"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Igrexa, non conservada, que tivo a súa orixe nun mosteiro de monxas beneditinas situado en Covelo e que recibía tamén o nome de santo Estevo. Probablemente foi construída no último terzo do s XII. Tiña unha nave, con ábsida poligonal, cuberta con bóveda de canón e arco triunfal de medio punto que descansaba sobre columnas pegadas. Tres ventás iluminaban o interior, todas de medio punto, situadas sobre columnas acobadeladas. Os seus restos están no parque de Mondariz e na capela de San Roque de Pontevedra.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Giorgione, pertence á escola veneciana. Foi un dos primeiros artistas que non dependeu dos encargos relixiosos ou cortesáns e conseguiu especializarse en obras de pequeno formato destinadas, especialmente, á burguesía. A influencia dos Bellini manifestouse no seu tratamento da paisaxe e na composición triangular, como se manifesta en Pala da sagrada conversación de Castelfranco (1505?) e Adoración dos Reis. Utilizou unha técnica directa e prescindiu do traballo de deseño e bosquexo previos á obra. Aplicaba directamente a cor sobre a táboa ou o lenzo, co que conseguía unha maior sensación de espontaneidade e protagonismo das cores, característica da escola veneciana que despois empregou o seu discípulo Tiziano. Creou a chamada paisaxe anímica, onde a temática da obra se subordinou á evocación dun estado anímico que convertía a paisaxe nun tema protagonista, tal e como se reflicte en A tempestade (1508?) ou Os tres filósofos. Algunhas obras consideradas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Inscrito no movemento do neorrealismo, é autor, entre outras, das películas Un colpo di pistola (Un golpe de pistola, 1941), Sotto il sole di Roma (Baixo o sol de Roma, 1949), Nella città l’inferno (Na cidade o inferno, 1958), Tre notti d’amore (Tres noites de amor, 1964) e Una breve stagione (Unha breve estación, 1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Queixo de leite de ovella, propio de Castela e León, que pode levar unha pequena proporción de leite de vaca. De pasta prensada e cunha maduración mínima de tres meses, ten unha consistencia semidura, gusto definido pero non picante e textura fundente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural dos arredores de Chantada, dende onde se espallou a toda a Península coa Reconquista. Tamén fundou casa en Quiroga. Unha rama pasou a México e outra a Quito. As súas armas levan, en campo de sinople, un castelo de ouro, aclarado de azul; bordo de ouro. Os de Aragón, Castela, Andalucía e La Mancha ostentan, en campo de sinople, un castelo de ouro. Os de León e algúns de Castela traen, en campo de goles, un castelo de ouro, aclarado de azul; bordo de prata, con seis leóns rampantes de goles. Outros de Castela levan, en campo de prata, dous leóns rampantes de goles. Outra variante emprega, en campo de goles, un castelo de ouro sumado dunha aguia do mesmo metal.
-
PERSOEIRO
Avogado e político. Licenciado en Dereito no ano 1957 pola Universidad Central de Madrid, formou parte do grupo Abogados Jóvenes. No ano 1966 ingresou no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e na Unión General de Trabajadores (UGT) e, na década dos setenta, formou parte do Comité Federal do PSOE e da Comisión Executiva da UGT. Na lexislatura constituínte (1977-1979) foi deputado por Cáceres, cargo que renovou nas dúas seguintes lexislaturas (1979 e 1986). En 1985 foi elixido vogal do Consejo General del Poder Judicial e abandonou o seu escano como deputado por discrepancias coa cúpula do seu partido; neste mesmo ano comezou a liderar a corrente crítica Izquierda Socialista. En xaneiro de 1989 abandonou o PSOE e afiliouse ao Partido de Acción Socialista (PASOC), integrado en febreiro dese mesmo ano en Izquierda Unida (IU). En 1989, logo de dimitir como vogal do CGPJ, elixírono deputado por Madrid na candidatura de IU e en 1990 presidente do PASOC.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e eclesiástico. Escribiu o poema Elegías de varones ilustres de las Indias, de máis de 150.000 versos divididos en 55 cantos e influídos pola métrica de Alonso de Ercilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Muralista, debuxante e pintor. Formouse na Escuela de Bellas Artes de México. A súa produción vén marcada pola presenza da simboloxía relixiosa e das propostas primitivistas. Entre as súas obras destacan os frescos da Escuela Gabriela Mistral de Peralvillo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado na cabeceira do río Guadarriza (2.252 h [1996]). A súa economía baséase nas actividades agrícolas e gandeiras que fornecen o feble tecido industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecta e deseñadora. Entre 1959 e 1973 estivo asociada con Ignazio Gardella e exerceu a docencia no Politécnico de Milán (1984-1986) e na Domus Academy (1985). O seu labor como deseñadora centrouse na creación de mobles en material plástico. Traballou nas revistas Casabella, da que foi redactora xefe, e Architectural Digest. Recibiu a Medalla de Ouro da VIII Bienale di Milano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Coñecido como Francesco Borromini, traballou en Roma como deseñador co seu mestre Carlo Maderno. Á morte deste, estivo ás ordes de Gian Lorenzo Bernini, con quen colaborou no palacio Barberini e no baldaquino de San Pedro do Vaticano. A súa obra oponse ás concepcións renacentista e barroca, e adecúase a unha percepción orgánica e dinámica na que todos os elementos estruturais, non soamente os pétreos, actúan e acadan a complexidade dunha inmensa membrana. Empregou a elipse, os muros cóncavos e convexos, as fontes de luz inesperadas, e unha sinuosidade presente en todos os elementos das molduras e da ornamentación, contraditoria e creadora de efectos lumínicos. Na súa produción destaca a igrexa de San Carlo alle Quattro Fontane, iniciada en 1638, de planta ovada e cunha fachada na que alternan as formas cóncavas e convexas. Construíu o oratorio, a biblioteca e o convento dos Filipenses ou Chiesa Nuova (1637 e 1643); reconstruíu San Giovanni in Laterano (1647-1649);...
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana, situada na comarca de La Plana Alta (135.729 h [1996]). Esténdese entre o mar e os últimos contrafortes do Sistema Ibérico. A parte interior do termo é montañosa aínda que cara á costa se estende unha enorme chaira, limitada ao N pola chegada da serra de Oropesa ao mar e, ao S, polo delta do río Mijares. Un posible movemento de submersión do litoral determinou a existencia dunha zona pantanosa ao longo da costa, separada do mar por unha franxa de dunas. Neste lugar hai arrozais, pero en regresión por mor da drenaxe do terreo que se está a converter en terra de horta. O 77% da superficie municipal está cultivada e nela predomina claramente o regadío, sector que xunto co da pesca conforma a súa base económica. Ademais das industrias tradicionais de cerámicas e de tecidos, destaca a construción mecánica e a industria química, así como o desenvolvemento do turismo. O núcleo urbano concentra o 90% da poboación municipal. En...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa da Comunitat Valenciana, con capital na cidade de Castelló de la Plana, constituída por tres partidos xudiciais e 135 municipios (6.679 km2; 456.727 h [1996]). Creada no 1822, correspondía aproximadamente á antiga gobernación do mesmo nome que incluía tamén terras aragonesas. No 1833 a nova división provincial conservou a provincia de Castelló e volveu aos límites históricos de València.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e pintor italiano. Coñecido como o Bergamasco, construíu numerosos edificios en Xénova, como o palacio Podestá (1563) ou o palacio Doria (1564). En 1567 trasladouse a España, onde foi arquitecto e pintor de Filipe II. Traballou nos alcázares de Madrid e Toledo, e proxectou o palacio do Viso del Marqués en Ciudad Real.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo. Formado en Barcelona e París, foi profesor na École des Hautes Études de París, na University of Berkeley, na Universidad Autónoma de Madrid e na Universitat Overta de Catalunya. Defende, dende presupostos marxistas, a superación das propostas da escola de ecoloxía humana de Chicago e, de acordo co estruturalismo, entende o feito urbano como unha totalidade explicable só dende o desenvolvemento do sistema produtivo. É autor de La question urbaine (A cuestión urbana, 1972), Menopolville (1974), en colaboración con F. Godard, Crisis urbana y cambio social (1981) e The City and the Grassroots (A cidade e as bases populares, 1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte e pintor. Formou parte do grupo do Cenacle e cultivou o impresionismo e o expresionismo. Entre outras obras publicou Las Brigadas Internacionales de la Guerra de España (1974). En 1980 designárono director do arquivo histórico de Sabadell.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e cineasta. Licenciouse en Ciencias da Información na especialidade de Imaxe. Formou parte do grupo que, a partir dos anos setenta, creou un espazo propio para a imaxe animada galega desde diversos eidos: produción, realización, análise e divulgación. Compaxinou a súa actividade como crítico cinematográfico e teatral coas súas realizacións para cine, televisión e vídeo. En 1979 fundou Rula Difusora Cultural Galega, unha das primeiras tentativas para crear unha distribuidora de cine galego. Interveu en diversas curtametraxes como foto-fixa, entre eles, A tola (1974), de Miguel Gato, e Fendetestas (1975), de Antonio F. Simón; na produción Illa (1976), de Carlos L. Piñeiro, e O herdeiro (1976), de Miguel Gato. Estreouse como director con O pai de Migueliño (1977), un relato fílmico de carácter evocador sobre o tema da emigración que foi galardoado con varios premios. Durante a década dos oitenta foi un dos fundadores da produtora Vídeo Trama (1983), dirixiu para TVE o primeiro programa...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Queixo elaborado no distrito de Castelo Branco con leite de ovella ou de cabra; o de ovella parécese ao Queijo da Serra da Estrela e o de cabra é un queixo mol que se vende fresco, con só dez días de maduración, aínda que se madura máis intensifícase o seu sabor. Outra variante é aquela que aos oito días de maduración se cobre con cinza e despois con arestas durante tres meses con regularidade, para evitar que colla balor. Non ten codia e é cremoso e amargo.
-
CAPITAIS
Capital do distrito homónimo, na Beira Baixa, Portugal, situada na meseta entre os ríos Ponsul e Ocreza (27.300 h [1993]). A principal actividade económica é a industrial, sobre todo o sector madeireiro e téxtil. A cidade está coroada por un castelo que pertenceu á orde dos Templarios. Conserva restos da época romana e, entre 1771 e 1882, foi Sé Episcopal.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Portugal, situado na Beira Baixa (6.675 km2; 211.800 h [1993]). A capital é Castelo Branco.
VER O DETALLE DO TERMO