onde frecuentaba os locais nos que se reunían artistas plásticos, creadores literarios, actores, bailaríns e músicos, sendo un dos fundadores da revista Mir Iskusstva (O mundo da arte, 1898-1904), ao tempo que comezou a organización de exposicións en San Petersburgo e París ou a distribución de espectáculos. Foi así como concibiu a idea de crear unha compañía estable de ballet, os Ballets Rusos, que propiciaron unha fonda renovación nas artes escénicas. D’agilev non era nin bailarín, nin músico, nin coreógrafo, nin pintor, nin persoa vinculada ao mundo teatral, mais foi quen de agrupar arredor do seu proxecto músicos, pintores, coreógrafos, bailaríns, actores, directores ou mecenas, como Coco Chanel, que converteron a súa compañía nun referente fundamental na historia contemporánea das artes escénicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor e industrial fotográfico. Fundador da Eastman Kodak Company, en 1878 comezou a preparar as primeiras placas de bromuro de prata e en 1880 comezou a súa fabricación industrial. A partir de 1881 substituíu as placas de cristal por papel. En 1888 introduciu a primeira cámara Kodak no mercado, preparada cun rolo de película para cen tomas en papel coa que contribuíu á difusión da fotografía no público xeral. Ao ano seguinte inventou unha película transparente de nitrocelulosa que empregou T. A. Edison no seu cinematógrafo. Xa en 1890 sacou ao mercado a Kodak nº 2, que permitía obter 150 imaxes en papel. Cinco anos despois inventou un sistema para cargar e descargar á luz un carrete de doce imaxes coa coñecida Kodak Pocket, un aparato de reducidas dimensións. Posteriormente, inventou a Kodak de tres diafragmas, provista de varias velocidades, e unha cámara para nenos coñecida como Kodak Brownie, cun rolo para seis imaxes. Dedicou unha parte dos seus recursos económicos, obtidos coa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Exiptólogo e escritor. Estudiou leis na Universidade de Göttingen e exiptología en Berlín con Lepsius. Dende 1875 ensinou exiptoloxía en Leipzig. Escribiu novelas de tema histórico sobre Exipto, entre as que destaca Serapis, Der Kaiser. En Tebas descubriu un papiro da dinastía XVIII, coñecido como Papiro de Ebers, no que se compilan diversos textos médicos de períodos anteriores que se remontan ata o 3500 a C.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor dinamarqués. Formouse en París con J. L. David, e en Roma. Foi profesor da Academia de Copenhague. Pintou escenas mitolóxicas, paisaxes e vistas arquitectónicas, pero dedicouse fundamentalmente ao retrato. As súas obras amosan a pureza da liña e a claridade neoclásica. Entre outros, destaca o Retrato de Thorvaldsen (1815).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Carballo o 10 de febreiro de 1909 e que cesou a súa edición o 20 de xullo do mesmo ano. Fundado e dirixido por Xervasio Varela, contaba coa colaboración de Eduardo S. Serrano, Guillermo Díaz e Hernán Sáez, entre outros. Tiraba tres números ao mes e imprimíase nos obradoiros tipográficos do propio director. Ademais de noticias de carácter xeral e crónicas, incluíu unha guía para agricultores, un álbum poético e información histórica sobre Carballo e a súa comarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenista sueco. Debutou como profesional en 1984, despois de que o ano anterior se convertese no primeiro xogador que gañou os catro torneos do Grand Slam (Open de Australia, Wimbledon, Roland Garros e EE UU) en categoría junior. Ata a súa retirada do circuíto profesional en 1996, gañou un total de 41 títulos individuais sobre todas as superficies. Entre eles, destacan os dous triunfos no Open de Australia (1985 e 1987), outros dous en Wimbledon (1988 e 1990) e dous máis no Open dos EE UU (1991 e 1992). Tamén gañou o Master’s en 1989 e foi o número 1 da clasificación mundial da ATP (Asociación de tenistas profesionais) durante 72 semanas, entre 1990 e 1992. En dobres, tamén conseguiu ser número 1 a nivel mundial, gañou 18 títulos, 4 deles do Grand Slam: o Open de Australia e o dos EE UU, con Anders Jarryd, en 1987; o Master’s en 1985 e 1986; e o Open de Australia, con Petr Korda, en 1996. Como integrante do equipo sueco proclamouse campión da Copa Davis en tres ocasións (1984, 1985 e 1987)....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político inglés, segundo barón, e dende 1839 primeiro conde de Auckland. Primeiro lord do almirantado (1834-1846) e gobernador xeral da India (1836-1842), tivo unha destacada intervención nas guerras afganas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Escocia, Reino Unido, na marxe dereita da desembocadura do río Forth (450.200 h [estim 1998]). A cidade segue a ser un dos eixes financeiros, culturais e industriais de Escocia. Entre os principais produtos que se elaboran na cidade destacan o papel, os equipos electrónicos e eléctricos, e os produtos químicos. O seu porto presta un importante servizo aos barcos relacionados coa industria do petróleo que proceden do mar do Norte. Tamén é un destacado centro turístico. A cidade nova, trazada no s XVIII, esténdese ao L cara ao mar. A expansión urbana de Edimburgo -a poboación cuadriplicouse durante o s XIX- orixinou a anexión de diferentes núcleos suburbanos. Ten universidade, fundada no ano 1583. Ocupada polos romanos no s I, adoptou o seu nome (Edwinsburgh) do Rei Edwin de Northumbria no s VII. Foi conquistada polos escotos durante o reinado de Kenneth II e desde finais do s XI converteuse na residencia dos reis de Escocia. Experimentou unha grande expansión no s XII, polo que...
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Título da casa real británica concedido no ano 1866 ao príncipe Alfredo, fillo da Raíña Victoria I, que despois se converteu en Alfredo I, duque reinante de Saxonia-Coburg-Gotha. No ano 1947 concedéuselle ao príncipe Filipe de Grecia (Filipe Mountbatten), casado coa Raíña Isabel II.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Edimburgo ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Edimburgo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festival internacional de música e teatro creado en 1947 e que incluía na súa programación espectáculos de ópera e danza. Promovido desde os seus inicios polo Concello de Edimburgo e polo Consello Escocés das Artes, desenvólvese durante o mes de agosto. Desde os seus inicios, moitos grupos decidiron presentar os seus espectáculos en espacios adaptados temporalmente como salas de teatro e o éxito foi tal que se creou un festival paralelo, denominado Fringe Festival, que constitúe un dos maiores atractivos dun programa que ofrece todo tipo de propostas vinculadas ás artes escénicas, ás que hai que sumar un Festival de Cine, un Festival de Jazz e unha Feira editorial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal trimestral escocés fundado no ano 1802 polos liberais Francis Jeffrey, Sydney Smith e Henry Brougham. Foi o primeiro dos grandes xornais británicos. Desapareceu en 1929.
-
PERSOEIRO
Escritor, sobriño de Joaquín Edwards Bello. Periodista e diplomático, estudiou dereito na Universidad de Chile, foi secretario de Pablo Neruda en París e participou no goberno de Salvador Allende. É autor de contos (Las máscaras, 1967; Persona non grata, 1973; Cuentos completos, 1990) e de novelas (El peso de la noche, 1965; Los convidados de piedra, 1978; El origen del mundo, 1996; El sueño de la historia, 2000). Membro da Academia Chilena de la Lengua e correspondente da Real Academia Española, recibiu o Premio Nacional de Literatura (1994), o Premio Cervantes (1999) e a Orden ao Mérito Gabriela Mistral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor galés. Catedrático na Universidade de Oxford, codirixiu a revista do partido nacionalista galés e fundou a revista infantil Gales dos nenos, e tamén O home de Letras. Escribiu narracións de viaxes e editou clásicos galeses.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Kleanthis Mikhailidhis.
-
PERSOEIRO
Naturalista alemán. Estudiou ciencias naturais en Berlín. Gracias á súa amizade con A. von Humboldt, participou nunha expedición científica por Exipto, Siria, Arabia e o centro de Asia, durante a que recolleu numerosas especies de animais e plantas. Tralo seu regreso, centrou os seus estudios sobre os microorganismos e estableceu os fundamentos para a creación dunha bacterioloxía e dunha protozooloxía sistemáticas. A súa obra máis importante é Die Infusionsthierchen als vollkommene Organismen (1838) na que intentou establecer unha clasificación sistemática de microorganismos semellante á efectuada por Linné para as plantas e os animais superiores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta alemán. Segundo unha fonte francesa, escribiu o poema épico Tristan und Isolde (Tristán e Isolda).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arqueólogo e escritor. Doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidad de Zaragoza coa tese Notas para un estudo de la Edad del bronce en Galicia. Foi profesor na Universidad de Zaragoza (1970-1982) e catedrático de Prehistoria na Universidade de Santiago de Compostela (1983), e dende 1984 na Universidad de Murcia. No eido da arqueoloxía, dirixiu traballos de campo en Galicia, Castela e León, Aragón, Murcia e América Latina, entre os que destacan os realizados no castro de Borneiro (1968 e 1974). No eido da historia e da xeografía do urbanismo, destacan os proxectos de investigación “El impacto del urbanismo colonial en el valle de Moche (Perú)” e “Estudio histórico y geográfico para la recuperación de los cascos históricos del noroeste de la región de Murcia”. Colaborador en revistas especializadas (Cuadernos de Estudios Gallegos, Caesaraugusta, etc), foi coautor, entre outras obras, de Nociones de tecnología y tipología en prehistoria (1999) e autor de Sobre la...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sergej Mikhajlovič Ejzenštejn.
-
PERSOEIRO
Director cinematográfico soviético. En 1923 realizou o seu primeiro filme, Stačtka (A folga), no que se inician as directrices básicas da súa obra, que desenvolveu, sobre todo, nas películas Bronenosets Potemkin (O acoirazado Potemkin, 1925) e Oktjabr’ (Outubro, 1927). Fixo unha viaxe por Europa, e foi tamén a Hollywood e México, onde realizou Que viva México! (1931). Na URSS continuou, posteriormente, o seu labor de teórico e realizou Aleksandr Nevskij (1938) e Ivan Groznij (Iván o Terrible, 1945).
VER O DETALLE DO TERMO