"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Periódico semanal da comarca de Ribadeo. Publicouse por primeira vez en outubro de 1919 co título de La Comarca. Nesta primeira andaina, na que se subtitulaba “Semanario popular independiente”, F. Lanza Álvarez foi o seu fundador e director. Entre os seus colaboradores figuraban Antonio Otero, C. Barcia Trillés, A. Suárez Coto e Barreiro Pico. Publicáronse traballos de Dámaso Alonso e M. Leiras Pulpeiro, e o director desenvolveu varias campañas relacionadas con temas de interese para a comarca, ao tempo que loitaba contra o caciquismo nas seccións “Charamuscas” ou “Del guiñol ribadense” baixo pseudónimos como El Montañés ou Un Labrador Gallego. Inseriu tamén natalicios, enlaces matrimoniais, necrolóxicas, proxectos urbanísticos, bandos, festividades das localidades veciñas, etc. No ano 1929 Ramón F. De Soto fíxose cargo da dirección. No grupo de colaboradores incluíanse D. Gamallo Fierros, J. Ameijede Martínez, I. Asensio Amor e E. Gutiérrez Fernández. A partir...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás combretáceas.

    2. Planta da familia das combretáceas.

    3. Familia de mirtais integrada por uns vinte xéneros, que reúnen ao redor de 500 especies de plantas leñosas, a miúdo enredadeiras, propias das rexións tropicais. Os xéneros máis importantes son Combretum e Terminalia, que proporcionan diferentes clases de madeiras ou se cultivan como plantas ornamentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás comelináceas.

    2. Planta pertencente á familia das comelináceas.

    3. Familia de plantas herbáceas da orde das comelinais, integrada por uns corenta xéneros que reúnen unhas 600 especies propias dos países tropicais. Os xéneros máis notorios son Commelina e Tradescantia, cultivados sobre todo como plantas ornamentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional creado en Londres en 1850 por políticos exiliados de toda Europa a consecuencia dos feitos revolucionarios de 1848-1849. Estaba liderado polo italiano Giuseppe Mazzini, o francés Ledru-Rollin, o alemán Struve e o húngaro Kossuth. A súa finalidade era conseguir a liberación das nacionalidades oprimidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación de parentesco que contraen os compadres entre eles.

    2. Trato cordial que se establece entre dúas ou máis persoas.

    3. Unión ou acordo entre varias persoas para realizar algo de forma secreta e de dubidosa legalidade que as beneficia ou axuda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade petroleira española constituída en 1927 cun capital de 195 millóns de pesetas, subscrito polo Estado (31%) e por un consorcio bancario. Foi a empresa gañadora dun concurso convocado polo goberno de Primo de Rivera para o monopolio sobre a importación e manipulación industrial dos combustibles minerais líquidos. Concibida polo ministro de Facenda José Calvo Sotelo, dedicouse exclusivamente á venda e distribución do combustible por motivacións económicas e fiscais. Empregou as instalacións petrolíferas xa existentes, que foron expropiadas. Permitiu a creación, en 1929, da Compañía Española de Petróleos (CEPSA), coa que contratou o fornecemento e refinado de petróleo, e participou en Asfaltos Españoles S A, Butano S A, Petronor, etc. En 1984, incorporou como asociadas as refinerías públicas e privadas, e adquiriu en propiedade os activos da rede de distribución que pertencían ao Estado. A través da Empresa Nacional de Petróleos Petroliber e do Instituto Nacional de Hidrocarburos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico que se publicou dende xuño de 1837 ata outubro do mesmo ano na Coruña. Sebastián de Iguereta foi o editor e impresor. Creouse co fin de informar sobre a Constitución recentemente promulgada, e nas súas páxinas apareceron leis, decretos e ordes do goberno e das autoridades. Acollía noticias da localidade e do estranxeiro, e, ás veces, incluía suplementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e compositor. Iniciou os estudos musicais aos seis anos e graduouse en guitarra clásica con Tomás Camacho. En 1980 estudou con Hal Crook na San Diego School of Performing Music e acadou o título de profesor de harmonía, composición e arranxos. Fundou en 1980 a Escola Baio Ensemble de Vigo e escribiu pezas para o Noneto formado na mesma. Ese mesmo ano compartiu escenario e participou en Jam sesions con Steve Lacy, Chet Baker, Philip Catherine e Roy Hargrove, entre outros músicos. En 1987 dirixiu a cátedra de Harmonía Contemporánea e Improvisación no conservatorio de Santiago de Compostela. Participou na gravación de diferentes programas de televisión e radio (Jazz entre amigos, La Buena Música, etc) e da súa discografía destaca Paisajes (1985), Diálogos (1995), A lagoa dos Atlantes (1997) e Celtrópolis (1999)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. Estudiou pintura e música. Nas súas obras pitóricas mestura o debuxo coas palabras e os temas figurativos cos abstractos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos condrósteos.

    2. Peixe da superorde dos condrósteos.

    3. Superorde de peixes da subclase dos actinopterixios á que pertence a familia dos acipenséridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Georgios Kondylis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • eo de seda que cobre o sagrario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Dirixiu a revista Die Gesellschaft, que agrupou os naturalistas alemáns, e escribiu novelas sobre Múnic, como Was die Isar rauscht (Aquilo que Isar murmura, 1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa que é parente doutra por teren ascendentes comúns.

    2. Aplícase a cada un dos irmáns fillos dun mesmo pai, pero de nai diferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de colaboración entre a administración do Estado e as comunidades autónomas para as súas actuacións sobre o Camiño de Santiago. Creouse en 1991 por iniciativa do ministerio de Relacións coas Cortes e entrou en vigor o 30 de outubro dese mesmo ano. A presidencia correspóndelle ao ministro de Cultura e a vicepresidencia ao conselleiro de Relacións Institucionais e voceiro da Xunta de Galicia. Intégrano cadanseu representante (con rango de conselleiro do goberno autonómico) das comunidades autónomas de Galicia, Castela e León, La Rioja, Aragón, Navarra, Euskadi, Cantabria e do Principado de Asturias, así como dos ministerios de Economía, Facenda, Industria, Comercio e Turismo, Asuntos Exteriores e Cultura (este último actúa como secretario). O presidente pode convocar ás súas xuntanzas a representantes de institucións culturais, académicas, eclesiásticas, etc, que poidan ter relación coas súas actividades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización Europea para a Investigación Nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo encargado da coordinación e colaboración entre as institucións museísticas galegas. Ten a súa sede en San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Fundouse en 1983 trala celebración en 1981 do I Coloquio de Museos Galegos en Santiago de Compostela, primeira tentativa de cooperación entre os diversos museos de Galicia. O 21 de xullo de 1991 adquiriu estatuto legal e adheríronse dez museos; posteriormente, ampliouse a 23 os centros museísticos: Museo da Colexiata de Santa María do Campo, Museo de Belas Artes e Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón da Coruña; Museo das Mariñas de Betanzos; Museo do Pobo Galego, Museo das Peregrinacións e Museo Historia Natural Luís Iglesias en Santiago de Compostela; Museo Provincial de Pontevedra; Museo Municipal Quiñones de Léon de Vigo; Museo Municipal de Ponteareas; Museo Etnolóxico de Ribadavia; Museo Comarcal da Limia en Vilar de Santos; Parque Etnográfico do Río Arnoia en Allariz; Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Dragases (? 1404 - Constantinopla 29.5.1453) Emperador bizantino (1449-1453). Sucedeu o seu irmán Xoán VIII, recibiu territorios do seu irmán Teodoro e adquiriu Clarentza por matrimonio (1428), para logo apoderarse do principado de Patras (1429). Foi rexente do Imperio Bizantino, mentres o Emperador Xoán VIII buscaba apoios no Occidente e tentaba a unificación das igrexas. Botou os turcos da Beocia e obrigou o duque de Atenas a recoñecerlle a soberanía e pagar tributos. Ao morrer o seu irmán, foi coroado emperador de Constantinopla no 1449, coa oposición do seu outro irmán Demetrio. Buscou apoios fronte aos otomanos entre os monarcas europeos, mentres no interior se enfrontaba coa oposición da Igrexa ortodoxa. Os otomanos iniciaron o asedio definitivo da cidade en 1453 e Constantino morreu no asalto que puxo fin ao Imperio de Bizancio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa ou á cousa que é do mesmo tempo ou época ca outra persoa ou cousa.

    2. Relativo ou pertencente á época actual.

    3. Na división cronolóxica da historiografía occidental, período que sucede á Idade Moderna. Esténdese dende a época da Revolución Americana (1763-1783) e da Revolución Francesa (1789) ata a actualidade. Trátase dun concepto que, ademais da historia, se aplica ás diversas manifestacións culturais e sociais, entre outras, á filosofía, arte, economía, socioloxía e política.

    4. Dende un punto de vista cronolóxico a arte contemporánea esténdese dende finais do s XVIII coa aparición do neoclasicismo, movemento que xurdiu como resposta á exuberancia rococó e que estivo en vigor ata principios do s XIX. No eido da arquitectura destacaron Soufflot, Chambers, R. Adam, K. F. Schinkel, Ventura Rodríguez e Juan de Villanueva. Xunto a eles desenvolveuse a arquitectura utópica de Ledoux e Boullée, que aínda que non foi levada á práctica, foi un referente para a arquitectura dos ss XIX e XX. No eido da escultura sobresaíron A. Canova e B. Thorwaldsen, e na pintura David e Ingres. Coetáneo deles foi Goya, pero a súa pintura non pode encadrarse nun determinado estilo, pois evolucionou dende as formas rococós e neoclásicas ata as impresionistas e expresionistas. A liberdade promulgada polos movementos políticos do s XIX reflectiuse na arte do romanticismo co rexeitamento por parte do artista das normas impostas polas academias. Na arquitectura, o eclecticismo historicista caracterizouse...

    5. O s XX iniciouse co desenvolvemento das correntes estéticas que xurdiron nos últimos vinte anos do século anterior (prerrafaelismo, simbolismo, modernismo, decadentismo, saudosismo, etc) que en poucos anos deron paso ás primeiras manifestacións do vangardismo. A poesía finisecular caracterízase pola importancia da musicalidade e do ritmo, reflectido en múltiples innovacións métricas. Entre os seus principais cultivadores destacan en América Latina, entre outros, Rubén Darío, iniciador do modernismo hispánico, Leopoldo Lugones, Amado Nervo ou J. Santos Chocano; en España, Manuel e Antonio Machado e Juan Ramón Jiménez, nos seus primeiros tempos; en Italia, Gabrielle D’Annunzio, representante do decadentismo; e en Portugal, Teixeira de Pascoaes, cultivador do saudosismo. O simbolismo evolucionou cara á poesía pura, que ten como precursor ao alemán Rainer Maria Rilke, e outros autores, como o francés Paul Claudel, o irlandés W. B. Yeats ou o alemán Stefan George cultivaron estéticas de tipo...

    6. No s XX a música participou da influencia das distintas correntes estéticas que naceron ao abeiro do posromanticismo, impresionismo, expresionismo, atonalismo, dodecafonismo e neoclasicismo. Entre os trazos característicos deste período destacan a aparición da música de narrador e orquestra, a diminución da música coral e do lied, o retorno ao contrapuntismo, a difusión da música sinfónica, o nacemento do jazz, a revalorización dos instrumentos de percusión, a aparición da música no cine, a incorporación do ruído á música e o emprego de instrumentos electrónicos e novas fórmulas sonoras. Ata a Primeira Guerra Mundial, a traxectoria de Mahler, Wolf, Richard Strauss e Reger marcou o estilo musical alemán caracterizado, en xeral, por un exceso do uso das modulacións e do cromatismo e por un afán patriótico. Fronte a esta tendencia, empezaron a xurdir reaccións en París e creouse unha escola na que predominaba un maior refinamento e obxectividade, e unha moderación no emprego das figuras musicais....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo poético xurdido en México entre os anos 1917 e 1931 ao redor da revista Contemporáneos (1928-1931). Formado por José Gorostiza, Xavier Villaurrutia, Gilberto Owen, Carlos Pellicer, Bernardo Ortiz de Montellano, Enrique González Rojo, Jaime Torres Bodet e Salvador Novo, entre outros, supuxo unha reacción con respecto ao modelo das vangardas históricas, representado en México polo estridentismo (1921-1927). A publicación de Canciones para cantar en las barcas (1925), de Gorostiza; Reflejos (1926), de Villaurrutia; e Desvelos (1926), de Owen, marcou a liña de actuación estética -á marxe das diversas traxectorias individuais-, que se consolidou coa aparición da Antología de la nueva poesía mexicana (1928), de Jorge Cuevas, considerada o texto fundacional da poética do grupo. Son poetas próximos á poesía pura cultivada en Europa no período de entreguerras, con preocupacións exclusivamente literarias e interese pola Arte Nova, que comparten un mesmo rigor crítico, o afán experimental e...

    VER O DETALLE DO TERMO