"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Movemento doutrinal anglicano estendido en Inglaterra entre os ss XVIII e XIX, que admitía a salvación para todo aquel que gardase a fe de Cristo e buscase a verdade na Biblia. Opoñíanse sobre todo aos puritanos e aos episcopalianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de teoloxía moral dos ss XVI e XVII que minimiza as normas morais e licita o seguimento dunha opinión que ten unha menor probabilidade fronte a outra máis probable ou en contra da lei. Representado polos xesuítas, o laxismo suscitou unha longa polémica entre estes e os xansenistas, do que son reflexo Les provinciales de Pascal. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Interpretación ríxida da lei segundo a súa letra e con todas as formalidades e todos os requisitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de doutrinas e posicións políticas baseadas na obra de V. I. Lenin, ou que invocan esta como fundamento, neste caso é máis coñecido como marxismo-leninismo. Entre outros elementos, o leninismo caracterizouse por rexeitar o principio defendido por K. Marx, polo que o comunismo só chegaría cando o capitalismo acadase o seu completo desenvolvemento e as súas contradicións internas provocasen a súa disolución. Fronte a este principio, o leninismo aproveitou o momento histórico e tomou o poder apoiándose no partido bolxevique. Ademais atacou o imperialismo, ao que consideraba unha nova fase do capitalismo en que a oposición entre as clases traballadoras se trasladaba ao ámbito internacional. Polo tanto defendeu as loitas de liberación nacional contra as potencias dominantes co fin de establecer estados socialistas nas colonias. Os seus partidarios, agrupados en partidos comunistas,   formaron a Terceira Internacional e organizáronse de xeito vertical e xerárquico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos, da orde dos tisanuros, que se caracteriza por posuír o corpo aplanado e un tórax máis groso ca o abdome. Están recubertos de escamas brillantes e distribúese por todo o planeta. De costumes lucífugos, as especies domésticas adoitan vivir dentro dos libros, dos que se alimentan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que recibiu o ideario que presidiu a reorganización do republicanismo, emprendida desde Barcelona por Lerroux entre 1901 e 1909. As principais características foron o anticlericalismo, a propaganda antimonárquica, o españolismo e unha peculiar demagoxia obreirista. Significou para o republicanismo a superación das antigas familias republicanas, conseguiu unha renovación do soporte obreiro e fundamentouse organizativamente na multiplicación dos centros republicanos, na celebración de multitudinarias meriendas fraternales e na creación de grupos de Jóvenes Bárbaros. Despois da súa participación na Semana Tráxica, en xullo de 1909, Lerroux e o Partido Republicano Radical tentaron configurarse como un partido de clase media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Homosexualidade feminina. O seu nome vén de Lesbos, illa grega do mar Exeo, onde na época clásica había unha comunidade de mulleres que practicaban esta clase de amor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que afirma a lexitimidade da rama dunha dinastía. A partir da Revolución de 1830, aplícase especialmente aos partidarios da rama dos Borbóns franceses representantes de Enrique V de Francia. Cando este morreu sen sucesión, incorporáronse ao partido orleanista do conde de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de liberal.

    2. Doutrina e sistema que defende a liberdade política e económica e parte do recoñecemento da liberdade como un dereito para todos os homes. O seu sentido preciso cambia segundo o terreo específico ao que se refira (político, económico, relixioso) e modificouse considerablemente ao longo do tempo. Nas últimas etapas do Antigo Réxime considéranse liberais as correntes ideolóxicas da Ilustración e a actuación daqueles grupos políticos que loitaron contra a monarquía absoluta e os privilexios feudais. Neste estadio o liberalismo expresou as necesidades obxectivas de amplos sectores da sociedade e presentouse como un programa de loita común, aínda que baixo o control e a dirección da burguesía. Unha vez que acadaron os obxectivos inmediatos e despois da instalación da burguesía no poder, transformouse nunha fórmula que xustificou a conservación da nova orde establecida e que combateu as reivindicacións daqueles grupos sociais que consideraban insuficientes as liberdades conseguidas. O liberalismo...

    3. Doutrina e sistema económico que se basean na convicción de que a liberdade de todos os comportamentos individuais garanten, en virtude dunhas leis naturais inmutables da economía, unha produción óptima co mínimo custo posible. Consideraban que o afán de ganancia e o espírito de competencia individual concordaban cos intereses xerais e necesarios para o bo funcionamento da vida económica, e opoñíanse ao control da economía por parte do estado, que debía limitarse a asegurar a liberdade de contratación e o cumprimento da lei, sobre todo no que respecta á propiedade privada, e favorecer o libre xogo dos mecanismos do mercado. Os primeiros en expoñer teoricamente esta doutrina foron os fisiócratas, pero foi Adam Smith quen profundizou no principio da liberdade económica. A mediados do s XIX, o liberalismo económico adoptou unha forma extrema coa oposición á regulación do traballo nas fábricas. Os utilitaristas ingleses déronlle unha nova base económica ao liberalismo ao expoñer a noción do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina económica que se basea no librecambio pola que non se deben impedir as importacións nin obstruír as exportacións. Ataca á existencia de aranceis, ás restricións cuantitativas e de outros medios que limitan a circulación de produtos entre os países, pero xustifica a existencia de controis e imposicións con obxectivos fiscais ou sanitarios. No s XVII empregouse para indicar a libre entrada nos gremios e compañías de comercio, e máis tarde como o dereito de comerciar co estranxeiro á marxe das compañías comerciais. Tomou corpo durante o s XVIII a través da fisiocracia (laissez faire, laissez passer, la monde va par lui-même) e Adam Smith, que estableceron que a división internacional do traballo leva a unha maior especialización e, polo tanto, a unha asignación máis racional dos recursos e a un nivel de vida máis elevado. A. Hamilton falou da protección das industrias novas (1791), o que deu paso ao proteccionismo. O librecambismo foi unha constante da teoría económica ata...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado caracterizado por un aumento excesivo dos tecidos ou órganos linfáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de lírico.

    2. Característica propia da poesía lírica.

    3. Afectación inadecuada das calidades e das características do estilo lírico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia de seguir o sentido e a interpretación literal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de local.

    2. Apego ou cariño a un lugar, vila ou rexión e aos seus costumes.

    3. Particularidade lingüística propia dunha localidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina desenvolvida por Frege, B. Russell e Whitehead, entre outros, que afirma que a matemática se reduce á lóxica. Presenta moitas dificultades para situar toda a matemática dentro do marco lóxico (formalismo).

    2. Corrente de pensamento de finais do s XIX que trata a matemática como unha simple aplicación da lóxica.

    3. Corrente filosófica que só acepta como válido o tipo de coñecemennto susceptible de recibir unha forma estritamente lóxica.

    4. Consideración de todas as cousas desde o punto de vista da lóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento artístico abstracto, máis coñecido co nome de rayonisme, creado en Moscova nos anos 1911-1912 por M. Larjonov. Co manifesto publicado en 1913, volveu dar á pintura unha realización abstracta a base do paralelismo e a oposición de raias de cor para proporcionar unha terceira dimensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de protesta e resistencia dos proletarios ás tecnoloxías e prácticas de traballo innovadoras que xurdiu entre os obreiros ingleses a comezos do s XIX. Recibe o nome de Ned Lud, obreiro que en 1779 destruíu un telar mecánico. Na súa loita contra o telar de vapor os ludistas dedicáronse á destrución das máquinas e dos centros fabrís nos condados industriais británicos entre 1811 e 1818. Posteriormente, os traballadores cataláns en 1835 e en 1855, e tecedores da Silesia en 1840, imitaron estas medidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente filosófica creada por Ramón Llull. Influída por autores latinos do s XII e polo pensamento oriental, presenta un carácter teocéntrico, Deus é o principio primeiro, e ten como finalidade apoloxética converter os homes mediante a destreza de converter proposicións. Trata da relación Deus-mundo a través dunha serie de categorías, os principios absolutos e relativos, que son o soporte metafísico do sistema filosófico. A doutrina dos principios complétase coa teoría dos correlativos, orixinados nas formas nominais dos verbos transitivos: o participio de presente como forma activa, o de pasado como pasiva e o infinitivo como nexo entre ambas as dúas. Da nova teoría, eixe da teoloxía lulista, dedúcese a racionalidade da Trinidade e a Encarnación. O aspecto enciclopédico do lulismo manifestouse nos intentos de unificación de todo o saber científico, teolóxico e filosófico medievais, en función do que se construiría un sistema total do Universo, ao redor do home, do mundo e de Deus. A antropoloxía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente pictórica de límites imprecisos que se caracteriza pola representación ostensible dos efectos de luz natural. Aplicouse especialmente á arte de Joaquim Sorolla.

    VER O DETALLE DO TERMO