"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Home que, antigamente, educaba mozos novos.

    2. Persoa que fai de conselleiro ou de guía de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tranquilizante que se emprega en terapéutica. Produce unha acción antagónica á acción compulsiva da estricnina e do pentilenetetrazol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vilamaior de Negral (Guntín). Do primitivo edificio só se conserva a porta de entrada, sobre a que se colocou o escudo de armas dos Mera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e escritor. Situado dentro da escola mercantil, foi un dos primeiros autores que sinalou a dependencia entre a importación de metais preciosos e a inflación. A súa obra principal foi Tratos y contratos de mercaderes y tratantes (1569), publicada co título de Suma de tratos y contratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mercapt(o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gerhard Kremer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao sistema de proxección de Mercator.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina. Coñecida como La Argentina, trasladouse a España, onde se incorporou ao ballet do Teatro Real de Madrid. Xunto con Encarnación López, La Argentinita, protagonizou a modernización da danza española no s XX. Realizou varios espectáculos por Europa, e creou en 1929 a primeira compañía de ballet español en París. Dos seus espectáculos destacan Goyescas, de Granados e El amor brujo de Falla. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Compostela. Encargóuselle a obra ao arquitecto Diego de Romay (1674-1683). Construíuse fóra das murallas da cidade, ante a porta de Mazarelos. Ten planta rectangular con tres alturas. A fachada, de estilo neoclásico, está flanqueada por pilastras corintias e na parte central, entre escudos, destaca un relevo da Anunciación, obra de Mateo de Prado (1674). A igrexa ten planta de cruz latina cunha soa nave e capela maior rectangular. Cóbrese con bóveda de canón e cúpula no cruceiro. No interior consérvase o sepulcro do fundador do convento, o arcebispo Andrés Girón, rematado en arco de medio punto. Sobre a porta destaca o campanario rematado en cúpula, realizado por José Crespo en 1740, a imitación do de San Fiz de Solovio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Verín. A orixe da orde mercedaria que nela se alberga, remóntase ao s XV en Monterrei, lugar onde permaneceron os relixiosos ata que se tiveron que trasladar a Verín a principios do s XVII. A igrexa, do s XVIII, presenta torre barroca con balaustrada no segundo corpo e remate en bóveda de media laranxa. A fachada, sinxela, ten porta de medio punto flanqueada por columnas anexadas e o escudo da orde sobre a clave do arco, ademais de pináculos e frontón triangular partido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sarria. Fundouse, segundo a tradición, por dous monxes italianos a principios do s XIII, co fin de atender os peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. O Papa Pío V en 1568 concedeulles a oficialidade, pero baixo a regra agostiña. Abandonaron o lugar coa exclaustración de 1835, e retornaron en 1896. O edificio ten planta rectangular que alberga un claustro e dous patios laterais. A primeira edificación, a capela de San Lourenzo, é de estilo románico-gótico. No s XVI realizáronse reformas, pero foi no s XVIII cando experimentou a maior transformación en estilo barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Especializado en series de televisión e documentais, filmou a súa primeira longametraxe, titulada Se necesita chico, en 1963. Posteriormente rodou La cabina (1973), premiada cun Emmy; La guerra de papá (1977), Espérame en el cielo (1987) e Planta 4ª (2003), pola que obtivo o premio á mellor dirección no Festival de Montréal. Para televisión dirixiu as series Verano azul (1978), Turno de oficio (1986), Farmacia de guardia (1990) e Manolito gafotas (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de merecer.

    2. Conxunto de accións que fan que alguén mereza algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Foi deputado pola provincia de Ourense (1839) e polo distrito de Carballiño (1858-1862). Durante o Levantamento de 1846 formou parte da Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia. Militou no liberalismo progresista ata que, en 1858, se afiliou á Unión Liberal. Foi senador pola provincia de Ourense (1871-1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Victoria Abril, principiou a súa carreira profesional en televisión no programa Un, dos, tres (1976). Destacou polos seus papeis eróticos, como en Cambio de sexo (1976), e desenvolveu gran parte da súa carreira en España, Italia e Francia. Protagonizou, entre outras, La muchada de las bragas de oro (1979), L’Addition (1983), Max mon amour (1985), El Lute: camina o revienta (1987, Concha de Plata no Festival Internacional de Cine   Donostia-San Sebastián), Átame! (1989), Amantes (1991, Silberner Bär na Berlinale), Kika (1993),   Libertarias (1995), Nadie hablará de nosotras cuando hayamos muerto (1995, Concha de Plata en Donostia 1995 e Goya á mellor actriz 1996), Entre las piernas (1998), Sin noticias de Dios (2000) e El séptimo día (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xadrecista. Primeiro alcalde nacionalista da Coruña (1979-1981), foi deputado do Parlamento Galego e portavoz de Unidade Galega tras a súa creación (1992). Ocupou diversos cargos no Partido Socialista Galego-Esquerda Galega, do que foi secretario xeral. En 1992 promoveu a creación de Unidade Galega, organización que se integrou no BNG, e desde 1994, é membro do consello nacional e da permanente do BNG e deputado no Parlamento Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquilo que fai digno de recompensa ou de estima a algo ou a alguén.

    2. Conxunto de calidades que fan digno de estima e consideración a algo ou a alguén.

    3. Calidade das obras do home que son xustificadas pola graza e realizadas libremente. Este concepto está implícito no Novo Testamento, en que se afirma que o Deus xusto dá a vida eterna en virtude do merecemento das boas obras. A Reforma, máis atenta á gratuidade da graza, só lle recoñece mérito á obra redentora de Xesús Cristo.

    4. Conxunto de probas e razóns que lle serven ao xuíz para ditar a resolución dun conflito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que merece estima ou admiración.

    2. Persoa que traballa sen soldo para facer méritos e poder obter unha praza remunerada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Álvaro Cunqueiro publicada en 1955. Na primeira parte do libro, coñécense por medio do narrador, Felipe de Amancia, as persoas e as historias que ían parar á casa luguesa de Miranda, propiedade do amo e mestre Merlín, un mago que satisfai plenamente as demandas das diversas visitas. Ensaríllanse, a partir da evocación dun Felipe vello e anugallado, un grupo de historias que agrandan e multipican o universo espacial e temporal da novela e amplían o número e tipoloxía dos narradores e protagonistas: clérigos franceses, unha serea, un reloxeiro suízo ou unha princesa de prata déixanse caer por Miranda para beneficiárense das artes máxicas de Merlín. Todos veñen dos lugares máis recónditos buscando no corazón de Galicia unhas habilidades que resultan non só exquisitas, senón verdadeiramente eficaces. Na segunda parte da novela, cando xa Felipe de Amancia non traballaba na casa de Merlín, danse a coñecer outras historias como as ditas por uns abades e escoitadas na Pousada de Tremar...

    VER O DETALLE DO TERMO