"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificación situada en Santo André de Cabanas. Ten planta rectangular e tres niveis de altura motivados polo desnivel do terreo. A portada principal está enmarcada por molduras. No interior conserva restos de pintura mural. Foi declarada Ben de Interese Cultural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción pacega, situada no centro urbano da Pobra de Trives, erixida a mediados do s XVII por Antonio Pérez Mercero. Trátase dun edificio dotado dun patio central ao que se abren as principais dependencias do conxunto. A fachada principal con cadeirado e balconadas seguidas conserva un brasón no eixe central que se relaciona coas armas dos Domínguez, Gayoso, Quiroga e Losada. No interior existe unha pequena capela baixo a advocación da Virxe do Carme na que destaca a presenza dun retablo barroco do s XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola fundada en Ribadeo polo Rei Carlos III no 1774, recoñecida no 1775 e pechada no 1776, tiña como obxectivo ensinar o oficio de tecer. O seu primeiro e único director foi Joaquín Céster, anteriormente director das Reales Fábricas de Talavera. Todos os alumnos tiñan ademais a posibilidade de fiar na súa propia casa, polo que estas institucións se comprometían a proporcionarlles todo o necesario para desenvolver esa actividade.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e deseñador. Profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña desde 1983, é o autor, entre outras obras, dun edificio de vivendas en Celeiro, dunha casa-pazo en Cospeito e do pavillón da Xunta de Galicia na feira Arco 90. Colaborador da revista Obradoiro do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), escribiu, con Xosé Luís Martínez Suárez, A Coruña 1890-1940 (1984). En 1987 recibiu o primeiro premio do deseño da zona deportiva do casino do Carballiño e o segundo premio do deseño do Parlamento de Galicia. En 1988 foi galardoado co primeiro premio á mellor caseta de Feciga e o seu proxecto de vivendas de Ferrol foi seleccionado en 1990 no concurso European 90.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Foi membro fundador e profesor (dende 1973) da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Estudiou na Escola d’Arquitectura de Barcelona onde traballou con Diego Bonet. As súas primeiras obras en Galicia están marcadas por un concepto racionalista da arquitectura; entre elas destaca a casa do concello da Capela (1975). Entre as obras que realizou sobresaen a casa da cultura e o mercado de Burela (1991), o edificio de servicios dos alumnos do campus da Zapateira da Universidade da Coruña (1993) e o complexo deportivo do parque de San Diego na Coruña (1997). Ademais, dirixiu os vídeos Arquitectura galega actual e Os faros galegos. En 1971 foi premiado no Concurso Nacional de Arquitectura Diputació de Castelló para a construción da casa da cultura. En 1972 gañou o Concurso Nacional de Arquitectura Illa da Toxa e, en 1982, o primeiro premio de méritos para a remodelacion do Kiosco Afonso da Coruña, obra que realizou entre 1980 e 1984. En 1990 recibiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Marrocos, ao NO da cordilleira do Atlas (2.434.000 h [1994]). Como capital económica de Marrocos, posúe o porto comercial máis importante do país, a través do que se exportan as tres cuartas partes do comercio exterior marroquí. Na cidade concéntranse fábricas produtoras de fosfatos, de produtos químicos e de cemento, e industrias téxtiles e conserveiras. Na estrutura urbana diferénciase unha parte occidental, onde están os barrios residenciais europeos, e unha zona oriental, principalmente comercial e industrial. A súa orixe sitúase na antiga poboación de Anfa, que se converteu nunha base de piratería destruída polos portugueses en 1468. No s XVIII foi edificada novamente polo sultán Mohammed, que abriu ao comercio internacional o porto, que superou en capacidade ao de Tánxer. Os franceses ocupárona en 1907 e durante os primeiros anos do seu protectorado tivo lugar a expansión da cidade. Durante a Segunda Guerra Mundial foi sede da Conferencia de Casablanca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica norteamericana realizada en 1942. Foi dirixida por Michael Curtiz e interpretada por Ingrid Bergman, Humphrey Bogart, Claude Rains e Paul Henreid. Trátase dunha historia de amor entre dous antigos amantes que se volven reunir no café de Rick, en Casablanca, no marco da Segunda Guerra mundial. A protagonista busca desesperada un pasaporte que lle axude ao seu marido, xefe da resistencia, a saír do país. Despois dalgunhas vicisitudes, Rick, o seu ex-amante, consegue os documentos que precisan. Foi gañadora dos Oscar á mellor dirección, mellor película e mellor guión adaptado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia que tivo lugar na cidade de Casablanca entre o 14 e o 24 de xaneiro de 1943, e na que participaron Churchill, Roosevelt e De Gaulle, mentres se desenvolvía a Segunda Guerra Mundial. Co obxectivo de establecer futuras estratexias comúns, decidiuse a invasión de Italia despois de rematar as operacións en África, a intensificación dos bombardeos americanos en Alemaña e a esixencia dunha capitulación sen condicións de Italia, Xapón e Alemaña.
-
GALICIA
Sindicalista. Responsable do Partido Comunista de España (PCE) na comarca do Bolo. Retornou en 1932 de Euskadi e dedicouse a actividades propagandísticas entre os traballadores do ferrocarril que se estaba a construír entre A Gudiña e Vilar de Barrio. Destacada oradora e organizadora, foi asasinada en agosto de 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor cinematográfico. Coñecido como Fernando Rey, traballou no cine, na televisión, no teatro e na radio. Os seus filmes evolucionaron dende as realizacións históricas da posguerra ata o surrealismo. Da súa numerosa produción cinematográfica cómpre citar: Agustina de Aragón (1950), Cómicos (1954), Viridiana (1961), Tristana (1969), French Connection (Conexión francesa, 1971), Le charme discret de la bourgeoisie (O discreto encanto da burguesía, 1972), Ese obscuro objeto del deseo (1977), Bearn (1983), El aire de un crimen (1988), coa que conseguiu o premio de mellor actor no festival cinematográfico de San Sebastián, e Madregilda (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Coñecido como Luís Ksado, deu a coñecer a súa obra fotográfica a partir dos anos trinta. Aos seis anos de idade trasladouse a vivir a Ourense, e xa con dez anos entrou como aprendiz no estudo fotográfico de Xosé Pacheco. En 1915 estableceu o seu propio estudo na rúa do Vilar, en Santiago de Compostela, e nos anos vinte abriu outro obradoiro fotográfico en Vigo. Colaborou en numerosos medios como Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, Galicia e Vida Gallega. En 1911 foi correspondente de El Nuevo Mundo. Ao longo da súa vida publicou fotografías en distintas publicacións españolas como ABC, Agora, La Esfera, Mundo Gráfico, LaVanguardia, Céltiga e noutras arxentinas como La Nación, La Prensa e Diario de la Marina. Expuxo en Ponferrada, Betanzos, Vigo, Bos Aires e Madrid. En 1928 editou Estampas Compostelanas, unha colección de fotografías que incluía monumentos, rúas e panorámicas da cidade compostelá. Relacionouse co círculo de intelectuais galeguistas do Seminario de Estudos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e narrador. Cursou estudios de dereito na Universitat Autònoma de Barcelona. A súa obra poética comprende os libros: Rexistro de menores espantos (1973), Os preludios (1980) e Libro de Caldelas (1982). Algúns dos seus poemas foron musicados por Miro Casabella, como “O meu país”, ou por Bernardo Xosé, como “O afiador”. Realizou en colaboración co seu pai, Manuel Casado Nieto, unha escolma de poetas europeos titulada Mostra antolóxica de poetas contemporáneos (1981). Como narrador é autor das novelas O inverno do lobo (Premio Blanco Amor 1985) e Os brasileiros (1986). Xunto con X. M. Salgado publicou X. L. Méndez Ferrín (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e escritor. Estudiou ciencias exactas e dereito en Santiago de Compostela e Madrid. En 1935 ingresou por oposición na Maxistratura, na categoría de fiscal. Tras pasar polas audiencias de Oviedo e Pontevedra, trasladouse a Barcelona, cidade onde desempeñou o cargo de avogado fiscal e na que residiu ata a súa morte. Foi presidente da Federación de Sociedades Rexionais e Provinciais e do Centro Galego de Barcelona dende a década dos cincuenta ata os setenta, cargo que lle permitiría levar a cabo un gran labor difusor da cultura galega en Catalunya. Foi director da revista Alborada e colaborou con asiduidade en diversas publicacións. Ademais da edición de varios libros de temática xurídica, iniciou a súa actividade literaria co sainete en verso Amor e eleuciós (1930), ao que seguiron os seus poemarios Orballo ispido (1954), O ronsel do meu silenzo (1955), Canta de lonxe o corazón do tempo (1969) e a antoloxía poética Vendima (1982)....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Publicou numerosos traballos e libros relacionados co dereito. Da súa produción destacan as obras: Emigración española y particularmente gallega a Ultramar. Estudios. Asistencia. Protección. Fundamento. Medios de asistencia de que disponen los emigrantes en América. Trozos de un programa de tutela eficaz (1915), La jurisdición del Trabajo (1920), Las sociedades construtoras de casas baratas: constitución y funcionamiento de las cooperativas benéficas y lucrativas (1924) e Los municipios ante el problema de la vivienda (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Editor, escritor e activista do nacionalismo galego. Con catorce anos emigrou a Bos Aires, onde residiu algo máis de dous anos. Regresou á Coruña, comezou a traballar no consulado francés e iniciou a súa actividade relacionada coa promoción galeguista. O 18 de maio de 1916 creouse a primeira Irmandade da Fala na cidade herculina, baixo a dirección de Antón Villar Ponte, na que ingresou Ánxel Casal, quen se converteu nun dos protagonistas na tarefa de difusión e promoción dos ideais galeguistas que se realizaba a través da revista A Nosa Terra, órgano de expresión ideolóxica das Irmandades. Participou na organización das diferentes asembleas das Irmandades, dende onde loitou pola rehabilitación idiomática do galego como base do seu pensamento político. Nesa dirección colaborou no Conservatorio de Arte Galega e traballou como actor de diversos espectáculos como A patria do labrego, dirixida por Leandro Carré, a partir dun texto de Antón Villar Ponte. Xunto con Antón Villar Ponte e Xoán...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Informático. Coñecido como Casdeiro, licenciouse en Informática na Universidad de Deusto. Traballa no desenvolvemento de aplicacións multimedia e páxinas web e imparte cursos e seminarios relacionados coa informática e Internet. Entre as súas webs destaca a titulada Fillos de Galicia, destinada a funcionar como un Centro Galego Virtual.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Realizou estudios de comercio na Escola de Altos Estudios Mercantís da Coruña. En 1954 escribiu un artigo sobre Rosalía de Castro no xornal El Ideal Gallego, único texto que o escritor viu publicado en vida. Incluído na Nova Narrativa Galega, entre 1957 e 1958 escribiu as novelas inacabadas Un traxe aldeán e Os profetas, actividade que compaxinou coa elaboración de ensaios sobre literatura, historia e arte. En 1959 escribiu os contos “O Rei”, “Cristo morto”, “O regreso”, “O falar dun sapo” e “Conto en poucas verbas”. Os seus contos recompiláronse postumamente no volume O camiño de abaixo, publicado en 1970 por Reimundo Patiño e prologado por Méndez Ferrín, do que sairía en 1985 unha edición facsimilar na que se incluíron tres novas narracións inéditas e un epílogo de Reimundo Patiño titulado “Escritos no tempo polo que levo viaxado durante estes tres meses”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor teatral. Membro do grupo Teatro de Cámara Ditea co que estreou as pezas Oratorio, de A. Jiménez Romero (1971); O país da saudade, de W. B. Yeats (1977) e Mesmo semellaban bruxas, de A. Magán (1980). En 1981 incorporouse ao grupo Máscara 17 e realizou os espectáculos Os emigrados (1981), Por Dios Eros (1984), Máis se perdeu en Cuba (1998) e Guillados (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor teatral e cinematográfico. Comezou no teatro como afeccionado na Coruña e como profesional en Madrid a finais dos anos 20. Despois da Guerra Civil, sen deixar o seu labor teatral, converteuse nunha figura de relevancia na historia do cine español da década de 1940, a partir da súa aparición no filme Polizón a bordo! (1941), de Florián Rey. Na súa traxectoria cinematográfica foi importante a súa relación co produtor Cesáreo González e a súa vinculación coa obra literaria, levada ao cine, de Wenceslao Fernández Flórez. En relación con estes dous feitos están as súas interpretacións en Botón de ancla (1947), El negro que tenía alma blanca (1951) e La trinca del aire (1951), as máis importantes da súa carreira cinematográfica. Baixo a dirección de Rafael Gil interpretou os filmes: El hombre que se quiso matar (1942), Huella de luz (1947) e Camarote de lujo (1957). Caracterizouse pola súa expresividade xestual e versatilidade, tanto para a comedia como para o drama. A chegada da televisión...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Produtor. Desenvolveu inicialmente a súa formación de enxeñeiro industrial como director técnico de varias empresas eléctricas e como xefe de mantemento das centrais hidráulicas de Unión Fenosa. Entre 1982 e 1985 exerceu como xerente e director de produción de Video Trama SA, empresa produtora de vídeo industrial e creativo. De 1986 a 1989 realizou as mesmas funcións para Xavier Villaverde Asociados, produtora encargada da rodaxe de Continental (1989). Director xeral e produtor executivo de Continental Produciones SA, realizou a produción dos filmes Inés de Portugal (1996), Frontera Sur (1997), Cuando vuelvas a mi lado (1998), Finisterre (1998) e La rosa de piedra (1999). Foi produtor executivo das series televisivas Las señales tus amigas, A familia Pita e Ida e volta, e produciu numerosos anuncios publicitarios para diversas empresas nacionais e internacionais.
VER O DETALLE DO TERMO