"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu na Coruña o 1 de xaneiro de 1855 e que cesou en xullo do ano seguinte. Imprimiuse nos obradoiros de Míguez, e o seu redactor xefe foi Xoán Pedro Vicenti. Incluía novas de carácter comercial, industrial, agrícola e do mar. Xurdiu como continuidade de El Coruñés, xornal do ano 1850, nome que recuperou a partir de 1856.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter liberal que apareceu no ano 1821. Dirixiuna Manuel Pardo de Andrade e tiña a misión de informar ao público en xeral sobre asuntos políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia moderada que apareceu o 20 de maio de 1860, subtitulada como “Periódico de intereses morales y materiales”. Impresa por Manuel Soto Freire, foron os seus directores Xosé María Castro Bolaño e Manuel Vázquez de Parga. Saía cada dez días. Entre os redactores figuraban Nicolás Pardo Pimentel, Pedro Rozzi, Teolindo María Romero, Antonio Castro Martínez e Nicandro García Taboada, entre outros. A primeira época desta publicación chegou ata 1861. A súa segunda época, na que foi case sempre bisemanario, iniciouse o 8 de marzo de 1865 e cesou o 27 de abril do ano seguinte. Nesta etapa modificou o subtítulo inicial polo de “Periódico de interés general”. É posible que tivera unha terceira etapa entre 1877 e 1879 e unha cuarta a partir de 1899. Incluíu as seccións “Artículos de fondo”, “Sueltos”, “Extracto de la Gaceta”, “Despachos telegráficos”, “Variedades”, “Sección mercantil” e “Crónica”. Entre os temas que inseriu destacan as polémicas sobre os foros e a introdución do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que se publicou en Pontevedra no ano 1854 na imprenta de Xosé Antonio Antúnez e Ramón Núñez Pazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal refundado en 1936 a partir da súa cabeceira orixinal, El Pueblo Vasco, no momento no que sufriu a súa incautación por parte do exército franquista. A partir de 1938 engadíuselle o subtítulo de “Diario de la FET y las JONS”, ata que na década dos corenta perdeu esta segunda denominación e mantivo a cabeceira actual. Pertence ao Grupo Correo de comunicación. Inicialmente, baixo a dirección de Juan de la Cruz Elizondo, apareceu como un xornal de opinión, ata que en 1952, co impulso de Lorenzo Mateos e Luis Bergareche, desenvolveu un carácter máis informativo, cun incremento no número de noticias. En 1949 saíu do prelo a edición de Vitoria e, á par, profundizou na súa modernización tecnolóxica que afectou a todas as seccións do periódico; de feito, foi un dos primeiros en contar cun servizo de télex e utilizar a fotografía panorámica. A dirección de Alejandro Echevarría no período 1951-1960 confirmou a súa renovación. Nos anos setenta, a información de Manuel Leguineche sobre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que apareceu en 1938 en Ferrol e Santiago de Compostela. Tivo varios subtítulos, entre eles, “Diario de Información General”, “Decano de la prensa provincial”, “Diario de la mañana-Decano de la prensa provincial” e “El Correo Gallego. Diario de La Noche. Decano de la prensa regional”. Foron os seus directores Fernando Pérez Barreiro, José Vidal Ibarra, Miguel Ramón Pola, Fernando Leal Insua, Ramón Luís Acuña Sánchez, Gerardo González Martín, Rodrigo Varela Rodríguez e Xoán María Gallego Tato. Esta publicación diaria tivo unha saída regular agás no período da Guerra Civil. Cando saíu á luz como continuación de El Eco de Santiago seguía unha liña política achegada ao réxime franquista; nos anos 50 definiuse como católico-conservador, ata que a partir de 1969 se produciu unha apertura ao galego coa inclusión de poemas de Salvador García Bodaño, Xohana Torres, Antón Tovar, X. L. Franco Grande e prosas de Otero Pedrayo e R. Carballo Calero. Dende o número 23.346, no ano 1967,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal fundado o 1 de agosto de 1878 en Ferrol, e, xunto con O Correo Galego, ambos pertencentes á empresa Editorial Compostela SA, son os únicos diarios que se editan en Santiago de Compostela. Fundado por José María Abizanda y San Martín, o seu primeiro director foi Victorino Novo García. Dende 1912 e durante vinte e seis anos, a familia Barcón xestionou o xornal. O 18 de xuño de 1938 constituíuse en Santiago de Compostela a sociedade anónima Editorial Compostela, impulsada por Juan Sáenz-Díez García e Juan de la Riva Barba. En outubro dese ano, Rafael Barcón Orta traspasoulle o xornal á editorial e pasou a imprimirse en Santiago de Compostela co título de El Correo Gallego y El Eco de Santiago, cunha cabeceira que correspondía a outro xornal fundado nesa cidade en 1896. O 15 de outubro de 1945, a editorial Compostela adquiriu tamén o diario El Compostelano, que se editaba na capital galega dende 1920. Continuaron saíndo conxuntamente, El Correo Gallego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego, castelán e portugués editada en Rio de Janeiro a partir de 1903 e subtitulada “Semanario independiente de intereses generales”. Dirixida por Antonio de la Cuesta e coordinada por E. Rodríguez Hervella, participaban como redactores Carmelo Seoane e Julio Mirelis. Entre os seus colaboradores literarios figuraban Fortunato Cruces, Pérez del Jugerto, N. Díaz de Escobar, Mario Seoane de Drunmond e Antonio Fernández Arreo. Na súa primeira páxina reprodúcense retratos de distintas personalidades da colonia galega, á parte dun gravado da baía de Rio de Janeiro e da estatua ecuestre de D. Pedro I. Incluíron tamén diversas traducións en castelán de artigos da prensa brasileira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación quincenal que apareceu en Bos Aires entre o 15 de novembro de 1943 e novembro de 1945, do que saíron corenta números. Esta revista, editada por exiliados galegos, estaba pensada para o público daquelas terras. Foi dirixida por Lorenzo Varela, Luís Seoane e Arturo Cuadrado. Figuran como colaboradores, ademais de Enrique e Rafael Dieste, Otero Espasandín, Pedro Larralde e Alberto Guirri, á parte doutros que firmaban con pseudónimos. O contido era claramente cultural e incluía información sobre literatura, arte, cine, teatro e pensamento; nalgúns artigos aparece a crítica política en defensa da democracia e da liberdade. Inseriu recensións sobre a obra Adolescencia, de Otero Pedrayo, Proceso a Jacobusland, de Emilio Pita, e Sempre en Galiza, de Castelao. Algúns escritores latinoamericanos como Francisco Ayala, Ernesto Sábato, Vicente Huidobro ou Julio Cortázar tamén publicaron algúns exemplos de literatura epistolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herbácea gabeadora dos xéneros Calystegia e Convolvulus, da familia das convolvuláceas, de follas dispostas de xeito alterno e sen estípulas, flores cos pétalos soldados en forma de funil e froitos en cápsula. En Galicia están presentes as especies: Calystegia sepium, con follas de ata 15 cm de lonxitude, flores brancas ou rosadas de ata 4 cm de diámetro, propia de beiras de ríos e lugares húmidos; Calystegia sylvatica, de flores brancas de ata 75 mm de diámetro, propias de matogueiras do sudoeste do país; Calystegia soldanella, de follas arredondadas e carnosas, flores rosas con listas brancas de ata 40 mm de diámetro, propia de dunas e praias; e Convolvulus arvensis, de flores brancas ou rosas de 30 mm de diámetro, propia de cultivos, camiños e medios litorais.

    2. 2 chantaxe.

    3. Alga das especies Chorda filum ou Himantalia elongata, caracterizadas pola súa morfoloxía de fita alongada e engrosada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tira de coiro para atar ou unir algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político costarriqueño. Estudiou na Escuela de Abogados de San José. Membro do Partido Republicano Nacional, foi deputado e presidente da Asamblea Nacional (1925-1926), ministro de Educación (1929-1930) e Fomento (1931-1932). Vicepresidente da República (1932-1936), ocupou a presidencia entre 1936 e 1940.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás corticiáceas.

    2. Fungo da familia das corticiáceas.

    3. Familia de fungos, da subclase das afiloforomicetídeas, á que pertencen os xéneros Lyomyces, Merulius, Peniophora, Phlebia, Terrana e Vuilleminia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Baixo o pseudónimo de Antón de Sirgal, publicou os folletos de poemas Caciquismo en solfa (1923), Recordando tempos con mor de outros tempos (1957) e Os caciques e a “nena”, segunda parte do Caciquismo en solfa. Desde Primo de Rivera a Franco (1966), que contén o diálogo en prosa “Parolas entre Antón de Sirgal e Farruco de Buxergos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cortinariáceas.

    2. Fungo da familia das cortinariáceas.

    3. Familia da orde das cortinariais á que pertencen os xéneros Cortinarius, Hebeloma, Inocybe, Naucoria e Rozites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romanés. Recompilador de poemas populares, a súa obra cántalle ao campesiñado en Balade şi Idile (1893) e Fire de tort (1896). Traduciu ao romanés a Divina Comedia, de Dante Alighieri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Turquía (59.395 km2; 5.497.600 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e guitarrista francés. Virtuoso da guitarra do s XIX, caracterizouse por unha perfección formal cunha interpretación pura e enérxica. Da súa produción musical destacan os seus estudios op 38.

    VER O DETALLE DO TERMO